Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40668

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 29 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, con base no Acordo da Mesa sectorial do 20 de abril de 2023.

Con data do 20 de abril de 2023, na Mesa sectorial de negociación do persoal estatutario, asinouse por unanimidade un acordo de melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

A negociación foi realizada de conformidade coas previsións que ao respecto conteñen o artigo 38 da Lei do Estatuto básico do empregado público (texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro), o artigo 154 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e os artigos 79 e 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.

Neste momento, unha vez que as melloras acordadas na Mesa sectorial foron trasladadas co detalle que resulta preciso aos moi diversos conceptos retributivos afectados, e expresa e formalmente aprobadas polo Consello da Xunta no seu Acordo do 29 de xuño de 2023, procede a súa publicación.

De conformidade co que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único

Publícase, para xeral coñecemento e efectividade, o Acordo de melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

Acordo do Consello da Xunta polo que se aproban melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde,
con base no Acordo da Mesa sectorial do 20 de abril de 2023

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia está inmersa no desenvolvemento de diversas liñas estratéxicas de actuación, especialmente no ámbito da atención primaria, como son as contidas no Plan de atención primaria e no documento «Por unha atención primaria vertebradora do sistema de saúde». Para ese ámbito da atención primaria asinouse o 29 de xuño de 2022 na Mesa sectorial de negociación do persoal estatutario, entre a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF, SATSE e UGT, un acordo sobre medidas retributivas e de mellora. O dito acordo foi aprobado polo Consello da Xunta na súa reunión do 8 de setembro de 2022 e publicado pola Orde da Consellería de Sanidade do 16 de setembro (Diario Oficial de Galicia número 182, do 23 de setembro).

Tras o acordo citado estase a traballar de forma constante en diversas medidas de retención de profesionais tanto de atención primaria como hospitalaria para atender as vindeiras xubilacións e o envellecemento dos cadros de persoal e captar e reter profesionais para facer fronte aos novos retos sanitarios, problemas estes que son comúns no sistema sanitario público español e tamén europeo.

Por outra parte, a pandemia da COVID-19, que tanto esforzo supuxo para os e as profesionais –digno do máximo recoñecemento–, demandou das organizacións sanitarias un gran proceso de renovación e ampliación continua das súas capacidades. Ademais, nestes últimos meses a demanda asistencial e a actividade tiveron un importante incremento, froito da situación vivida na propia pandemia, o que está a repercutir directamente na presión asistencial nos servizos de saúde e o seu persoal.

E xa no ámbito das relacións de traballo, o Sistema nacional de saúde está a vivir un proceso caracterizado, por unha parte, pola revisión do marco normativo do emprego público e, por outra, pola implantación de melloras laborais, tendo presente para estas melloras que as medidas adoptadas no seu momento para afrontar a crise económica supuxeron un importante esforzo dos e das profesionais do sector.

Neste escenario hai que situar o impulso negociador da Administración na procura de acordos de mellora no seo da Mesa sectorial e cos sindicatos do sector.

Así as cousas, o 14 de abril de 2023 a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF, SATSE e UGT acordaron abordar como materia prioritaria un estudo comparado das retribucións do persoal estatutario e residente en formación do Servizo Galego de Saúde no marco do Sistema nacional de saúde, especialmente para as categorías que realizan gardas e atención continuada e para as retribucións vinculadas aos factores de festividade e nocturnidade e días de especial significación (24 e 31 de decembro).

Os días 19 e 20 de abril de 2023, tras os procesos negociadores previos, acordáronse, por un lado, con aqueles sindicatos da Mesa sectorial CIG, CC.OO., CSIF, SATSE e UGT, medidas que abranguen a todo o persoal do Servizo Galego de Saúde e particularmente os postos que teñen maior dedicación en xornada ou condicións de maior dificultade por nocturnidade ou festividade, entre outras destacables. Estas melloras acordadas no seo da mesa recolleron as asinadas para o persoal licenciado sanitario o 19 de abril co comité de folga do sindicato CESM Galicia, nas cales polo demais xa se estaba a traballar na propia mesa como consecuencia do acordo previo do 14 de abril.

Entre as medidas acordadas figura a de avanzar na redución da xornada laboral na liña dos acordos acadados na maioría dos servizos de saúde.

Ademais da anterior, entre as melloras que cómpre destacar está o incremento do prezo das gardas realizadas polo persoal facultativo en días laborables e, en maior medida, en sábados e días festivos. Así tamén, e na mesma proporción, recóllense melloras nos prezos dos módulos de noites e festivos para as restantes categorías profesionais do Servizo Galego de Saúde, incluído o persoal residente en formación, que remuneran a atención permanente e continuada aos usuarios/as dos servizos sanitarios fóra do horario ordinario da Administración pública. Así mesmo, increméntase o complemento de aquendamento e outórgase unha consideración especial ao traballo na noite do venres. No ámbito da atención primaria, e polas dificultades de cobertura das quendas de tarde e desprazables, prevese a percepción dun complemento retributivo polo traballo nesas quendas.

No acordo recóllese tamén que se establecerá unha nova regulación dos módulos do persoal facultativo exento de gardas, derivada das sentenzas que se ditaron nesta materia, cunha modificación que está previsto aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2024.

Ao persoal médico e residente en formación, tanto en atención primaria como en atención hospitalaria, que realice o seu traballo ordinario en sábado pola mañá, aboaráselle un módulo adicional a prezo de hora de garda, incentivando así unha quenda de difícil cobertura en ambos os ámbitos. Esta medida baséase no feito de que no Servizo Galego de Saúde os días 24 e 31 de decembro son días laborables para todos/as os/as profesionais e, polo tanto, non teñen a condición de festivos como ocorre no resto da Administración pública de Galicia. Ademais, para a maior parte das categorías estatutarias eses días xa teñen o tratamento de días de especial significación, o que implica unha retribución adicional para o persoal que traballe en xornada ordinaria eses días.

E para evitar diferenzas de tratamento retributivo esténdese esa retribución adicional a todos os colectivos profesionais que non a perciben na actualidade, tanto de atención primaria como especializada, de tal xeito que os días 24 e 31 de decembro teñan a consideración de días de especial significación para todo o persoal do Servizo Galego de Saúde que traballe neses días.

Nun contexto como o actual de indispoñibilidade de persoal facultativo de diferentes especialidades, pero tamén doutras categorías sanitarias, estas melloras contribuirán á retención e atracción de profesionais e a diminuír as taxas de absentismo, conxuntamente con outras medidas que xa se veñen aplicando no sector sanitario público.

En consecuencia o Consello da Xunta, logo do informe favorable conxunto das direccións xerais de Planificación e Orzamentos e de Función Pública, aproba as seguintes melloras retributivas e de traballo para o persoal ao cal lle resulte de aplicación o sistema retributivo da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e normativa complementaria, e –naquelas medidas en que se cite expresamente– para o persoal residente en formación incluído no ámbito do Real decreto 1146/2006, do 6 de outubro, polo que se regula a relación laboral especial de residencia para a formación de especialistas en ciencias da saúde.

I. Incremento do complemento de atención continuada e gardas, noites e festivos.

1. Actualización da hora de garda laborable do persoal facultativo, cun incremento total de 2,05 € na garda de presenza física, e 1,02 € na localizada, coa secuencia temporal que se indica:

Garda laborable facultativo especialista

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

P. física

25,95 €

26,98 €

28,00 €

Localizada

12,98 €

13,49 €

14,00 €

Garda laborable persoal facultativo
urxencias extrahospitalarias

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

P. física

25,95 €

26,98 €

28,00 €

Localizada

12,98 €

13,49 €

14,00 €

2. Retribuirase o factor de festividade (domingos e festivos) nas gardas prestadas polo persoal facultativo, establecendo un valor superior ao ordinario coas seguintes contías:

Garda persoal facultativo especialista (domingos e festivos)

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

P. física

25,95 €

26,98 €

30,00 €

Localizada

12,98 €

13,49 €

15,00 €

Garda urxencias extrahospitalarias persoal facultativo (domingos e festivos)

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

P. física

25,95 €

26,98 €

30,00 €

Localizada

12,98 €

13,49 €

15,00 €

3. Incremento do valor da hora da quinta garda e sucesiva que realice nun mes o persoal facultativo especialista, pola alta prestación que supón, cun valor total de 37 euros/hora garda de presenza física a partir do 1.1.2024.

5ª garda e sucesivas persoal facultativo especialista

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

P. física

25,95 €

26,98 €

37,00 €

O incremento do 7,9 % na garda laborable do persoal facultativo (medida número 1 anterior) aplicarase igualmente a todos os conceptos da atención continuada laborable e nocturnidade doutras categorías sanitarias e non sanitarias.

O incremento do 15,61 % que se aplica á garda festiva (medida número 2 anterior) trasladarase igualmente a todos os conceptos relacionados coa festividade do resto das categorías.

Estas medidas concrétanse nos números 4 a 17 seguintes.

4. Incremento da hora da noite e a festividade do persoal médico de urxencias hospitalarias.

Nocturnidade/festividade médico/a de urxencias

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

Nocturnidade (7,9 %)

5,54 €

5,76 €

5,98 €

Festividade (15,61 %)

13,17 €

13,69 €

15,23 €

5. Incremento da hora da noite e a festividade do persoal médico de PAC.

Nocturnidade/festividade médico/a de PAC

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

Nocturnidade (7,9 %)

5,54 €

5,76 €

5,98 €

Festividade (15,61 %)

13,17 €

13,69 €

15,23 €

6. Incremento da hora da noite e a festividade do persoal enfermeiro de PAC.

Nocturnidade/noct. sábado e véspera fest./festividade enfermeiro/a de PAC

Valor actual
€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

Nocturnidade (7,9 %)

4,45 €

4,63 €

4,80 €

Noct. de sábado e véspera festivo (15,61 %)

10,58 €

10,99 €

12,23 €

Festividade (15,61 %)

10,58 €

10,99 €

12,23 €

7. Incremento da hora de garda de urxencias extrahospitalarias do persoal enfermeiro.

Garda urxencias extrahospitalarias enfermeiro/a (laborable)

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

P. física (7,9 %)

20,64 €

21,46 €

22,27 €

Localizada (7,9 %)

10,32 €

10,73 €

11,14 €

Garda urxencias extrahospitalarias enfermeiro/a (laborable)

Valor actual

€/hora

Valor €/hora
1.7.2023

Valor €/hora
1.1.2024

P. física (15,61 %)

20,64 €

21,46 €

23,86 €

Localizada (15,61 %)

10,32 €

10,73 €

11,93 €

8. Incremento do módulo de noites do persoal non facultativo.

Grupo

Noites persoal non facultativo (7,90 %)

Valor actual módulo (10 h)

Valor módulo (10 h)
1.7.2023

Valor módulo (10 h)
1.1.2024

A2

44,50 €

46,30 €

48,00 €

C1

36,20 €

37,70 €

39,10 €

C2 e E/A. prof.

31,90 €

33,20 €

34,40 €

9. Incremento do módulo de domingos e festivos do persoal non facultativo.

Grupo

Domingos e festivos persoal non facultativo (15,61 %)

Valor actual módulo (7 h)

Valor módulo (7 h) 1.7.2023

Valor módulo (7 h) 1.1.2024

A2

74,06 €

76,93 €

85,61 €

C1

58,03 €

60,27 €

67,06 €

C2 e E/A. prof.

52,78 €

54,88 €

61,04 €

10. Incremento do módulo de noite de sábado e véspera de festivos do persoal non facultativo, establecendo a mesma contía que a prevista para os módulos de domingos e festivos.

Grupo

Noites de sábado e véspera de festivos persoal non facultativo

Valor actual módulo (10 h)

Valor módulo (10 h) 1.7.2023

Valor módulo (10 h) 1.1.2024

A2

73,90 €

76,93 €

85,61 €

C1

58,30 €

60,27 €

67,06 €

C2 e E/A. prof.

52,90 €

54,88 €

61,04 €

11. Incremento do módulo da noite de venres, pola dificultade da súa cobertura: a partir do 1 de xaneiro de 2024 considerarase noite de fin de semana, con valor do módulo do sábado.

Grupo

Noites venres a véspera de festivos persoal non facultativo

Valor actual módulo (10 h)

Valor módulo (10 h) 1.7.2023

Valor módulo (10 h) 1.1.2024

A2

44,50 €

46,30 €

85,61 €

C1

36,20 €

37,70 €

67,06 €

C2 e E/A. prof.

31,90 €

33,20 €

61,04 €

12. Incremento da atención continuada do persoal enfermeiro/a de equipo de transplantes, perfusión, hemodinámica e histoloxía.

Grupo

Atención continuada enfermeiro/a equipo de transplantes/perfusión/hemodinámica e histoloxía laborable

Valor actual módulo/mes

Valor módulo/mes 1.7.2023

Valor módulo/mes 1.1.2024

P. física (67 h/mes) (7,9 %)

773,18 €

804,00 €

833,48 €

Localizada (134 h/mes) (7,9 %)

773,18 €

804,00 €

833,48 €

13. Incremento da atención continuada (localización) do persoal enfermeiro/a de radioloxía intervencionista, diálise, cirurxía cardíaca e endoscopia dixestiva.

Atención continuada localización enfermeiro/a radioloxía intervencionista/diálise/cirurxía cardíaca/endoscopia dixestiva (134 h/mes)

Valor actual módulo/mes

Valor módulo/mes

1.7.2023

Valor módulo/mes

1.1.2024

773,18 €

804,00 €

833,48 €

14. Incremento da atención continuada (localización) do persoal técnico en coidados de enfermaría de radioloxía intervencionista, diálise, cirurxía cardíaca, endoscopia dixestiva e hemodinámica.

Atención continuada localización TCAE radioloxía intervencionista/diálise/cirurxía cardíaca/endoscopia dixestiva/hemodinámica (134 h/mes)

Valor actual módulo/mes

Valor módulo/mes

1.7.2023

Valor módulo/mes

1.1.2024

519,92 €

541,36 €

561,46 €

15. Incremento da atención continuada (localización) do persoal técnico/a superior sanitario de anatomía patolóxica para autopsias e imaxe para o diagnóstico en resonancia magnética.

Atención continuada localización tco. superior sanitario (anatomía patolóxica autopsias/imaxe para diagnóstico en resonancia magnética) 134 h/mes

Valor actual módulo/mes

Valor módulo/mes

1.7.2023

Valor módulo/mes 1.1.2024

582,90 €

605,68 €

628,46 €

16. Incremento da hora de garda laborable do persoal residente en formación.

Garda laborable persoal en formación (7,90 %)

Valor actual €/hora

Valor €/hora 1.7.2023

Valor €/hora 1.1.2024

Presenza física persoal licenciado 1º ano

14,29 €

14,86 €

15,42 €

Presenza física persoal licenciado 2º ano

16,37 €

17,02 €

17,66 €

Presenza física persoal licenciado 3º ano

18,43 €

19,16 €

19,89 €

Presenza física persoal licenciado 4º/5º ano

20,40 €

21,21 €

22,01 €

Presenza física persoal diplomado 1º ano

11,65 €

12,11 €

12,57 €

Presenza física persoal diplomado 2º ano

12,87 €

13,38 €

13,89 €

17. Retribuirase o factor de festividade (domingos e festivos) nas gardas do persoal residente en formación, establecendo un valor superior ao ordinario coas seguintes contías:

Garda persoal en formación (domingos e festivos) (15,61 %)

Valor actual €/hora

Valor €/hora 1.7.2023

Valor €/hora 1.1.2024

Presenza física persoal licenciado 1º ano

14,29 €

14,86 €

16,52 €

Presenza física licenciado 2º ano

16,37 €

17,02 €

18,93 €

Presenza física persoal licenciado 3º ano

18,43 €

19,16 €

21,31 €

Presenza física persoal licenciado 4º/5º ano

20,40 €

21,21 €

23,58 €

Presenza física persoal diplomado 1º ano

11,65 €

12,11 €

13,47 €

Presenza física persoal diplomado 2º ano

12,87 €

13,38 €

14,88 €

II. Módulos de exención de gardas de presenza física do persoal facultativo especialista de área maior de 55 anos.

Establecerase, para a súa aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2024, unha nova regulación dos módulos de atención continuada de presenza física que poderá realizar, fóra do horario ordinario e con rexistro e seguimento de actividade, o persoal facultativo especialista de área maior de 55 anos e exento de gardas.

O persoal que se acolla a esta nova regulación realizará un máximo de 3 módulos de media mensual, os cales serán retribuídos coa contía de 336,00 € (cada módulo de catro horas).

III. Retribución dun módulo ao persoal médico e residente en formación que traballa na quenda de mañá de sábado.

A partir do 1 de xaneiro de 2024, ao persoal médico e residente en formación, tanto en atención primaria como en atención hospitalaria, que realice o seu traballo ordinario cunha presenza en sábado pola mañá, aboaráselle un módulo adicional, incentivando así a prestación de servizos nunha quenda de difícil cobertura en ambos os ámbitos. As retribucións por este concepto serán as seguintes:

1. Módulo 7 horas do persoal facultativo especialista atención hospitalaria:

Presenza sábado mañá-facultativo especialista

Valor módulo 7 horas 1.1.2024

196,00 €

2. Módulo 7 horas do persoal médico atención primaria:

Presenza sábado mañá-médico/a atención primaria

Valor módulo 7 horas 1.1.2024

196,00 €

3. Módulo 7 horas do persoal residente en formación:

Presenza sábado mañá persoal en formación

Valor módulo 7 horas 1.1.2024

Persoal licenciado 1º ano

107,94 €

Persoal licenciado 2º ano

123,62 €

Persoal licenciado 3º ano

139,23 €

Persoal licenciado 4º/5º ano

154,07 €

Persoal diplomado 1º ano

87,99 €

Persoal diplomado 2º ano

97,23 €

IV. Días de especial significación: 24 e 31 de decembro.

En aplicación de acordos retributivos previos, para un amplísimo colectivo de persoal estatutario, nomeadamente o persoal non facultativo das institucións hospitalarias, a prestación de servizos nos días 24 e 31 de decembro xa ten incidencia retributiva, coa percepción dunha retribución adicional.

A partir do 1 de xaneiro de 2024 esa medida esténdese aos colectivos que se indican, que percibirán unha retribución adicional (módulo) coas contías sinaladas:

Módulo 24 e 31 de decembro

Valor módulo

Persoal licenciado sanitario

140,00 €

Persoal non facultativo subgrupo A1

94,72 €

Enfermeiro/a, matrón/a, fisioterapeuta e traballador social-atención primaria

85,62 €

Persoal residente en formación licenciado

93,72 €

Persoal residente en formación diplomado

66,14 €

V. Complemento de aquendamento e quendas de tarde e desprazables.

1. O complemento de aquendamento (PRD quendas), tanto de rotación simple como complexa, increméntase nun 7,9 % con efectos do 1 de xaneiro de 2024, resultando as seguintes contías:

Quenda rotatoria simple

A2

33,27 €/mes

C1

26,12 €/mes

C2

23,78 €/mes

A. prof.

19,62 €/mes

Quenda rotatoria complexa

A2

65,53 €/mes

C1

52,25 €/mes

C2

47,56 €/mes

A. prof.

39,24 €/mes

2. En atención ás dificultades de cobertura das quendas de tarde e desprazables no ámbito da atención primaria, a Consellería de Sanidade establecerá, logo de negociación na Mesa sectorial, as condicións para percibir un complemento retributivo polo traballo nesas quendas. O complemento percibirase a partir do 1 de xaneiro de 2024 coas seguintes contías:

Traballo en quenda de tarde ou desprazable (atención primaria)

A1

42,38 €/mes

A2

33,27 €/mes

C1

26,12 €/mes

C2

23,78 €/mes

A. prof.

19,62 €/mes

VI. Xornada laboral.

1. Aplicarase unha redución paulatina de 112 horas sobre a xornada ordinaria de 37,5 horas semanais, nas condicións seguintes:

– Ano 2023: redución de 21 horas na xornada laboral ordinaria para o persoal con quenda fixa de mañá ou tarde regulada no Acordo de concertación social do ano 2001 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 19 de marzo), así como o persoal asimilable ao anterior nas condicións horarias. Esta redución será aplicada na quenda de sábado.

En canto ao persoal con horarios especiais e rotación en quendas, seralle aplicada a redución neta de 21 horas sobre a xornada actual que resulte da táboa prevista no dito acordo de concertación social que xa teña asignada. Esta redución aplicarase na xornada ordinaria do persoal con acordos específicos de PAC (incluíndo PSX), médicos de urxencias e persoal residente.

– Coas mesmas condicións procederase á redución paulatina nos anos seguintes.

Ano 2024: 49 horas.

Ano 2025: 42 horas.

2. Para os efectos de seguir promovendo a maior estabilidade no emprego e a redución da temporalidade, a antedita redución de xornada abordarase coa seguinte dotación de novas prazas nas categorías que fan quendas e con maior dedicación en xornada laboral.

Prazas 2023

Prazas 2024

Prazas 2025

Total

Médico/a PAC

5

11

9

25

Medico/a urxencias

4

10

9

23

Enfermeiro/a

105

245

210

560

Fisioterapeuta

4

10

9

23

Matrón/a

3

7

6

16

Técnico/a superior sanitario/a

19

44

38

101

TCAE

67

155

133

355

Celador/a

29

68

59

156

PSX

14

32

27

73

Pinche

8

18

16

42

Outro persoal

4

8

7

19

Total

262

608

523

1.393