Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ribeira (expediente-e IN407A 2022/327-1).

Expediente-e: IN407A 2022/327-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: ampliación de potencia do CT rotonda de Xaras (15CJCF).

Concello: Ribeira.

Feitos:

Primeiro. O día 6 de outubro de 2022, a empresa promotora solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de atender a unha petición de subministración de 110,85 kW de potencia no lugar de Xaras, termo municipal de Ribeira. Proxéctase a substitución do CT rotonda Xaras existente (15CJCF, expediente IN407A 09/227), de 250 kVA, mantido pola liña de distribución LMT PMR807 procedente da subestación de Palmeira, por outro de tipo compacto prefabricado de 400 kVA de potencia e a instalación dunha nova saída de baixa tensión que conectará coa CPM do cliente.

Achegan o proxecto que inclúe a memoria, os planos e o orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución de ampliación de potencia CT rotonda de Xaras (15CJCF), asinado o 8 de agosto de 2022 por Alejandro Fernández Reza, graduado en enxeñaría eléctrica con número colexial 4683 do CoitiVigo.

– Anexo: asinado o 2 de marzo do 20232 por Alejandro Fernández Reza, enxeñeiro técnico industrial graduado en enxeñaría eléctrica con número colexial 4683 do CoitiVigo.

Segundo. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceiro. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puider prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)-Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ribeira. A empresa promotora manifestou a súa conformidade coas condicións establecidas polo organismo afectado, a AXI. No día desta resolución non consta no expediente resposta dos organismos afectados, é dicir, da Deputación e do Concello, á solicitude das condicións solicitadas.

Cuarto. Con data do 12.5.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Segunda. A lexislación que aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 á 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Novo CT rotonda Xaras, compacto, prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Desmantelamento do CT rotonda Xaras (15CJCF, expediente IN407A 09/227), de 250 kVA existente.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 16 de maio de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña