Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Estivada, sito nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/017).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Green Capital Power, S.L., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Estivada, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 18.3.2019 Green Capital Power, S.L. solicitou as autorizacións administrativa previa e de construción, así como a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Estivada, sito nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).

Segundo. O 18.8.2019 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) comunicoulle á promotora o cumprimento dos requisitos de capacidade e da solicitude establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 1.7.2019 a promotora achegou o xustificante do pagamento da taxa correspondente á autorización administrativa de parques eólicos.

Terceiro. O 3.3.2020 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas remitiu o documento de inicio ambiental presentado polo promotor para os efectos de obter o documento de alcance a que fai referencia o artigo 34 da Lei 21/2013.

Cuarto. O 3.3.2020 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas solicitou o informe á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e, consonte o previsto no artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, de acordo coa redacción anterior á modificación da Lei 9/2021.

Quinto. O 28.4.2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático comunicou a esta dirección xeral o inicio de trámite de consultas.

Sexto. O 7.5.2020 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.5 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidas no Plan sectorial eólico de Galicia, e se recollen os organismos que deberán emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.

Sétimo. O 21.7.2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o documento de alcance do estudo de impacto ambiental e a relación de organismos que deben emitir informe, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei 21/2013, do 9 de novembro.

Oitavo. O 25.1.2021 Green Capital Power, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Estivada (expediente IN408A 2019/017) ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, consistente en forma xeral no cambio de modelo de aeroxerador.

Noveno. O 30.3.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle ao promotor o cumprimento de requisitos da súa solicitude de modificacións substancial.

Décimo. O 20.4.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio o informe a que fai referencia o artigo 33.7 da Lei 8/2009.

Décimo primeiro. O 7.6.2021 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, no cal se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 metros a núcleos de poboación regulada no Plan sectorial eólico de Galicia (Psega), respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

Décimo segundo. Mediante a Resolución do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Estivada, situado nos concellos de Agolada (Pontevedra) e de Antas de Ulla (Lugo), promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/017).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 201, do 19 de outubro de 2021. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nas dependencias da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación das xefaturas territoriais afectadas (Lugo e Pontevedra) e remitiuse para exposición aos concellos afectados (Agolada e Antas de Ulla).

Así mesmo, o dito acordo estivo exposto no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

Décimo terceiro. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a dirección xeral remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, S.A., Cellnex Telecom, S.A., Concello de Agolada, Concello de Antas de Ulla, Deputación Provincial de Lugo, Deputación Provincial de Pontevedra, Augas de Galicia e Dirección Xeral de Telecomunicacións.

A seguir relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Retegal, S.A. o 27.11.2021, Cellnex Telecom, S.A. o 19.11.2021, Deputación Provincial de Lugo o 4.11.2021 e o 28.6.2022, Augas de Galicia o 24.11.2021 e Dirección Xeral de Telecomunicacións o 4.3.2022.

O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto, de non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Décimo cuarto. O 26.4.2022 a Xefatura Territorial de Lugo remitiu o informe de acordo co artigo 33.16 da Lei 8/2009, relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto do parque eólico.

Décimo quinto. O 15.9.2022 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiu ás xefaturas territoriais de Lugo e Pontevedra o proxecto de execución refundido Proxecto de execución parque eólico Estivada, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Ángel Mª Abad León, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén o 27.6.2022, con nº 12210032-11, achegado polo promotor tras o procedemento de información pública e a emisión dos informes e condicionados técnicos dos distintos organismos afectados para que estes efectuasen as consideracións que xulgasen oportunas.

Décimo sexto. O 28.9.2022 a Xefatura Territorial de Pontevedra remitiu informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto refundido do parque eólico, de acordo co artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Décimo sétimo. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia, Axencia de Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello de Agolada e Concello de Antas de Ulla.

Formalizada a tramitación ambiental, o 18.11.2022, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante o Anuncio do 21 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 232, do 7 de decembro).

Décimo oitavo. O 23.12.2022 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle ao promotor o proxecto de execución, o arquivo shape e as separatas técnicas refundidos resultantes como consecuencia dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública.

Décimo noveno. O 25.1.2023 Green Capital Power, S.L. presentou o proxecto de execución refundido no que se resitúa o aeroxerador 05 e se substitúe a subestación eléctrica por un centro de seccionamento, denominado Proxecto de execución. Parque eólico monte Estivada, visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén o 20.1.2023, con nº 12210032-15, o arquivo shape coa configuración final do parque e as separatas técnicas para Agolada, Antas de Ulla, deputacións de Lugo e Pontevedra, Augas de Galicia e Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.

Vixésimo. O 10.2.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informe de distancias conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009 nos termos indicados na disposición transitoria sétima, en relación co proxecto sectorial refundido achegado polo promotor o 25.1.2023.

Vixésimo primeiro. O 15.2.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulles ás xefaturas territoriais de Lugo e Pontevedra un novo informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas e achegou como documentación o proxecto de execución refundido e o arquivo shape presentados polo promotor o 25.1.2023.

Vixésimo segundo. O 15.2.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución refundidas do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Antas de Ulla, Concello de Agolada, Augas de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Deputación Provincial de Pontevedra e Dirección Xeral de Telecomunicacións.

A Deputación Provincial de Lugo emitiu condicionado técnico o 16.3.2023. O promotor prestou a súa conformidade ao condicionado emitido.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto, de non recibirse estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento.

Vixésimo terceiro. O 22.2.2023 o promotor presentou unha declaración responsable en que indica que as separatas de Cellnex e Retegal emitidas en relación coa versión do proxecto sometido a exposición pública, non implican alteracións nos alcances nin nos aspectos valorados e apuntados polos organismos que manifestaron os seus condicionados, polo que se considera innecesario un novo informe destes organismos ás separatas remitidas.

Vixésimo cuarto. O 8.3.2023 o promotor presentou ante esta dirección xeral, autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) do 28.2.2023.

Vixésimo quinto. O 10.3.2023 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de distancias conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009, nos termos indicados na disposición transitoria sétima, no cal indica «conclúese que as súas posicións cumpren a referida distancia mínima de 500 metros a núcleos de poboación».

Vixésimo sexto. O 22.3.2023 a Xefatura Territorial de Pontevedra requiriu ao promotor en relación co contido do proxecto de execución refundido. O 11.4.2023 o promotor achegou o proxecto técnico refundido Proxecto de execución parque eólico Estivada, asinado o 5.4.2023 polo enxeñeiro técnico industrial Ángel María Abad León colexiado nº 2011 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén, e visado polo seu colexio o 5.4.2023, con nº 12210032-30, e o anexo 12 do referido proxecto, relativo ao centro de seccionamento, asinado por Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado nº 482 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, e visado o 18.1.2023, con nº V230021, polo referido colexio.

Vixésimo sétimo. O 14.4.2023 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu o informe de referencia do artigo 33.16 da Lei 8/2009, relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto do parque eólico.

Vixésimo oitavo. A documentación presentada polo promotor no antecedente de feito vixésimo sexto remitiuse á Xefatura Territorial de Lugo. O 18.4.2023 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu o informe de referencia do artigo 33.16 da Lei 8/2009, relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto do parque eólico.

Vixésimo noveno. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 36 MW, segundo os informes do xestor da rede do 23.5.2019 e do 19.2.2022.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), no Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro), e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, hai que indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18.11.2022, e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

En relación coa afección ao medio hídrico, o organismo Augas de Galicia informou o 24.11.2021 que non é previsible que o proxecto poida causar impactos ambientais significativos, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar no documento ambiental presentado e as consideracións para tal efecto referidas no informe.

No expediente constan informes da Dirección Xeral de Saúde Pública do 30.8.2022 e do 26.9.2022 favorables con respecto ás posibles afeccións ambientais no ámbito da saúde pública.

En relación coa afección ao patrimonio cultural e arqueolóxico, así como ao Camiño de Santiago, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu o 25.1.2022 informe favorable, tendo en conta as medidas protectoras e correctoras que o promotor prevé adoptar no documento ambiental presentado e as consideracións para tal efecto referidas no informe.

No que respecta á afección á paisaxe, no expediente constan informes do Instituto de Estudos do Territorio do 25.11.2021, 28.1.2022, 15.7.2022 e do 20.9.2022, en que se indica que o contido do EIIP pode considerarse completo segundo o disposto no artigo 11 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, e no artigo 26 e seguintes do RLPPG. Non obstante, deberán integrarse no EIIP as análises que se recollen nos informes de resposta. O principal impacto paisaxístico será a incidencia visual. Entre as zonas afectadas cabe destacar os núcleos máis próximos. Para atenuar as afeccións á paisaxe deberanse adoptar as medidas necesarias para reducir ou mitigar a súa visibilidade, entre as que se encontra a realización de pantallas vexetais nas proximidades dos núcleos de poboación.

En relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, hai que indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución.

En relación coa posible perda de poboación como consecuencia da execución do proxecto, non está contrastado que a instalación de parques eólicos afecte a demografía do medio rural, xa que esta depende doutros moitos factores.

No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial do parque eólico. En todo caso, o proxecto que se aproba mediante este acordo conta co informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo como se recolle no antecedente de feito noveno.

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou mais aeroxeradores, ou que teñan mais de 30 MW ou que estean a menos de 2 quilómetros doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental».

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria).

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban recoller os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «fraccionamento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.

O proxecto do parque eólico conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental cunha zona de estudo nun raio de 15 quilómetros dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna.

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que «... unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020, modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares de ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o uso compartido destas por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na dita Sentenza do 11 de decembro de 2013 «non podería darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente un fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo a perseguir neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, reducindo a superficies afectadas polas instalacións.

Respecto ás alegacións sobre a falta de información ambiental, de difusión e claridade da información pública, nos antecedentes de feito recóllese a Resolución do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Estivada, localizado nos concellos de Agolada (Pontevedra) e de Antas de Ulla (Lugo), promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/017). Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto da información pública permaneceron expostas ao público nas dependencias da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación das xefaturas territoriais afectadas (Lugo e Pontevedra) e remitíronse para exposición aos concellos afectados (Agolada e Antas de Ulla).

No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, compre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no Convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen queda debidamente garantidos.

No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente en canto non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, e o acordo publicouse no DOG do 15.12.1997.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5.12.2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo, este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.

Respecto da saturación na capacidade de acollida de enerxía eléctrica en Galicia, así como a solicitude de moratoria na autorización de parques, hai que expoñer que recentemente a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, incorporou unha nova disposición adicional sexta á Lei 8/2009, do 22 de decembro, dedicada á planificación de novas solicitudes de parques eólicos nos seguintes termos: atendendo ao número dos proxectos de parques eólicos admitidos e actualmente en tramitación e á cifra de MW prevista nestes proxectos, e co obxecto de procurar unha ordenación racional do sector, durante o prazo de 18 meses desde a entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, non se admitirán a trámite novas solicitudes de parques eólicos.

En canto ás alegacións relativas á declaración de utilidade pública, hai que indicar que as compensacións polas afeccións, só no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor e os afectados durante o procedemento expropiador, se fixarán de acordo coa lexislación aplicable. O procedemento de expropiación forzosa, en calquera caso, axustarase en todo punto á lexislación vixente na materia.

Polo que atinxe ás alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da dita lei.

No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 18.11.2022, segundo o establecido no artigo 42 da Lei 24/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

Cuarto. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Estivada, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 18.11.2022, e recollida no antecedente de feito décimo sétimo desta resolución:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu «formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Estivada, considerando que o proxecto, segundo a documentación achegada polo órgano substantivo, é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Estivada.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Estivada, sito nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), promovido por Green Capital Power, S.L., para unha potencia de 36 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Estivada, composto polo documento Proxecto de execución parque eólico Estivada, visado polo Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén o 20.1.2023, con nº 12210032-15.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Green Capital Power, S.L.

Enderezo social: Paseo del Club Deportivo, Edificio 13, 1º, Pozuelo de Alarcón.

Denominación: parque eólico Estivada.

Potencia instalada: 36 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 36 MW.

Produción neta: 108.012 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.000 horas.

Concellos afectados: Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).

Orzamento de execución material: 26.937.083,74 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértice

poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

P1

583.257,00

4.742.770,00

P2

584.572,00

4.742.770,00

P3

584.572,00

4.740.486,00

P4

583.257,00

4.737.972,00

P5

582.766,00

4.737.972,00

P6

582.766,00

4.740.582,00

P7

583.257,00

4.740.582,00

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

ES01

583.694,00

4.742.554,00

ES02

584.027,00

4.742.259,00

ES03

584.066,00

4.741.821,00

ES04

584.051,00

4.740.947,00

ES05

583.298,00

4.738.482,00

ES06

583.434,00

4.740.000,00

ES07

583.349,00

4.739.554,00

ES08

583.409,00

4.739.115,00

Coordenadas do centro de seccionamento e da súa envolvente:

Centro seccionamento

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

Centro xeométrico

584.189,00

4.741.151,00

P1

584.112,69

4.741.123,20

P2

584.100,09

4.741.126,17

P3

584.125,50

4.741.141,32

P4

584.204,40

4.741.187,71

P5

584.234,89

4.741.206,19

P6

584.225,68

4.741.158,72

P7

584.214,55

4.741.106,82

P8

584.203,38

4.741.108,05

P9

584.177,56

4.741.110,72

P10

584.149,75

4.741.115,41

P11

584.134,07

4.741.118,18

P12

584.122,43

4.741.120,74

Coordenadas da torre meteorolóxica do parque eólico:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

583.639,00

4.742.218,00

Localización da cela de entrada da subestación colectora Elia:

Subestación

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

Cela de entrada

X

Y

578.120,57

4.741.420,31

Características técnicas principais das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

1. 8 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa SG145 de 4,5 MW de potencia nominal unitaria cunha altura de buxa de 127,5 metros e cun diámetro de rotor de 145 metros.

2. 8 centros de transformación, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, formados por transformadores de 5.625 kVA de potencia aparente e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

3. Rede subterránea de media tensión (30 kV), con condutor de aluminio tipo XLPE 18/30 kV, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 30/0,69 kV.

4. Centro de seccionamento en edificio de control de 7 posicións e transformador de servizos auxiliares de 50 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42-0,242 kV.

5. Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2.

6. 1 torre meteorolóxica de 127,5 m de altura.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Green Capital Power, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 210.272 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

De acordo coas condicións establecidas na declaración de impacto ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o promotor deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e de Augas de Galicia, segundo os puntos 4.1.2, 4.1.3 e 4.1.4 da DIA.

Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante as xefaturas territoriais un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que se aproba mediante esta resolución, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, as xefaturas territoriais de Lugo e Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificarán o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os cales mostrou a súa conformidade

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 18.11.2022, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizos públicos ou de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais