Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2023 Páx. 37024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2022/44-1, no concello de Oza-Cesuras.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Pexegueiros, no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2022/44-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

A Coruña, 29 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/44-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Pexegueiros.

Concello: Oza-Cesuras.

Predio

Lugar

Pol.

Parc.

Titularidade proposta

Data de ocupación

1

Pelada

504

22

María Beatriz Sánchez Seoane e Luis Alfonso Sánchez Seoane

12.6.2023