Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35848

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, en réxime de concorrencia non competitiva, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF319A e IF319B).

Advertida a omisión dos anexos V e VI da referida disposición, publicada no Diario Oficial de Galicia número 86, do 5 de maio de 2023, cómpre realizar a súa publicación.

ANEXO V

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Mobilidade e a entidade colaboradora ________ para a xestión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e/ou bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.

Na data da sinatura dixital,

Dunha parte, o director xeral de Mobilidade, en virtude das facultades do seu cargo e das que lle foron conferidas en virtude das atribucións que lle outorga a disposición adicional primeira da Orde do 27 de abril de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convoca para as anualidades 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF319A e IF319B).

Da outra parte, _____________, con NIF ______________, actuando en nome e representación da entidade _______________ con NIF/CIF ______________________, debidamente facultado/a para subscribir este convenio,

EXPOÑEN:

I. Que a Orde do 27 de abril de 2023 establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas (bicicletas de man, en diante), en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024.

II. Que consonte coa dita orde, procede a realización dunha selección de entidades colaboradoras para a xestión das axudas para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man. Estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre a Dirección Xeral de Mobilidade e as persoas beneficiarias das axudas que se convocan para fomentar outras formas de mobilidade persoal e facilitar os desprazamentos activos urbanos e interurbanos.

III. Que ambas as partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos ás persoas beneficiarias das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes estipulacións:

Primeira. Obxecto da colaboración

O obxecto deste convenio consiste en establecer un marco de colaboración entre a Dirección Xeral de Mobilidade e a entidade _________ para xestionar as axudas convocadas na Orde do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para as anualidades 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF319A e IF319B).

A colaboración establécese para xestionar a/s actuación/s «Axudas para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido» e/ou «Axudas para a adquisición de bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas».

Segunda. Entidade colaboradora

A entidade __________ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido no artigo 8 das bases reguladoras para a concesión de subvencións. Esta entidade acredita o cumprimento dos requisitos e as condicións de solvencia económica e técnica previstas nas devanditas bases reguladoras.

Terceira. Prazo de duración

Este convenio terá vixencia ata o 30 de decembro de 2024.

Cuarta. Obrigas da entidade colaboradora

A entidade colaboradora obrígase, ademais de ao establecido no artigo 9 da orde que establece as bases reguladoras, e sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao seguinte:

– Asumir a tramitación e xestión ante a Dirección Xeral de Mobilidade das axudas das persoas beneficiarias.

– Comprobar e certificar o cumprimento das condicións ou requisitos establecidos nas bases reguladoras para que os solicitantes obteñan a condición de persoa beneficiaria, así como a idoneidade da documentación que se lles exixe para a percepción da subvención.

– Presentar as solicitudes das axudas das persoas beneficiarias e a documentación xustificativa do desenvolvemento das actuacións, tal e como se recolle na orde que establece as bases reguladoras.

– Venderlle ao solicitante da axuda no marco da iniciativa só os produtos que cumpran coas condicións establecidas nas bases.

– Comunicarlle á Dirección Xeral de Mobilidade calquera variación que se produza nos datos inicialmente indicados para adherirse a este convenio, garantindo a confidencialidade dos datos fornecidos.

– Cumprir as normas sobre confidencialidade de datos, concretamente o Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección da persoa física no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e as normas que o desenvolvan.

– Someterse ás actuacións de comprobación e control previstas na letra d) do artigo 12 da mencionada Lei 9/2007.

– Encontrarse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda Pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

– Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

– Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda durante un período de dous anos desde a súa concesión.

– Coñecer o Plan específico de prevención de riscos e medidas antifraude da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, aprobado o 3 de marzo de 2022, e aplicar aquelas medidas antifraude que sexan eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

Quinta Compromisos da entidade colaboradora

Ademais dos compromisos establecidos no artigo 10.2.l) das bases reguladoras das axudas, a entidade colaboradora comprométese a:

– Coñecer o contido das bases reguladoras destas axudas e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.

– Ter o domicilio social ou algún establecemento comercial aberto ao público na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Posuír a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 8.3 das bases reguladoras das axudas.

– Que consente expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e a Dirección Xeral de Mobilidade, segundo o establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Que non se está incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Que lle comunicará á Dirección Xeral de Mobilidade calquera variación que poida ocorrer nos datos recollidos nos documentos presentados.

– Que autoriza o órgano xestor das axudas para que solicite a información necesaria en relación co NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación mencionada, deberá presentar copia do NIF da entidade colaboradora (non do representante legal).

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación mencionada anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día das súas obrigacións cos organismos sinalados anteriormente.

Sexta. Obrigas da Dirección Xeral de Mobilidade

– Facilitarlle á entidade colaboradora toda a información e documentación normalizada que precise durante a tramitación da convocatoria de axudas.

– Dispor na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobilidade-sostible) dunha listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

– Manter informada en todo momento e comunicar á entidade colaboradora o estado de tramitación das axudas.

Sétima. Xustificación dos requisitos das persoas beneficiarias

A xustificación por parte das persoas beneficiarias das condicións establecidas para o outorgamento das subvencións correspondentes realizarase no momento da solicitude.

A entidade colaboradora está obrigada a requirirlles ás persoas beneficiarias a documentación establecida nas bases reguladoras das axudas, así como a comprobar esta e a gardar a mencionada documentación durante un período de dous anos desde a concesión da axuda.

Oitava. Rexistro especial de operacións

A entidade colaboradora, para facilitar a xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas nas bases reguladoras das axudas, levará un rexistro especial das operacións que se realicen dentro de cada convocatoria de axudas, que estará ao dispor da Dirección Xeral de Mobilidade e demais órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado e da Comunidade Europea.

Neste rexistro gardarase unha copia da documentación xustificativa das operacións rexistradas, así como da documentación que lle entreguen as persoas beneficiarias.

Novena. Requisitos da entidade e das persoas beneficiarias

Os requisitos que debe cumprir e facer cumprir a entidade colaboradora nas diferentes fases do procedemento de xestión das subvencións son os que se especifican na orde que establece as bases reguladoras das axudas.

Décima. Xustificación das subvencións

As persoas beneficiarias xustificarán as subvencións, a través da entidade colaboradora, nos prazos e na forma previstos nas bases reguladoras das axudas.

Décimo primeira. Causas de resolución

Son causas de resolución deste convenio entre a Dirección Xeral de Mobilidade e a entidade colaboradora o incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas súas cláusulas, no articulado da resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, sen prexuízo da tramitación dos compromisos adquiridos con anterioridade sobre expedientes en curso, así como a falsidade ou inexactitude nos datos e documentos presentados polas entidades colaboradoras.

Décimo segunda. Incumprimento

Se no curso das verificacións que realizará a Dirección Xeral de Mobilidade se detecta que a entidade colaboradora incumpre algunha das condicións establecidas na normativa de aplicación, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios.

Décimo terceira. Natureza administrativa

O presente convenio ten natureza administrativa, polo que queda fóra do ámbito de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios da devandita lei para resolver as dúbidas ou lagoas que se puideren presentar. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio resolveranse de común acordo, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Décimo cuarta. Normativa reguladora especial

Para todo o non previsto neste convenio, observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares; na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, así como no resto das normas xerais do procedemento administrativo.

A Dirección Xeral de Mobilidade

A entidade colaboradora

ANEXO VI

Imaxe que se deberá incorporar obrigatoriamente

missing image file

Tamaño mínimo (no caso de maior tamaño, terá que manterse a proporción):

– Bicicletas de pedaleo asistido:

• Largo: 4,1 cm.

• Longo: 7,2 cm.

– Bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas:

• Largo: 2,58 cm.

• Longo: 4,5 cm.