Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2023/242-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT, CT As Gándaras.

Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 177 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente ADOXTCDC da LMTA SAL804 no lugar do Outeiro, Salvaterra de Miño, e final no apoio proxectado C-2000-12 número 3, situado na parcela con referencia catastral 36034A07400128, no lugar das Gándaras, As Neves.

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 de 276 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000-12 número 3, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado As Gándaras.

Centro de transformación (CT) a 100 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36034A073006260000HK, no lugar das Gándaras, na parroquia de San Xoán de Rubiós, no municipio das Neves.

A instalación está situada entre os lugares de Outeiro, parroquia de Santo Adrián de Meder, no municipio de Salvaterra de Miño e As Gándaras, parroquia de San Xoán de Rubiós, no municipio das Neves (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/242-4.

Denominación: LMT, CT As Gándaras.

Concello: Salvaterra de Miño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Bouza

Rústico

36050A068003230000PK

Descoñecido/a

4,00

72,00

2

Campo da Fonte

Rústico

36050A068003190000PO

Descoñecido/a

1

2,00

19,00

328,00

3

Campo da Fonte

Rústico

36050A068003200000PF

Descoñecido/a

24,00

423,00

4

Campo da Fonte

Rústico

36050A068600020000PS

Descoñecido/a

30,00

523,00

Concello: As Neves.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

5

Bouza

Rústico

36034A074001280000HI

Descoñecido/a

1

4,00

89,00

13,00

1.512,00

33,00

6

Campo da Fonte

Rústico

36034A073006260000HK

Descoñecido/a

CT

15,00

9,00

27,00