DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2023 Páx. 46660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Noia (expediente IN407A 2023/020-1).

Expediente: IN407A 2023/020-1.

Solictante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: renovación da LMTS TA2801 entre os CTS 15CBRH e 15CKM9.

Concello: Noia.

Feitos:

1. O día 25 de xaneiro de 2023, a empresa promotora solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de mellorar a calidade de subministración eléctrica e de incrementar a capacidade da liña de distribución de media tensión LMT TA2801 procedente da subestación Tambre II, así coma dar resposta aos aumentos de demanda na contorna da rúa República Arxentina localizados na parroquia de San Martiño de Noia, no concello de Noia. Proxéctase deixar fóra de servizo un treito soterrado da dita liña e a súa substitución por un novo treito que discorrerá en paralelo ao anterior.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado renovación da LMTS TA2801 entre os CTS 15CBRH e 15CKM9, asinado o 24 de novembro de 2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co número colexial LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo do Patrimonio Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña; a Augas de Galicia-Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e ao Concello de Noia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polos organismos afectados, a saber, Patrimonio Cultural. A día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, é dicir, Augas e o concello á solicitude dos condicionados solicitados.

4. O 5 de xullo de 2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 113, do 15 de xuño) e o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño) e ao abeiro do artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo) modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

Segunda. A lexislación que se aplica neste expediente é a que a seguir se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– LMTS a 20 kV paralela a dous treitos que se retiran da LMT TA2801 procedente da subestación Tambre II de 215 metros, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, coa orixe no CS Casa do Mar (15CKM9) existente e remate no empalme que se realiza na LMTS PMR803 Ribeira-INST 3, no cruzamento da rúa de República Arxentina coa rúa de Colombia. Treito TA28014038 con condutor existente tipo UNI-Al-95-RHV (expediente IN407A 2016/2096-1) que se deixa fóra de servizo. A liña proxectada discorrerá canalizada no interior de tubaxe de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 0,80 metros de profundidade na parte do trazado que discorra polas beirarrúas e de 0,40 metros de ancho e de 1,00 metro de profundidade na parte do trazado que discorra pola calzada, e instalaranse dúas tubaxes de idénticas características cunha lonxitude total de canalización proxectada de 188 m.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña