Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Outeiro Grande, sito nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra) e promovido por A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. (IN661A 2011/1-4).

A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Outeiro Grande.

a) Director general de Planificación Energética y Recursos NaturalesContido da resolución e condicións que a acompañan:

Outorgar autorización administrativa previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Outeiro Grande, situado nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra), cunha potencia de 18 MW.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 115.526,53 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De acordo coas condicións particulares establecidas na declaración de impacto ambiental, o promotor deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Dirección Xeral de Saúde Pública de acordo cos puntos 4.1.3 e 4.1.4 da DIA.

5. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

6. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

Así mesmo, con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral, para a configuración definitiva do proxecto autorizado pola presente resolución, a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).

7. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar, ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

9. De conformidade coa disposición transitoria cuarta da Lei 5/2017, do 19 de outubro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

10. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

11. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 27.1.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizos de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

b) Principais motivos e consideracións en que se basea a resolución:

1. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Outeiro Grande, cunha potencia de 18 MW e promovido por Airosa Vento, S.L. (en adiante, o promotor).

2. O 27.6.2011, A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. (en adiante, o promotor), como sociedade filial unipersoal de Airosa Vento, S.L. e en virtude do artigo 36 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico, así como a inclusión no réxime especial para o parque eólico.

3. Mediante a Resolución do 9 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, someteuse a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e estudo ambiental das instalacións referidas ao parque eólico Outeiro Grande (concellos da Estrada, Forcarei e Silleda, provincia de Pontevedra) (expediente IN661A 2011/1-4). A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5.6.2012 (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

4. O 17.10.2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública pola Resolución do 21 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 37, do 24 de febreiro).

5. O 21.12.2020, A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. presentou solicitude de modificación substancial para o parque eólico ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, consistente no cambio de características e posición dos aeroxeradores respecto da presentada na solicitude inicial. O 5.10.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle á promotora o cumprimento dos requisitos da súa solicitude.

6. O 17.6.2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Outeiro Grande (número de expediente IN661A 2011/1-4), promovido por Outeiro Rubio, S.L.U., e pola Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Outeiro Grande (número de expediente IN661A 2011/1-4), promovido por A.V. Outeiro Rubio, S.L.U., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

7. O 21.10.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o informe a que fai referencia o artigo 33.7 da Lei 8/2009. O 4.11.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1. do PSEGA respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

8. O 22.10.2021, esta dirección xeral remitiulle a documentación técnica do proxecto do parque eólico Outeiro Grande á Xefatura Territorial de Pontevedra para a continuación da tramitación de acordo co indicado no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

9. Mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Outeiro Grande, emprazado nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra) (expediente IN661A 2011/1-4).

10. Vista a Sentenza número 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, someteuse de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Outeiro Grande pola Resolución do 9 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 7.4.2022 (DOG núm. 68, do 7 de abril) e no xornal Faro de Vigo o 7.4.2022. Así mesmo, remitiuse para a súa exposición nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (A Estrada e Forcarei), e nas dependencias da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xefatura Territorial de Pontevedra (agora Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación), que emitiu o correspondente certificado de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

11. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, S.A., Cellnex Telecom, S.A., Concello da Estrada, Concello de Forcarei e Augas de Galicia.

A continuación se relacionan os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Retegal, S.A. o 24.3.2022, Cellnex Telecom, S.A. o 30.3.2022, Concello da Estrada o 19.5.2022 e Augas de Galicia o 11.4.2022 e o 23.9.2022.

O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Debido ao informe de Augas de Galicia, na configuración final do parque eólico desprázase o aeroxerador OG-04.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto, de non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Os concellos da Estrada e Forcarei emitiron informes, con datas do 23.5.2022 e 24.5.2022 respectivamente, en que formulan cuestións ou reparos de carácter ambiental, urbanístico e doutra índole (distancias a núcleos de poboación, afeccións, recurso eólico, plan eólico de Galicia ou rexeitamento social, entre outros). O promotor deu resposta a estas cuestións. Ao respecto destas, indicar o seguinte: existe informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre o cumprimento da distancia mínima aos núcleos de poboación, outras cuestións pertencen a procedementos que non son obxecto desta resolución (procedemento ambiental, resolto coa formulación da declaración de impacto ambiental e cuxo condicionado é de obrigado cumprimento para o promotor, e procedementos de aprobación do proxecto de interese autonómico, pendente de resolver) e para o resto de cuestións hai que remitirse á contestación dada nos fundamentos de dereito ás alegacións de contido similar.

12. O 1.8.2022, a Xefatura Territorial de Pontevedra remitiu o expediente a esta dirección xeral para continuar coa tramitación do procedemento, de acordo co previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009.

13. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Axencia Turismo de Galicia, Augas de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello da Estrada e Concello de Forcarei.

Cumprimentada a tramitación ambiental, o 27.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 29, do 10 de febreiro).

14. O 13.2.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle ao promotor o proxecto de execución e as separatas técnicas resultantes como consecuencia dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública e a tramitación do expediente.

15. O 14.2.2023, A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. presentou o proxecto de execución refundido, en que constan os cambios introducidos para dar resposta aos condicionados, Proxecto de ejecución refundido do parque eólico Outeiro Grande. Febreiro 2023, asinado por Gonzalo Cibrao Flores Fuciños e Sara Calo Dieste e visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia o 14.2.2023 e nº 2021/03491/02.

16. O 23.2.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle á Xefatura Territorial de Pontevedra informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto de execución refundido do parque eólico, e achega como documentación o proxecto mencionado no antecedente de feito décimo quinto e o arquivo shape presentados polo promotor o 14.2.2023.

17. O 23.2.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle, á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, informe de distancias conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009 nos termos indicados na disposición transitoria sétima, en relación co proxecto refundido achegado polo promotor o 14.2.2023, onde se recolle o desprazamento do aeroxerador OG-04 motivado polo informe de Augas de Galicia.

18. O 2.3.2023, o promotor presentou as separatas técnicas para o Concello da Estrada, Retevisión e Retegal e unha declaración responsable en que indica que «non se modifican as afeccións respecto ás xa sometidas a informe durante a tramitación do expediente» para os seguintes organismos: Augas de Galicia e Concello de Forcarei.

19. O 8.3.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución refundido aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello da Estrada, Retegal e Retevisión.

A continuación se relacionan os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Retegal o 10.4.2023 e Retevisión o 22.3.2023.

O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será de trinta días desde a recepción da solicitude. De non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

20. O 15.3.2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de distancias conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009 nos termos indicados na disposición transitoria sétima en que indica «conclúese que as súas posicións cumpren a referida distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación».

21. O 24.3.2023, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe sobre o proxecto refundido do parque eólico Proyecto de Execución refundido do parque eólico Outeiro Grande. Febreiro 2023, asinado por Gonzalo Cibrao Flores Fuciños e Sara Calo Dieste e visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia o 22.3.2023 e nº 2021/03491/03, presentado polo promotor o 23.3.2023 para dar resposta ao requirimento desa xefatura do 22.3.2023 en relación co visado colexial.

22. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 18 MW, segundo os informes do xestor da rede do 21.7.2020 e do 4.11.2021. Segundo o establecido no artigo 53.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, as autorizacións administrativas de instalacións de xeración poderanse outorgar por unha potencia instalada superior á capacidade de acceso que figure no permiso de acceso.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais