Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38464

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 78/2023, do 8 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade duns treitos antigos da estrada AC-440, xunto coa súa franxa de dominio público viario (DPV), a prol do Concello de Muxía.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Muxía solicita á Axencia Galega de Infraestruturas a cesión da titularidade de catro treitos antigos da estrada de titularidade autonómica AC-440 que, conforme a delimitación realizada polo Servizo de Explotación e Seguridade Viaria, se corresponden cos seguintes treitos:

– Treito 1: treito antigo da AC-440 (Suxo), de 92 metros e DPV 1.348 m2.

– Treito 2: treito antigo da AC-440 (cemiterio), de 123 metros e DPV 1.499 m2.

– Treito 3: treito antigo da AC-440 (Moraime I), de 273 metros e DPV 3.338 m2.

– Treito 4: treito antigo da AC-440 (Moraime II), de 404 metros e DPV 4.853 m2.

Estes treitos antigos carecen de funcionalidade dentro da Rede Autonómica de Estradas de Galicia, polo que a Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de xuño de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade dos seguintes treitos antigos da estrada AC-440, xunto coa súa franxa de dominio público viario (DPV), a prol do Concello de Muxía:

Treito nº

Denominación

p.q.i

de conexión na AC-440

Coordenadas

(etrs. 89 fuso 29)

p.q.f

de conexión na AC-440

Coordenadas

(etrs. 89 fuso 29)

Lonx. aprox. (m)

Superficie

DPV (m2)

1

Treito antigo AC-440 (Suxo)

4+780 MD

x= 489.553

y= 4.769.780

4+880 MD

x= 489.462

y= 4.769.780

92

1.348

2

Treito antigo AC-440 (cemiterio)

5+040 MD

x= 489.355

y= 4.769.882

5+130 MD

x= 489.295

y= 4.769.942

123

1.499

3

Treito antigo AC-440 (Moirame I)

11+180 ME

x= 483.913

y= 4.770.024

11+390 ME

x= 483.771

y= 4.770.154

273

3.338

4

Treito antigo AC-440 (Moirame II)

11+820 ME

x= 483.809

y= 4.770.558

12+240 ME

x= 483.563

y= 4.770.590

404

4.853

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Muxía, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación dos treitos transferidos, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade