Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 30 de xuño de 2023 Páx. 40739

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2023, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento MR406D e MR406E).

BDNS (Identif.): 705616.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

En función do tipo de axuda solicitada, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:

a) Axudas a investimentos nos sistemas de xestión de estercos en gandaría (código de procedemento MR406D).

i. Persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou agrupacións de persoas físicas, incluídas as explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, que sexan titulares de explotacións gandeiras sempre que teñan a consideración de pemes.

ii. Cando se trate de investimentos colectivos, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou sen personalidade propia de acordo cos termos previstos no artigo 67.2 do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, e calquera organización ou asociación de produtores recoñecida pola autoridade competente, que integren un mínimo de cinco titulares de explotación sempre que teñan a consideración de pemes.

iii. Consorcios ou outra forma de colaboración público-privada, sempre que as actuacións se destinen a un uso en común e redunden en beneficio de explotacións gandeiras concretas que teñan a consideración de pemes, cuxos titulares darían o seu consentimento para que os devanditos entes soliciten a axuda.

iv. Centros xestores de estercos sempre que teñan a consideración de pemes.

b) Axudas destinadas a agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro (código de procedemento MR406E).

i. Persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou agrupacións de persoas físicas, incluídas as explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, que sexan titulares de explotacións gandeiras e/o agrícolas sempre que teñan a consideración de pemes.

ii. Persoas físicas ou xurídicas que presten servizos agrarios, entendendo por tales quen desenvolva actividades económicas rexistradas na epígrafe 911, na 912 ou na 851 no imposto de actividades económicas sempre que teña a consideración de pemes.

iii. Cando se trate de investimentos colectivos, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, de natureza privada ou pública, ou sen personalidade propia de acordo cos termos previstos no artigo 67.2 do Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, que integren un mínimo de cinco titulares de explotación sempre que teñan a consideración de pemes, e calquera organización ou asociación de produtores recoñecida pola autoridade competente cuxos membros sexan titulares dunha explotación agrícola e/ou gandeira.

iv. Consorcios ou outra forma de colaboración público-privada, sempre que os proxectos de investimento se destinen a un uso en común e redunden en beneficio de explotacións concretas que teñan a consideración de pemes, cuxos titulares darían o seu consentimento para que os devanditos entes soliciten a axuda.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as seguintes liñas de axuda incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia. Compoñente 3. Investimento 4 (C3.I4):

a) Axudas a investimentos nos sistemas de xestión de estercos en gandaría (código de procedemento MR406D).

b) Axudas destinadas a agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro (código de procedemento MR406E).

De acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 948/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais destinadas á execución de proxectos de investimento dentro do Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas aos investimentos en sistemas de xestión de estercos en gandaría e a aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro, e se convocan para o ano 2023, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento MR406D e MR406E).

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de 8.777.990,56 euros, financiados ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), repartido en:

i. Axudas a investimentos nos sistemas de xestión de estercos en gandaría: 2.200.000 euros.

ii. Axudas destinadas a agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro: 6.577.990,56 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural