DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 1 de agosto de 2023 Páx. 46664

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 7 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica dun telecontrol no apoio A4CIHUPQ//81 da LMTA MUR811, prevista no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2023/347-4).

De conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícaselle á persoa interesada a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica dun telecontrol no apoio A4CIHUPQ//81 da LMTA MUR811 (expediente IN407 2023/347-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer, en persoa ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 7 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/347-4.

Denominación: instalación telecontrol no apoio A4CIHUPQ//81 da LMTA MUR811.

Concello: Pontevedra.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Bouza de Balada

Rústico

36900A244001270000LY

Jesús Manuel Rivas

A4CIHUPQ//81

2