Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Felga, sito nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras, promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U. (expediente IN408A 2017/019).

A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Felga.

a) Contido da resolución e condicións que a acompañan:

Outorgar as autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Felga, sito nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras (A Coruña), promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U., para unha potencia de 20,8 MW.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, a promotora (Greenalia Wind Power, S.L.U.) constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta do órgano ambiental, en 118.624,67 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento, cuxo importe se fixa en 158.166,22 euros, por proposta do órgano ambiental.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá presentar ante a esta dirección xeral o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da DIA.

5. De acordo co condicionado recollido na DIA, a promotora deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras do parque eólico, con informes favorables da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Augas de Galicia e Instituto de Estudos do Territorio.

6. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra, subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que se aproba mediante esta resolución, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

7. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a xefatura territorial inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

8. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para la Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que lle resulten de aplicación.

10. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na DIA, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

11. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os cales mostrou a súa conformidade.

No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, a promotora deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

Así mesmo, con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para a configuración final do parque eólico, recollida no proxecto de execución obxecto desta resolución.

12. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

13. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou servizos de interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

14. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009.

b) Principais motivos e consideracións nos que se basea a resolución:

1. O 26.10.2017 a promotora, Greenalia Power, S.L.U., solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a aprobación do proxecto sectorial para o parque eólico Felga, sito nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras (A Coruña), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (en diante, Lei 8/2009).

2. O 5.2.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente, Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais; en adiante, esta dirección xeral) notificoulle á promotora o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, quen achegou, o 6.2.2018, o xustificante de pagamento das taxas correspondentes á autorización administrativa das instalacións de parques eólicos, de acordo co artigo 33 da dita lei.

3. O 7.2.2019 esta dirección xeral tomou razón do cambio de denominación social de Greenalia Power, S.L.U. a favor de Greenalia Wind Power, S.L.U. (en adiante, promotora).

4. O 12.2.2020 a promotora solicitou unha modificación substancial do parque eólico Felga. Con carácter xeral, a modificación solicitada consiste na incorporación ao proxecto dun centro de seccionamento e control. O 14.5.2020 esta dirección xeral notificoulle á promotora a admisión a trámite desta modificación.

5. O 19.5.2020 esta dirección xeral solicitou os informes recollidos nos artigos 33.4 e 33.5 da Lei 8/2009 (da versión anterior á última modificación da lei conforme a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia). A este respecto:

• O 25.6.2020 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU) emitiu o informe referido no artigo 33.5 da Lei 8/2009, no cal se conclúe que as posicións dos aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto 3.1 do PSEGA (Plan sectorial eólico de Galicia) respecto das delimitacións dos núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable. Así mesmo, recolle os organismos que deberán emitir informe para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.

• O 26.6.2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (en diante, órgano ambiental) emitiu o informe referido no artigo 33.4 da Lei 8/2009, no cal se indica o procedemento ambiental que se seguirá e se recollen os organismos que se consultarán durante a fase de información pública.

6. O 3.9.2020 e o 7.9.2020 a promotora, como resposta a un requirimento desta dirección xeral, achegou documentación técnica complementaria e o xustificante de pagamento da taxa de tramitación do proxecto sectorial.

7. O 9.9.2020 esta dirección xeral remitiulle a documentación do proxecto do parque eólico Felga á Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (en diante, xefatura territorial) para a continuación da tramitación do expediente, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009.

8. O 14.10.2020 a xefatura territorial ditou Acordo polo que se someteron a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Felga, nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11.11.2020 e no xornal La Voz de Galicia do 11.11.20201. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Aranga, Coirós e Oza-Cesuras) e nas dependencias da xefatura territorial, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Así mesmo, o dito acordo estivo exposto no portal web desta consellería.

Durante o período de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, das cales se deu traslado á promotora, quen presentou a súa contestación a elas.

9. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do referido parque eólico ás seguintes entidades: Concello de Aranga, Concello de Coirós, Concello de Oza-Cesuras, Dirección Xeral de Planificación Ordenación Forestal, Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., Cellnex Telecom (Retevisión I, S.A.U.) e Dirección Xeral de Defensa do Monte.

A seguir relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Concello de Coirós o 28.1.2021, Dirección Xeral de Planificación Ordenación Forestal o 18.1.2021, Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. o 4.12.2020, Retevisión I, S.A.U. o 5.3.2021, o 12.4.2021 e o 31.5.2021, e Dirección Xeral de Defensa do Monte o 16.2.2023. A promotora prestou a súa conformidade aos condicionados emitidos.

O Concello de Aranga emitiu dous informes, o 28.12.2020 e o 3.5.2021, e o Concello de Oza-Cesuras un informe, o 22.12.2020, nos cales, ademais de fixar o condicionado técnico, formulan cuestións ou reparos de carácter ambiental, de compatibilidade urbanística e doutra índole, como as relativas ás afeccións. A promotora prestou a súa conformidade co condicionado técnico e deu resposta ao resto de cuestións. A respecto destas, hai que indicar que pertencen a procedementos que non son obxecto desta resolución (procedemento ambiental, resolto coa formulación da DIA e cuxo condicionado é de obrigado cumprimento para a promotora, e procedementos de aprobación do proxecto de interese autonómico e de declaración de utilidade pública, en concreto, pendentes de resolver).

10. O 10.11.2021 a xefatura territorial, logo de rematada a instrución do expediente e de acordo co artigo 33.16 da Lei 8/2009, deu traslado del a esta dirección xeral para os efectos de continuar coa súa tramitación, e xuntou o informe do Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial, do 10.11.2021, no cal se recolle un resumo da tramitación.

11. Con respecto ao estudo de impacto ambiental (EsIA), solicitáronse informes aos seguintes organismos: Augas de Galicia, Axencia Turismo de Galicia, Concello de Aranga, Concello de Coirós, Concello de Oza-Cesuras, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública e Instituto de Estudos do Territorio.

O 6.6.2022 esta dirección xeral, de acordo co disposto no artigo 39 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, deu traslado do expediente ao órgano ambiental, para os efectos de tramitar a declaración de impacto ambiental (DIA).

O órgano ambiental resolveu, o 4.11.2022, formular a DIA do parque eólico Felga, nos concellos de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras (A Coruña), promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U. (clave 2018/0043), que se fixo pública mediante o Anuncio do 8 de novembro de 2022 do órgano ambiental (DOG núm. 223, do 23.11.2022).

12. O 2.2.2023 esta dirección xeral, para os efectos da emisión das autorizacións administrativas previa e de construción, requiriulle á promotora o proxecto de execución refundido resultante como consecuencia dos diversos condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública, así como, se é o caso, as separatas técnicas refundidas.

En resposta a este requirimento, o 14.2.2023 a promotora achegou o proxecto de execución refundido, xunto coa declaración responsable indicando que este non orixina novas afeccións respecto ás separatas sobre as cales xa se emitiu informe, polo que non cómpre solicitar novos informes aos devanditos organismos.

13. O 23.2.2023 esta dirección xeral solicitoulle o informe previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, en relación co proxecto de execución refundido, á xefatura territorial, quen cursou un requirimento á promotora para corrixir ou completar a documentación técnica, que foi atendido por este o 23.3.2023.

A xefatura territorial emitiu o referido informe o 24.3.2023 (remitido a esta dirección xeral o 28.3.2023), de carácter desfavorable, onde se pon de manifesto a existencia de afeccións a novos organismos (reflectidas no proxecto ou detectadas en visita de campo).

Esta dirección xeral deulle traslado á promotora do dito informe da xefatura territorial o 11.4.2023, requiríndolle a presentación das separatas reflectidas nel, quen contestou, o 12.4.2023 e o 13.4.2023, achegando as novas separatas do proxecto de execución refundido para os seguintes organismos: Augas de Galicia, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, UFD Distribución Electricidad, S.A. e Telefónica de España, S.A.U.

14. O 24.2.2023 a promotora presentou o acordo de promotores para a tramitación, construción e explotación das infraestruturas necesarias para a conexión á rede de transporte de electricidade na subestación Mesón do Vento 220 kV, titularidade de Red Eléctrica de España, S.A.U., de acordo co establecido no artigo 123.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

15. O 22.3.2023 esta dirección xeral solicitoulle o informe previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, en relación co proxecto de execución refundido, á DXOTU, quen emitiu informe, o 5.4.2023, no cal se conclúe que todos os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 m coas diferentes delimitacións do solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.

16. O 13.4.2023 e o 14.4.2023, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, esta dirección xeral remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución refundido do referido parque eólico ás novas entidades (Augas de Galicia, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, UFD Distribución Electricidad, S.A. e Telefónica de España, S.A.U.).

Todas estas entidades emitiron os correspondentes condicionados técnicos nas datas indicadas a seguir: Augas de Galicia o 18.4.2023, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia o 20.4.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. o 19.4.2023 e Telefónica de España, S.A.U. o 17.4.2023. A promotora prestou a súa conformidade aos condicionados emitidos.

17. O 21.4.2023 esta dirección xeral deulle traslado á xefatura territorial da documentación integrante da tramitación realizada para as novas separatas, para os efectos de que emita novamente o informe previsto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, tendo en conta a documentación trasladada.

A xefatura territorial emitiu o referido informe o 24.4.2023 (remitido a esta dirección xeral na mesma data), no cal se conclúe o seguinte: «[...] non se atopan impedimentos para que se continúe coa tramitación do parque segundo o recollido no Proxecto de execución do parque eólico Felga, nos termos municipais de Aranga, Coirós e Oza-Cesuras (A Coruña) (febreiro 2023), supeditado a que se cumpran os condicionados expostos nos informes dos organismos afectados».

18. O parque eólico Felga conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 21 MW, segundo informes do xestor da rede do 11.3.2019 e do 8.6.2020.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais