Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 36959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico San Cristovo, situado nos concellos de Monterroso, Portomarín e Taboada (Lugo) e promovido por Enel Green Power España, S.L.U. (expediente LU-11/117-EOL).

A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico San Cristovo.

a) Contido da resolución e condicións que a acompañan:

Outorgar autorización administrativa previa e de construción ás instalacións do parque eólico San Cristovo, sito nos concellos de Monterroso, Portomarín e Taboada (Lugo) e promovido por Enel Green Power España, S.L.U. (expediente LU-11/117-EOL).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Green Capital Power, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 276.451,89 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e o procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

4. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

5. Con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá obter, para a configuración definitiva do proxecto autorizada no presente acordo, as condicións da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

6. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 20.1.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

Segundo as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental (DIA), a promotora deberá dispoñer de informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Axencia de Turismo de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, punto 4 da declaración de impacto ambiental.

7. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, no cal conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

9. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá coas condicións e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

10. No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación deles.

11. De conformidade co artigo 34.2 a promotora disporá dun prazo de tres anos, a contar desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no apartado 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

12. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

13. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 20.1.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

14. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, previa audiencia do interesado.

15. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outras condicións técnicas de organismos ou empresas de servizos de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

16. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

b) Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:

1. Mediante Resolución de 29 de xaneiro de 2007, da Consellería de Innovación e Industria publicouse a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao amparo da Orde do 22 de maio de 2006. Na citada resolución incluíase a instalación do parque eólico San Cristovo cunha potencia nominal de 30 MW.

2. O 7.3.2007 Enel Green Power España, S.L. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, e a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico.

3. O 20.3.2020 Red Eléctrica de España outorgou permiso de acceso á rede de transporte para a referida instalación na subestación Chantada 220 kV para unha potencia de 28 MW.

4. O 13.10.2020, Enel Green Power España, S.L. presentou unha solicitude de modificación substancial para o parque eólico ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

5. O 6.3.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais require a promotora acordo de solapamento co parque eólico As Lúas (Naturgy Renovables, S.L.U.). O 7.7.2021 Enel Green Power España, S.L. como resposta ao requirimento e ante a imposibilidade de conseguir acordo solicitado presentou unha nova solicitude de modificación substancial.

6. O 12.4.2022 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle á promotora o cumprimento de requisitos da súa solicitude de modificación substancial.

7. O 12.5.2022 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009 onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidas no Plan sectorial eólico de Galicia.

8. Mediante Acordo do 13 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico San Cristovo, nos concellos de Monterroso e Taboada.

A dita Resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 21 de outubro de 2022. Así mesmo, remitiuse para exposición ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Monterroso, Portomarín e Taboada) e permaneceu exposto nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que emitiu os correspondentes certificados de exposición. Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto de información pública estivo dispoñible na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o procedemento de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

9. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no punto 12 do artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicións técnicas, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa), Concello de Monterroso, Concello de Taboada, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Estradas, Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, Dirección Xeral de Telecomunicacións, Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Red Eléctrica España, S.A. e Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A.

A continuación relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicións técnicas: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa) (15.12.2022), Concello de Taboada (7.11.2022), Deputación Provincial de Lugo (23.11.2022), Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional (14.11.2022), Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (1.12.2022), Red Eléctrica España, S.A. (29.11.2022), Redes de Telecomunicación Galegas, Retegal, S.A. (20.11.2022) e Dirección Xeral de Telecomunicacións (29.3.2023)

A promotora prestou a súa conformidade ou deu resposta á totalidade das condicións emitidas.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, de non recibirse estas condicións no prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

10. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia (Confederación Hidrográfica Galicia Costa) Hidrográfica do Miño-Sil, Axencia de Turismo de Galicia, Deputación Provincial de Lugo, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Concello de Monterroso e Concello de Taboada.

Cumprida a tramitación ambiental, o 20.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade y Cambio Climático (DOG nº 15, 23 de xaneiro).

11. O 16.2.2023, a promotora presenta o proxecto refundido do proxecto de execución refundido. Parque San Cristovo. Termo municipal de Monterroso e Taboada (Lugo), asinado o 15.2.2023 polo enxeñeiro industrial Alberto Izquierdo Belmonde (colexiado nº 1151 do Colexio de Enxeñeiros de Galicia), incluídas as separatas para aqueles organismos afectados polas modificacións introducidas no proxecto.

12. O 14.3.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiu as separatas achegadas pola promotora aos seguintes organismos e/ou empresas de servizo público: Concello de Taboada, Concello de Monterroso, Dirección Xeral de Ordenación Forestal, Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

A continuación relaciónanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, as correspondentes condicións técnicas: Dirección Xeral de Ordenación Forestal (13.4.2023) e Concello de Taboada (12.4.2023).

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión das condicións técnicas do proxecto desde a recepción da solicitude. De non se recibiren estas condicións no prazo, entenderase a conformidade co proxecto e continuarase a tramitación do procedemento

13. Con data 21.4.2023, e tras requirimento técnico do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo, Enel Green Power España, S.L. presentou o proxecto de execución refundido do proxecto de execución. Parque eólico San Cristovo. Termo municipal de Monterroso e Taboada (Lugo), asinado o 20.4.2023 polo enxeñeiro industrial Alberto Izquierdo Belmonde (colexiado nº 1151 do Colexio de Enxeñeiros de Galicia) e visado o 21.4.2023 co número de visado 20231279.

14. O 24.3.2023, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu o informe de referencia do artigo 33.16 da Lei 8/2009 relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto do parque eólico.

15. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 28 MW, segundo o informe do xestor da rede do 20.3.2020.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais