Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35845

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 57/2023, do 1 de xuño, polo que se aproba o cambio de titularidade de treitos de trazado actual e antigo das estradas EP-5202, EP-5203 e EP-5003 a prol do Concello de Arbo.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Arbo asinaron o día 14 de xaneiro de 2021 un convenio de colaboración para levar a cabo a execución do proxecto de mellora da mobilidade peonil na EP-5202, do p.q. 1+100 ao 1+165, e na EP-5203, do p.q. 1+150 ao 1+529. Este convenio recolle o compromiso do Concello de Arbo de aceptar a transferencia de titularidade do:

• Treito final da estrada EP-5202 Arbo–embarcadoiro, do p.q. 1+030 ao p.q. 1+165, de 135 metros de lonxitude.

• Treito final da estrada EP-5203 PO-400–estación, do p.q. 1+130 ao p.q. 1+529, de 399 metros de lonxitude.

• Dous treitos antigos da estrada EP-5003 A Cañiza-Arbo, situados no p.q. 8+500, marxe esquerda, e despois do p.q. 12+355, tras o cruzamento coa PO-400, de 83 e 116 metros de lonxitude respectivamente.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, indica que os treitos das estradas EP-5202, EP-5203 e EP-5003 compren co estipulado no punto 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente, a través da rede de estradas da Administración cedente ou das redes de estradas de titularidade de administracións de maior ámbito territorial. Polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de xuño de dous mil vinte e tres,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade dos seguintes treitos, de trazado actual e antigo, das estradas EP-5202, EP-5203 e EP-5003 a prol do Concello de Arbo:

Estrada

Denominación da estrada

p.q.i

p.q.f

Lonx. (km)

Treito final da EP-5202

Arbo-embarcadoiro

1+030

1+165

0,135

Treito final da EP-5203

PO-400-estación

1+130

1+529

0,399

Denominación da estrada

p.q.i

Lonx. (km)

Treitos antigos da EP-5003 A Cañiza-Arbo

8+500 ME da EP-5003

0,083

Despois do 12+355 da EP-5003 (tras o cruzamento coa PO-400)

0,116

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre o Concello e a Deputación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Arbo, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de xuño de dous mil vinte e tres

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade