Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38461

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 77/2023, do 8 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito da estrada AC-543 comprendido entre o p.q. 8+390 e o p.q. 10+000, xunto co seu dominio público viario, agás a calzada circular e beiravías das glorietas do p.q. 9+310 (conexión coa AC-304) e do p.q 9+730 (conexión coa AC-300 e a AC-451), a prol do Concello de Brión.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Brión asinaron o día 21 de xaneiro de 2023 un convenio de colaboración para levar a cabo o acondicionamento do treito da estrada AC-543, entre os p.q. 8+390 ao 10+000, e o cambio de titularidade a favor do concello.

A cláusula terceira deste convenio recolle a obriga do Concello de Brión de aceptar a transferencia de titularidade do treito da estrada AC-543, con inicio no límite municipal Ames/Brión, AC-543 p.q. 8+390 (coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29: x=527.604/y=4.744.859) e final no p.q. 10+000 (coordenadas UTM ETRS 89 fuso 29: x=526.069/y=4.744.558. Exceptúase desta transferencia a calzada e a beiravía das glorietas da AC-543, p.q. 9+310 (conexión coa AC-304) e 9+730 (conexión coa AC-300 e AC-451), que seguirán sendo de titularidade autonómica.

O treito da estrada AC-543 (p.q. 8+390 ao p.q. 10+000) discorre por solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento urbanístico vixente no Concello de Brión. Trátase dun treito cun marcado carácter local e urbano, sen funcionalidade dentro da Rede Autonómica de Estradas de Galicia (Raega). A vía de alta capacidade AG-56 nos municipios de Ames e Brión articúlase como alternativa viaria á estrada AC-543.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xuño de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade dos seguintes treitos da estrada AC-543, xunto coa súa franxa de dominio público viario, a prol do Concello de Brión:

Treitos que cambian de titularidade

Clave

Denominación

p.q.i

Coordenadas UTM (ETRS 89-fuso 29)

p.q.f

Coordenadas UTM (ETRS 89-fuso 29)

AC-543

Vidán (rotonda de Brandía)-Noia (AC-550)

8+390

x= 527.604

y= 4.744.859

9+280

x= 526.764

y= 4.744.618

9+360

x= 526.701

y=4.744.627

9+700

x= 526.351

y=4.744.621

9+770

x= 526.287

y=4.744.621

10+000

x= 526.069

y=4.744.558

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade e corrixir a nomenclatura das estradas AC-300, AC-451 e AC-543, que quedarían da seguinte forma:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

AC-543

Vidán (rotonda de Brandía)-Noia (AC- 550)

Vidán (rotonda de Brandía)-Bertamiráns (AG-56)

0+500

6+250

5,75

27,37

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-543

Vidán (rotonda de Brandía)-Noia (AC- 550)

Os Ánxeles-San Paio

(CG-1.5r27)

10+000

27+540

17,54

27,37

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-543

Vidán (rotonda de Brandía)-Noia (AC- 550)

San Paio (CG-1.5r27)-Alvariza (AC-311)

27+540

28+690

1,15

27,37

Complementaria

Estrada convencional

A Coruña

AC-543

Vidán (rotonda de Brandía)-Noia (AC- 550)

Alvariza (AC-311)

Oia (AC-550)

28+690

31+620

2,93

27,37

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-300

Os Ánxeles (AC-451)-
A Picaraña (N-550)

Os Ánxeles (AC-451)-
A Picaraña (N-550)

0+000

7+250

7,25

7,25

Local

Estrada convencional

A Coruña

AC-451

Os Ánxeles (AC-300)-Brión (AC-544)

Os Ánxeles (AC-300)-
Brión (AC-544)

0+000

3+440

3,44

3,44

Local

Estrada convencional

A Coruña

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 2

En aplicación dos puntos 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Brión deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Brión, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos treitos transferidos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade