Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/244-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: reforma da S.E. Castiñeiro 20 kV-substitución do sistema de 20 kV.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas principais:

• Situación actual da S.E. Castiñeiro sistema de 20 kV.

Formado por un conxunto de sete (7) celas de cachotaría, con aparellaxe convencional illada en aire con dobre barra, un conxunto de seis (6) celas blindadas illadas en SF6, un conxunto de tres (3) celas blindadas illadas en SF6.

Situación actual da S.E. Castiñeiro sistema de 6 kV.

Formado por un conxunto de nove (9) celas de cachotaría de dobre barra de 6 kV fóra de servizo.

Servizos auxiliares formado por un transformador trifásico de 50 kVA, desde o que se alimenta o armario de SS.AA. CA e CC para alimentar en 380/220 Vca os equipamentos da S.E.

Control e protección formado polo cadro de control, armario ATM, armario da remota, equipamento rectificador-batería de 48 Vcc de subestación, equipamento rectificador-batería de 48 Vcc de telemando, armarios de distribución de SS.AA. de 380/220 Vca e 48 Vcc.

• Alcance da reforma:

Consiste na renovación completa do parque de 20 kV substituíndo as celas existentes por novas celas blindadas de distribución primaria con illamento en SF6 e control integrado.

Renóvanse tamén os armarios de distribución de corrente alterna e continua para servizos auxiliares da S.E., pasando todas as alimentacións de protección e control a 125 Vcc.

Desde o punto de vista eléctrico prevese a instalación de trece (13) celas blindadas:

• Situación final da S.E. Castiñeiro sistema de 20 kV.

Unha vez rematada a reforma, o sistema de 20 kV, queda formado por un conxunto de trece (13) celas blindadas e de illamento en SF6 en configuración de simple barra partida, coa seguinte composición:

Trece (8) posicións de liña.

Dúas (2) posicións de SS.AA.

Unha (1) posición de acoplamento de barras lonxitudinal.

Dúas (2) posicións de medida de barras.

Servizos auxiliares, quedarán formados por dous transformadores de 100 kVA, dous equipamentos rectificadores batería de 125 Vcc, un armario de servizos auxiliares de 125 Vcc.

Control e protección, dotarase a S.E. Castiñeiro dun sistema de control e protección respectando os criterios xerais de protección do sistema eléctrico peninsular español.

Será necesario incrementar a lonxitude das liñas de media tensión que conflúen na S.E. para chegar ás novas posicións.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 956.192,81 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 16 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo