Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2023 Páx. 35673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xermade (expediente IN407A 2022/215-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: LAT 20 kV subterránea e novo CT Xermade.

Situación: concello de Xermade.

Características técnicas principais:

• Liña aérea de alta tensión a 20 kV Muras 1 dirección ao CT 13934 O Fraixo, con orixe nun apoio proxectado 2A89565 tipo C-2000/14 e final no apoio existente 217834 da LAT Muras 1, cunha lonxitude de 576 metros en condutor existente tipo LA-56.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Muras 1, con orixe no apoio existente A37348, entra e sae no CT 5112 polígono Xermade, entra e sae no CT Xermade proxectado e remata no apoio proxectado 2A89565, cunha lonxitude de 700 metros, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación prefabricado Xermade, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instala unha cela de liña e unha de interruptor automático telemandadas e unha cela de protección de transformador, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Reforma do centro de transformación prefabricado 5112 polígono Xermade, consistente na instalación dunha nova cela de liña.

• Desmontaxe do CTI 13412 Xermade, de catro vans de liña de alta tensión e dun tramo de liña soterrada.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 162.316,44 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Xermade.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para a autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un/unha técnico/a competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 22 de maio de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo