DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario de carreira e declaración de persoal laboral fixo de varios procesos selectivos (estabilización).

Mediante o Decreto de Alcaldía núm. 2194/2023, do 5 de xullo, resolveuse:

Nomear como persoal funcionario de carreira do Concello de Ames as seguintes persoas que aprobaron os procesos selectivos convocados para cada unha das prazas que se indican a seguir:

– Juan Carlos Carreja Iglesias, con DNI núm. ***5517**, para ocupar a praza de técnico local de emprego (reserva discapacidade), escala da Administración xeral, subescala técnica, subgrupo A1, con código da RPT núm. 11.01.01 e tipo de adscrición definitiva.

– Leonardo Pena Couceiro, con DNI núm. ***6161**, para ocupar a praza de mediador social intercultural, escala da Administración xeral, subescala técnica, subgrupo A1, con código da RPT núm. 07.00.03 e tipo de adscrición definitiva.

– Rosa Isabel García Agrelo, con DNI núm. ***6563**, para ocupar a praza de técnica de educación, escala da Administración xeral, subescala técnica, subgrupo A1, con código da RPT núm. 09.00.01 e tipo de adscrición definitiva.

Declarar persoal laboral fixo do Concello de Ames as seguintes persoas que aprobaron os procesos selectivos convocados para cada unha das prazas que se indican a seguir:

– Rosa Moreiras Cuñarro, con DNI núm. ***1481**, para ocupar a praza de técnica de normalización lingüística, subgrupo A1, con código da RPT núm. 12.00.01 e tipo de adscrición definitiva.

– Mónica Antelo Martelo, con DNI núm. ***9583**, para ocupar a praza de asesoría psicolóxica de servizos sociais, subgrupo A1, con código da RPT núm. 07.00.02 e tipo de adscrición definitiva.

– Rafael Pose Souto, con DNI núm. ***1248**, para ocupar a praza de tractorista (persoal laboral fixo-descontinuo), subgrupo C2, con código da RPT núm. 10.01.01.02.10 e tipo de adscrición definitiva.

A toma de posesión no caso do persoal funcionario de carreira ou formalización do contrato no caso do persoal laboral fixo efectuarase no prazo máximo dun mes a partir da publicación do anuncio da resolución no Boletín Oficial da provincia (BOP núm. 131, do 11 de xullo de 2023).

Ames, 14 de xullo de 2023

José Blas García Piñeiro
Alcalde