Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37685

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 6 de xuño de 2023 de concesión das axudas convocadas na Orde do 14 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

No Diario Oficial de Galicia número 39, do 24 de febreiro de 2023, publícase a Orde do 14 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

De conformidade co artigo 17 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axuda, logo da fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Unha vez finalizado o procedemento de conformidade coas bases, o 6 de xuño de 2023 o órgano competente para resolver emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión de subvencións.

Así mesmo, o artigo 18 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como a correspondente resolución.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 6 xuño de 2023, ditada no procedemento BS403C, de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 6 de xuño de 2023, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2023

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 6 de xuño de 2023 ditada no procedemento BS403C de
concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño
durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026

Finalizado o procedemento de conformidade coas bases, despois de que o órgano instrutor realizase todas as actuacións necesarias para a determinación e comprobación dos datos das solicitudes presentadas, e pasase as completas para a súa valoración á Comisión de Valoración, unha vez que esta emitiu informe, o dito órgano instrutor emite a proposta de resolución.

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación, de conformidade co disposto no artigo 14.1 da Orde do 14 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo ás aplicacións orzamentarias 13.02.312B.470.0 e 13.02.312B.770.0.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 14 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 22 da orde de convocatoria.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 23 da Orde do 14 de febreiro de 2023.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 2 meses, ampliable a tres no caso de cooperativas de traballo asociado, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para achegar a documentación prevista nas letras m) a p) do artigo 11.1, no caso de que non fose achegada coa solicitude, así como para acreditar o acondicionamento do inmoble de acordo co establecido no artigo 4.1.c) da Orde do 14 de febreiro de 2023.

Segundo. Dar por desistidas e desestimar as solicitudes das persoas relacionadas no anexo II polas causas que se detallan.

Terceiro. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (artigo 17 da Orde do 14.2.2023; DOG núm. 39, do 24 de febreiro), Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

ANEXO I

Axudas concedidas

Nº exp.

Solicitante

NIF

Nome casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Axuda investimento

Axuda prima anos, 2023, 2024, 2025 e 2026

BS403C/2023-2

Sonia Calvín López

***8395**

Casa Niño Folerpa

Baleira

Lugo

97,50

15.000,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-3

Belén Carrasco Sueiro

***3304**

Enredos

Monterrei

Ourense

95,00

15.000,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-4

Yolanda Parauta Rúa

***7588**

Abelliñas

Laza

Ourense

112,50

15.000,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-5

Coop. Caixa Titiripaca

***5669**

Sementes

Monfero

A Coruña

97,50

15.000,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-6

Yésica de Macedo González

***3608**

O Rincón Máxico

Lobios

Ourense

112,50

15.000,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-8

Antía López Álvarez

***8819**

Folerpas

Chandrexa de Queixa

Ourense

77,50

14.500,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-9

Jennifer López Alonso

***7375**

Vivarachos

Triacastela

Lugo

87,50

15.000,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-11

Rocío Mañana Bouzón

***0244**

Os Poliños do Tres

Vilarmaior

A Coruña

97,50

15.000,00 €

71.866,66 €

BS403C/2023-12

Sindy Caneiro García

***4170**

Pequena Xesta

Xunqueira de Espadanedo

Ourense

87,50

15.000,00 €

71.866,66 €

ANEXO II

Solicitudes desistidas e desestimadas

Nº exp.

Solicitante

NIF

Concello

Provincia

Causa

BS403C/2023-1

María Barrio Díaz

***7830**

Baleira

Lugo

Desistencia por non achegar toda a documentación requirida. Artigo 10.3 da Orde do 14 de febreiro de 2023.

BS403C/2023-10

Noelia Parada Quintáns

***2974**

Castrelo de Val

Ourense

Non acadar o concello do número de nenos residentes necesarios para a posta en marcha da terceira casa niño. Artigo 14 da Orde do 14 de febreiro de 2023.

BS403C/2023-7

Clara María Raposo González

***2005**

O Incio

Lugo

Incompatibilidade por ser titular dunha casa do maior.

Artigo 2 da Orde do 14 de febreiro.

BS403C/2023-13

Ilda María Fernández Álvarez

***3095**

San Amaro

Ourense

Non acadar o concello o número de nenos residentes necesarios para a posta en marcha da segunda casa niño. Artigo 14 da Orde do 14 de febreiro de 2023.