Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Zamorra, sito no concello de Agolada (Pontevedra) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/021).

A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da Resolución do 19 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Zamorra.

a) Contido da resolución e condicións que a acompañan:

Outorgar autorización administrativa previa e de construción ás instalacións do parque eólico Zamorra, sito no concello de Agolada (Pontevedra), con potencia de 31,5 MW.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Green Capital Power, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 180.386 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental, a promotora deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de acordo cos puntos 4.1.2 e 4.1.5 da DIA.

5. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

6. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que mediante esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

7. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

8. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

Así mesmo, con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral, para a configuración definitiva do proxecto autorizado pola presente resolución, a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).

9. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións, nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

10. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.

11. A promotora deberá cumprir todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 12.1.2023, así como as establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizos de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

b) Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:

1. O 11.4.2019, Green Capital Power, S.L. solicitou as autorizacións administrativa previa e de construción, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Zamorra (en diante, o parque eólico), sito no concello de Agolada (Pontevedra).

2. O 19.7.2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) comunicoulle á promotora o cumprimento dos requisitos de capacidade e da solicitude establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 29.7.2019, a promotora achegou o xustificante do pagamento da taxa correspondente á autorización administrativa das instalacións de parques eólicos.

3. O 3.3.2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou informe á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de acordo co previsto no artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

4. O 3.3.2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiulle á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o documento de inicio ambiental presentado pola promotora, para os efectos de obter o documento de alcance a que fai referencia o artigo 34 da Lei 21/2013.

5. O 14.5.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático comunicou a esta dirección xeral o inicio de trámite de consultas.

6. O 25.5.2020, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33.5 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidas no Plan sectorial eólico de Galicia, e se recollen os organismos que deben emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.

7. O 21.7.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o documento de alcance do estudo de impacto ambiental e a relación de organismos que deben emitir informe, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 21/2013.

8. O 6.4.2021, a promotora, Green Capital Power, S.L., presentou o estudo de impacto ambiental.

9. O 9.7.2021, esta dirección xeral remitiulle a documentación técnica do proxecto do parque eólico Zamorra á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra para a continuación da tramitación, de acordo co indicado no artigo 33.6 da Lei 8/2009.

10. Mediante a Resolución do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sometéronse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Zamorra, situado no concello de Agolada (IN408A 2019/21).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 30.9.2021 (DOG núm. 189) Así mesmo, permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios do concell o afectado (Agolada) e nas dependencias da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xefatura Territorial da Pontevedra, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

11. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Augas de Galicia, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual, Axencia Galega de Infraestruturas, Deputación de Pontevedra, Retegal, Cellnex-Retevisión, UFD Distribución Electricidad, S.A. e ao Instituto Xeográfico Nacional.

A continuación se relacionan os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Augas de Galicia o 21.10.2021, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual o 6.11.2021, Axencia Galega de Infraestruturas o 18.10.2021, 6.10.2022 e 1.12.2022, Deputación de Pontevedra o 27.10.2021, Retegal o 24.10.2021, UFD Distribución Electricidad, S.A. o 25.10.2021 e o 7.11.2022 e o Instituto Xeográfico Nacional o 6.10.2021 e o 13.9.2022.

Retevisión I, S.A.U. emitiu, o 25.10.2021, condicionado relativo ao parque eólico. O 21.2.2022, a promotora achegou acordo asinado coa empresa Retevision I, S.A.U., do 10.2.2022, en que se comprometen a executar o parque eólico mantendo a calidade do sinal.

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Respecto ao resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto, de non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

12. O 5.1.2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra remitiu o expediente a esta dirección xeral para continuar coa tramitación do procedemento, de acordo co previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009.

13. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa), Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica e Instituto de Estudos do Territorio.

Cumprida a tramitación ambiental, o 12.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 13 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 13, do 19 de xaneiro de 2023).

14. O 26.1.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informe de distancias, conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009, nos termos indicados na disposición transitoria sétima, en relación co proxecto sectorial refundido achegado pola promotora o 3.1.2023, onde se recolle o desprazamento de 3 aeroxeradores (ZA02, ZA05 e ZA07) motivado polo informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

15. O 31.1.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle aa promotora a documentación técnica refundida para a configuración definitiva do proxecto, resultante dos diversos informes, condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública.

16. O 24.2.2023, Green Capital Power, S.L. presentou o proxecto de execución refundido Proxecto de execución parque eólico Zamorra, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén o 23.2.2023, núm. 12201834-27, arquivo shape coa configuración final do parque e as separatas técnicas para o Concello de Agolada e Augas de Galicia, así como unha declaración responsable en que manifesta que «non son necesarias novas separatas para os seguintes organismos xa informados durante o trámite de información pública: IGN, Dirección Xeral de Telecomunicacións, Axencia Galega de Infraestruturas, Deputación de Pontevedra, Retegal e Retevisión».

17. O 6.2.2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de distancias conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009, nos termos indicados na disposición transitoria sétima en que indica que: «conclúese que as súas posicións cumpren a referida distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación».

18. O 28.2.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle á Xefatura Territorial de Pontevedra un novo informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto de execución do parque eólico, achegando como documentación o proxecto mencionado no antecedente de feito décimo sexto e o arquivo shape presentados pola promotora o 24.2.2023.

19. O 7.3.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución refundidas do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Agolada e Augas de Galicia.

Augas de Galicia emitiu, o 5.4.2023, o correspondente condicionado técnico; a promotora prestou a súa conformidade ao condicionado emitido.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto, de non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

20. O 24.3.2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra realizou un requirimento á promotora en relación co contido do proxecto de execución refundido. O 11.4.2023, a promotora achegou o proxecto técnico refundido Proxecto de execución parque eólico Zamorra, asinado o 5.4.2023 polo enxeñeiro técnico industrial Ángel María Abad León, colexiado núm. 2011 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén, e visado polo seu colexio o 10.4.2023, núm. 12201834-40, agás o anexo 11 do referido proxecto, relativo ao centro de seccionamento, asinado por David Gavin Asso o 4.4.2023, colexiado núm. 2207 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Aragón e La Rioja, e visado con data 5.4.2023 polo referido colexio.

21. O 10.4.2023, a promotora presenta unha declaración responsable sobra as separatas en que indica «non é necesario achegar separatas da Axencia Galega de Infraestruturas nin de Unión Fenosa Distribución».

22. O 4.4.2023, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu o informe de referencia do artigo 33.16 da Lei 8/2009, relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto do parque eólico.

23. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 31,5 MW, segundo os informes do xestor da rede do 23.5.2019 e do 19.2.2020.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais