DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos de estabilización de emprego temporal para cubrir varias prazas mediante concurso de méritos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 249, do 30 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán os procesos selectivos de estabilización de emprego temporal para cubrir as seguintes prazas mediante o procedemento de concurso de méritos:

Denominación da praza

Nº de prazas

Escala

Subescala

Grupo/subgrupo

Quenda

Nivel

Auxiliar administrativo/a

2

Administración xeral

Auxiliar

C2

Libre

17

Oficial 1ª

1

Administración especial

Servizos especiais

C2

Libre

14

Condutor/a de rozadoira

1

Administración especial

Servizos especiais

C2

Libre

14

Conserxe-limpador/a

1

Administración especial

Servizos especiais

AP

Libre

11

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

Forcarei, 21 de marzo de 2023

Verónica Pichel Guisande
Alcaldesa