Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Mos e Vigo (expediente IN407A 2022/357-4).

Expediente: IN407A 2022/357-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: soterramento da LMT MOS707-MOS708 entre os apoios A34H7LFX e A360T6HA.

Concellos: Mos e Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 14 de setembro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica de soterramento da LMT MOS707-MOS708 entre os apoios A34H7LFX e A360T6HA.

Unha vez examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste no soterramento do tramo da liña de media tensión aérea entre os apoios A34H7LFX e A360T6HA, debido a un defecto de distancias dos condutores en relación co terreo no van anterior ao apoio A32LL009. Por mor da servidume aeronáutica do aeroporto de Vigo, non se pode aumentar o tamaño do apoio, por iso hai que soterrar a liña. Como consecuencia desta actuación, proxéctase:

– O desmantelamento do dobre circuíto na LA-110 entre os apoios A34H7LFX e A360T6HA (saídas MOS707 e MOS708).

– A retirada de sete apoios e a substitución do apoio A34H7LFX por un tipo celosía C-7000-14, que terá a función de final de liña.

– A instalación dunha liña de media tensión subterránea en dobre circuíto desde o apoio proxectado ata o centro de seccionamento (CS) 36CX14.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, o Concello de Mos, o Servizo de Montes de Pontevedra, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Demarcación de Estradas del Estado, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) e a Compañía Loxística de Hidrocarburos (CLH). A empresa promotora manifestou a súa conformidade coas condicións emitidas polo Concello de Vigo, Concello de Mos, Servizo de Montes e pola Demarcación de Estradas do Estado.

Os demais organismos non emitiron as condicións técnicas, enténdese en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 á 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor tipo RHZ1, en tres actuacións. A primeira no circuíto MOS708 de 741 metros, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-7000-14 e final no punto de acceso á rede proxectado no camiño do Piñeiro Manso fronte ao centro de seccionamento 36CX14. A segunda no circuíto MOS707 de 713 metros, con orixe no paso aéreo subterráneo no apoio proxectado C-7000-14 e final no punto de acceso á rede proxectado no camiño do Piñeiro Manso, fronte ao centro de seccionamento 36CX14. A terceira é de 24 metros, con orixe no punto de acceso á rede proxectado no camiño do Piñeiro Manso, fronte ao centro de seccionamento 36CX14 e final no centro de seccionamento 36CX14.

– Retensado do van aéreo, de 104 metros, contiguo ao apoio proxectado.

– A instalación está situada nos municipios de Mos e Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica de soterramento da LMT MOS707-MOS708, entre os apoios A34H7LFX e A360T6HA (expediente IN407A 2022/357-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nas condicións dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 á 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 15 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra