Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37621

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2023 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo (código de procedemento BS213I).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, establece no seu artigo 36 que a Xunta de Galicia potenciará e desenvolverá unha rede de recursos axeitados para garantir a efectividade dos procesos de apoio familiar e mediación para que estes poidan chegar aos sectores de poboación da forma máis ampla posible, tanto a través das novas tecnoloxías como na modalidade de atención presencial.

En concreto, a través dos departamentos competentes en materia de familia e xustiza constituirá servizos de apoio e atención ás familias a través das tecnoloxías da información e a comunicación e promoverá, reforzará e ampliará os servizos de orientación familiar, de mediación e os puntos de encontro familiar.

A Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, garante a existencia de puntos de encontro familiar como un servizo que facilita e preserva a relación entre as e os menores e as persoas das súas familias en situacións de crise, e que permite e garante a seguridade e o benestar das e dos menores e facilita o cumprimento do réxime de visitas. Tamén dispón que as normas e os requisitos a que se terán que axustar os puntos de encontro familiar se establecerán regulamentariamente.

O Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia, constitúe a normativa regulamentaria que desenvolve a regulación dos puntos de encontro familiar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os puntos de encontro familiar están previstos no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia. En concreto, o punto 1.8.3 do anexo desta norma refírese ao servizo de orientación, mediación e intervención familiar. No seu punto 1.8.3 recollle a modalidade de apoio ao encontro familiar. Esta prestación vai destinada a facilitar e preservar a relación entre as persoas menores e as persoas membros das súas familias en situación de crise, procura a seguridade e o benestar dos nenos, nenas e adolescentes, favorece a relación coas familias e facilita o cumprimento do réxime de visitas.

A habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola entidade pública responsable da constitución destes servizos de apoio ao encontro familiar.

Este proxecto será financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.228, que figura na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

Cumpridos os requisitos do artigo 10 e de conformidade co artigo 11 do antedito decreto, a resolución do procedemento BS213I do presente concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a provisión do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo do que se xunta á presente resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2023

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO I

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Constitución española dispón no seu artigo 39, entre os principios reitores da política económica e social, o apoio dos poderes públicos para asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, e sinala igualmente que nenos, nenas e adolescentes deberán gozar da protección prevista nos acordos internacionais que velan polos seus dereitos.

A Convención sobre dereitos do neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e ratificada polo Estado Español o 26 de xaneiro de 1990, establece no seu artigo 9, con respecto ás nenas e nenos separados dunha ou de ambas as dúas persoas proxenitoras, o dereito a manter relacións persoais e contacto directo con ambas de modo regular, agás se é contrario ao interese superior das e dos menores. Tamén a Recomendación do Consello de Europa nº R (98) sinala que se asegurará a protección dos intereses das nenas e dos nenos e do seu benestar, especialmente nos problemas de custodia e dereito de visitas.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, de conformidade co disposto no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia; na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e nos reais decretos de transferencia 2411/1982, do 24 de xullo, e 534/1984, do 25 de xaneiro. En virtude da dita competencia, aprobáronse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, ten asumida, segundo o artigo 14.1.a) do Decreto 124/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica, a función de exercer as políticas autonómicas en materia de acción social de apoio á familia, á infancia e á adolescencia, segundo o disposto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, e na Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, considera prioritario garantir o funcionamento dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo na procura da efectividade dos procesos de apoio familiar e mediación, en aplicación do establecido no artigo 36 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

A atención nos puntos de encontro familiar está prevista no anexo do Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, que recolle os seguintes servizos:

– No punto 1.8. Servizo de orientación, mediación e intervención familiar, que se estrutura en tres modalidades:

– 1.8.1. Modalidade de apoio e orientación familiar.

– 1.8.2. Modalidade de mediación familiar.

– 1.8.3. Modalidade de apoio ao encontro familiar, que se define como conxunto de intervencións de carácter técnico-profesional no ámbito familiar destinado a facilitar e preservar a relación entre as persoas menores e as persoas membros das súas familias en situación de crise; procura a seguridade e o benestar dos nenos, nenas e adolescentes, favorece a relación coas familias e facilita o cumprimento do réxime de visitas.

Trátase dun servizo especializado e temporal, prestado en equipos sociais de carácter neutral, para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente, que ten por obxecto favorecer as relacións entre as persoas menores e as súas familias cando nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou outros suposto de interrupción da convivencia familiar o exercicio do dereito de visitas se ve interrompido ou o seu cumprimento resulta difícil ou conflitivo.

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto deste concerto é a provisión do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo co fin de ofrecer un servizo que facilite a preservación da relación entre os/as menores e as persoas das súas familias en momentos de crise familiar, de xeito que se garanta a seguridade e o benestar dos/das menores, favorecendo a relación familiar e o cumprimento do réxime de visitas.

Son beneficiarios do dito servizo:

– Os membros das familias en que exista algún tipo de problema relacionado co cumprimento do réxime de visitas, así como as persoas integrantes de familias en que existan situacións de violencia que supoñan un risco para calquera dos membros durante o cumprimento do réxime de visitas.

– Persoas que teñan un dereito de visita dunha ou dun menor con domicilio nas ditas localidades ou na súa contorna ou ben un dereito de visita que se deba desenvolver nos ditos puntos de encontro.

No desenvolvemento das súas funcións, os puntos de encontro familiar teñen como obxectivo principal favorecer o dereito dos e das menores a manter a relación con ambos proxenitores ou familiares, así como orientar e apoiar a familia para que consigan a autonomía necesaria no exercicio das súas funcións sen depender do servizo.

Os tipos de intervención que se realizan nos puntos de encontro familiar respecto da execución do réxime de visitas son:

a) Entregas e recollidas das e dos menores: consisten na intervención das e dos profesionais nos momentos en que os familiares acoden ao servizo para entregar ou recoller a ou o menor no desenvolvemento do réxime de visitas. Nestes casos, o punto de encontro familiar actúa como intermediario e supervisor desas entregas e recollidas.

b) Visitas tuteladas: son aquelas que se desenvolven de forma controlada baixo a supervisión e presenza continuada dunha ou dun profesional do equipo técnico do servizo por un tempo máximo de dúas horas.

c) Visitas supervisadas: son aquelas que se desenvolven no punto de encontro familiar, por un tempo máximo de dúas horas, sen a presenza continuada do equipo técnico, especialmente en casos en que a persoa proxenitora que ten o dereito de visita careza de vivenda na localidade.

Ademais do cumprimento do réxime de visitas establecido, nos puntos de encontro familiar levaranse a cabo outras intervencións, actuacións ou accións complementarias:

a) Deseño e desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado de intervención coas familias e as e os menores que teña como obxecto final acadar a normalización das relacións familiares.

b) Orientación e apoio familiar proporcionando información, atención e asesoramento ás persoas proxenitoras e ás e aos menores, propiciando o desenvolvemento de relacións materno/paterno-filiais axeitadas e a creación de relacións familiares óptimas e de actitudes positivas.

c) Intervención en negociación e aplicación de técnicas mediadoras. O equipo técnico poderá, se o considera axeitado e conta coa vontade das partes, intervir aplicando técnicas mediadoras para conseguir acordos que permitan adecuar o réxime de visitas establecido pola autoridade á realidade familiar, así como para favorecer o exercicio da coparentalidade.

d) Intervencións encamiñadas a reducir o impacto da nova situación familiar e preparar as persoas proxenitoras e as súas fillas e fillos para que as relacións entre eles se cheguen a realizar de forma normalizada e coas maiores garantías posibles.

Para os efectos desta convocatoria, o concerto social distribúese nos seguintes lotes:

Nº de lote

Dispositivo

Enderezo

Localidade

Provincia

1

Punto de Encontro Familiar de Ferrol

r/ Deporte, 2-8

Ferrol

A Coruña

2

Punto de Encontro Familiar de Vigo

r/ Portela, 46-48

Urb. Rivera Atienza

Vigo

Pontevedra

As entidades concertantes poderán optar a un ou aos dous lotes.

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Cada lote en que se divide o obxecto do concerto será asignado a unha única entidade.

D) Réxime económico do acordo.

1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Xuventude financiará o custo derivado da execución do presente concerto cunha contía máxima de 1.728.016,10 euros no período 2023-2027. Este importe será financiado pola consellería con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.228, que figura na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

2. Distribución en anualidades:

Distribución de anualidades

Anualidade

Importe

IVE (10 %)

Total

Lote 1-PEF Ferrol

2023 (4 meses)

53.596,49 €

5.359,65 €

58.956,14 €

2024

176.401,26 €

17.640,13 €

194.041,39 €

2025

181.192,91 €

18.119,29 €

199.312,20 €

2026

181.192,91 €

18.119,29 €

199.312,20 €

2027 (8 meses)

120.795,28 €

12.079,53 €

132.874,81 €

Lote 2-PEF Vigo

2023 (4 meses)

68.684,31 €

6.868,43 €

75.552,74 €

2024

211.008,33 €

21.100,83 €

232.109,16 €

2025

216.769,58 €

21.676,96 €

238.446,54 €

2026

216.769,58 €

21.676,96 €

238.446,54 €

2027 (8 meses)

144.513,07 €

14.451,31 €

158.964,38 €

Posibles prórrogas

Anualidade

Importe

IVE (10 %)

Total

Lote 1-PEF Ferrol

2027 (4 meses)

60.397,63 €

6.039,76 €

66.437,39 €

2028

181.192,91 €

18.119,29 €

199.312,20 €

2029

181.192,91 €

18.119,29 €

199.312,20 €

2030

181.192,91 €

18.119,29 €

199.312,20 €

2031 (8 meses)

120.795,28 €

12.079,53 €

132.874,81 €

Lote 2-PEF Vigo

2027 (4 meses)

72.256,51 €

7.225,65 €

79.482,16 €

2028

216.769,58 €

21.676,96 €

238.446,54 €

2029

216.769,58 €

21.676,96 €

238.446,54 €

2030

216.769,58 €

21.676,96 €

238.446,54 €

2031 (8 meses)

144.513,07 €

14.451,31 €

158.964,38 €

Posibles modificacións-anualidades

Anualidade

Importe

IVE (10%)

Total

Lote 1-PEF Ferrol

2023 (4 meses)

10.719,30 €

1.071,93 €

11.791,23 €

2024

35.280,25 €

3.528,02 €

38.808,27 €

2025

36.238,58 €

3.623,85 €

39.862,43 €

2026

36.238,58 €

3.623,85 €

39.862,43 €

2027 (8 meses)

24.159,06 €

2.415,91 €

26.574,97 €

Lote 2-PEF Vigo

2023 (4meses)

13.736,87 €

1.373,69 €

15.110,56 €

2024

42.201,67 €

4.220,17 €

46.421,84 €

2025

43.353,92 €

4.335,39 €

47.689,31 €

2026

43.353,92 €

4.335,39 €

47.689,31 €

2027 (8 meses)

28.902,61

2.890,26 €

31.792,87 €

Posibles modificacións - prórrogas

Anualidade

Importe

IVE (10%)

Total

Lote 1-PEF Ferrol

2027 (4meses)

12.079,53

1.2078,95

13.287,48

2028

36.238,38

3.623,84

39.862,22

2029

36.238,38

3.623,84

39.862,22

2030

36.238,38

3.623,84

39.862,22

2031 (8 meses)

24.159,06

2.415,91

26.574,97

Lote 2-PEF Vigo

2027 (4 meses)

14.451,30 €

1.445,13 €

15.896,43 €

2028

43.353,92 €

4.335,39 €

47.689,31 €

2029

43.353,92 €

4.335,39 €

47.689,31 €

2030

43.353,92 €

4.335,39 €

47.689,31 €

2031 (8 meses)

28.902,62 €

2.890,26 €

31.792,88 €

Total anualidades (anualidades: 1.7.2023 a 31.8.2027)

Importe anualidades

IVE (10 %)

Total anualidades

Lote 1-PEF Ferrol

713.178,85 €

71.317,89 €

784.496,74 €

Lote 2-PEF Vigo

857.744,87 €

85.774,49 €

943.519,36 €

Valor estimado: total anualidades + posibles prórrogas + posibles modificacións

Lote 1-PEF Ferrol

1.725.539,99 €

Lote 2-PEF Vigo

2.069.787,86 €

Total

3.795.327,85 €

3. Prezo.

A Consellería de Política Social e Xuventude aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto un importe mensual, que reflicte en cada ano os incrementos salariais que se desprenden do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores (Boletín Oficial del Estado núm. 42, do 18 de febreiro de 2021) e que se recollen na distribución por anualidades recollida no punto anterior.

De acordo coa dita distribución, a contía que percibirá a entidade adxudicataria pola execución do servizo en cada mensualidade será a seguinte:

Lote 1

Anualidades

Contía mensual que facturará a entidade concertada

Importe da factura

IVE

Total

2023

13.399,12 €

1.339,91 €

14.739,03 €

2024

14.700,10 €

1.470,01 €

16.170,12 €

2025-2027 (ata o 30.6.2027)

15.099,41 €

1.509,94 €

16.609,3 €

Lote 2

Anualidades

Contía mensual que facturará a entidade concertada

Importe da factura

IVE

Total

2023

17.171,08 €

1.717,10 €

18.888,18 €

2024

17.584,03 €

1.758,40 €

19.342,43 €

2025-2027( ata o 30.6.2027)

18.064,13 €

1.806,41 €

19.870,54 €

A devandita cantidade destinarase a soportar os gastos que aparecen desagregados no estudo de custos que consta no expediente administrativo deste concerto social, exixido polo artigo 10.2.d) do Decreto 229/2020, do 17 de decembro. O dito estudo, xunto co resto do expediente, está dispoñible para a súa consulta na páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/axudas

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social terá unha duración inicial de catro anos desde a data da súa formalización, coa previsión de que entre en funcionamento o 1.9.2023 e con posibilidade de prórrogas ata o 31.8.2031, en caso de existir crédito adecuado e suficiente.

No obstante, de acordo co sinalado no artigo 29.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que resulta de aplicación supletoria ao abeiro do establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cando ao vencemento dun concerto non se formalizase o novo concerto que garanta a continuidade da prestación que vai realizar a entidade concertada como consecuencia de incidencias resultantes de acontecementos imprevisibles para a Administración concertante producidas no procedemento de adxudicación, e existan razóns de interese público para no interromper a prestación, poderase prorrogar o concerto orixinario ata que comence a execución do novo concerto e, en todo caso, por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do concerto, sempre que a resolución de concertación se publicase cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do concerto orixinario.

F) Requisitos que deben cumprir as entidades para poder presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social, as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira.

Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter subscrito un seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais ou un volume de negocios no ámbito das actividades correspondentes ao obxecto do concerto referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos dispoñibles, por un importe igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do lote do concerto social a que se opte (IVE excluído), seguindo o seguinte cadro:

Lotes

Volume de negocio

Lote 1

89.147,36 €

Lote 2

107.218,11 €

No caso de concorrer a ambos os lotes, deben acreditar o importe correspondente á suma dos lotes a que concorre.

A súa acreditación efectuarase por medio:

1. Dunha declaración responsable asinada polo representante legal da entidade en que se exprese o importe asegurado ou o volume de negocios referido ao ano de maior volume nos últimos tres dispoñibles, que debe ser igual ou superior aos valores indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

– Un certificado expedido pola aseguradora, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como documento de compromiso vinculante da subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no que caso en que proceda para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

– De ser o caso copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade estivese inscrita no dito rexistro. No caso contrario. polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.2) Solvencia técnica e profesional:

Reputarase solvente a entidade concertante que acredite un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto que se prestasen a algunha Administración Pública ou entidade pública ou privada (contabilizados ata a data de fin de prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria), cuxos importes acumulados no ano de maior execución dentro dos tres últimos sexa igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do lote do concerto social a que se opte (IVE excluído), seguindo o seguinte cadro:

Lotes

Solvencia técnica

Lote 1

89.147,36 €

Lote 2

107.218,11 €

No caso de concorrer a ambos os lotes, deben acreditar o importe correspondente á suma dos lotes a que concorre.

A súa acreditación efectuarase por medio:

1. Dunha declaración responsable asinada polo representante legal da entidade en que figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto no últimos tres anos, computados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

– Se o destinatario foi unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente.

– Se o destinatario fose un suxeito privado, mediante unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, falta de certificación, mediante unha declaración responsable da entidade en que se declare ter realizado o traballo ou servizo á satisfacción daquel, xunto cos documentos que consten no seu poder que acrediten a realización da prestación.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á familia, á infancia e á adolescencia de 2 anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan no punto K.3 desta resolución.

f) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento BS213I).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

H) Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Documentación que acredita que a entidade conta coa solvencia económica e financeira, técnica e profesional nos termos previstos na cláusula F da convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredita que a entidade conta cunha experiencia mínima de 2 anos na atención á familia, á infancia e á adolescencia no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que a experiencia se derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo IV da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteña o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figura na táboa de subrogación que figura para cada lote no anexo VI.

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de xestión e intervención no punto de encontro, diferenciado nos seguintes puntos:

– Metodoloxía da intervención.

– Fundamentación teórica e normativa.

– Contextualización. Detección de necesidades.

– Fases e procedemento de intervención. Protocolos de actuación nas distintas fases.

– Sistema de rexistro e seguimento da intervención.

– Avaliación da intervención e da calidade do servizo.

Planificación do proceso de avaliación, procedemento, indicadores e instrumentos.

Procedemento de atención e resposta á queixa das familias usuarias.

Procedementos de participación das persoas usuarias na avaliación dos servizos que presta o punto de encontro.

– Protocolos de coordinación externa, en particular cos xulgados e a entidade pública con competencias en materia de familia e menores.

– Outros programas psico-educativos que reforcen a intervención do punto de encontro.

– Regulamento de réxime interno/normas de funcionamento.

– Equipo profesional.

Responsabilidades e repartición de tarefas. Organización e coordinación interna do punto de encontro.

Plan de formación do equipo profesional.

– Recursos materiais.

Material lúdico e educativo.

Material divulgativo editado pola entidade e posto ao dispor dos usuarios do PEF.

– Tratamento da información.

Ferramentas e sistemas utilizados para o manexo dos datos e información. Descrición e uso.

Tratamento da información de carácter persoal.

– Servizo complementario de seguimento tras a finalización dun réxime de visitas polas causas previstas nas alíneas c) e d) do artigo 14 do Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia.

e.2) Documentación que acredite a posesión da Marca galega de excelencia en igualdade ou equivalente, do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ou documento equivalente.

e.3) Documentación que acredite a experiencia da entidade na prestación do servizo de punto de encontro. En caso de que a experiencia da entidade se refira a servizos efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable, que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan no punto K.3 desta resolución do concerto.

g) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lle sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega. Os requisitos das alíneas a), d) e e) da cláusula F) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por calquera concepto coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Consulta de inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

e) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual e de trata de seres humanos do persoal que se designe para a prestación do servizo.

f) Consulta de títulos universitarios oficiais do persoal da entidade adxudicataria, segundo o establecido no prego técnico.

2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

J) Órganos competentes para tramitar e resolver o procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

A resolución deste procedemento de concerto social correspóndelle por delegación, de acordo co establecido no artigo 16 do Decreto 229/2020, de 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude.

K) Procedemento do concerto social.

1. Instrución.

1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación seleccionando a/as entidade/s prestadora/s do servizo segundo as prestacións que prestará durante o concerto social, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e que achegaron a documentación preceptiva.

2. Informe da Comisión de Valoración.

2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Xuventude.

2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe en que figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas, e proporase para a execución do concerto a entidade que reúna maior puntuación.

3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria.

Unha vez aceptada pola Consellería de Política Social e Xuventude a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar a seguinte documentación:

– Anexo III.

– Anexo IV. Relación de persoal adscrito ao servizo, con detalle dos datos que non se achegaron coa solicitude, de ser o caso.

– Anexo V. Consentimento individualizado da comprobación de datos asinado por cada empregado/a da entidade adxudicataria.

– Documentación que acredite a formación e/ou experiencia do persoal asignado ao servizo (contratos laborais e certificados acreditativos da experiencia e/ou formación en igualdade e na atención, intervención e orientación das e dos menores e das familias), en caso de non tela presentado coa solicitude.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica e profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a continuación:

A entidade adxudicataria virá obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

– Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan no local, e das súas instalacións.

De responsabilidade civil que cubra:

– Os danos que poida sufrir calquera persoa, en si mesmas, ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento do local no que desenvolve a súa actividade a entidade concertada.

– Os danos que poidan ser causados ás persoas e aos bens de terceiros polos profesionais e, en xeral, calquera persoa dependente da entidade ou empresa concertada, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000,00 € por sinistro e 300.000,00 € por anualidade.

Así mesmo, deberá constituír unha póliza de accidentes en contía suficiente para garantir as eventuais indemnizacións das persoas usuarias.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización, e cada vez que se renove a póliza.

– O xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe no punto S.2 desta resolución.

4. Formalización do concerto.

4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

4.2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

4.3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

4.4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

4.5. Cando por causas imputables á entidade concertada non se formalizase o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de terse constituído.

4.6. Se as causas da non formalización fosen imputables á Administración, indemnizarase a entidade polos danos e perdas que a demora lle puidese ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Prazo de resolución, notificación e publicación.

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas realizaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse realizadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e, rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, realizarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses, contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

8. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como pola Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que puideren presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Xuventude e os seus acordos porán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non-discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese nos criterios de desempate.

2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

1º. Adecuación do proxecto de xestión e intervención no punto de encontro aos obxectivos técnicos que se van abordar nos puntos de encontro familiar:

A. Metodoloxía da intervención (ata 44 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Fundamentación teórica e normativa: ata 4 puntos.

a.2) Contextualización. Detección de necesidades: ata 4 puntos.

a.3) Fases e procedemento de intervención. Protocolos de actuación nas distintas fases: ata 14 puntos.

a.4) Sistema de rexistro e seguimento da intervención: ata 7 puntos.

a.5) Avaliación da intervención e da calidade do servizo: ata 7 puntos.

a.5.1) Planificación do proceso de avaliación, procedemento, indicadores e instrumentos: ata 3 puntos.

a.5.2) Procedemento de atención e resposta á queixa das familias usuarias: ata 2 puntos.

a.5.3) Procedementos de participación das persoas usuarias na evaluación dos servizos que presta o punto de encontro: ata 2 puntos.

a.6) Protocolos de coordinación externa, en particular cos xulgados e a entidade pública con competencias en materia de familia e menores: ata 8 puntos.

B. Outros programas psicoeducativos que reforcen a intervención do punto de encontro: ata 5 puntos.

Valoraranse os programas que aborden aspectos favorecedores da normalización das relacións paterno/maternofiliais, a superación da crise familiar e a seguridade e benestar das e dos menores, a maiores do programa socioeducativo individualizado de intervención e das intervencións complementarias establecidas no decreto.

C. Regulamento de réxime interno/normas de funcionamento: ata 5 puntos.

Valorarase o desenvolvemento do seu contido mínimo dunha forma completa e clara de xeito que resulte comprensible para as persoas usuarias do punto de encontro, en especial, a súa adaptación a persoas con discapacidade, nenos e nenas de curta idade, persoas con dificultades para expresarse nas linguas oficiais ou calquera outra circunstancia que poida dificultar o acceso ou comprensión das normas.

D. Equipo profesional: ata 7 puntos.

d.1) Responsabilidades e repartición de tarefas. Organización e coordinación interna do punto de encontro: ata 3 puntos.

d.2) Plan de formación do equipo profesional: ata 4 puntos.

Valoraranse a adecuación do seu contido, a metodoloxía e os recursos, así como o seu impacto na actividade desempeñada polo equipo profesional do punto de encontro.

E. Recursos materiais: ata 4 puntos.

e.1) Material lúdico e educativo: ata 2 puntos.

Valorarase o seu carácter educativo e pedagóxico e a súa adaptación a diferentes tramos de idade.

e.2) Material divulgativo editado pola entidade e posto ao dispor dos usuarios do PEF que aborde contidos dirixidos á mellora da intervención (parentalidade positiva, situacións de separación, e/ou divorcio e a súa influencia nas relacións parentais e na evolución das persoas menores, violencia de xénero, mediación e técnicas de mediación, habilidades sociais). Indicarase o número de exemplares que se van editar. Só se valorarán as impresións a partir de 100 exemplares.

A dita puntuación asignarase como segue:

1 exemplar de material informativo cunha tiraxe entre 100 e 250 impresións

0,5 puntos

1 exemplar de material informativo cunha tiraxe superior a 250 impresións

1 punto

2 exemplares de material informativo cunha tiraxe de entre 100 e 250 impresións cada exemplar

1,5 puntos

2 exemplares de material informativo cunha tiraxe superior a 250 impresións cada exemplar ou 3 ou máis exemplares de material informativo cunha tirada superior a 100 impresións por exemplar

2 puntos

F. Tratamento da información: ata 5 puntos.

f.1) Ferramentas e sistemas utilizados para o manexo dos datos e información. Descrición e uso: ata 2,5 puntos.

f.2) Tratamento da información de carácter persoal: ata 2,5 puntos.

G. Servizo complementario de seguimento tras a finalización dun réxime de visitas polas causas previstas nas alíneas c) e d) do artigo 14 do Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia (ata 10 puntos).

– 4 meses de seguimento logo do cesamento da intervención (ata 10 puntos).

– 3 meses de seguimento logo do cesamento da intervención (ata 7 puntos).

– 2 meses de seguimento logo do cesamento da intervención (ata 4 puntos).

– 1 mes de seguimento logo do cesamento da intervención (ata 1 punto).

2º. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade: ata 10 puntos.

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto do seguinte xeito:

A. Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, ou equivalente: ata 4 puntos.

B. Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente: ata 4 puntos.

C. Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) ou equivalente: ata 2 puntos.

3º. Acreditación da experiencia profesional na prestación do servizo de punto de encontro: ata un total de 10 puntos. Computarase un punto por ano.

Empregarase como primeiro criterio de desempate a preferencia das entidades sen ánimo de lucro fronte ao resto de entidades prestadoras de servizos sociais.

Como segundo criterio un número de integrantes do cadro de persoal superior ao 2 %, nos termos do artigo 147.1.a) e o Acordo do Consello da Xunta, do 8 de abril de 2010, así como segundo o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas estean nestas circunstancias, terá preferencia a entidade que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

3. Todos os criterios incluídos no baremo procuran seleccionar a entidade co mellor proxecto para desenvolver o servizo. Deste xeito téñense en conta todos os aspectos relevantes no servizo. Ademais, inclúense elementos como consecuencia das obrigas normativas derivadas da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, para fomentar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal que a seguir se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirectora xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirector xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefe do Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia

Xefa do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Psicólogo/a

Psicóloga (Servizo de Conciliación Familiar)

Traballador/a social

Psicóloga (Servizo de Conciliación Familiar)

Secretaría

Xefe da Sección de Coordinación Administrativa do Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia

Xefe da Sección de Coordinación do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

3. O órgano instrutor, a través da Comisión de Valoración, poderá solicitarlles aos interesados cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisos para a adecuada resolución do procedemento e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos, en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os cales se incluirá en todo caso un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común.

4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

Q) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

Q.1. Definición do servizo.

Enténdese por PEF o servizo que facilita, preserva a relación entre as e os menores e as persoas das súas familias en situación de crise, procura a seguridade e o benestar das e dos menores, favorece a relación coas súas familias e facilita o cumprimento do réxime de visitas.

Os puntos de encontro familiar constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente, que ten por obxecto favorecer as relacións entre as e os menores e as súas familias cando, nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visitas se interrompe ou o seu cumprimento resulta difícil ou conflitivo.

No desenvolvemento das súas funcións os puntos de encontro familiar terán os obxectivos fixados seguintes:

a) Favorecer o cumprimento do réxime de visitas como dereito fundamental das fillas e dos fillos a manter a relación con ambas as dúas persoas proxenitoras despois da separación, establecendo os vínculos necesarios para o seu bo desenvolvemento psíquico, afectivo e emocional.

b) Facilitar o encontro das fillas e fillos coa persoa proxenitora non custodia e, de ser o caso, coa súa familia extensa.

c) Acadar a normalización das relacións familiares de xeito que o recurso chegue a resultar innecesario para a familia.

d) Procurar a seguridade das e dos menores durante o cumprimento do réxime de visitas e previr situacións de violencia.

e) Favorecer e potenciar nas fillas e fillos unha boa relación coas súas persoas proxenitoras, co contorno da persoa proxenitora non custodia e coa súa familia extensa.

f) Potenciar que as fillas e fillos expresen con liberdade e sen medo os seus sentimentos e necesidades fronte a ambas as dúas persoas proxenitoras.

g) Facilitar orientación profesional para mellorar as relacións materno/paternofiliais e as habilidades parentais de crianza.

h) Informar e derivar as persoas interesadas aos servizos especializados encargados da protección e da asistencia integral ás mulleres que sofren violencia de xénero nos termos establecidos na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

i) Dispoñer de información fidedigna sobre as actitudes e aptitudes parentais que axuden a defender, se for necesario, os dereitos das e dos menores noutras instancias administrativas ou xudiciais.

Nas súas intervencións os puntos de encontro familiar actuarán conforme os seguintes principios:

a) Interese das e dos menores. Ante calquera situación en que se dean intereses encontrados ou opostos, sempre será prioritaria a seguridade e o benestar das e dos menores.

b) Voluntariedade. As actuacións dos puntos de encontro familiar só se poderán levar a cabo co consentimento das persoas usuarias, agás cando se trate do estrito cumprimento dunha resolución xudicial.

c) Imparcialidade. Respectaranse e teranse en consideración todos os membros da familia obxecto de intervención, especialmente as fillas e os fillos, evitando posicionamentos a favor de calquera membro da familia en prexuízo ou detrimento doutros.

d) Neutralidade. O equipo técnico do punto de encontro familiar non deixará influír nas súas intervencións os seus propios valores ou circunstancias persoais e actuará unicamente co fin de protexer o interese superior das e dos menores.

e) Confidencialidade. En cumprimento da lexislación vixente, nas intervencións que se realicen nos puntos de encontro familiar respectarase a necesaria confidencialidade dos datos e informacións aos cales se poida ter acceso, e manterase, así mesmo, a confidencialidade do expediente, agás naqueles casos dos cales se deduza a existencia de condutas delituosas ou que poidan supoñer un risco para a seguridade das e dos menores e das mulleres que sofren violencia de xénero, e respecto da información requirida polos xulgados ou polo Ministerio Fiscal.

f) Non interferencia. Os puntos de encontro familiar respectarán nas súas actuacións as intervencións efectuadas por outros dispositivos de benestar social e polos órganos xudiciais.

g) Subsidiariedade e temporalidade. Utilizarase este recurso só cando sexa o único medio para facilitar as relacións entre as e os menores e a súa familia e orientarase sempre cara á normalización das relacións.

Q.2. Poboación atendida polo servizo.

Poden ser persoas usuarias do PEF aquelas persoas que formen parte de familias en que exista algún tipo de problema relacionado co cumprimento do réxime de visitas, así como os integrantes de familias en que existan situacións de violencia que supoñan un risco para calquera dos seus membros durante o cumprimento do réxime de visitas.

Poden ser usuarias do PEF as persoas que teñan un dereito de visita dunha ou dun menor con domicilio en Galicia ou ben un dereito de visita que se deba desenvolver en Galicia.

Serán persoas usuarias dos PEF aquelas persoas que, unha vez derivada a súa solicitude para a intervención pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, realicen a entrevista inicial, na cal as e os profesionais do punto de encontro informarán do funcionamento do servizo, do regulamento de réxime interno e do desenvolvemento das visitas no marco do establecido na resolución da entidade derivante.

Sen prexuízo do establecido na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais, as usuarias e os usuarios dos puntos de encontro familiar gozarán dos seguintes dereitos:

a) Á protección da súa intimidade persoal e da súa propia imaxe, ao segredo profesional do seu historial e á protección dos seus datos persoais.

b) A ser informadas sobre o seu expediente persoal.

c) A ser informadas das normas de funcionamento do punto de encontro familiar e a dispoñer delas en calquera momento.

d) A presentar queixas, reclamacións e suxestións.

e) A acceder, permanecer e cesar na utilización do servizo por vontade propia, agás resolución xudicial.

f) Ao acceso integral, por parte das mulleres con discapacidade que sufran unha situación de violencia de xénero, á información sobre os seus dereitos e sobre os recursos existentes, nos termos establecidos na Lei 11/2007, do 27 de xullo.

Así mesmo, e sen prexuízo do previsto na Lei 13/2008, do 3 de decembro, respecto dos deberes das persoas usuarias dos servizos sociais, as usuarias e usuarios dos puntos de encontro familiar teñen os seguintes deberes:

a) Respectar as normas establecidas no Regulamento de réxime interno do punto de encontro familiar e asinar a súa aceptación antes do inicio das actuacións.

b) Cumprir os horarios establecidos na resolución do órgano derivante.

c) Observar unha conduta baseada no mutuo respecto e encamiñada a facilitar unha mellor convivencia.

d) Facilitar o exercicio do labor do equipo técnico do centro e achegar todo o necesario para o desenvolvemento das visitas.

e) Non presentar comportamentos violentos físicos nin verbais.

f) Non consumir ningunha substancia que poida alterar as súas facultades antes ou durante o desenvolvemento das visitas nin introducir ningún obxecto que supoña risco para a integridade doutras persoas.

g) Responsabilizarse da atención e coidado das e dos menores no transcurso da visita co apoio do equipo técnico do punto de encontro familiar.

h) Utilizar as instalacións só para o servizo que se presta e facer un bo uso delas.

i) Respectar a privacidade das demais persoas usuarias do punto de encontro familiar.

Q.3. Contido da intervención.

Os tipos de intervención que se realizan no punto de encontro respecto da execución do réxime de vistas son:

– Entregas e recollidas das e dos menores: consisten na intervención dos/das profesionais nos momentos en que os/as familiares acoden ao servizo para entregar ou recoller o/a menor no desenvolvemento do réxime de visitas. O punto de encontro familiar actuará como intermediario/a e supervisor/a das entregas e recollidas.

– Visitas tuteladas: son aquelas que se desenvolven de forma controlada baixo a supervisión e presenza continuada dun/unha profesional do equipo técnico do servizo e durante un tempo máximo de dúas horas.

– Visitas supervisadas: son aquelas que se desenvolven no PEF, durante un tempo máximo de dúas horas, sen a presenza continuada do equipo técnico, especialmente en casos en que o/a proxenitor/a que ten o dereito de visita careza de vivenda na localidade.

Ademais do cumprimento do réxime de visitas establecido, nos puntos de encontro familiar levaranse a cabo outras intervencións complementarias:

a) Deseño e desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado de intervención coas familias e coas e cos menores que teña como obxecto final conseguir a normalización das relacións familiares.

b) Orientación e apoio familiar proporcionando información, atención e asesoramento ás persoas proxenitoras e ás e aos menores, propiciando o desenvolvemento de relacións materno/paternofiliais axeitadas e a creación de relacións familiares óptimas e de actitudes positivas.

c) Intervención en negociación e aplicación de técnicas mediadoras. O equipo técnico poderá, se o considera axeitado e conta coa vontade das partes, intervir aplicando técnicas mediadoras para conseguir acordos que permitan adecuar o réxime de visitas establecido pola autoridade á realidade familiar, así como para favorecer o exercicio da coparentalidade.

d) Intervencións encamiñadas a reducir o impacto da nova situación familiar e preparar as persoas proxenitoras e as súas fillas e fillos para que as relacións entre eles se cheguen a realizar de forma normalizada e coas maiores garantías posibles.

e) Rexistro e documentación das actividades realizadas.

Segundo o establecido no Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia, o órgano derivante é o órgano de dirección competente en materia de familia da consellería con competencia en materia de familia e menores, e os órganos solicitantes poderán ser:

• A xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, en relación coas e cos menores sobre os cales a Xunta de Galicia teña asumida a tutela ou a garda.

• Os órganos xudiciais competentes.

A fase de intervención comezará coa entrevista inicial en que as e os profesionais do punto de encontro informarán as persoas usuarias do funcionamento do servizo, do regulamento de réxime interno e do desenvolvemento das visitas no marco do establecido na resolución da entidade derivante. O equipo técnico do punto de encontro familiar incidirá nos obxectivos que se perseguen coa intervención, especialmente na temporalidade do recurso como paso intermedio ata que as persoas usuarias acaden a autonomía necesaria para o exercicio das súas funcións parentais sen depender do servizo.

Q.4. Medios para a prestación do servizo.

– Medios materiais.

A/as entidade/s concertada/s levará/n a cabo a prestación do servizo no inmoble titularidade da Xunta de Galicia situado en:

Nº de lote

Dispositivo

Enderezo

Localidade

Provincia

1

Punto de Encontro Familiar Ferrol

r/ Deporte, 2-8

Ferrol

A Coruña

2

Punto de Encontro Familiar Vigo

r/ Portela, 46-48

Urb. Rivera Atienza

Vigo

Pontevedra

A cesión farase a título de uso privativo para a execución do servizo. A utilización dos ditos inmobles pola/s entidade/s seleccionada/s terá mero carácter instrumental para a execución do concerto e queda circunscrito á súa vixencia.

O mobiliario e equipamento básico achegado pola Administración concertante figura no inventario do equipamento que se anexa no prego técnico en que se fixan as condicións técnicas e materiais do concerto social.

As condicións xerais dos espazos do punto de encontro adecúanse ao establecido no Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia, así como ao Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais de Galicia.

Medios humanos:

– Equipo de traballo.

Cada punto de encontro familiar contará cun equipo de traballo multidisciplinar composto por profesionais de dous perfís formativos diferentes de entre as seguintes disciplinas: psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, dereito, traballo social ou educación social.

Unha das persoas do equipo técnico desempeñará a función de coordinadora do traballo do equipo e das relacións coa Administración e cos xulgados. Esta persoa deberá ter experiencia acreditada na súa especialidade para poder exercer como tal.

Todos/as as/os profesionais integrantes do equipo de traballo deberán ter experiencia e/ou formación acreditada en igualdade e na atención, intervención e orientación das e dos menores e das familias. Deberán estar en posesión, de acordo co artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, de certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos.

O equipo de traballo mínimo de cada punto de encontro familiar é o que a continuación se detalla:

– PEF de Ferrol.

Un equipo multidisciplinar composto, como mínimo, por catro profesionais de dous perfís formativos diferentes de entre as seguintes disciplinas: psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, dereito, traballo social ou educación social.

O equipo de traballo dedicará ao servizo un mínimo de 154 horas de traballo semanais, o equivalente a 4 profesionais a xornada completa, e durante o horario de apertura no centro deberán estar sempre presentes, polo menos, dúas persoas.

– PEF de Vigo.

Un equipo multidisciplinar composto, como mínimo, por cinco profesionais de dous perfís formativos diferentes de entre as seguintes disciplinas: psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, dereito, traballo social ou educación social.

O equipo de traballo dedicará ao servizo un mínimo de 192,50 horas de traballo semanais, o equivalente a 5 profesionais a xornada completa, e durante o horario de apertura no centro deberán estar sempre presentes, polo menos, dúas persoas.

– Funcións do persoal do punto de encontro familiar.

As funcións do persoal axustaranse en todo caso ao disposto no Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia. O seu labor debe adaptarse á metodoloxía aprobada nos correspondentes protocolos de desenvolvemento do servizo e realizarán as seguintes funcións:

a) A procura da seguridade das e dos menores durante o cumprimento do réxime de visitas establecido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, de acordo cos tipos de intervención que se realizan nos puntos de encontro familiar.

b) Orientación, asesoramento e seguimento das familias co obxecto de acadar que o punto de encontro familiar chegue a resultar innecesario para a familia.

c) Entrevistas, individuais ou grupais coas persoas usuarias ou/e posibles usuarias do servizo e entrevistas de seguimento e evolución do proceso de intervención coas persoas usuarias do servizo.

d) Poderán levar a cabo outras intervencións complementarias ao réxime de visitas, que se recollen no Decreto 96/2014, do 3 de xullo.

e) Emisión de informes de seguimento mensuais e memorias anuais segundo as instrucións da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica dentro do prazo que en cada caso se lle indique.

f) Emisión de cantos informes sexan necesarios ou se lles soliciten tanto desde o órgano derivante como do solicitante.

g) De ser o caso, asistir ás xuntanzas de coordinación ás cales os convoque a Administración.

h) Aqueloutras actuacións necesarias para un bo funcionamento do servizo.

Q.5. Calendario e horario dos puntos de encontro familiar.

Os puntos de encontro familiar de Vigo e Ferrol funcionarán os doce meses do ano durante os 7 días da semana e, como mínimo, oito horas diarias en xornada partida ou continuada. Permanecerán pechados os días 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Poderán pechar 15 días durante o mes de agosto logo de reorganizar as intervencións previstas para ese período, tras autorización previa da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

Respectando estes mínimos, os puntos de encontro poderán determinar o seu calendario e horario en función da demanda existente.

Q.6. Relacións entre a Administración e a entidade adxudicataria.

Establécense accións de coordinación a varios niveis:

– Coordinación do punto de encontro familiar coa dirección competente en materia de familia, en canto órgano derivante.

– Coordinación do punto de encontro familiar coa xefatura territorial da consellería con competencia en materia de familia e menores en relación coas persoas menores sobre as cales a Xunta de Galicia teña asumida a tutela ou a garda.

Así mesmo, a entidade concertada comprométese a estar ao dispor da Administración concertante para cantas reunións haxa que manter como consecuencia da prestación do servizo.

R) Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais, que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo VI.

De acordo co establecido no artigo 34 do IV Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data de adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

S) Aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Dereitos e obrigas das partes.

S.1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

a) Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto e coa continuidade e calidade convidas.

b) Admitir na utilización do servizo a toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non-discriminación.

c) Prestarlles ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Respectar os dereitos das persoas usuarias recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

e) Indemnizar polos danos que se causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica na cláusula F. e K.3.

f) Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias que resulte de aplicación.

g) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Xuventude. Así mesmo, disporá tamén dun rótulo, no lugar ou centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia co seu respectivo logotipo.

h) Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, en especial os relacionados cos recursos humanos empregados, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos concertados.

No caso de que se produza un cambio do persoal que presta o servizo debe achegarse información sobre o novo persoal: nome, apelidos, DNI, titulación, formación acreditada, tipo de contrato e número de horas dedicadas ao servizo.

i) Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular, poñendo á disposición da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

j) Someterse ás actuacións de control financeiro que correspondan aos órganos competentes da Administración en relación cos fondos públicos achegados para o financiamento dos concertos sociais.

k) Comunicarlle á Administración concertante calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos recollidos nos concertos sociais.

l) Subministrarlle á Administración, logo de requirimento, toda aquela outra información necesaria para que esta cumpra as obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

m) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

n) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambente que estableza a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

o) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.

p) O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto del, e será a Administración concertante de todo allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Administración concertante, nin exixirse a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

q) A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións en que as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitir as suxestións e queixas recibidas á Administración.

r) Designar unha persoa responsable da execución do concerto, con competencia profesional e capacidade suficiente para representar a entidade en todo e canto afecte a dita execución e que será a interlocutora coa Administración.

s) Xustificar ante a Consellería de Política Social e Xuventude o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade obxecto do concerto.

t) Garantir a plena dispoñibilidade en todo momento dos medios materiais e persoais ofertados para a prestación do servizo conforme o establecido no prego técnico en que se fixan as condicións técnicas e materiais do concerto.

u) Executar todas aquelas instrucións e circulares que emita a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para unha mellor organización e seguimento do programa dos puntos de encontro familiar en relación co obxecto do concerto.

v) A entidade concertada deberá velar polo bo uso e estado do inmoble e da totalidade dos bens e medios auxiliares, incluíndo o material funxible, de ser o caso, e ten dereito a dispoñer dos bens que en virtude do presente concerto lle fosen concedidos. Así mesmo, deberá manter en todo momento as condicións de seguridade e saúde das instalacións.

No momento en que a entidade concertada se faga cargo do punto de encontro realizarase, por duplicado, unha acta de inventario do equipamento que incorporará o equipamento que a Administración achega xunto coa instalación, así como, de ser o caso, as achegas da entidade concertada, que será subscrito por unha persoa representante da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, así como da entidade concertada.

A entidade concertada poderá realizar obras de reparación e mellora dos bens de titularidade pública. No caso de realizar reformas importantes ou obras de reestruturación e mellora do centro, precisará a correspondente autorización do órgano competente da Consellería de Política Social e Xuventude.

Unha vez finalizada a vixencia do concerto, a entidade está obrigada a devolverlle á Administración todos os bens, tanto os que lle foron cedidos en uso como aqueles adquiridos pola entidade concertada para o equipamento no seu estado primitivo, agás aqueles que presenten deterioración producida polo seu uso normal.

Para estes efectos, con antelación suficiente ao remate do concerto, a Administración realizará unha inspección do estado de conservación do inmoble, instalacións e equipamento, e informará sobre as reparacións e reposicións necesarias para mantelos nas condicións axeitadas para o seu uso.

a) A entidade concertada asumirá o pagamento dos gastos correntes de mantemento do inmoble onde se presta o servizo tales como: electricidade, auga, teléfono, calefacción, limpeza, gastos de comunidade e outros similares.

b) A entidade concertada non poderá manter ningunha relación institucional nin facer declaracións a medios de comunicación ou entregar documentación ou datos sobre temas relacionados cos traballos realizados sen a autorización explícita da Consellería.

c) Achegar, á Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, un informe mensual cos datos que esta lle solicite e unha memoria anual de actuacións.

d) Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación no réxime xurídico do servizo.

S.1.2. Obrigas da Administración concertante.

1. A Consellería de Política Social e Xuventude está obrigada a aboarlle á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos trinta días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida nesta convocatoria.

2. A Consellería de Política Social e Xuventude deberá ter informada a entidade concertada de calquera circunstancia de que teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

S.1.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

S.1.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Xuventude se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboarlle á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

S.2. Constitución de garantía.

1. A entidade adxudicataria de cada lote ten que constituír una garantía polo importe especificado na seguinte táboa:

Nº de lote

Dispositivo

Importe

1

Punto de Encontro Familiar de Ferrol

35.658,94 €

2

Punto de Encontro Familiar de Vigo

42.887,24 €

A dita garantía debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

2. A garantía poderá prestarse nalgunha ou algunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as cales deban fornecer efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se subscriban no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operar en España, que deberá depositarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, subscrito na forma e condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

3. A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

4. Cumpridas polo concertante as obrigas derivadas do concerto, se non resultasen responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se for o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.3. Réxime de pagamentos.

1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes, logo de aplicar os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria, realizarase logo da conformidade do Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia.

2. Para o aboamento do servizo a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes en que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionaralle ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no rexistro contable de facturas é requisito previo necesario para tramitar o recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través da seguinte URL: http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, ordenado por grupo profesional e posto de traballo, especificando nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións respecto do período anterior, estes documentos poderán substituírse por unha declaración en tal sentido.

3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa do presente concerto, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegralas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.4. Limitacións á subcontratación e cesión de servizos concertados.

1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Xuventude, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e calidade do servizo.

S.5. Sucesión da entidade concertada.

1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión.

3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.

4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicarlle á Consellería de Política Social e Xuventude a circunstancia que se produza.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e os demais informes que proceda, en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

3. O órgano competente para autorizar a modificación será a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

T.2. Modificación no número de prazas ou de servizos concertados.

A Administración concertante, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, poderá modificar o número de prazas ou unidades ou servizos de cada un dos centros obxecto dos concertos sociais durante a súa vixencia.

De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, poderase variar o número de prazas ou servizos concertados, sen que e o incremento poida superar o 50 %, polo que se establece un incremento dun 20 %.

T.3. Modificación das condicións técnicas.

1. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Xuventude.

2. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase realizar o reaxuste.

3. Se é a Consellería de Política Social e Xuventude a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberáselles dar audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

T.4. Revisión dos prezos.

1. Os prezos ou módulos económicos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados:

a) Cando se realice unha modificación do concerto social, segundo o establecido no artigo 27 do Decreto 209/2020, que teña incidencia nos custos do servizo.

b) Cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

2. A revisión de prezos precisará dun informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización desta compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

3. A revisión dos prezos ou módulos efectuarase, segundo proceda, no acordo de modificación ou mediante resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Xuventude e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Xuventude, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Xuventude.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando leven aparellada unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de Seguridade Social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Xuventude por prazo superior a catro meses.

p) A suspensión por causa imputable á Consellería de Política Social e Xuventude da iniciación do concerto social por prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por prazo superior a seis meses acordado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social, e non concorra outra causa de resolución que sexa imputable á entidade concertada.

3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Xuventude incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Xuventude se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

4. Se a Consellería de Política Social e Xuventude considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Xuventude deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución para garantir a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes adecuaranse ao validamente estipulado por elas.

2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Xuventude determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Xuventude polos danos e perdas causados.

V) Protección de datos persoais.

1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Xuventude, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable, segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, a Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia fronte á violencia, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e o Decreto 96/2014, do 3 de xullo, polo que se regulan os puntos de encontro familiar en Galicia.

Os datos poderán ser comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario para o exercicio das súas competencias na materia coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións recollidas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obriga legal, fundamentadas ambas no disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas obríganse a informar, pola súa vez, o persoal ao seu servizo e as persoas usuarias, con carácter previo a que se faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Xuventude, dos aspectos establecidos nos parágrafos anteriores.

3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados na súa condición de responsable do tratamento pola Consellería de Política Social e Xuventude. A lexitimación para o tratamento baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, a Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, a Lei 11/2007, do 27 de xullo, e o Decreto 96/2014, do 3 de xullo.

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das devanditas accións derivadas da execución do servizo, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán ser tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e outros órganos encargados da xestión e control financeiro.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lle sexan confiados para a formalización e desenvolvemento das accións recollidas na presente resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– A utilizar a devandita información exclusivamente no ámbito desta resolución e para as finalidades previstas nela.

– A non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor, salvo nos casos expresamente previstos na lei, e exixirase idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución;

– A facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da devandita relación, a quen se comunicará a obriga, de tratar a información a que se lles dá acceso con carácter estritamente confidencial;

– A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida, se así o solicita a parte que a forneceu.

Considerarase información confidencial aquela a que as entidades concertadas accedan en virtude da presente resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativa ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase aínda despois de finalizada a relación.

5. Encargado do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas posuirán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento, as entidades concertadas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación, e exixirán o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo:

5.2.a) Tratar por conta do responsable os datos persoais necesarios para levar a cabo e adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins; será considerado neste caso como responsable do tratament0o.

5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considerase que algunha das instrucións infrinxe o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga á Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

5.2.d) Levar por escrito, se é o caso, segundo o artigo 30 do Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento e do Consello, do 27 de abril de 2016, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, incluíndo o contido previsto no dito artigo.

5.2.e) Non comunicar os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicar os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos en que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicalo previamente por escrito ao responsable do tratamento. Indicará os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar e identificará de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados. Dáselle así á persoa responsable a posibilidade de opoñerse aos ditos cambios.

5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais a que teña acceso en virtude do presente concerto, aínda que finalice o seu obxecto.

5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprometen, expresa e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das cales os informará oportunamente. O encargado manterá á disposición do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

5.2.l) Asistir ao responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste, e coa maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, esta informaraos, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento e do Consello, do 27 de abril de 2016.

5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

• Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

5.2.p) Poñer á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existiren, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso, segundo o previsto no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento e do Consello, do 27 de abril de 2016 e no artigo 34 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto do presente concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres se poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W) Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude poderá poñer os ditos feitos en coñecemento a través da web de Transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

• https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

• https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste convenio as medidas recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

X) Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y) Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución resolveraas a Consellería de Política Social e Xuventude e os seus acordos poñerán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderá interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

ANEXO VI

Datos sobre o persoal que se vai subrogar

Concerto social para a prestación do servizo de puntos de
encontro familiar en ferrol e vigo

I. Relación de persoal que se debe subrogar do Punto de Encontro Familiar de Ferrol.

Nº de orde

Categoría profesional

Contrato

Porcentaxe de xornada imputada ao servizo

Antigüidade

Coste bruto anual

(salario bruto+Seguridad Social da empresa)

1

Traballadora social

Indefinido

26 %

9.3.2020

7.173,72 €

2

Educadora social

Obra ou servicio

51,90 %

10.11.2020

14.449,92 €

3

Educadora social

Indefinido

100 %

1.3.2013

28.490,52 €

4

Psicóloga

Indefinido

100 %

3.10.2007

33.735,36 €

5

Traballadora social

Indefinido

96,10 %

7.4.2022

26.490,18 €

6

Traballadora social

Interinidade

26 %

3.12.2022

7.173,72 €

7

Auxiliar de servizo

Temporal

7,80 %

24.2.2023

1.558,56 €

II. Relación de persoal que se debe subrogar do Punto de Encontro Familiar de Vigo.

Nº de orde

Categoría profesional

Contrato

Porcentaxe de xornada imputada ao servizo

Antigüidade

Coste bruto anual

(salario bruto+Seguridad Social da empresa)

1

Psicóloga

Indefinido

100 %

2.2.2005

34.035,24 €

2

Psicóloga

Indefinido

100 %

13.3.2009

31.061,40 €

3

Educadora social

Indefinido

100 %

11.1.2020

27.890,64 €

4

Educadora social

Indefinido

75,30 %

18.3.2015

21.227,52 €

5

Educadora social

Indefinido

100 %

5.6.2021

27.591,00 €

6

Educadora social

Indefinido

24,60 %

21.11.2021

6.767,04 €

7

Auxiliar de servizo

Indefinido

31,20 %

12.10.2022

6.321,48 €

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file