Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cospeito (expediente IN407A 2022/210-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LAT 20 kV subterránea e CT Portoareoso 2.

Situación: concello de Cospeito.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Meira-dirección CT 309 Portoareoso, con orixe no apoio existente 213296 na LAT Meira e final no apoio proxectado A33785 tipo C-14/4500 na LAT Meira, cunha lonxitude de 127 metros en condutor LA-110 existente.

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Meira-dirección CT 5997 Cima de Vila, con orixe no apoio proxectado A20653 tipo C-18/9000 e final no apoio existente 213303, cunha lonxitude de 358 metros en condutor LA-110 existente.

• Liña aérea de alta tensión Meira a 20 kV-dirección CT 4494 Porto do Sal intemperie, con orixe no apoio proxectado A20653 tipo C-18-9000 e final no apoio existente 213680, cunha lonxitude de 176 metros en condutor LA-110 existente.

• Liña aérea de alta tensión Meira a 20 kV-derivación a CT 11032 Vilar Corvelle, con orixe nun apoio proxectado A20653 tipo C-18/9000 e final no apoio A31211 existente na LAT Meira derivada a CT 11032 Vilar Corvelle, cunha lonxitude de 131 metros en condutor proxectado tipo LA-56.

• Liña soterrada de alta tensión Meira a 20 kV, entre o apoio A33785 e o CT 6762 Pol. Muimenta, con orixe no apoio proxectado A33782 tipo C-14/4500 e final no CT 6762 Pol. Muimenta, cunha lonxitude de 340 metros en condutor HEPRHZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión Meira a 20 kV, entre CT 6762 Pol. Muimenta e CS 12783 Polígono, con orixe no CT 6762 Pol. Muimenta e final no CS 12783 Polígono, cunha lonxitude de 40 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión Meira a 20 kV, entre CS 12783 Polígono e CT Portoareoso 2, con orixe no CS 12783 Polígono e final no novo CT Portoareoso 2, cunha lonxitude de 315 metros en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Liña soterrada de alta tensión Meira a 20 kV, entre CT Portoareoso 2 e apoio A20653, con orixe no novo CT Portoareoso 2 e final no apoio proxectado A20653 tipo C-18/9000 na LAT Meira, cunha lonxitude de 1.200 metros en condutor HEPRHZ1-240 mm.

• CT prefabricado Portoareoso 2, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección telemandadas, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 365.199,48 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Cospeito.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 12 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo