Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/528-4).

Expediente: IN407A 2022/528-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS BAL762 de alimentación a CS Santo Domingo 1 (36C831).

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 27 de decembro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS BAL762 de alimentación a CS Santo Domingo 1 (36C831).

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na adaptación da rede de media tensión debido á retirada do centro de transformación Santo Domingo (36C829), de 1.000 kVA, situado na parcela con referencia catastral 1449903NG2714N0001MH. Como consecuencia están previstas as seguintes actuacións na avenida Beiramar, no concello de Vigo (Pontevedra):

– Conexión do tramo BAL7322264 co tramo BAL7322230 mediante un empalme na arqueta proxectada.

– Desmontaxe dos tramos BAL7322264 (7 metros de condutor UNI-AL-240-RHZ1-OL), BAL7322221 (7 metros de condutor UNI-AL-150-RHZ1-OL), BAL7322217 (7 metros de condutor TRI-CU-50) e BAL7322230 (7 metros de condutor RHZ1-OL 12/20 kV 1×240 KAL+H16).

– Déixase sen servizo un total de 308 metros dos tramos BAL7322221 (151 metros de condutor UNI-AL-150-RHZ1-OL, entre o CT Santo Domingo 36C829 e o CS CD Aucosa 36C830), BAL7322217 (83 metros de condutor TRI-CU-50, entre o CS Santo Domingo 1 36C831 e o CT Santo Domingo 36C829) e BAL7322215 (104 metros de condutor UNI-AL-150-RHZ1-OL, entre o CS CD Aucosa 36C830 e o CS Santo Domingo 1 36C831).

– Cambio de alimentación do centro de seccionamento (CS) Santo Domingo 1 (36C831), actualmente alimentado pola LMT BAL732 nos tramos BAL7322215 e BAL7322217, mediante unha liña de media tensión subterránea de 22 metros de lonxitude que entronca no tramo BAL7262244.

– Desmontaxe de parte dos tramos BAL7322215 (6 metros de condutor UNI-AL-150-RHZ1-OL) e BAL7322217 (6 metros de condutor TRI-CU-50) pertencentes á entrada e saída do CS Santo Domingo 1.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo e o Servizo do Patrimonio Cultural de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionados emitido polo Concello de Vigo.

O Servizo do Patrimonio Cultural non emitiu o condicionado técnico. En consecuencia, enténdese a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor tipo RHZ1, de 22 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes coa LMTS BAL7262244, facendo entrada e saída no centro de seccionamento Santo Domingo 1 36C831. Retirada do centro de transformación Santo Domingo 36C829 e conexión do tramo BAL7322264 co tramo BAL7322230 mediante empalme en arqueta proxectada.

A instalación está situada na avenida Beiramar, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme ao indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS BAL762 de alimentación a CS Santo Domingo 1 (36C831), expediente IN407A 2022/528-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán sempre as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 15 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra