Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2023 Páx. 37689

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).

Un dos fins do Plan de recuperación, transformación e resiliencia é o desenvolvemento das enerxías renovables e reducir a demanda enerxética dos edificios e infraestruturas públicas, así como a dependencia dos combustibles fósiles. No marco do dito plan apróbase o Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (BOE núm. 305, do 22 de decembro) polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a execución dos programas de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas nos diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Dentro dos obxectivos que recolle o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, unha das liñas de acción del é a correspondente ao impulso á transición verde, considerada, entre outras, no seu compoñente 7: «despregamento e integración das enerxías renovables». Esta compoñente inclúe, entre outros, o «investimento 1» para o desenvolvemento de enerxías renovables innovadoras, integradas na edificación e nos procesos produtivos. Para conseguir unha activación rápida da mobilización de investimentos que impulsen o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables, establécese o uso de liñas de axudas ao investimento en diferentes sectores que actúen de apoio para o conxunto de reformas e investimentos contidas nesta compoñente, e supoñan un marco habilitador para as diferentes actuacións. Entre eles, atópase o impulso de enerxías renovables térmicas no sector agropecuario, as renovables destinadas á climatización e necesidades térmicas no sector servizos, incluíndo o sector público, e a incorporación de renovables térmicas en procesos industriais e substitución de sistemas fósiles na industria.

O campo de intervención asignado a este investimento é o 029 (enerxía renovable: solar), xa que se prevé que sexa a tecnoloxía con maior despregamento en España tanto nos ámbitos térmico como eléctrico, aínda que se inclúan outras tecnoloxías renovables distintas da enerxía solar. En todo caso, os campos de intervención doutras tecnoloxías renovables teñen as mesmas características para os efectos de contribución climática e ambiental que o 029, polo que a selección do devandito campo é consistente co cómputo de contribución deste investimento aos obxectivos establecidos. Estes programas, como parte do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, cumpren cos requisitos necesarios para computarse cun «coeficiente para o cálculo da axuda aos obxectivos climáticos» do 100 % de acordo co Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

En cumprimento do devandito Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, en particular a Comunicación da Comisión Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo», así como co requirido na Decisión de Execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do plan de recuperación e resiliencia de España, todos os proxectos de investimento levados a cabo no marco deste real decreto deben respectar o chamado principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH polas súas siglas en inglés, «do no significant harm») e as condicións da etiquetaxe climática e dixital. Iso inclúe o cumprimento das condicións específicas asignadas, previstas no compoñente 7, así como no seu investimento 1 en que se enmarcan os devanditos proxectos, tanto no referido ao principio DNSH, como á etiquetaxe climática e dixital, e especialmente as recollidas nos puntos 3, 6 e 8 do documento desta compoñente 7 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O dito real decreto regula dous programas de incentivos co obxectivo de abarcar unha maior cantidade de beneficiarios, atendendo ás súas posibles necesidades.

O Programa de incentivos 1 xa foi convocado pola Resolución do 21 de marzo de 2022 (DOG núm. 63, do 31 de marzo), e está dirixido a aqueles destinatarios que realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

Esta liña de actuación ten como obxectivo o desenvolvemento das enerxías renovables nos sectores industrial, agropecuario e servizos, incluíndo o residencial.

O Programa de incentivos 2 está dirixido aos destinatarios últimos que non realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, incluíndo entre eles organismos e entidades públicas que cumpran cos requisitos establecidos pola Comisión Europea para ser entidades non xeradoras de actividade económica.

De acordo co disposto no artigo 8, punto 6, do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, posibilítase a ampliación do crédito a aquelas comunidades autónomas que o soliciten expresamente.

Neste senso, a Xunta de Galicia solicitou unha ampliación do orzamento previsto no anexo V do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, que lle foi concedida por Resolución do 22 de decembro de 2022, da presidenta da EPE Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía MP (IDAE).

Coa ampliación do crédito orzamentario solicitado, decídese convocar de forma independente o Programa de incentivos 2, para subvencionar a realización de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, ao considerarse o instrumento máis adecuado para garantir a consecución dos fins perseguidos e garantir o principio de seguridade xurídica para facilitar o seu coñecemento e comprensión das actuacións por parte dos interesados.

De acordo con isto, o Inega para financiar esta convocatoria de axudas dispón nos seus orzamentos de 2.370.318,66 euros, procedentes do programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas, promovidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, actuacións financiables co Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

O Inega constitúese en Axencia por Decreto 142/2016, do 22 de setembro, mantendo a súa adscrición á consellería competente en materia de enerxía, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia.

Por todo o anterior, en virtude do disposto no artigo 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia, e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria

1. A presente resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria de axudas para o programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público para o ano 2023, de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (publicado no BOE núm. 305, do 22 de decembro), modificado polo Real decreto 377/2022, do 17 de maio (BOE núm. 118, do 18 de maio) polo que se amplía as tipoloxías dos beneficiarios do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (código de procedemento IN422O).

2. Pola presente resolución convócanse axudas para a seguinte actuación:

Programa de incentivos 2: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público.

Este programa está dirixido a destinatarios últimos que non realicen actividades económicas, polas que ofrezan bens ou servizos no mercado, incluíndo entre os mesmos organismos e entidades públicas que cumpran cos requisitos establecidos pola Comisión Europea para ser entidades non xeradoras de actividade económica.

3. Só se admitirán as actuacións iniciadas con posterioridade á data de publicación no Boletín Oficial del Estado do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro.

4. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar as investimentos sostibles, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

5. Os requisitos das actuacións subvencionadas serán os establecidos no artigo 18 e no anexo I.AI.1 das bases reguladoras, establecidas por Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro.

Artigo 2. Réxime de concesión e normativa aplicable

1. O réxime de concesión de axudas será o de concorrencia non competitiva, regulado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As solicitudes de axuda presentaranse no prazo e cos requisitos establecidos tanto nas bases reguladoras como nesta convocatoria de axudas, resolvéndose por orde de entrada ata o esgotamento do crédito, do que se dará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

3. As axudas obxecto desta convocatoria estarán sometidas ao disposto no Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro, polo que se regulan os programas de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, onde se establecen as súas bases reguladoras (en diante, bases reguladoras).

Ademais, será de aplicación a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia e demais disposicións relativas á execución e xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).

b) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006.

c) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

e) Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

f) Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

g) Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

h) Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información para proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

i) Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

j)  En defecto do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puideran resultar aplicables.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Serán destinatarios últimos das axudas establecidas nas bases reguladoras para o Programa de incentivos 2 os suxeitos que se enumeran nos seguintes puntos, sempre que non realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado:

a) As entidades locais territoriais previstas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ou calquera outra entidade local ou supralocal, distinta das anteriores, legalmente constituída e dotada de personalidade xurídica propia.

b) Calquera entidade do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.

c) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración, con ou sen personalidade xurídica e sen actividade económica de calquera das figuras do artigo 16.2, puntos 1 e 2 das bases reguladoras (Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro).

2. Non serán persoas beneficiarias destas axudas aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Financiamento e contía máxima das axudas para outorgar coa convocatoria

1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 2.370.318,66 euros coa seguinte distribución orzamentaria por anualidades:

Importe 2023 (€)

Importe 2024 (€)

Importe 2025 (€)

Importe total (€)

592.579,66

1.540.707,00

237.032,00

2.370.318,66

O orzamento por partida e anualidade distribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme ao establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 05.A3.733A.703.0, 05.A3.733A.714.2, 05.A3.733A.744.1, 05.A3.733A.745.2, 05.A3.733A.760.5, 05.A3.733A.760.9, 05.A3.733A.781.1 e 05.A3.733A.781.6.

2. O crédito máximo segundo a tecnoloxía renovable será o seguinte:

Tecnoloxía renovable térmica

Orzamento (€)

Biomasa

1.400.000,00

Xeotermia, hidrotermia,

aerotermia e solar térmica

970.318,66

Total

2.370.318,66

Os orzamentos por tecnoloxía renovable poderán ser redistribuídos pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes.

3. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, de ser o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo ca orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria. De producirse a ampliación de crédito publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal), sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

4. A concesión das axudas estará supeditada á efectiva financiación por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco dos programas de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía.

5. Os custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro.

6. Os custos elixibles relaciónanse no anexo I AI.2 do Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro.

Artigo 5. Forma e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes subscribiranas directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito. Unha vez presentada unha solicitude non se poderá modificar o proxecto ata que recaia resolución de concesión.

2. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 2023, que ao ser inhábil prorrogarase ao día seguinte hábil (2 de xaneiro de 2024).

3. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes, será necesario o número do NIF e o contrasinal determinados polas persoas interesadas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria, e xerará a solicitude da persoa beneficiaria por duplicado.

4. A solicitude (anexo I) imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.

O solicitante presentará de maneira telemática desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se achega como anexo I.

