Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40680

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2023, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento MR406D e MR406E).

missing image file

A irrupción da epidemia provocada pola COVID-19 supuxo no ámbito mundial unha crise sanitaria, económica e social sen precedentes. En consecuencia, o escenario na economía mundial sufriu un cambio radical, dando lugar a unha recesión de grandes dimensións na maior parte do mundo.

Co fin de paliar na medida do posible os danos económicos e sociais acaecidos pola pandemia na contorna europea, a Comisión Europea, o Parlamento e o Consello Europeo acordaron un plan de recuperación encamiñado a facilitar a resposta e a saída da crise, baseado nun paquete de estímulos financeiros.

O novo fondo de recuperación «Next Generation», cuxo elemento principal é o «Mecanismo de recuperación e resiliencia», concentra o groso dos recursos financeiros e permitirá a España obter máis de 59.000 millóns de euros en transferencias entre 2021-2023 en forma de axuda non reembolsable.

De acordo cos obxectivos do marco normativo desenvolto no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, que establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, estes fondos destinaranse a apoiar as reformas e investimentos necesarios para unha recuperación duradeira, mellorar a resiliencia económica e social e apoiar a transición verde e dixital nos Estados membros. Para iso, hanse de levar a cabo actuacións dirixidas, entre outras finalidades, á transición ecolóxica, á transformación dixital ou ao crecemento intelixente, sustentable e integrador, que inclúa a cohesión económica, o emprego, a produtividade, a competitividade, a investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Estas medidas concretáronse no Plan de recuperación transformación e resiliencia, aprobado polo Consello con data do 13 de xullo de 2021, que foi enviado á Comisión Europea o 30 de abril de 2021 logo da aprobación polo Consello de Ministros o 27 de abril de 2021 (BOE do 30 de abril), incluíndo a actuación que se formaliza xuridicamente a través do Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais destinadas á execución de proxectos de investimento dentro do Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Este real decreto incardínase en concreto no investimento 4 do compoñente 3 do plan (é dicir, o acrónimo C3.I4): «Plan de Impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (III): Investimentos en agricultura de precisión, eficiencia enerxética e economía circular no sector agrícola e gandeiro», cunha contribución aos obxectivos climáticos e medioambientais do 40 % (campo de intervención, etiqueta 047), e dun 6 % aos obxectivos da transformación dixital.

O obxectivo é adoptar as reformas estruturais necesarias alcanzando un nivel de investimento que promova o cambio no modelo de produción agrícola e gandeira con resultados beneficiosos para a sociedade, a economía e o ambiente.

Para responder a estes retos prográmanse unha serie de actuacións que contribuirán decisivamente a mellorar a resiliencia do sector e á mellora da súa competitividade, á vez que contribúen á consecución dos obxectivos do clima, á conservación do ambiente e á descarbonización do sector agrícola e gandeiro, apoiando a articulación de medidas recollidas no Plan nacional integrado de enerxía e clima 2021-2030 e noutros plans e programas ambientais.

Con este propósito definíronse un conxunto de investimentos que se recollen no programa de apoio para o establecemento de novos sistemas de xestión de estercos en gandaría. Perséguese así favorecer a redución das emisións de gases contaminantes e de efecto invernadoiro nos sectores gandeiros, ben mediante actuacións relacionadas coa adaptación ou cubrición das balsas exteriores de estercos con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación, ben mediante investimentos orientados á mellora da xestión e aproveitamento dos estercos relacionadas co tratamento ou valorización das dexeccións gandeiras.

O programa de apoio dirixido á agricultura e gandaría de precisión, pode contribuír de maneira significativa á seguridade alimentaria, á inocuidade dos alimentos, e a promover unhas prácticas agrarias máis sustentables. A revolución dixital será fundamental na loita contra o cambio climático, polo que se necesita impulsar o desenvolvemento e implantación das devanditas tecnoloxías, a difusión da súa utilidade e a formación de usuarios para aproveitar todo o seu potencial.

Así, o Plan de recuperación, transformación e resiliencia dota unha liña específica para acelerar a modernización dos equipos e o uso destas tecnoloxías que permitan unha utilización máis eficiente dos recursos naturais nos procesos produtivos e a incorporación de equipamento máis eficiente enerxeticamente, aumentando o rendemento ambiental do sector agrario.

A agricultura de precisión é un modelo que se desprega en todos os sistemas de produción agraria, permitindo aos produtores incorporalo ás súas explotacións. As actuacións previstas neste programa inclúen un amplo abano de equipamentos, dispositivos e aplicacións software con alcance tecnolóxico diverso, que poden combinarse en proxectos de investimento dirixidos ao cumprimento dos obxectivos do Pacto Verde neste sector. Abarca distintos niveis de tecnificación, desde sensores, procesadores e controis cuxa misión sexa o guiado da máquina, o traballo variable, o mapeo, o rexistro de datos ou o desencadeamento dunha reacción concreta na máquina, a estes tres obxectivos conxuntamente, ou á interactuación ou comunicación destes elementos en distintas máquinas. Os beneficiarios desta liña poderán presentar solicitudes que vehiculen a escalada tecnolóxica necesaria para alcanzar uns obxectivos concretos de sustentabilidade nas súas explotacións, considerando as condicións das que parten.

Cabe destacar que estas axudas contribuirán ao mantemento da actividade no campo. Un abandono da actividade agraria, en particular en determinadas zonas sen alternativas, aumentando ademais a fenda dixital e o desequilibrio poboacional, é un escenario peor que un agro dotado de ferramentas eficientes para practicar unha agricultura de precisión, máis sustentable, xeradora de ingresos e valor engadido, e creadora de emprego directo e indirecto no medio rural.

Considerando que os potenciais beneficiarios destes programas de apoio presentan unhas características derivadas da súa dedicación profesional e tendo en conta, ademais, que a maioría dos produtores han de empregar medios electrónicos para cumprir coas súas obrigas de información e contan co equipo habitual que permite as relacións electrónicas, establécese a obrigatoriedade de que a tramitación destas subvencións se leve a cabo por medios electrónicos de conformidade co artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as seguintes liñas de axuda incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Componente 3. Investimento 4 (C3.I4), en réxime de concorrencia competitiva. Para o que se establecen os seguinte investimentos e procedementos administrativos:

a) Investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría. Procedemento administrativo MR406D.

b) Agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro. Procedemento administrativo MR406E.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 2. Definicións

Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación, para os efectos desta orde, enténdese por:

a) Agricultura e gandaría de precisión: é unha estratexia de xestión que recolle, procesa e analiza datos temporais, espaciais e individuais e combínaos con outras informacións para apoiar a toma de decisións de manexo de acordo coa variabilidade estimada, e así mellorar a eficiencia no uso de recursos, a produtividade, a calidade, a rendibilidade e a sustentabilidade da produción agraria.

b) Centros xestores de estercos: entidades públicas ou privadas autorizadas e rexistradas pola Administración para realizar baixo a súa responsabilidade calquera das operacións que compoñen a xestión dos estercos.

