Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2023 Páx. 38467

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE de 9 de xuño de 2023 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixencia, acceso e conservación.

Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a súa creación ou a súa acumulación, tal como establece a citada Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión, custodia e acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.

A Lei de arquivos e documentos establece que non poderá eliminarse ningún documento público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se estableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento a seguir na avaliación para a selección de documentos.

No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, se establece que as propostas de avaliación serán sometidas a ditame do Consello de Avaliación Documental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Aprobadas, de ser o caso, as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.

Así mesmo, mediante Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproban e se fan públicos os criterios de avaliación para a selección, transferencia de custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017 (DOG núm. 90, do 11 de maio), con carácter xeral, no ámbito da Administración autonómica, os documentos anteriores ao ano 1990 considéranse de conservación permanente, e polo tanto non serán eliminados.

De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencionan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que, na súa sesión do 28 de marzo de 2023, emitiu o seu ditame a través das táboas de avaliación documental elevadas para a súa aprobación polo titular da consellería competente en materia de arquivos e patrimonio documental.

Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro.

Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no anexo a esta resolución e que corresponden ás seguintes series documentais, procedentes da Administración autonómica e da Administración local, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na súa sesión do 28 de marzo de 2023.

Administración autonómica.

• AA6067 Inventarios do patrimonio cultural de Galicia.

• AA0024 Recursos administrativos.

• AA0025 Recursos contencioso-administrativos.

• AA3784 Expedientes de inscrición no Rexistro Público de Demandantes de Vivendas de Galicia.

Administración local.

• AL193 Expedientes de contratación de obras.

• AL194 Expedientes de contratación de servizos.

• AL195 Expedientes de contratación de subministracións.

• AL940 Expedientes de contratación de concesión de obra pública.

• AL235 Expedientes de licenzas de obras maiores.

• AL162 Expedientes de concursos-oposición.

• AL939 Expedientes de contratos privados.

Revisión da táboa T0045. Expedientes de avaliación e recoñecemento de competencias profesionais (cód. AA3143).

Segundo.

Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das mencionadas series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.

Esta orde terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.

Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnalo ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

Extractos das táboas de avaliación de series documentais

Táboa: T0089.

Código da serie: AA6067.

Denominación: Inventarios do patrimonio cultural de Galicia.

Procedencia: Cultura. Protección do patrimonio.

Datas extremas da serie: 1984-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1984-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: libre.

Transferencias.

• Arquivo central: 5 anos desde a finalización da elaboración dos inventarios.

• Arquivo intermedio: 10 anos desde a finalización da elaboración dos inventarios.

• Arquivo histórico: 15 anos desde a finalización da elaboración dos inventarios.

Selección: conservación permanente.

Táboa: T0090.

Código da serie: AA0024.

Denominación: Recursos administrativos.

Procedencia: Xunta de Galicia.

Datas extremas da serie: 1981-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1981-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: restrinxido: 30 anos.

Transferencias.

• Arquivo central: 1 ano desde a finalización do expediente.

• Arquivo intermedio: 10 anos desde a finalización do expediente.

• Arquivo histórico: 15 anos desde a finalización do expediente.

Selección: eliminación parcial.

Conservación dos recursos contra expedientes de series ditaminadas de conservación permanente.

Posibilidade de eliminación, aos 15 anos desde a finalización do expediente, dos recursos contra expedientes de series ditaminadas de eliminación.

Eliminación no arquivo central, aos 5 anos desde a finalización do procedemento, da documentación de trámite xerada por unidades administrativas diferentes ás que tramitan o recurso e que xa está incorporada ao expediente xeral do recurso.

Mostra: 1 expediente aleatorio por ano e por cada unidade produtora, procurando que sexan mostras comprensivas de diferentes tipos de recursos.

Táboa: T0091.

Código da serie: AA0025.

Denominación: Recursos contencioso-administrativos.

Procedencia: Xunta de Galicia.

Datas extremas da serie: 1982-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1983-2023.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: restrinxido: 30 anos.

Transferencias.

• Arquivo central: 1 ano desde a firmeza da sentenza xudicial.

• Arquivo intermedio: 10 anos desde a firmeza da sentenza xudicial.

• Arquivo histórico: 15 anos desde a firmeza da sentenza xudicial.

Selección: conservación permanente.

Táboa: T0092.

Código da serie: AA3784.

Denominación: Expedientes de inscrición no Rexistro Público de Demandantes de Vivendas de Galicia.

Procedencia: Vivenda.

Datas extremas da serie: 2007-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2007-2019.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: restrinxido: 30 anos.

Transferencias.

• Arquivo central: ao ano desde a notificación da baixa/denegación da inscrición.

• Arquivo intermedio: aos 5 anos desde a notificación da baixa.

• Arquivo histórico: aos 10 anos desde a notificación da baixa/denegación da inscrición, o resultado da selección.

Selección: eliminación total aos 4 anos.

Mostra: 5 expedientes por ano.

Táboa: T0093.

Código da serie: AL193.

Denominación: Expedientes de contratación de obras.

Procedencia: Concello de Pontevedra.

Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: libre.

Transferencias.

• Arquivo municipal: 1 ano desde a finalización do procedemento e os seus posibles recursos.

Selección: eliminación parcial.

Conservarase o expediente xeral e a parte correspondente das empresas adxudicatarias.

Poderase eliminar, aos cinco anos, as ofertas ou proposicións presentadas polas empresas candidatas e licitadoras que non resultasen adxudicatarias dos contratos.

Táboa: T0094.

Código da serie: AL194.

Denominación: Expedientes de contratación de servizos.

Procedencia: Concello de Pontevedra.

Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: libre.

Transferencias.

• Arquivo municipal: 1 ano desde a finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservarase o expediente xeral e a parte correspondente das empresas adxudicatarias.

Poderase eliminar, aos cinco anos, as ofertas ou proposicións presentadas polas empresas candidatas e licitadoras que non resultasen adxudicatarias dos contratos.

Táboa: T0095.

Código da serie: AL195.

Denominación: Expedientes de contratación de subministracións.

Procedencia: Concello de Pontevedra.

Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: libre.

Transferencias.

• Arquivo municipal: 1 ano desde a finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservarase o expediente xeral e a parte correspondente das empresas adxudicatarias.

Poderase eliminar, aos cinco anos, as ofertas ou proposicións presentadas polas empresas candidatas e licitadoras que non resultasen adxudicatarias dos contratos.

Táboa: T0096.

Código da serie: AL940.

Denominación: Expedientes de contratación de concesión de obra pública.

Procedencia: Concello de Pontevedra.

Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: libre.

Transferencias.

• Arquivo municipal: 1 ano desde a finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservarase o expediente xeral e a parte correspondente das empresas adxudicatarias.

Poderase eliminar, aos cinco anos, as ofertas ou proposicións presentadas polas empresas candidatas e licitadoras que non resultasen adxudicatarias dos contratos.

Táboa: T0097.

Código da serie: AL235.

Denominación: Licenzas de obras maiores.

Procedencia: Concello de Pontevedra.

Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: libre.

Transferencias.

• Arquivo municipal: 1 ano desde a finalización do procedemento.

Selección: conservación permanente.

Táboa: T0098.

Código da serie: AL162.

Denominación: Expedientes de concursos-oposición.

Procedencia: Concello de Pontevedra.

Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: restrinxido: 30 anos.

Transferencias.

• Arquivo municipal: 1 ano desde a finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservarase o expediente xeral e a parte correspondente aos aspirantes seleccionados.

Poderase eliminar, aos cinco anos, a parte individual dos aspirantes suspensos e excluídos xunto cos exames e demais probas de selección.

A eliminación de documentos poderase tramitar unha vez pechados todos os procesos administrativos e xudiciais (recursos) asociados ás convocatorias.

Conservación dos modelos de exame coas respectivas solucións.

Táboa: T0099.

Código da serie: AL939.

Denominación: Expedientes de contratos privados.

Procedencia: Concello de Ferrol.

Datas extremas da serie: 1955-(serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1955-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: restrinxido: 30 anos.

Transferencias.

• Arquivo municipal: 1 ano desde a finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservarase o expediente xeral e a parte correspondente das empresas adxudicatarias.

Poderase eliminar, aos cinco anos, as ofertas ou proposicións presentadas polas empresas candidatas e licitadoras que non resultasen adxudicatarias dos contratos.

Táboa T0045: Expedientes da avaliación e recoñecemento de competencias profesionais. Serie aprobada polo Consello de Avaliación Documental na sesión do 4 de decembro de 2020 e publicada no DOG núm. 38 do 25 de febreiro de 2021.

Código da serie: AA3143.

Denominación: Expedientes da avaliación e recoñecemento de competencias profesionais.

Procedencia: Traballo. Formación e Colocación.

Datas extremas da serie: 2011-2022.

Datas extremas do período actualizado/revisado: 2011-2022.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 28 de marzo de 2023.

Acceso: restrinxido: 30 anos.

Transferencias.

• Arquivo central: aos 6 anos desde a finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio: aos 10 anos desde a finalización do procedemento.

• Arquivo Histórico aos 15 anos desde a finalización do procedemento.

Selección: eliminación parcial.

Conservarase a parte xeral do expediente.

Eliminación dos expedientes individuais.

– Os convocados con anterioridade ao ano 2016 aos 6 anos de finalización do trámite.

– Os convocados a partir do ano 2016 aos 15 anos de finalización do trámite.

A eliminación realizarase no arquivo central unha vez pechado o procedemento e todo tipo de trámite e procesos asociados aos expedientes, tanto administrativos como xudiciais, incluídas as auditorías e obrigas de conservación asociadas a Fondos Europeos e se cumpran os prazos establecidos para tal fin.

Conservarase como mostra 1 expediente completo por ano de tramitación de cada competencia profesional.