5. Para formular a solicitude e que esta sexa válida, deberase achegar a través da aplicación, a seguinte documentación mínima:

a) Solicitude de axuda-anexo I.

b) Autorización para a representación-anexo II, salvo aqueles destinatarios que presenten directamente co seu certificado dixital.

c) Presentación da oferta do proxecto que se pretende levar a cabo. Achegaranse tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000.

No caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública, esta documentación poderá substituírse polo borrador dos pregos de licitación correspondentes.

6. As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

7. Os fondos solicitados e os validados poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles, polo que a axuda máxima a conceder ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.

De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles, as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera; no momento da presentación, a aplicación informática informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.

As inadmisións, desistencias, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser redistribuídos aos expedientes que se atopen en lista de espera segundo a orde de prelación que lle corresponda.

8. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación desta convocatoria de axudas.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación administrativa:

i) Autorización para a representación-anexo II, en caso de ser necesario.

ii) Declaración de compromiso, de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito de interese, en relación coa execución e actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia derivado da Orde HFP 1030/2021, do 29 de setembro-anexo VI.

iii) Presentación da oferta do proxecto que se pretende levar a cabo. Achegaranse tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000.

A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.

O orzamento deberá ter unha data posterior á publicación das bases no Boletín Oficial del Estado.

Non será necesario presentar as 3 ofertas se polas especiais características dos gastos que se subvencionan non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, debendo o beneficiario neste suposto prestar declaración expresa motivada en tal sentido.

As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos de identificación do emisor e do destinatario (razón social, enderezo, e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados.

No caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública, esta documentación poderá substituírse polo borrador dos pregos de licitación correspondentes.

iv) As entidades xurídicas públicas, ademais da documentación sinalada no punto anterior, deberán achegar:

1º. Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.

2º. Declaración responsable onde se acredite a súa adscrición, especificando se se refire á Administración xeral do Estado, á Comunidade Autónoma de Galicia ou a unha entidade local e onde declare se desenvolve ou non actividade comercial ou mercantil.

3º. Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nesta convocatoria de axudas, se procede.

4º. No caso das deputacións ou concellos, certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada ao Consello de Contas. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas efectuouse antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

v) As entidades de dereito privado, xunto coa solicitude presentarán a documentación prevista no artigo anterior, e só cando non se atopen obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil, deberán achegar:

1º. Documentación acreditativa da válida constitución da entidade.

2º. Documentación acreditativa da representación correspondente.

vi) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadáns de enerxía, xunto coa solicitude presentarán a documentación prevista no artigo anterior e, ademais, deberán achegar:

1º. Documentación que acredite a representación con que se actúa.

2º. Documentación que acredite a súa constitución.

vii) Cando se trate dunha agrupación, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración das entidades beneficiarias con ou sen personalidade, xunto coa solicitude presentarán a documentación prevista no artigo anterior e, ademais, deberán achegar:

1º. Documento que acredite a representación con que se actúa.

2º. Documento que acredite a súa constitución.

3º. No caso no que carezan de personalidade xurídica, canda a solicitude presentaranse os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.

b) Achegarase documentación técnica descritiva da actuación a acometer segundo os modelos dispoñibles na páxina web do Inega (www.inega.gal) para cada tipoloxía de proxecto. Esta documentación técnica incluirá a información relacionada no anexo II AII.1 das bases reguladoras, incluíndo:

1) Achegarase unha memoria técnica descritiva da actuación que se vai acometer segundo modelo dispoñible na web do Inega para cada tipoloxía de proxecto, en que se fará unha descrición técnica axustada a actuación que se vai realizar.

2) Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións para realizar e a situación de partida, subscrita por técnico competente ou instalador, de ser o caso. No proxecto ou memoria técnica, ademais, para as actuacións de biomasa, deberase achegar:

i. Declaración subscrita por un técnico competente independente que xustifique que para o devandito combustible a redución de GEI e igual ou superior ao 80 %, no caso de que algún dos combustibles para empregar non apareza no anexo VI da Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018.

ii. Acreditación por parte do fabricante do equipo do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia utilizar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (segundo corresponda, Regulamento (UE) 2015/1185 da Comisión ou Regulamento (UE) 2015/1189 da Comisión), no caso de aparellos de calefacción local ou caldeiras de menos de 1 MW para usos non industriais.

3) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar dano significativo a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020 (principio do no significant harm-DNSH), para as actuacións que non superen os 100 kW de potencia-anexo VII Declaración do cumprimento do principio de non causar dano significativo que se xunta a título informativo.

4) Para instalacións de máis de 100 kW, achegarase:

a) Plan estratéxico (orixe e lugar de fabricación dos compoñentes) segundo modelo dispoñible na web do Inega.

b) Xustificación do principio de non causar dano significativo (DNSH) segundo modelo dispoñible na web do Inega.

c) Acreditación do cumprimento de valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición xerados pola obra civil segundo modelo dispoñible na web do Inega.

d) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediarios de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos (10 MB) ou tivese un formato non admitido, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

5. Os interesados poderán consultar na aplicación informática e no Carpeta cidadá-a miña sede, accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.

Artigo 7. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:

a) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

b) Certificación de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) NIF da entidade solicitante.

e) DNI/NIE da persoa representante do solicitante.

f) NIF da entidade representante.

g) DNI/NIE da persoa representante.

h) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

i) Concesión de subvencións e axudas.

j) Certificado de alta no imposto de actividades económicas.

k) Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retenedores ou certificado de situación censual, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Artigo 9. Órganos competentes

A Xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións e corresponde a persoa titular da Dirección do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do devandito procedemento.

Artigo 10. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. A solicitude de axuda será avaliada polos servizos do órgano instrutor do Inega en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e na documentación complementaria presentada. De ser o caso, tamén poderán ser avaliadas as solicitudes de axudas que figuren nos postos de máis prelación da lista de espera, sen que tal avaliación supoña garantía de que os expedientes se cheguen a subvencionar ata que, eventualmente, recaia resolución expresa de concesión de axuda.

Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos; coa advertencia expresa de que, se así non o fixese, teráselle por desistido na súa petición e arquivarase o expediente. Salvo cando se trate da documentación que ten carácter de mínimos e que aparece recollida con tal carácter no artigo 5.5 desta convocatoria de axudas, que de non achegarse, a solicitude inadmitirase sen máis a trámite.

Igual requirimento efectuarase no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesourería Xeral da Seguridade Social (TXSS), consellería competente en materia de economía e facenda e da verificación do DNI/NIE.

2. Poderá requirirse ao interesado para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios na tramitación e resolución do procedemento.

3. Logo do informe dos servizos técnico e xurídico, as solicitudes que presenten elementos de controversia serán avaliadas por un comité de avaliación formado pola persoa titular do Departamento de Enerxía, a persoa titular da Área de Renovables e un técnico do Inega. O comité de avaliación elaborará unha proposta en que figuren os criterios consensuados durante a tramitación dos expedientes e de maneira individualizada os primeiros solicitantes propostos para obter subvención, así como o importe da subvención para cada un deles.

Artigo 11. Resolución

1. Unha vez avaliada a solicitude, a proposta de resolución elevarase á Dirección do Inega. O procedemento de concesión resolverase no prazo máximo de 5 meses desde a data de presentación da solicitude e axustarase ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o contido da resolución.

2. A resolución de concesión comprenderá a identificación do beneficiario, o investimento e o custo elixible do proxecto e a contía da subvención.

Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

3. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, concederase, sen necesidade dunha nova convocatoria, a subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes na orde de entrada da solicitude.

4. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de cinco (5) meses, contados desde a data de presentación da solicitude ou, no seu caso, da súa emenda.

Se transcorrese o prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 12. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Ás persoas interesadas avisaráselles da posta á disposición da notificación na conta de correo e/o no teléfono móbil que conste na solicitude da axuda. A falta deste aviso non impedirá que a notificación sexa válida e se considere efectuada.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter a súa dirección electrónica habilitada única a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear a indicada dirección, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obrigación de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:

a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

b) Xustificar ante o Inega que cumpre cos requisitos ou condicións que determinan a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

c) Dispoñer da capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se concede a axuda.

d) Realizar o pago das facturas antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 18 desta convocatoria.

e) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitarase mediante a presentación do anexo III-Renuncia que se adxunta a título informativo. Este anexo estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta axuda e conservar a documentación xustificativa durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta do devandito pagamento, da operación.

g) Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante un prazo non inferior a cinco anos.

h) Comunicarlle ao Inega, cando proceda, a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza, e en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Toda referencia ás actuacións subvencionadas en publicacións, actividades de difusión, páxinas web e, en xeral, calquera medio de difusión debe cumprir cos requisitos que figuran no Manual de Imaxe do Programa que estará dispoñible na web do IDAE, deberá mencionarse ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e o Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e tamén deberán constar o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Ademais, os perceptores de fondos da Unión farán mención da procedencia deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando cumpra, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuado que indique «Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

k) En relación coa publicidade do financiamento, o beneficiario deberá, durante a realización do proxecto, e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, informar o público do apoio obtido colocando, polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no que mencionará a axuda financeira nun lugar ben visible para o público. O Inega facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web.

l) Todas as instalacións acollidas ao programa de incentivos, excepto a tipoloxía de biomasa aparellos de calefacción local, deberán contar cun sistema de monitorización da enerxía térmica producida pola instalación obxecto de subvención.

As funcionalidades deste sistema serán as seguintes:

• Este sistema deberá mostrar, como mínimo, a enerxía producida pola instalación renovable en termos diario, mensual e/o anual.

• Adicionalmente ao anterior, o sistema poderá mostrar datos adicionais como, por exemplo: emisións de CO2 evitadas e aforro económico xerado para o propietario da instalación.

• Deberá existir unha pantalla nun lugar visible que mostre estes datos de forma actualizada para as instalacións de potencia superior a 70 kW ou superiores a 14 kW para a tecnoloxía solar térmica e para as inferiores a ditas potencias, darase acceso aos datos a través dalgún dos equipos da instalación renovable.

• Adicionalmente, esta mesma información poderá ser accesible a través de dispositivo móbil ou aplicación web.

m)  Calquera outra obriga establecida no Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro.

Artigo 14. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. Os motivos que poden dar lugar a modificación da resolución son os seguintes: modificación do titular, modificación no orzamento, modificación no financiamento do expediente, así como calquera outra circunstancia suficientemente motivada.

2. Cando, por circunstancias técnicas, sexa imprescindible variar o contido específico das investimentos recollidas no proxecto inicial, o beneficiario debe notificarllo ao órgano competente para a concesión da subvención mediante a presentación do anexo IV-Solicitude de modificación da resolución de concesión, acompañado de toda a documentación presentada coa solicitude que se vexa afectada.

Naqueles expedientes en que é necesario o proxecto técnico de execución, debe achegarse copia do novo orzamento asinado polo técnico redactor do proxecto.

3. O órgano competente para a concesión da subvención poderá autorizar a modificación da resolución por instancia do beneficiario respectando os seguintes requisitos:

a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supoñerían a denegación da axuda.

4. As modificacións de proxectos que non se comuniquen con anterioridade á xustificación do investimento, ou aquelas que, de maneira previa, non acheguen a documentación necesaria para a súa valoración, tramitaranse conxuntamente coa documentación xustificativa do investimento, utilizando o requirimento de emenda de xustificación para completar o expediente. Poderán formalizarse a aceptación da modificación do proxecto e a xustificación deste mediante a resolución de pagamento, sempre e cando a modificación do proxecto respecte os requisitos establecidos neste artigo e achegue toda a documentación da solicitude modificada.

5. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación do proxecto, que poderá ou non afectar os termos da resolución de concesión, ditarao a dirección do Inega logo da instrución do correspondente expediente no cal se lle dará audiencia aos interesados.

Artigo 15. Aceptación e renuncia

1. Transcorridos 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión sen que o beneficiario comunique expresamente a renuncia á subvención, entenderase que o solicitante acepta a subvención e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

2. No caso de que o beneficiario dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude, deberá comunicarllo ao Inega presentando o anexo III-Renuncia por medios electrónicos a través da aplicación informática, comunicando este feito co fin de proceder ao arquivo do expediente.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará, nos termos do artigo 21 a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 16. Prazos de execución e xustificación

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.

Este prazo poderase ampliar de conformidade ao previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Artigo 17. Xustificación das actuacións

1. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentarase de forma electrónica a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal), de conformidade co disposto no artigo 8 desta convocatoria.

2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación das subvencións aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polos beneficiarios, poñerao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 12 desta convocatoria de axudas.

3. Igual requirimento efectuará o Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesourería Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda, así como a verificación do NIF do solicitante, DNI/NIE ou NIF do representante do solicitante.

4. No caso de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen presentarse ningunha documentación, requirirase igualmente o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles, a presente.

5. A presentación da xustificación no prazo adicional de dez (10) días non eximirá das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 18. Documentación xustificativa do investimento

Achegarase a documentación xustificativa do investimento acometido segundo os modelos dispoñibles na páxina web do Inega (www.inega.gal) para cada tipoloxía de proxecto. Esta documentación incluirá a información relacionada no anexo II AII.2 das bases reguladoras do Real decreto 1124/2021.

1. Os documentos de xustificación deberán presentarse dentro do prazo establecido en el artigo 16 desta convocatoria, debendo estar, nese momento, os investimentos plenamente realizados e verificables.

2. Para o cobramento polo solicitante da subvención concedida, o destinatario último da axuda deberá xustificar a realización do investimento requirido, debendo presentar toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo V-solicitude de pagamento, que se adxunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

3. Documentación xustificativa que se ten que presentar xunto coa solicitude de pagamento:

a) Para xustificar cada un dos gastos realizados achegaranse as facturas, clasificadas e asinadas en que figurará o importe total que hai que pagar, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento da totalidade do equipamento polo solicitante.

A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación.

Non se admitirán supostos de autofacturación (facturas emitidas polo propio beneficiario da subvención).

Poderán subcontratarse as actuacións obxecto das axudas respectando os requisitos e prohibicións establecidos no artigo 29 da Lei 38/2003, xeral de subvencións, e no artigo 68 do seu regulamento de desenvolvemento.

Poderase subcontratar con terceiros ata o 100 % da actividade incentivada, en conformidade co artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro. No caso de subcontratar parte ou toda a actividade obxecto deste contrato, haberá de prever mecanismos para asegurar que os subcontratistas cumpran co principio «non causar dano significativo» e resto de condicións establecidas nas bases.

Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

– Xustificante bancario (transferencia bancaria, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

– Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

– Relación clasificada e asinada polo destinatario último da axuda das facturas e dos seus correspondentes xustificantes bancarios de pagamento, correspondentes ao investimento elixible realizada e que respondan ao orzamento e contratos presentados, e copia deles. Exímese da obriga de presentar aquelas facturas que teñan un importe inferior a 3.000 euros conforme ao previsto pola letra b) do artigo 63 da Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

No caso de que non quede acreditado o concepto do gasto, deberá achegar, ademais, xustificante de recepción asinado e selado polo provedor en que se especifique o número de factura pagada, número e data do cheque e NIF e nome da persoa receptora do cobramento.

No caso de que as persoas beneficiarias da axuda se acollan á cesión do dereito de cobramento, establecido no punto 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios.

En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

b) Relación clasificada e asinada polo beneficiario da axuda, dos pedidos e/ou contratos relativos ás actuacións realizadas, no caso de que existan, e copia deles.

No caso de existir contratación pública, relación certificada e copia dos contratos subscritos polo solicitante para a realización da actuación obxecto da axuda, así como documentación xustificativa do procedemento de contratación: enderezo web do perfil do contratante, pregos, anuncios de licitación e formalización de contratos, acordos do órgano de contratación. Teranse que identificar os contratistas e subcontratistas que resulten adxudicatarios, incluíndo a súa alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da AEAT ou equivalente que reflicta a actividade económica que desenvolven, así como a súa declaración de cesión e tratamento dos datos en relación coa execución de actuacións do PRTR.

c) Informe xustificativo da axeitada realización das actuacións subscrito, datado e emitido polo técnico titulado competente autor do proxecto definitivo, ou, na súa falta, a dirección de obra, ou, de ser o caso, a empresa instaladora autora de memoria técnica final da instalación executada.

Deberá incluír descrición do sistema de monitorización incorporado segundo o indicado no anexo I epígrafe AI.A1 das bases reguladoras.

d) Certificado final de obra subscrito pola dirección de obra e dirección de execución da obra, no caso de que sexa preceptivo.

e) Certificado da instalación térmica, subscrito polo instalador habilitado e a dirección da instalación, cando a participación deste último sexa preceptiva, rexistrado polo órgano competente da comunidade autónoma de acordo co RITE.

f) Copia do proxecto ou memoria técnica do deseño (segundo proceda para a tipoloxía da actuación) que se achegase ao órgano competente da comunidade autónoma para a obtención da autorización de explotación ou acta de posta en servizo e/ou Certificado da instalación térmica, no caso de que fose necesario. Naquelas instalacións que requiran a súa inscrición no rexistro da consellería competente en materia de industria, o beneficiario deberá achegar o xustificante de solicitude de inscrición da instalación nese rexistro. Neste xustificante deberán figurar as características técnicas e o correspondente código de acceso ao referido rexistro, para ter a posibilidade de verificación en caso de que fose necesario.

g) Reportaxe fotográfica das actuacións realizadas, que inclúa fotografías da situación do edificio despois das actuacións, e de ser o caso, dos equipamentos e instalacións principais finais obxecto da axuda e onde se mostre o cartel publicitario ou sinalización da actuación e o sistema de visualización de enerxía.

Presentarase un informe do cumprimento dos requisitos de publicidade segundo o modelo dispoñible na web do Inega.

h) Información e ligazón ao sitio da internet do beneficiario das axudas, no caso de que dispoña dun, onde informará o público do posible apoio obtido dos fondos Next Generation ou Plan de recuperación, transformación e resiliencia e/ou, de ser o caso, do instrumento da Unión Europea que corresponda, facendo unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

i) Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada ou diferenciada para todas as transaccións relacionadas (ingresos e pagamentos, incluído, de ser o caso, o ingreso de axudas, pagamentos a provedores e outros).

j) Certificación da entidade de control segundo os formatos e procedementos establecidos pola autoridade competente da Comunidade Autónoma, no caso das instalacións de biomasa de potencia superior a 1 MW e menor de 50 MW para a acreditación dos valores límite de emisión establecidos no cadro I parte II do anexo II e do anexo III do Real decreto 1042/2017.

k) Para as actuacións que superen os 100 kW de potencia nominal, documentación actualizada que reflicta ou confirme, para a actuación finalmente levada a cabo, o solicitado no punto AII.1.e) das bases reguladoras en relación coa orixe dos compoñentes e as súas características, o impacto do proxecto e o principio de non causar dano significativo.

l) Para o equipamento finalmente instalado de biomasa, unha acreditación por parte do fabricante do equipo de cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vai empregar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no regulamento de ecodeseño en vigor, aínda que estean fóra da aplicación deste, no caso de solicitudes de tipoloxía de biomasa de potencia menor de 1 MW para usos non industriais no caso de que os equipamentos finalmente instalados non sexan os mesmos que se fixeron constar na solicitude, ou non se fixeron constar por tratarse dunha entidade pública suxeita á obriga de realizar unha licitación para a execución dos proxectos.

m) No caso de microrredes de distrito de calor e/o frío, acollidas ao Programa 2, deberá achegar informe asinado por un técnico competente ou a empresa instaladora, que xustifique a previsión de que o consumo anual de enerxía por parte dos consumidores asociados á instalación sexa igual ou maior ao 80 % da enerxía anual xerada pola instalación obxecto de axuda.

n) Obrigatoriamente para os proxectos cun custo elixible superior a 1.000.000 euros e opcionalmente para o resto, entregarase conta xustificativa con achega do informe de auditor, segundo o previsto no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

ñ) Acreditación do valor do SPF mediante as especificacións técnicas do fabricante do equipo, para as bombas de calor (aerotermia, hidrotermia, xeotermia).

Artigo 19. Incumprimento de condicións

1. O incumprimento de calquera das condicións impostas con motivo da concesión destas axudas, das obrigas e requisitos esenciais establecidos nas bases reguladoras, así como a concorrencia de calquera dos supostos establecidos no artigo 33 a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán causas suficientes para determinar a perda do dereito ao cobramento da axuda ou o reintegro da axuda conforme o procedemento establecido na dita lei.

2. Nos supostos de incumprimento parcial ou total das condicións establecidas nas resolucións de concesión, iniciarase o procedemento de reintegro para, de ser o caso, a exixencia do dereito do reintegro ou a perda do dereito á percepción da axuda correspondente, en función da relevancia do incumprimento.

Producirase a exixencia do reintegro ou a perda do dereito á percepción total da axuda outorgada naqueles casos en que a actuación obxecto da axuda, nas datas máximas fixadas para a súa execución, ou de ser o caso, das ampliacións que se tiveran concedido, non supere os requisitos mínimos sinalados en «requisitos técnicos que se deben cumprir» que, para as actuacións subvencionables, se especifica no anexo I, punto AI.1 das bases reguladoras.

No suposto de realización parcial das actuacións subvencionables, sempre que a actuación executada cumpra cos requisitos mínimos sinalados como «requisitos técnicos que se deben cumprir» que, para as actuacións subvencionables, se especifican no anexo I, punto AI.1 das bases reguladoras, liquidarase a axuda máxima definitiva na mesma porcentaxe de investimento ou custo subvencionable acreditado, exixíndose, de ser o caso, o reintegro parcial ou declarándose a perda do dereito á percepción parcial da axuda correspondente.

3. Poden dar lugar, así mesmo, á perda do dereito ao cobramento ou ao reintegro da axuda:

a) O informe desfavorable de fiscalización de calquera das administracións correspondentes (Intervención Xeral da Administración do Estado, Tribunal de Contas, Comisión Europea), que conclúa coa necesidade de devolución da axuda concedida, baseado en calquera incumprimento da normativa de aplicación a estas.

b) O incumprimento da obriga de comunicar, de ser o caso, a obtención doutras subvencións ou axudas será causa suficiente para a exixencia do reintegro ou perda do dereito á percepción da axuda outorgada, en función da contía da axuda obtida pola actuación e non notificada.

c) O incumprimento das obrigas e publicidade establecidas dará lugar a exixencia de reintegro ou, de ser o caso, á perda do dereito á percepción total das axudas correspondentes.

d) No caso de incumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH), da etiquetaxe climática ou das condicións de cumprimento do citado principio DNSH e etiquetaxe climática, producirase a exixencia de reintegro ou a perda do dereito á percepción total da axuda outorgada.

Artigo 20. Pagamento das axudas

1. O beneficiario poderá solicitar un anticipo unha vez notificada a resolución de concesión e con data límite do 30 de setembro de 2024.

2. Os interesados poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % do importe da subvención concedida, en aqueles supostos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano que concede a subvención.

3. A súa concesión supeditarase á constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía bancaria nos termos previstos no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que deberá cubrir o 110 % da cantidade que se vai aboar.

4. A presentación da garantía realizarase ante o órgano outorgante no prazo de quince (15) días a partir da notificación da resolución de concesión. Este prazo poderá ser ampliado cando concorran circunstancias que dificulten a súa formalización.

5. A presentación da garantía terá validez ata que o Inega autorice a súa cancelación, unha vez que o beneficiario da axuda acredite a realización e o pagamento dos investimentos e o cumprimento dos obxectivos e condicións estipulados na resolución de concesión da axuda.

6. Cando se prevexa a posibilidade de realizar anticipos, quedan exonerados de constituír garantía, os beneficiarios previstos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, entre os que figuran:

a) As administracións públicas, os seus organismos vinculados ou dependentes e as sociedades mercantís estatais e as fundacións do sector público estatal.

b) As entidades que, por lei, estean exentas de presentación de caución, fianzas ou depósitos ante as administracións públicas ou os seus organismos e entidades vinculadas ou dependentes.

c) Os beneficiarios das subvencións concedidas das cales os pagamentos non superen os 18.000 euros. No caso de pagamentos anticipados, o importe anterior entenderase referido á cantidade acumulada dos pagamentos realizados.

7. Os órganos competentes do Inega poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, poderase entender que renuncia á subvención.

8. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención poderá reducirse proporcionalmente se, debido á redución do investimento, se superan as porcentaxes máximas de subvención.

9. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superior a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, realizarase unha inspección de comprobación material do investimento polo Inega e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración como polo beneficiario.

Artigo 21. Reintegro de subvencións e réxime de sancións

1. O Inega reserva para si o dereito a realizar cantas comprobacións, inspeccións e demais medidas de control se consideren oportunas para velar pola correcta aplicación dos recursos públicos e os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Se no curso destas verificacións se detecta que os beneficiarios da subvencións incumpren algunha das condicións establecidas nesta convocatoria de axudas, implicará a perda dos beneficios e, de ser o caso, o deber de reintegrar as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o número anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os beneficiarios das subvencións, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e desenvolvido no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 23. Incompatibilidade das subvencións

1. As axudas outorgadas ao abeiro desta convocatoria serán compatibles con calquera outra axuda doutros programas ou instrumentos de calquera administración pública, organismos ou entes públicos, nacionais ou internacionais, particularmente da Unión Europea, en tanto que a dita axuda non cubra os mesmos custos e que, de forma acumulada, non superen os custos subvencionables, e en todo caso de conformidade co disposto no Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión e no artigo 9 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

2. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 14 desta convocatoria.

Artigo 24. Publicidade

1. O Inega publicará as subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria de axudas na súa páxina web oficial (www.inega.gal) e no Diario Oficial de Galicia expresando a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia destas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude levará implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da referida publicidade. A publicidade no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Inega.

2. En cumprimento do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo de dito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.

Artigo 25. Control e loita contra a fraude

1. Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade responsable aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e as verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18 de febreiro).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou conductas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

3. No control e loita contra a fraude o Inega actuará de conformidade co establecido no seu Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude, o que se accede no seguinte enderezo:

https://transparencia.xunta.gal/integridade-institucional/plans-antifraude?langId=es_ES

Artigo 26. Análise sistemática do risco de conflito de interese no procedemento de concesión de subvencións no marco do PRTR

A presente convocatoria está suxeita a análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese prevista na disposición adicional centésima décima segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano competente na concesión da subvención poderá solicitar aos beneficiarios a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano que concede no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de interese, indicando en lugar do solicitante, os titulares reais recuperados polo órgano outorgante.

Artigo 27. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

– Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal

– No teléfono 981 54 15 00.

Artigo 28. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria de axudas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, ante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, ante o director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2023

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file