c) Compostaxe: descomposición aeróbica controlada do esterco sólido ou residuos vexetais, por microorganismos, que resulta nun compost suficientemente estable para o transporte, o almacenamento e a aplicación ao campo. A fracción sólida dos xurros, tras someterse a un proceso de separación sólido-líquido, tamén pode compostarse. A osixenación obtense por investimento mecánico das fileiras ou por aireación forzada dos montones de esterco.

d) Comunicación: tecnoloxías que permiten a unha máquina comunicarse con outras máquinas e/ou software do propio fabricante ou doutros, mediante cables ou de maneira inalámbrica.

e) Cubertas de fosas de xurro flexibles: cubertas en forma de tenda, abovedada ou plana das balsas de xurro formada por un material composto flexible e autoportante suxeita por barras a unha estrutura metálica.

f) Cubertas de fosas de xurro ríxidas: a cuberta ou tapa pode ser de formigón, de paneis de fibra de vidro, madeira ou de láminas de poliéster, de forma plana ou cónica, e colócase sobre as balsas ou cisternas de aceiro ou formigón. Está ben pechada e é estanca para minimizar o intercambio de aire e para impedir que entre choiva ou neve. Pode conter un dispositivo para a recollida do metano producido durante a fermentación anaeróbica do xurro.

g) Esterco: todo excremento ou ouriños de gando con ou sen leito.

h) Explotación agrícola: o conxunto de unidades de produción agrícola administradas por un mesmo agricultor, en cada campaña, que se atope rexistrada no Rexistro Xeral da Produción Agrícola (Regepa) establecido polo Real decreto 9/2015, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa comunitaria en materia de hixiene na produción primaria agrícola.

i) Explotación gandeira: calquera instalación, construción ou, no caso de cría ao aire libre, calquera lugar nos que se teñan, críen ou manexen animais con fins lucrativos, inscrita no rexistro de explotacións gandeiras conforme ao Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (Rega).

j) Investimento colectivo: aquela promovida no marco dunha mesma solicitude, por parte de entidades asociativas e empresariais do ámbito agrario recoñecidas e cuxos integrantes sexan agricultores e/ou gandeiros, ou de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada, ou sen personalidade, que se constitúan especificamente para contribuír á finalidade desta orde, relativa a un investimento de entre as contempladas nesta orde, que vaia a prestar servizo ou da cal vaian beneficiarse, polo menos, cinco explotacións diferentes de entre os membros da entidade ou agrupación solicitante.

k) Mapeo: tecnoloxías que permiten xeolocalizar e vincular a un momento do tempo a información recollida e/ou almacenada pola máquina ou dispositivos axustados a esta relativa a diferentes aspectos do traballo realizado.

l) Nitrificación-desnitrificación: proceso mediante o cal parte do nitróxeno orgánico transfórmase en amonio. O amonio se oxida en nitritos e nitratos por acción de bacterias nitrificantes.

m) Novo agricultor: a persoa que, no momento de presentar a solicitude de axuda non ten máis de corenta anos, conta coa capacitación e a competencia profesional adecuada e establécese nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación ou aquel que se estableceu durante os cinco anos anteriores á data de solicitude da axuda.

n) Peme: considerarase a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE)nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. No caso de explotacións de titularidade pública, tamén poderán ser consideradas peme aquelas que teñan convenio de colaboración coas universidades ou centros de investigación.

o) Plan de investimento conxunto: aquel promovido, no marco dun mesmo expediente, por parte de entidades asociativas e empresariais do ámbito agrario recoñecidas e cuxos integrantes sexan agricultores e/ou gandeiros, ou de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada, ou sen personalidade, que se constitúan especificamente para contribuír á finalidade desta orde, relativo a varias solicitudes de proxectos de investimento de entre os contemplados nesta orde que vaian executarse nas explotacións agrícolas e gandeiras, e que deberán contemplar, polo menos cinco investimentos a realizar en cinco explotacións diferentes de entre os membros da entidade ou agrupación que presente o plan de investimento conxunto.

p) Separación sólido-líquido dos xurros: separación das fraccións líquida e sólida, que teñen distinto contido de materia seca, utilizando, p. ex., separadores de prensa de parafuso, decantadores centrífugos, tamices e filtrosprensa. Esta separación pódese realizar mediante equipos móbiles.

q) Tecnoloxías 4.0: aquelas que inclúen traballo variable, mapeo e comunicación.

r) Traballo variable: tecnoloxías que permiten distribuír insumos de forma diferente para adaptarse ao estado do cultivo ou do terreo en toda a explotación agrícola. A propia máquina ou dispositivos instalados deben recoller e almacenar a información asociada ás operacións realizadas.

Artigo 3. Requisitos e obrigas comúns

1. Sen prexuízo do previsto no capítulo III, en todo caso, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e non atoparse suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

As empresas en crises, segundo a definición contemplada no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, non poden beneficiarse das axudas, agás aquelas que non estaban en crises o 31 de decembro de 2019, pero que pasaron a estalo durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

2. Así mesmo, os beneficiarios deberán cumprir, polo menos, as seguintes obrigas:

a) As específicas obrigas de información en relación ao financiamento pola Unión Europea da actividade subvencionada.

b) Levar unha contabilidade específica das actuacións obxecto de subvención para garantir a adecuada xustificación da subvención concedida e pagada.

c) As entidades beneficiarias deberán contribuír aos obxectivos de soberanía dixital e autonomía estratéxica da Unión Europea, así como garantir a seguridade da cadea de subministración tendo en conta o contexto internacional e a dispoñibilidade de calquera compoñente ou subsistema tecnolóxico sensible que poida formar parte da solución, mediante a adquisición de equipos, compoñentes, integracións de sistemas e software asociado a provedores situados na Unión Europea.

d) As entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións ao respecto relacionadas co réxime de normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación:

i. Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

ii. Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

iii. Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

e) Os beneficiarios últimos das axudas garantirán o cumprimento do principio de «non causar dano significativo ao ambiente» (principio do no significant harm-DNSH), consonte o previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros do 27 de abril de 2021, e polo Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e demais normativa de desenvolvemento, así como na Decisión de Execución do Consello Europeo do 13 de xullo de 2021, pola que se aproba o citado plan, e coa Comunicación da Comisión Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» en virtude do Regulamento relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia 2021/C 58/01 (DOUE do 18 de febreiro de 2021), durante todas as fases do deseño e execución do proxecto de que se trate e, de maneira individual, para cada actividade dentro do mesmo. En particular, os beneficiarios haberán de mostrar garantías de que as súas actuacións non inciden negativamente sobre o obxectivo ambiental da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

f) Custodiar todas as facturas e demais documentos que acrediten os gastos e os pagamentos obxecto da subvención en que incorresen e telos á disposición do órgano concedente e dos órganos de comprobación e control, que poderán requirilos para a súa comprobación. Tal e como se establece no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, é preceptiva a conservación da dita documentación durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros.

g) De conformidade co disposto nos apartados 4 e 5 do artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, establécese que o período mínimo, contado desde a data de adquisición do ben ou a execución dos investimentos, durante o cal os beneficiarios últimos deberán destinar os bens subvencionados ao fin concreto para o que se conceden as subvencións será de cinco anos para as actuacións subvencionables previstas no capítulo III, e de dez anos para as actuacións subvencionables previstas no capítulo IV.

Artigo 4. Criterios comúns de elixibilidade dos custes subvencionables

1. As actuacións obxecto de axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación. Así mesmo, deberán contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que as mesmas o requiran, con anterioridade ao pagamento das subvencións.

2. Dado o carácter incentivador das axudas, só admitiranse actuacións por parte dos beneficiarios das axudas iniciadas con posterioridade á data de presentación da solicitude da axuda, non considerándose elixible ningún custo relativo á execución da actuación que fose facturado con anterioridade, sen prexuízo dos gastos de deseño, redacción e dirección do proxecto e os relativos a memorias técnicas, certificados, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando fosen facturados con anterioridade sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias iniciáronse con data posterior ao 4 de novembro de 2021.

3. Considéranse custos elixibles aqueles que sexan necesarios para conseguir os obxectivos e en particular do establecido para cada unha das actuacións subvencionables nos capítulos III e IV, e os que se relacionan a seguir:

a) Os custos de deseño, redacción e dirección do proxecto. Tales gastos, para ser admitidos como custo elixible, deberán de atoparse debidamente contemplados e detallados en documento ou oferta vinculante contractual formalizada co empresario ou profesional correspondente, cuxa copia se acompañará xunto co resto de documentación que debe acompañar á solicitude de axuda. En ningún caso admitirase que tales gastos superen o 4 % do importe da axuda solicitada, cun límite de 10.000 euros por expediente.

b) Os custos de execución das obras e instalacións, incluíndo obra civil asociada e instalacións auxiliares necesarias.

c) O investimento en bens, equipos e materiais de nova adquisición. Non se consideran custos elixibles licenzas, taxas, impostos ou tributos, a excepción do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) ou imposto equivalente soportado, que será subvencionable sempre que non sexa susceptible de recuperación ou compensación para a persoa beneficiaria.

Artigo 5. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I ou anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Tramitación e resolución das axudas

1. Cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará ao órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias formule a proposta de resolución. Este órgano estará presidido pola persoa titular do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario e integrado por tres persoas dese mesmo servizo con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

3. A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da Orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución no prazo de 6 meses desde a publicación do extracto. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, a persoa solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 8. Notificacións

1. As notificacións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, aos efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e de denegación, que producirá os efectos da notificación.

Artigo 10. Modificación da resolución de concesión

Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

A persoa beneficiaria non pode instar ao órgano concedente a iniciación do procedemento para modificar a resolución de concesión.

A Consellería do Medio Rural poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 11. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 12. Publicidade

As persoas beneficiarias farán constar nas actuacións, incluíndo calquera documentación ou publicación de calquera índole e soporte, actuación de comunicación ou visibilidade, premios e publicidade, que son financiadas pola Unión Europea-NextGenerationEU, segundo o Plan presentado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. En particular:

a) As accións de información e comunicación contarán co emblema da Unión Europea e a referencia ao fondo europeo que financia a actuación.

b) Nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo de A3 nun lugar destacado e visible (modelo anexo V).

c) Informar a través da páxina web, en caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

d) Exhibir de forma correcta e destacada o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuado que indique «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», xunto ao logo do PRTR dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual, en particular cando promovan accións e os seus resultados, facilitarán información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

Artigo 13. Incompatibilidade das axudas

Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración, incluídas as de minimis, sempre que a axuda concedida as persoas beneficiarias non supera a porcentaxe ou contía máxima de axuda prevista nesta orde e na normativa da Unión Europea aplicable en cada caso en materia de axudas de Estado.

As axudas consonte os programas de apoio incluídos no capítulo III serán compatibles entre si, podendo recibir un mesmo beneficiario axuda correspondente a máis dun dos programas de apoio, sempre que se garanta a ausencia de dobre financiamento para unha mesmo investimento elixible ou custo subvencionable.

De conformidade co artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, a axuda concedida no marco do Mecanismo de recuperación e resiliencia sumarase á proporcionada conforme a outros programas e instrumentos da Unión. As reformas e os proxectos de investimento poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que dita axuda non cubra o mesmo custo ou investimento elixible. Así mesmo, as actuacións que sexan financiadas polo Mecanismo de recuperación e resiliencia deberán quedar claramente diferenciadas das que sexan financiadas a través doutras fontes, con identificación dos fitos ou obxectivos que a aquelas correspóndanlles.

As persoas solicitantes das axudas previstas nesta orde xuntarán, coa solicitude inicial, unha declaración do conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto polas distintas administracións públicas.

Así mesmo, coa xustificación da execución total do proxecto e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 14. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao pagamento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento da actuación, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de pagamento da subvención e para facer efectivo o reintegro a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Procederá a perda total do dereito ao pagamento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actuación e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención. Tamén será aplicable no caso de que a actuación xustificada minorase a baremación da axuda, de xeito que coa nova puntuación non resultase concedida en réxime de concorrencia competitiva.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o órgano concedente, que incluirán as correspondentes visitas sobre o terreo, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea; non achegar canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e non permitir as verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello ou, se é o caso, ás actuacións de control previstas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

d) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomados en conta na concesión das axudas, o órgano concedente poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou aos conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de executar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables; de ser o caso, deberanse reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable da actuación, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberanse reintegrar todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

b) Suporá o reintegro dun 10 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os conceptos financiados con fondos de recuperación.

c) Suporá o reintegro dun 5 % da subvención concedida o incumprimento das obrigas de información, comunicación e visibilidade do apoio procedente dos fondos establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE; Euratom) 2018/1046.

Artigo 15. Fiscalización e control

As empresas ou as persoas traballadoras autónomas beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de control, incluída a consulta aos sistemas de información que realice o órgano convocante, con anterioridade ou posterioridade á concesión da subvención, para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos, e ás de comprobación material e control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) ou da Fiscalía Europea.

Para o financiamento con fondos do PRTR, o órgano concedente da subvención, suxeito ao Plan xeral de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Consellería do Medio Rural (https://transparencia.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1792070&name=DLFE-47375.pdf), aplicará medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr os conflitos de intereses e o dobre financiamento, e serán actuacións obrigatorias para os órganos xestores a avaliación do risco de fraude, a tramitación da declaración de ausencia de conflito de intereses e a dispoñibilidade dun procedemento para abordar conflitos de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema Integrado de Atención á Cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania).

Artigo 16. Transparencia e bo goberno

Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 17. Análise sistemática do risco de conflito de intereses

O presente procedemento de concesión de subvencións está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de intereses prevista na disposición adicional centésimo décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de intereses nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión da subvención poderá requirir aos solicitantes da axuda a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano de concesión da subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través de Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de intereses, indicando, en lugar do solicitante da axuda, os titulares reais recuperados polo órgano de concesión da subvención.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 18. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría (procedemento MR406D) e á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro (procedemento MR406E), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.

Artigo 19. Prazo de presentación das solicitudes de axuda

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 20. Anticipo

1. As persoas beneficiarias destas axudas cuios investimentos lles exixan pagamentos inmediatos poderán solicitar un anticipo máximo do 50 % da axuda aprobada sen que se supere a anualidade prevista no exercicio orzamentario.

2. O anticipo aboase a condición de que a persoa beneficiaria constitúa unha garantía por un importe do 110 % das cantidades anticipadas.

3. O prazo para solicitar o anticipo será dun mes desde a notificación concesión da axuda.

4. Para os anticipos pagados, as persoas beneficiarias deberán comunicar antes de que transcorran seis meses desde a data de pago do anticipo, unha declaración dos gastos que xustifique o uso dos anticipos.

Artigo 21. Financiamento

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde están financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), efectuarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría: 14.04.713C.770.3, código de proxecto 2021.00205, para o ano 2023, 220.000 euros, para o ano 2024, 220.000 euros, e para o ano 2025, 1.760.000 euros. En total 2.200.000 euros.

b) Axudas á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro:

i. 14.04.713C.770.3, código de proxecto 2021.00208, para o ano 2023, 654.299,05 euros, para o ano 2024, 654.299,05 euros, e para o ano 2025, 5.234.392,46 euros. En total 6.542.990,56 euros.

ii. 14.04.713C.760.0, código de proxecto 2021.00208, para o ano 2023, 3.500 euros, para o ano 2024, 3.500 euros, e para o ano 2025, 28.000 euros. En total 35.000 euros.

2. As ditas aplicacións orzamentaria poderá incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. No suposto de existir remanentes dun proxecto, poderíase empregar para financiar solicitudes do outro proxecto.

4. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación financiará as subvencións previstas nesta orde con cargo á aplicación orzamentaria 21.50.410C.759.01 «Impulso da transición ecolóxica da agricultura e a gandaría. Mecanismo de recuperación e resiliencia».

5. A distribución territorial dos créditos consignados para o efecto nos orzamentos xerais do Estado, a cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, realizarase de acordo co previsto no artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria. A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 18 de outubro de 2021 estableceu que anualmente mediante resolución do titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, modularanse as contías finais a distribuír en cada exercicio.

CAPÍTULO III

Axudas aos investimentos en sistemas de xestión
de estercos en gandaría

Artigo 22. Persoas beneficarias

1. Poderán ser beneficiarias desta subvención:

a) Persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou agrupacións de persoas físicas, incluídas as explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, que sexan titulares de explotacións gandeiras, sempre que teñan a consideración de pemes.

b) Cando se trate de investimentos colectivos, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou sen personalidade propia de acordo cos termos previstos no artigo 67.2 da Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, e calquera organización ou asociación de produtores recoñecida pola autoridade competente, que integren un mínimo de cinco titulares de explotación sempre que teñan a consideración de pemes.

c) Consorcios ou outra forma de colaboración público-privada, sempre que as actuacións se destinen a un uso en común e redunden en beneficio de explotacións gandeiras concretas que teñan a consideración de pemes, cuxos titulares deron o seu consentimento para que tales entes soliciten a axuda.

d) Centros xestores de estercos sempre que teñan a consideración de pemes.

2. Os titulares de explotacións gandeiras suxeitas ao cumprimento do establecido no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación, poderán ser beneficiarios das axudas cando as medidas que se pretende implantar supoñan melloras adicionais a aquelas coas que conta a instalación tras a implantación dos requisitos mínimos establecidos na dita normativa e na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto a cría intensiva de aves de curral ou de porcos.

Artigo 23. Actuacións subvencionables

1. Serán actuacións subvencionables as relacionadas a seguir:

a) Actuación 1. Mellora da eficiencia ambiental das instalacións de almacenamento exterior das dexecciones gandeiras: consistirá na realización dun ou varios dos investimentos elixibles relacionados coa adaptación ou cubrición das balsas/depósitos exteriores de estercos novos ou existentes con ou sen aproveitamento enerxético na propia explotación, que reduzan as emisións de amoníaco, gases efecto invernadoiro e gases contaminantes.

b) Actuación 2. Mellora da xestión e aproveitamento dos estercos: consistirá na realización dun ou varios dos investimentos elixibles relacionados co almacenamento, tratamento ou valorización das dexecciones gandeiras que non leven un aumento de emisións de amoníaco, gases efecto invernadoiro e gases contaminantes.

2. As actuacións, para que sexan subvencionables, terán un investimento mínimo de 10.000 euros por proxecto de investimento, reunirán polo menos as características mínimas establecidas no anexo IV.

Artigo 24. Investimentos elixibles

1. Serán investimentos elixibles no marco da actuación 1 as relacionadas a seguir, con carácter limitativo:

a) Cobertura de balsas e outros sistemas de almacenamento de esterco que permitan unha redución de emisións de amoníaco superior ao 80 %, con respecto á técnica de referencia, de balsa de xurro descuberta e sen costra:

i. Cubertas ríxidas de formigón.

ii. Cubertas ríxidas de madeira.

iii. Cubertas ríxidas de TPO (poliolefina termoplástica).

iv. Cubertas flexibles de lona.

v. Almacenamento en bolsa de esterco.

vi. Outros sistemas de cuberta ríxida ou flexible.

b) Cubrición de balsas de esterco ou bolsas, con recuperación de metano e combustión en facho ou en caldeira na propia explotación.

2. Serán investimentos elixibles no marco da actuación 2 as relacionadas a seguir, con carácter limitativo:

a) Nitrificación-desnitrificación.

b) Separación sólido-líquido.

c) Compostaxe.

d) Construción de novos sistemas de almacenamento ou adaptación dos existentes ata alcanzar o tempo de almacenamento de polo menos 6 meses, que permita un uso adecuado dos estercos. Estes investimentos non serán elixibles en explotacións gandeiras cuxos titulares estean obrigados a cumprir requisitos específicos para as balsas de esterco con independencia da capacidade máxima ou outros requisitos particulares que se exixan conforme a normativa de ordenación vixente.

3. A construción de novos sistemas de almacenamento apoiará o obxectivo europeo de garantir que polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción está preparado para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE. Os operadores limitarán a xeración de residuos en procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE, tendo en conta as mellores prácticas dispoñibles, e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e a reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición. Os deseños de edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade e, en particular, demostrarán, con referencia á norma ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para seren máis eficientes no uso de recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición.

Artigo 25. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante, se é o caso.

b) Memoria xustificativa.

c) Orzamentos dos investimentos. Cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000 euros en adquisición de equipamentos ou os 40.000 euros en obras de instalación, o solicitante deberá achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

d) Contabilidade do último exercicio pechado e do da anualidade 2019.

e) Anexo III: acordo celebrado entre as persoas integrantes dun plan de investimento conxunto, se é o caso.

f) No caso de solicitantes aos que lles sexa de aplicación o artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros):

i. Declaración responsable nos termos previstos no artigo 26 do Regulamento Xeral de Subvencións.

ii. No seu caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite o seu cumprimento polo solicitante, con independencia de calquera financiamento para o cobramento anticipado da empresa provedora. Para ese efecto, se do informe de auditoría das últimas contas anuais dedúcese un cumprimento do 100 % dos prazos de pagamento a provedores por parte do solicitante, bastará un certificado emitido polo auditor que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais como certificación de cumprimento do requisito do artigo 13.3 bis. No caso de que non sexa posible emitir tal certificado (por non existir contas anuais auditadas ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), presentarase certificación, baseada nun «Informe de Procedementos Acordados», que acredite que o solicitante no momento de presentación de solicitude de axuda non ten ningunha factura pendente de pagamento na que se superaron os prazos legais de pagamento. Dita certificación non poderá ter en ningún caso unha antigüidade superior a un mes anterior á data de presentación da solicitude.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 26. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da renda (IRPF).

f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Concesións de subvencións e axudas.

j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Concesións pola regra de minimis.

l) Domicilio fiscal.

m) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE).

n) Vida laboral nos últimos cinco anos.

o) Vida laboral da empresa.

p) Título oficial non universitario.

q) Título oficial universitario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 27. Criterios de prioridade

1. A orde de prelación das solicitudes virá determinada pola suma da puntuación obtida conforme os criterios de priorización.

2. En primeiro lugar, atenderanse as solicitudes que, de acordo cos criterios de priorización, obtiveron algún punto, ata o esgotamento dos fondos. En caso de non esgotarse o orzamento dispoñible, concederanse as axudas aos beneficiarios sen carácter de prioritarios, ata as correspondentes contías ou intensidades máximas de axuda por beneficiario.

Criterio

Parámetros

Documentación

Verificación sectorial

Ponderación

1. Plan de investimento conxunto

Polo menos cinco investimentos a realizar en cinco explotacións diferentes de entre os membros da entidade ou agrupación que presente o plan

Solicitude

Rexistro de explotacións agrarias de Galicia

5 puntos

2. Investimentos colectivos

Que vaia prestar servizo ou da cal vaian beneficiarse, polo menos, cinco explotacións diferentes de entre os membros da entidade ou agrupación solicitante

Solicitude

Rexistro de explotacións agrarias de Galicia

5 puntos

3. Explotación de titularidade compartida

Estar inscrita no rexistro de titularidade compartida

Solicitude

Rexistro de titularidade compartida

2 puntos

4. Persoa agricultora moza

Non ter máis de corenta anos

DNI

Rexistro de explotacións agrarias de Galicia

2 puntos

Titulación académica de capataz agrícola, de técnico/a ou técnico/a superior en ciclos formativos da familia profesional de actividades agrarias, ou outra titulación superior da rama agraria ou cursos relacionados coa incorporación da persoa nova cunha duración mínima de 250 horas ou cinco anos de exercicio da actividade agraria

Titulación académica

Establecerse nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación ou aquel que se estableceu durante os cinco anos anteriores á data de solicitude da axuda

Informe de vida laboral

5. Pertencer a unha entidade asociativa prioritaria

 

Certificado da entidade asociativa prioritaria

Rexistro Nacional de Entidades Asociativas Prioritarias

1 punto

6. Consorcios ou outra forma de colaboración público-privada ou centros xestores de estercos

 

Solicitude

Rexistro oficial

3 puntos

7. Proxecto de investimento executado en zona vulnerable á contaminación por nitratos

Localización do proxecto de investimento nunha zona vulnerable

Solicitude

Declaración de zona vulnerable

3 puntos

8. Proxecto de investimentos no marco da actuación 1

Investimentos elixibles no marco da actuación 1

Solicitude

2 puntos

3. En caso de empate, primeiro atenderanse as solicitudes que alcancen maior puntuación nos criterios do 1 ao 5, e de persistir o mesmo, atenderase por rigoroso orde de presentación.

Artigo 28. Intensidade máxima e contía da axuda

1. A intensidade máxima das axudas será, con carácter xeral, dun 50 % do custo elixible, excepto no caso dos beneficiarios incluídos no artigo 22.2, cuxo límite máximo se establece nun 25 %. Este límite poderá incrementarse 20 puntos porcentuais no caso dos investimentos colectivos, dos realizados polos consorcios ou outra forma de colaboración público-privada ou aqueles cuxos beneficiarios teñan a condición de novos agricultores.

2. Estas axudas estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

3. A contía máxima da axuda establécese en:

a) Para a actuación 1:

i. Cubrición de balsas sen aproveitamento enerxético.

1. Para actuacións realizadas polas persoas beneficiarias recollidas no artigo 22.1.a): 100.000 euros.

2. Para actuacións realizadas polas persoas beneficiarias recollidas no punto 22.1.b), c) e d): 300.000 euros.

ii. Cubrición de balsas con aproveitamento enerxético na propia granxa.

1. Para actuacións realizadas polas persoas beneficiarias recollidas no artigo 22.1.a): 300.000 euros.

2. Para actuacións realizadas polas persoas beneficiarias recollidas no punto 22.1.b), c) e d): 900.000 euros.

b) Para a actuación 2:

i. Para actuacións realizadas polas persoas beneficiarias recollidas no artigo 22.1.a): 300.000 euros.

ii. Para actuacións realizadas polas persoas beneficiarias recollidas no punto 22.1.b), c) e d): 900.000 euros.

4. En todo caso, conforme o Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, non poderá concederse en ningún caso unha axuda superior a 500.000 euros por empresa e por proxecto de investimento.

Artigo 29. Prazo de execución e xustificación

1. Segundo o establecido no artigo 30 do Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, o prazo máximo para executar e xustificar é de 18 meses desde a concesión da axuda.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase á persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá á persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 30. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes.

3. As solicitudes de pagamento da axuda deberán acompañarse das correspondentes facturas e xustificantes de pago.

4. Respecto das condicións de admisibilidade da adquisición de bens mediante fórmulas de financiamento e pagamento que difiren a adquisición da plena propiedade do ben, terase en conta o seguinte:

a) Os bens deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de financiamento que condicionen a adquisición da propiedade do ben a un momento posterior (contratos de financiamento de bens con reserva de dominio, leasing, etc.) só se consideran subvencionables sempre que os bens pasen a ser da propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de xustificación da axuda. En concreto, a adquisición de maquinaria e equipamento a través de operacións de arrendamento financeiro só será subvencionable se o contrato inclúe o compromiso de compra en que se prevexa que o beneficiario chegue a ser propietario da maquinaria ou equipamento de que se trate dentro do prazo límite de xustificación da axuda. O importe máximo subvencionable non superará o valor de mercado do activo arrendado.

b) En ningún caso serán subvencionables outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou gastos de seguros.

c) Non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo (lease-back).

5. Unha vez presentada a solicitude de pago dos investimentos, o órgano instrutor, realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas.

6. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo perseguido no momento da solicitude. De non ser así, iniciarase o procedemento de perda do dereito ao cobramento.

7. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade os investimentos para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pago os investimentos polos que a solicita, recalculándose a axuda segundo corresponda á redución do investimento.

CAPÍTULO IV

Axudas á aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0
no sector agrícola e gandeiro

Artigo 31. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención:

a) Persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou agrupacións de persoas físicas, incluídas as explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, que sexan titulares de explotacións gandeiras e/ou agrícolas, sempre que teñan a consideración de pemes.

b) Persoas físicas ou xurídicas que presten servizos agrarios, entendendo por tales quen desenvolva actividades económicas rexistradas no epígrafe 911, no 912 ou no 851 no Imposto de Actividades Económicas sempre que teña a consideración de pemes.

c) Cando se trate de investimentos colectivos, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou sen personalidade propia de acordo cos termos previstos no artigo 67.2 do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, que integren un mínimo de cinco titulares de explotación sempre que teñan a consideración de pemes e calquera organización ou asociación de produtores recoñecida pola autoridade competente cuxos membros sexan titulares dunha explotación agrícola e/ou gandeira.

d) Consorcios ou outra forma de colaboración público-privada, sempre que os proxectos de investimento destínense a un uso en común e redunden en beneficio de explotacións concretas que teñan a consideración de pemes, cuxos titulares darían o seu consentimento para que devanditos entes soliciten a axuda.

Artigo 32. Investimentos elixibles

1. Serán investimentos elixibles os proxectos que contemplen a adquisición de licenzas de software, maquinaria e equipos agrarios incluídos na seguinte listaxe. Os equipos deberán cumprir con, polo menos, un dos requisitos mínimos indicados.

Equipo de agricultura de precisión

Tecnoloxías/máquinas

Requisitos mínimos

Abonadoras.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Maquinaria para labra e preparación do terreo.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Autocargadores de forraxe.

Traballo variable, comunicación.

Cosechadoras e outros equipos de recolección.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Empacadoras.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Esparcidores de esterco.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Maquinaria para leñosos (preparadoras, esfolladoras, trituradoras).

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Tanque distribuidor de xurro con sistemas de localización de produto.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Carro mesturador con análise NIR da ración.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Picadoras de forraxe.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Remolques agrícolas.

Traballo variable, comunicación.

Segadoras.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Sembradoras e plantadoras.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Tractores.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Máquinas portátiles.

Comunicación.

Robot escardador autónomo e outros equipos escardadores.

Traballo variable, mapeo.

Robot para toma de datos.

Traballo variable, mapeo.

Robot multipropósito.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Robot de ordeño.

Comunicación.

Manipuladoras telescópicas.

Traballo variable, mapeo, comunicación.

Compoñentes para a adaptación e equipos en uso

Tecnoloxías/máquinas/compoñentes/software

Requisitos mínimos

Análise e xestión de ración en carro mesturador.

Sensor de nutrientes NIR.

Equipo autónomo de mapeo para engadir a calquera equipo.

Equipo con sensores de rendemento e humidade para engadir a calquera equipo.

Autoguiado.

Sistema de pesada e dosificación.

Dotación para complementar traballo variable.

Kit de adaptación ISOBUS.

Receptores de sinal.

Estacións fixas RKT.

Pneumáticos.

Comunicación.

Compoñentes de comunicación para dotar de telemetría a maquinaria.

Programa de xestión de frotas.

Comunicación.

Sistemas de precisión para a xestión do gando (dispositivos de xeolocalización do gando, sistemas de virtual fencing, caracterización por infravermellos de estados corporais, redución de antibióticos, etc.).

LPWAN para despregamento en actuacións colectivas.

Conectividade de polo menos 15 km de diámetro.

Sensórica (detección de condicións climáticas, composición chan, rega e humidade, detección enfermidades, etc.).

Comunicación.

Software de Xestión ou Analítico (recomendacións de tratamentos e riscos, Informes automatizados, Predictibilidade de produción, etc.).

Comunicación.

2. A maquinaria e equipos subvencionables deben reunir os seguintes requisitos:

a) Deben ser máquinas e equipos de primeira adquisición.

b) Terán que ser compatibles coas máquinas auxiliares presentes na explotación ou coas que deban funcionar conxuntamente, xa sexan adquiridas dentro do obxecto deste programa de axudas, ou xa estean dispoñibles na explotación.

c) A súa adquisición irá orientada a algún dos obxectivos seguintes, e así se xustificará na memoria:

i. Mellora da xestión gandeira.

ii. Redución do uso de produtos químicos, en particular produtos fitosanitarios e fertilizantes.

iii. Control de rastrexabilidade e calidade nos cultivos na fase de sementa e no laboreo. Redución da erosión.

iv. Control de rastrexabilidade e calidade na recolección.

v. Reducir a emisión de gases de efecto invernadoiro e a diminución combustible necesario.

vi. No caso de que sexa un dispositivo que actualice unha máquina existente, debe ser compatible coa mesma.

3. Considéranse subvencionables os gastos de contratación dos servizos de asesoramento especializado no uso da maquinaría e dispositivos para a aplicación práctica das tecnoloxías obxecto deste programa de apoio, cuxo importe máximo non superará en ningún caso o 10 % da contía correspondente ao proxecto de investimento solicitado.

Non se considerarán gastos subvencionables os servizos prestados por persoas, entidades ou empresas vinculadas co beneficiario último da axuda, entendendo por tales as que respondan a definición do artigo 68.2 do Regulamento da Lei xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Artigo 33. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante, se é o caso.

b) Memoria da xustificativa que incluirá, como mínimo:

i. Avaliación por un técnico cualificado da compatibilidade da maquinaría coas tecnoloxías presentes na explotación.

ii. Número de potenciais usuarios e hectáreas ou cabezas de gando.

iii. Obxectivo ou obxectivos dos citados no anterior, que se pretenden alcanzar cos investimentos realizados.

iv. Un plan de difusión onde se recolla a planificación de polo menos unha xornada durante o ano posterior á adquisición e o compromiso de participación en polo menos unha xornada de demostración que organice as autoridades competentes. Exclúense deste requisito aos solicitantes persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou agrupacións de persoas físicas, incluídas as explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, que sexan titulares de explotacións gandeiras e/ou agrícolas.

v. Un plan de formación cunha duración mínima de 25 horas que garanta o correcto uso e a aplicación práctica das tecnoloxías obxecto deste programa de apoio, que poderá organizar o comercializador, as organizacións profesionais agrarias ou outros axentes do medio rural. A duración esixida para o plan de formación pode resultar da suma de diferentes cursos ou programas de formación sobre agricultura de precisión en xeral e sobre o uso do investimento realizado en particular, incluíndo o curso de posta en marcha, realizados polo solicitante sempre e cando os obxectivos sexan os definidos neste programa de apoio.

c) Orzamentos dos investimentos. Cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000 euros en adquisición de equipamentos ou os 40.000 euros en obras de instalación, o solicitante deberá achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

d) Contabilidade do último exercicio pechado e do da anualidade 2019.

e) Anexo III: acordo celebrado entre as persoas integrantes dun plan de investimento conxunto, se é o caso.

f) No caso de solicitantes aos que lles sexa de aplicación o artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro (subvencións de importe superior a 30.000 euros):

i. Declaración responsable nos termos previstos no artigo 26 do Regulamento Xeral de Subvencións.

ii. No seu caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite o seu cumprimento polo solicitante, con independencia de calquera financiamento para o cobramento anticipado da empresa provedora. Para ese efecto, se do informe de auditoría das últimas contas anuais dedúcese un cumprimento do 100 % dos prazos de pagamento a provedores por parte do solicitante, bastará un certificado emitido polo auditor que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais como certificación de cumprimento do requisito do artigo 13.3 bis. No caso de que non sexa posible emitir tal certificado (por non existir contas anuais auditadas ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), presentarase certificación, baseada nun «Informe de Procedementos Acordados», que acredite que o solicitante no momento de presentación de solicitude de axuda non ten ningunha factura pendente de pagamento na que se superaron os prazos legais de pagamento. Dita certificación non poderá ter en ningún caso unha antigüidade superior a un mes anterior á data de presentación da solicitude.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 34. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da renda (IRPF).

f) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Concesións de subvencións e axudas.

j) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Concesións pola regra de minimis.

l) Domicilio fiscal.

m) Imposto de actividades económicas ampliado (IAE).

n) Vida laboral nos últimos cinco anos.

o) Vida laboral da empresa.

p) Título oficial non universitario.

q) Título oficial universitario.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 35. Criterios de prioridade

1. A orde de prelación das solicitudes virá determinada pola suma da puntuación obtida conforme os criterios de priorización.

2. En primeiro lugar, atenderanse as solicitudes que, de acordo cos criterios de priorización, obtiveron algún punto, ata o esgotamento dos fondos. En caso de non esgotarse o orzamento dispoñible, concederanse as axudas aos beneficiarios sen carácter de prioritarios, ata as correspondentes contías ou intensidades máximas de axuda por beneficiario.

Criterio

Parámetros

Documentación

Verificación sectorial

Ponderación

1. Plan de investimento conxunto

Polo menos cinco investimentos a realizar en cinco explotacións diferentes de entre os membros da entidade ou agrupación que presente o plan

Solicitude

Rexistro de explotacións agrarias de Galicia

5 puntos

2. Investimentos colectivos

Que vaia a prestar servizo ou da cal vaian beneficiarse, polo menos, cinco explotacións diferentes de entre os membros da entidade ou agrupación solicitante

Solicitude

Rexistro de explotacións agrarias de Galicia

5 puntos

3. Explotación de titularidade compartida

Estar inscrita no rexistro de titularidade compartida

Solicitude

Rexistro de titularidade compartida

2 puntos

4. Persoa agricultora moza

Non ter máis de corenta anos

DNI

Rexistro de explotacións agrarias de Galicia

2 puntos

Titulación académica de capataz agrícola, de técnico/a ou técnico/a superior en ciclos formativos da familia profesional de actividades agrarias, ou outra titulación superior da rama agraria ou cursos relacionados coa incorporación da persoa nova cunha duración mínima de 250 horas ou cinco anos de exercicio da actividade agraria

Titulación académica

Establecerse nunha explotación agraria por primeira vez como titular desa explotación ou aquel que se estableceu durante os cinco anos anteriores á data de solicitude da axuda

Informe de vida laboral

5. Pertencer a unha entidade asociativa prioritaria

 

Certificado da entidade asociativa prioritaria

Rexistro Nacional de Entidades Asociativas Prioritarias

1 punto

6. Proxectos de investimento realizados polos beneficiarios persoas físicas ou xurídicas que presten servizos agrarios, e consorcios ou outra forma de colaboración público-privada que propician no uso en común da maquinaria ou os dispositivos

 

Solicitude

 

2 puntos

7. Equipo de agricultura de precisión completo ou equipo existente adaptado ás tecnoloxías de agricultura de precisión

 

Solicitude

 

2 puntos por cada un, ata un máximo de 6 puntos

8. Solicitudes con investimentos para a distribución de xurros ou para a aplicación de produtos fitosanitarios

 

Solicitude

 

3 puntos

Artigo 36. Intensidade máxima e contía da axuda

1. A intensidade máxima da axuda será do 40 % dos custos elixibles. Con todo, este límite poderá incrementarse 20 puntos porcentuais, no caso dos investimentos colectivos, os realizadas polos consorcios ou outra forma de colaboración público-privada ou de beneficiarios que teñan a condición de novos agricultores.

2. Non se concederán axudas aos proxectos solicitados cando a contía do mesmo non supere un importe mínimo de 5.000 euros. A contía máxima da axuda será de 300.000 euros.

3. Estas axudas estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axudas nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Artigo 37. Prazo de execución e xustificación

1. Segundo o establecido no artigo 30 do Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, o prazo máximo para executar e xustificar é de 18 meses desde a concesión da axuda.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase á persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá á persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 38. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se xustifique o seu gasto e pagamento con posterioridade á data de presentación da solicitude.

2. Unha vez realizados os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes.

3. As solicitudes de pagamento da axuda deberán acompañarse das correspondentes facturas e xustificantes de pago.

4. A maquinaria agrícola deberá estar inscrita no rexistro oficial de maquinaria agrícola.

5. Respecto das condicións de admisibilidade da adquisición de bens mediante fórmulas de financiamento e pagamento que difiren a adquisición da plena propiedade do ben, terase en conta o seguinte:

a) Os bens deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de financiamento que condicionen a adquisición da propiedade do ben a un momento posterior (contratos de financiamento de bens con reserva de dominio, leasing, etc.) só se consideran subvencionables sempre que os bens pasen a ser da propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de xustificación da axuda. En concreto, a adquisición de maquinaria e equipamento a través de operacións de arrendamento financeiro só será subvencionable se o contrato inclúe o compromiso de compra en que se prevexa que o beneficiario chegue a ser propietario da maquinaria ou equipamento de que se trate dentro do prazo límite de xustificación da axuda. O importe máximo subvencionable non superará o valor de mercado do activo arrendado.

b) En ningún caso serán subvencionables outros custos ligados ao contrato de arrendamento financeiro, tales como impostos, marxe do arrendador, custos de refinanciamento dos xuros, gastos xerais ou gastos de seguros.

c) Non serán subvencionables as adquisicións de bens no marco dun sistema de venda e arrendamento retroactivo (lease-back).

6. Unha vez presentada a solicitude de pago dos investimentos, o órgano instrutor, realizará os correspondentes controis administrativos previos ao pagamento das axudas.

7. Os investimentos realizados, no caso de variación sobre os aprobados, deben garantir suficientemente que se cumpre o obxectivo perseguido no momento da solicitude. De non ser así, iniciarase o procedemento de perda do dereito ao cobramento.

8. Nos casos en que a persoa beneficiaria non execute na súa totalidade os investimentos para o cal ten concedida a axuda ou se produzan desviacións substanciais entre o investimento realizado e aprobado, deberá indicar na solicitude de pagamento os investimentos polos que a solicita, recalculándose a axuda segundo corresponda á redución do investimento.

Disposición adicional primeira. Normativa aplicable

As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse por:

– Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa a análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, que establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

– Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais destinadas á execución de proxectos de investimento dentro do Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandería (III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro, pola que se regula o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Orde HFP 1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información para proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas das compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Real decreto 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional segunda. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira. Protección de datos

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en gandaría, agricultura e industrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Características mínimas dos investimentos en sistemas
de xestión de estercos

Os investimentos elixibles deberán cumprir as características mínimas seguintes:

1. A cobertura de balsas e outros sistemas de almacenamento de esterco que permitan unha redución de emisións de amoníaco superior ao 80 %.

a) A vida útil mínima será de dez anos.

b) Nas cubertas flexibles inclúense cubertas en forma de tenda, cubertas abovedadas e cubertas planas.

2. Nitrificación-desnitrificación. Aplicable unicamente en naves/explotacións cando é necesario eliminar o nitróxeno do esterco para evitar superar os niveis máximos de nitróxeno no solo ou augas superficiais ou profundas (p. ex. no caso de zonas designadas como «Zonas vulnerables»). Disporá de sensores automatizados para a operación automática da instalación.

3. Separación sólido-líquido, aplicable cando:

a) Sexa preciso reducir o contido de nitróxeno e de fósforo do esterco para evitar superar os niveis máximos de nitróxeno e fósforo no solo ou augas superficiais ou profundas ou,

b) Non poida transportarse o esterco para a súa aplicación ao campo a un custo razoable ou,

c) Sexa necesario para aplicar outra técnica de tratamento posterior.

Tamén se incluirá maquinaria ou transporte móbil necesario para levar a cabo a separación sólido-líquido de forma colectiva entre distintas granxas.

4. Compostaxe. Inclúe o proceso de dixestión aeróbica para a obtención dun compost e a maquinaria necesaria. Pode provir dun esterco sólido de inicio ou provir da fracción sólida doutros estercos sometidos a separación e polo que se obteña unha fracción sólida.

A instalación de compostaxe terá o chan impermeabilizado e disporá de cuberta de obra ou malla xeotéxtil que impida o paso da auga, pero permita o intercambio de oxíxeno.

De ser o caso, disporá dunha instalación que permita alcanzar o grao correcto de humidade para o proceso de compostaxe.

5. Instalación de plantas de biogás de uso individual en balsas de esterco cubertas ou balsas con ou sen aproveitamento enerxético para o seu aproveitamento in situ ou posterior, cumprindo todos os criterios ambientais, incluíndo os criterios de sustentabilidade e de redución de emisións GEI descritos na Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, así como coa súa normativa derivada:

a) A vida útil mínima será de dez anos.

b) Deberán ter unha capacidade de almacenamento adecuada ao período de retención óptimo do dixestato.

c) Os depósitos terán que soportar tensións mecánicas, químicas e térmicas.

d) Os depósitos deben estar construídos a proba de fugas para a recollida e transferencia dos xurros (p. ex. fosas, canles, desaugadoiros, estacións de bombeo).

e) Os depósitos terán instalado un sistema de detección de fugas, como pode ser unha xeomembrana, unha capa de drenaxe e un sistema de condutos de desaugadoiro, e contar cun peche hermético e un sistema de recollida e eliminación de biogás (facho) ou utilización como fonte de enerxía.

f) A base, paredes e teito dos depósitos serán impermeables, de formigón ou revestimento plástico (ou dobre revestimento).

6. Construción de novos sistemas de almacenamento, ou adaptación dos existentes ata alcanzar o tempo de almacenaxe que permita un uso adecuado dos estercos, excepto en explotacións gandeiras cuxos titulares estean obrigados conforme a normativa de ordenación vixente.

O redimensionamento da capacidade de almacenamento de estercos en granxas existentes poderase realizar construíndo un depósito novo, engadindo outro para incrementar a capacidade ou utilizando unha bolsa ou depósitos de esterco para almacenar o volume adicional. Deberanse cumprir as condicións seguintes:

a) Ter unha vida útil mínima de dez anos.

b) A capacidade de almacenamento será de, polo menos, 6 meses e adecuada ás características e necesidades agronómicas da contorna. Isto é, con capacidade suficiente para conservar os estercos durante os períodos en que non é posible aplicalos ao campo.

c) Para reducir o coeficiente entre a superficie de emisión e o volume do depósito as dimensións dos depósitos/balsas axustaranse ás condicións seguintes:

i. Profundidade (altura) mínima 2 metros, debendo establecer unha «marxe libre» ou distancia entre a superficie de estercos e o bordo superior da balsa de 0.5-0.75 m. Nos depósitos rectangulares, a proporción entre altura e superficie será de 1:30-50. Nos depósitos circulares, a relación altura-diámetro será de 1:3 a 1:4. Pode aumentarse a altura das paredes laterais.

ii. Inclinación mínima noiro 50 %.

iii. No caso de que a profundidade non supere os 3 metros, a relación será de:

1. Profundidade-superficie 1:50 se altura < 3 m.

2. Profundidade-diámetro 1:4 se altura < 3 m.

iv. No caso das bolsas de esterco, terán as dimensións adecuadas ao volume que sexa necesario almacenar.

Exceptuarase do cumprimento dos apartados i) e iii) aos depósitos e balsas que estean totalmente cubertos cunha cuberta, ríxida ou flexible, que reduza a emisión de amoníaco en polo menos un 80 % con respecto á referencia do depósito ou balsa sen ningún tipo de cuberta.

d) Os depósitos terán que:

i. Soportar tensións mecánicas, químicas e térmicas.

ii. Estar construídos a proba de fugas para a recollida e transferencia dos estercos (p. ex. fosas, canles, desaugadoiros, estacións de bombeo).

iii. Ter instalado un sistema de detección de fugas, por exemplo, unha xeomembrana, unha capa de drenaxe e un sistema de condutos de desaugadoiro.

iv. Ter a base e paredes dos depósitos impermeables, de formigón ou revestimento plástico (ou dobre revestimento).

e) A construción dun depósito novo ou calquera modificación do seu tamaño ou estrutura deberá acompañarse da adopción de técnicas que reduzan as emisións de amoníaco en, polo menos, un 80 % con respecto á referencia do depósito sen ningún tipo de cuberta.

Cando esta técnica supoña o cubrimento do depósito e cando este cubrimento poida implicar a acumulación de gas metano, adoptaranse sistemas de xestión do devandito gas que eliminen os riscos relativos á súa acumulación ou emisión á atmosfera.

missing image file