Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2023 Páx. 35855

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre de 2023.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia a relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade dos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre do ano 2023, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2023

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no primeiro cuadrimestre de 2023

Descrición

Data de sinatura

Importe

Addenda 2ª ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, e o Concello do Carballiño para a execución dunha paraxe de autobús para intercambio intermodal nas instalacións da estación de ferrocarril, operación susceptible de financiación ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

20.1.2023

Non varía o importe do convenio

Convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Lugo e ADIF para o desenvolvemento da nova área de transporte intermodal de Lugo e a súa contorna urbana, susceptible de ser cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

17.3.2023

49.261.696,76 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, o Concello de Arteixo e a empresa Autos Carballo, S.L.U. para a implantación dun servizo de interese municipal (Simu).

17.4.2023

421.680,00 €