Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 36992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Outeiro Grande, sito nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra) e promovido por A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. (IN661A 2011/1-4).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de A.V. Outeiro Rubio, S.L.U., en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Outeiro Grande, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Outeiro Grande, cunha potencia de 18 MW e promovido por Airosa Vento, S.L.(en adiante o promotor).

Segundo. O 27.6.2011 A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. (en adiante, o promotor), como sociedade filial unipersoal de Airosa Vento, S.L. e en virtude do artigo 36 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública para o parque eólico así como a inclusión no réxime especial para o parque eólico.

Terceiro. Mediante a Resolución do 9 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, someteuse a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e estudo ambiental das instalacións referidas ao parque eólico Outeiro Grande (concellos da Estrada, Forcarei e Silleda, provincia de Pontevedra) (expediente IN661A 2011/1-4). A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5.6.2012 (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

Cuarto. O 17.10.2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública pola Resolución do 21 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 37, do 24 de febreiro).

Quinto. O 21.12.2020, A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. presentou solicitude de modificación substancial para o parque eólico ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, consistente no cambio de características e posición dos aeroxeradores respecto da presentada na solicitude inicial. O 5.10.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle á promotora o cumprimento dos requisitos da súa solicitude.

Sexto. O 17.6.2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Outeiro Grande (número de expediente IN661A 2011/1-4), promovido por .A.V. Outeiro Rubio, S.L.U., e pola Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Outeiro Grande (número de expediente IN661A 2011/1-4), promovido por A.V. Outeiro Rubio, S.L.U., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Sétimo. O 21.10.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo a informe ao que fai referencia o artigo 33.7. da Lei 8/2009. O 4.11.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1. do Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

Oitavo. O 22.10.2021, esta dirección xeral remitiulle a documentación técnica do proxecto do parque eólico Outeiro Grande á Xefatura Territorial de Pontevedra para a continuación da tramitación de acordo co indicado no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Noveno. Mediante a Resolución do 7 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, someteuse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Outeiro Grande, emprazado nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra) (expediente IN661A 2011/1-4).

Décimo. Vista a Sentenza número 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, someteuse de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Outeiro Grande pola Resolución do 9 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 7.4.2022 (DOG núm. 68, do 7 de abril) e no xornal Faro de Vigo o 7.4.2022. Así mesmo, remitiuse para a súa exposición nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (A Estrada e Forcarei), e nas dependencias da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xefatura Territorial de Pontevedra (agora Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación), que emitiu o correspondente certificado de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

Décimo primeiro. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, S.A., Cellnex Telecom, S.A., Concello da Estrada, Concello de Forcarei e Augas de Galicia.

A continuación se relacionan os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Retegal, S.A. o 24.3.2022, Cellnex Telecom, S.A. o 30.3.2022, Concello da Estrada o 19.5.2022 e Augas de Galicia o 11.4.2022 e o 23.9.2022.

O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Debido ao informe de Augas de Galicia, na configuración final do parque eólico desprázase o aeroxerador OG-04.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, que establece o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto, de non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Os concellos da Estrada e Forcarei emitiron informes, con datas do 23.5.2022 e do 24.5.2022, respectivamente, en que formulan cuestións ou reparos de carácter ambiental, urbanístico e doutra índole (distancias a núcleos de poboación, afeccións, recurso eólico, plan eólico de Galicia ou rexeitamento social, entre outros). O promotor deu resposta a estas cuestións. Ao respecto destas, indicar o seguinte: existe informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo sobre o cumprimento da distancia mínima aos núcleos de poboación, outras cuestións pertencen a procedementos que non son obxecto desta resolución (procedemento ambiental, resolto coa formulación da declaración de impacto ambiental e cuxo condicionado é de obrigado cumprimento para o promotor, e procedementos de aprobación do proxecto de interese autonómico, pendente de resolver) e para o resto de cuestións hai que remitirse á contestación dada nos fundamentos de dereito ás alegacións de contido similar.

Décimo segundo. O 1.8.2022, a Xefatura Territorial de Pontevedra remitiu o expediente a esta dirección xeral para continuar coa tramitación do procedemento, de acordo co previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Décimo terceiro. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Axencia Turismo de Galicia, Augas de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello da Estrada e Concello de Forcarei.

Cuberta a tramitación ambiental, o 27.01.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública polo Anuncio do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 29, do 10 de febreiro).

Décimo cuarto. O 13.2.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle ao promotor o proxecto de execución e as separatas técnicas resultantes como consecuencia dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública e a tramitación do expediente.

Décimo quinto. O 14.2.2023, A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. presentou o proxecto de execución refundido, en que constan os cambios introducidos para dar resposta aos condicionados, Proxecto de execución refundido do parque eólico Outeiro Grande. Febreiro 2023, asinado por Gonzalo Cibrao Flores Fuciños e Sara Calo Dieste e visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia o 14.2.2023 e nº 2021/03491/02.

Décimo sexto. O 23.2.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle á Xefatura Territorial de Pontevedra informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas sobre o proxecto de execución refundido do parque eólico, e achega como documentación o proxecto mencionado no antecedente de feito décimo quinto e o arquivo shape presentados polo promotor o 14.2.2023.

Décimo sétimo. O 23.2.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitoulle, á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, informe de distancias conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009 nos termos indicados na disposición transitoria sétima, en relación co proxecto refundido achegado polo promotor o 14.2.2023, onde se recolle o desprazamento do aeroxerador OG-04 motivado polo informe de Augas de Galicia.

Décimo oitavo. O 2.3.2023, o promotor presentou as separatas técnicas para o Concello da Estrada, Retevisión e Retegal e unha declaración responsable en que indica que «non se modifican as afeccións respecto ás xa sometidas a informe durante a tramitación do expediente» para os seguintes organismos: Augas de Galicia e Concello de Forcarei.

Décimo noveno. O 8.3.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución refundido aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello da Estrada, Retegal e Retevisión.

A continuación se relacionan os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Retegal o 10.4.2023 e Retevisión o 22.3.2023.

O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Para o resto de organismos que non contestaron, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, o prazo para a emisión dos condicionados técnicos do proxecto de execución será de trinta días desde a recepción da solicitude. De non se recibiren estes condicionados en prazo, entenderase a conformidade co proxecto, e continuarase a tramitación do procedemento.

Vixésimo. O 15.3.2023, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de distancias conforme o artigo 33.7 da Lei 8/2009 nos termos indicados na disposición transitoria sétima en que indica «conclúese que as súas posicións cumpren a referida distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación».

Vixésimo primeiro. O 24.3.2023, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe sobre o proxecto refundido do parque eólico Proxecto de execución refundido do parque eólico Outeiro Grande. Febreiro 2023», asinado por Gonzalo Cibrao Flores Fuciños e Sara Calo Dieste e visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia o 22.3.2023 e nº 2021/03491/03, presentado polo promotor o 23.3.2023 para dar resposta ao requirimento desa xefatura do 22.3.2023 en relación co visado colexial.

Vixésimo segundo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 18 MW, segundo os informes do xestor da rede do 21.7.2020 e 4.11.2021. Segundo o establecido no artigo 53.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, as autorizacións administrativas de instalacións de xeración poderanse outorgar por unha potencia instalada superior á capacidade de acceso que figure no permiso de acceso.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), no Decreto 58/2022, do 15 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro) e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, o 8.5.2023, a Xefatura Territorial remitiu informe complementario de tramitación en que se recollen as respostas delas, o cal se incorpora textualmente a esta resolución:

«En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia, entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, hai que lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, e incorpora aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1.10.1997 e o Acordo publicouse no DOG do 15.12.1997.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5.12.2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo este procedemento ambiental soamente obriga aos plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non se pode aplicar con efectos retroactivos.

Con respecto á fragmentación do expediente do parque eólico Outeiro Grande (IN661A 2011/1-4) con outros proxectos industriais, cómpre efectuar as seguintes consideracións:

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental.

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria). O dito noutras palabras, as presuntas vantaxes que desde o punto de vista da tramitación ambiental podería ter un fraccionamento non son tales, xa que a existencia doutros parques eólicos nas proximidades obriga á realización do trámite ambiental ordinario para o novo parque.

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto fraccionamento dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas. O proxecto do parque eólico Outeiro Grande conta cunha análise de efectos acumulativos, desenvolvida no punto 6.9 do estudo de impacto ambiental, no que considera os parques eólicos e liñas de alta tensión situados nun contorno de 10 km arredor do parque proxectado.

Os parques que se atopan dentro deste radio son os seguintes: Coto de San Sebastián, Monte Festeiros, Masgalán-Campo do Coco, Borreiro, Cabanelas, Campo das Cruces e a súa modificación, os Monte Arca, Pedra Longa e Targos.

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que: «... unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020 modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o seu uso compartido por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita Sentenza do 11 de decembro de 2013 «non se podería dar un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supor unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que se persegue neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, xa que reduce as superficies afectadas polas instalacións.

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

Neste caso concreto, o parque eólico Outeiro Grande comparte infraestruturas de evacuación cos parques eólicos Monte Festeiros e Pico Touriñán. A enerxía producida no parque eólico Outeiro Grande vai desde a súa subestación ata a subestación Silleda 400 kV de REE a través da infraestrutura, en fase de tramitación, «Solución de evacuación dos parques eólicos de Outeiro Grande e Monte Festeiros», que é obxecto dun proxecto independente. Isto non impide que estes parques teñan carácter unitario e poidan funcionar de forma independente, xa que cada un deles dispón dos correspondentes equipamentos de corte e medida da enerxía e ao mesmo tempo, supón unha redución dos impactos ambientais xerados.

Respecto da planificación eólica e a tramitación masiva de instalacións eólicas, cómpre expoñer que recentemente a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, incorporou unha nova disposición adicional sexta á Lei 8/2009, do 22 de decembro, dedicada á planificación de novas solicitudes de parques eólicos nos seguintes termos: atendendo ao número dos proxectos de parques eólicos admitidos e actualmente en tramitación e á cifra de MW prevista nestes proxectos, e co obxecto de procurar unha ordenación racional do sector, durante o prazo de 18 meses desde a entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, non se admitirán a trámite novas solicitudes de parques eólicos.

No que respecta ao exceso de parques proxectados na zona e a súa distribución, indicar que a elección da situación do parque eólico a realiza o promotor con base na existencia de recurso eólico e de acordo coa lei eólica vixente.

Respecto ás alegacións sobre a falta de difusión e claridade da información pública, cabe referirse á resolución desta xefatura territorial de Pontevedra pola que se someteu a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Outeiro Grande, para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se considerasen prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións.

A dita resolución, do 9.3.2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 7.4.2022 e no xornal Faro de Vigo do 7.4.2022. Tamén estivo exposta ao público no taboleiro de anuncios do Concello da Estrada e no do Concello de Forcarei, os dous concellos afectados, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública os días 2.6.2022 e 16.6.2022, respectivamente.

A documentación obxecto de información pública estivo dispoñible nesta xefatura territorial para consulta mediante cita previa, durante o período de trinta (30) días hábiles, desde o 8.4.2022 ata o 24.5.2022, ambos incluídos, así como na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Tamén se remitiu aos concellos afectados para que, durante o período de información pública, puidese ser consultada presencialmente nas súas dependencias polas persoas interesadas.

Así mesmo, esta xefatura territorial notificoulle a solicitude de declaración de utilidade pública, de forma individual, aos titulares que figuraban na relación de bens e dereitos afectados incluída na resolución de información pública.

No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no Convenio de Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.

Respecto das alegacións que se refiren á calidade do estudo de impacto ambiental, indicar que o proxecto foi avaliado ambientalmente, motivo polo que se considera que o estudo de impacto ambiental achegado conta con toda a información que indica o artigo 35 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

No relativo ás alegacións que se refiren exclusivamente aos aspectos que poden atinxir á avaliación ambiental do proxecto, impacto ambiental en xeral, incidencia sobre os núcleos de poboación, saúde humana, contaminación acústica, hábitats naturais e biodiversidade, fauna, flora, solo, augas, paisaxe, patrimonio cultural, impacto turístico e posibles efectos acumulativos ou sinérxicos, cabe indicar que o proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental correspondente, resultado do cal, o 27.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización do parque eólico, e considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, as condicións en que se debe desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias, segundo as directrices recollidas nos informes emitidos polos organismos sectoriais que teñen atribuídas competencias específicas nas materias referidas.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que foi sometido o proxecto, recibíronse informes dos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Axencia Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Saúde Pública e Augas de Galicia.

Para garantir a continuidade das operacións aéreas en adecuadas condicións de seguridade, o Decreto 584/1972, do 24 de febreiro, de servidumes aeronáuticas, establece que toda construción, instalación ou plantación afectada require da autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), entidade encargada do seu control. O promotor ten que solicitarlle a dita autorización a AESA, quen, de ser o caso, establecerá as directrices relacionadas coa sinalización e iluminación do parque eólico.

No que atinxe ás alegacións que se refiren á falta de retorno social do proxecto e de beneficios económicos para os concellos afectados, o artigo 25 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece que o Fondo de Compensación Ambiental estará afectado á realización de gastos nos entes locais que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego. Destinarase como mínimo o 50 % da contía do fondo ás entidades cuxo termo municipal se atope dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión para a realización de: actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado ou contaminado; actuacións de impulso da eficiencia e utilización sustentable das enerxías renovables e a outras actuacións de protección do ambiente e o espazo natural.

En relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial do parque eólico.

No relativo ás distancias a núcleos de poboación, o informe sobre o proxecto sectorial do parque eólico Outeiro Grande, previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, emitido pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o 4.11.2021, sinala que: «Comprobado o planeamento vixente nos concellos afectados pola área de incidencia urbanística proposta (Plan xeral de ordenación municipal [PXOM] da Estrada do 3.6.2013 e PXOM de Forcarei do 21.6.2002) e as coordenadas dos 5 aeroxeradores recollidas na memoria, conclúese que as súas posicións cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1 do Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable».

Moitas das alegacións fan referencia a que o proxecto non cumpre a condición de que a distancia entre os aeroxeradores e os núcleos de poboación sexa 5 veces a altura total do aeroxerador. A disposición adicional quinta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico de Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, di que a distancia dos aeroxeradores ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado será a maior destas dúas: 500 metros ou 5 veces a altura total do aeroxerador (buxa máis pa). Estes requisitos de distancia aplícanse ás novas solicitudes de autorización de parques eólicos admitidas a trámite despois da entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, segundo establece a disposición transitoria sétima da Lei 8/2009, do 22 de decembro. A solicitude de autorización do parque eólico Outeiro Grande é anterior, polo que, neste caso, só é exixible que esa distancia sexa de 500 metros.

No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra emite informe o 19.4.2022, en que indica que, segundo os datos existentes no Rexistro de Montes Veciñais de Pontevedra, o parque eólico Outeiro Grande non afecta comunidades de montes veciñais en man común, nin a montes de utilidade pública.

Dado que as obras non afectan montes veciñais en man común non será necesario o informe do Servizo de Montes sobre a compatibilidade/incompatibilidade de ambas as utilidades públicas.

Como consecuencia da aplicación da normativa relativa aos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, procedería declarar as superficies afectadas polos aeroxeradores e polos camiños do parque eólico como solo rústico de especial protección de infraestruturas. O Servizo de Montes lembra que, neste tipo de proxectos, convén sempre superpoñer a nova clasificación á de protección forestal de xeito que, en cada caso, prevalezan as condicións de uso máis restritivas dentro das correspondentes ás dúas clasificacións. Ademais, o dito servizo considera que para estes proxectos o cambio de clasificación debería limitarse ás superficies de afección directa dos aeroxeradores e as súas vías de acceso.

Ao redor dos aeroxeradores e das demais instalacións do proxecto deberase cumprir a normativa de prevención de incendios forestais.

No que atinxe ás alegacións que se refiren ao risco de incendios forestais provocados polos aeroxeradores, cómpre sinalar que a Dirección Xeral de Defensa do Monte informou favorablemente o proxecto sectorial do parque eólico o 1.7.2022, impoñendo como condición o mantemento permanente do acceso dos medios dos servizos de prevención de incendios forestais aos puntos de carga de auga situados na zona.

En relación coas alegacións relativas á solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico e coa relación de bens e dereitos afectados (erros de titularidade, características dos bens e dereitos afectados e compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto), cómpre indicar que se terán en conta na resolución que, de ser o caso, se emita en relación coa dita solicitude.

Non obstante, cabe indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiatorio, a acreditación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características.

No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor e as persoas afectadas durante o procedemento expropiatorio, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

En relación coas parcelas que se van incluír na relación de bens e dereitos afectados, o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, especifica que a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública, incluirá a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos sobre os que non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se estima necesaria a expropiación.

Por último, respecto daquelas alegacións en relación co Anuncio do 30 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Outeiro Grande, nos concellos da Estrada e Forcarei (Pontevedra) (expediente 2022/0165), a canle para recorrer a avaliación de impacto ambiental efectuada será tras a autorización administrativa previa e de construción».

Polo que atinxe ás alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentarse fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da dita lei».

No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 27.1.2023 segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, se é o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Outeiro Grande, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 27.1.2023:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Outeiro Grande, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Outeiro Grande.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1.. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Outeiro Grande, sito no concello da Estrada e Forcarei e promovido por A.V. Outeiro Rubio, S.L.U., para unha potencia de 18 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Outeiro Grande, composto polo documento Proxecto de execución refundido do parque eólico Outeiro Grande. Febreiro 2023, asinado por Gonzalo Cibrao Flores Fuciños e Sara Calo Dieste e visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia o 22.3.2023 e nº 2021/03491/03.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: A.V. Outeiro Rubio, S.L.U.

Enderezo social: r/ Fadaray, 1, 2º D, 15890 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Outeiro Grande.

Potencia instalada: 18,3 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 18 MW.

Produción neta: 55.528 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 3.085.

Concellos afectados: A Estrada e Forcarei (Pontevedra).

Orzamento de execución material: 15.062.795,38 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, a que se circunscriben as autorizacións:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS 89)

X

Y

1

549.875,23

4.727.745,18

2

550.155,23

4.727.745,18

3

550.155,23

4.727.585,18

4

550.475,23

4.727.585,18

5

551.675,23

4.728.085,18

6

551.795,23

4.727.505,18

7

551.595,23

4.727.285,18

8

551.595,23

4.727.145,18

9

552.833,27

4.726.811,32

10

553.489,45

4.726.811,32

11

553.502,35

4.726.690,06

12

553.479,91

4.726.646,31

13

553.441,73

4.726.604,76

14

553.423,73

4.726.564,26

15

553.423,73

4.726.529,39

16

553.430,48

4.726.499,00

17

553.479,91

4.726.429,34

18

553.456,55

4.726.287,00

19

553.456,55

4.726.125,30

20

553.375,24

4.726.125,17

21

552.915,23

4.726.005,18

22

552.755,23

4.725.725,18

23

552.275,23

4.725.725,18

24

552.015,23

4.725.265,18

25

551.576,14

4.724.856,35

26

551.609,73

4.724.820,27

27

551.477,12

4.724.705,00

28

552.636,68

4.724.146,72

29

552.636,68

4.723.785,17

30

549.875,23

4.723.785,17

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS 89)

X

Y

Modelo

Potencia kW

OG-01

551.898,40

4.725.932,00

V-150

4200

OG-02

550.617,16

4.725.408,52

V-150

4200

OG-03

550.911,01

4.725.056,51

V-136

3300

OG-04

550.988,31

4.724.142,64

V-136

3000

OG-05

550.302,50

4.723.987,00

V-136

3300

Coordenadas da torre de medición:

Torre

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS 89)

X

Y

Torre

551.242,83

4.724.979,98

Coordenadas da subestación:

SET

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS 89)

X

Y

C. xeométrico

551.111,74

4.724.294,39

A

551.090,10

4.724.332,97

B

551.155,18

4.724.295,10

C

551.132,05

4.724.255,34

D

551.066,94

4.724.293,22

Características técnicas principais das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

• Cinco (5) aeroxeradores tripa modelo Vestas V-136 (3) e modelo V-150 (2), con velocidade e paso variable. A potencia nominal unitaria será variable en función do tipo de aeroxerador, un dos aeroxeradores modelo V-136 terá limitada a súa potencia nominal para efectos de adaptarse á potencia máxima do parque eólico (18 MW).

• Cinco (5) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, con transformador de potencia aparente unitaria de 5.150 kVA para o modelo V-150 e 3.600 kVA para o modelo V-136 e relación de transformación 0,720/30 kV.

• Unha (1) torre de medición de 105 m de altura total.

• Unha (1) subestación eléctrica transformadora (SET) 132/30 kV. A aparellaxe de 132 kV situarase nun parque de intemperie con tecnoloxía compacta tipo módulos PASS M0 de ABB ou similar.

• Unha posición de liña de 132 kV cos equipos necesarios de protección e medida.

• A rede de media tensión do parque eólico (PE) está formada por dúas (2) liñas soterradas (de sección variable) de 30 kV e ten por obxecto conectar os aeroxeradores entre si e coa subestación colectora do parque. Circuíto 1 formao o aeroxerador OG-01 e OG-03 de lonxitude 3.840,2 m e potencia 7,5 MW; circuíto 2 conectará os aeroxeradores OG-02, OG-04 e OG-05 á subestación, de lonxitude 3.392,25 m e potencia 10,5 MW.

• Os condutores de media tensión serán de tipo HRZ1 18/30 kV Al + H16/25 e sección variable.

• Os cables de rede de media tensión irán soterrados en gabia. En paralelo á canalización eléctrica, instalarase o cable de posta a terra de cobre e sección 50 mm2 , e condutores de fibra óptica.

Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, A.V. Outeiro Rubio, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 115.526,53 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De acordo coas condicións particulares establecidas na declaración de impacto ambiental, o promotor deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, cos informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Dirección Xeral de Saúde Pública de acordo cos puntos 4.1.3 e 4.1.4 da DIA.

5. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

6. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

Así mesmo, con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral, para a configuración definitiva do proxecto autorizado pola presente resolución, a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA).

7. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

9. De conformidade coa disposición transitoria cuarta da Lei 5/2017, do 19 de outubro, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

10. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

11. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 27.1.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizos de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais