Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2023 Páx. 33743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2023/195-4).

Para os efectos previstos no título IX da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: ampliación de potencia CT Piñeiro-Nigrán 36AGB5 e RBTS.

Situación: concello de Nigrán.

Características técnicas: a raíz da ampliación de potencia do centro de transformación Piñeiro-Nigrán de 100 kVA a 160 kVA, proxéctase a retirada de 42 metros da rede de baixa tensión (RBT) existente de condutor RZ 3×95 entre os apoios existentes 9U2A3QL1//39-50-2-CTA e HV-400/9 e a instalación de 506 metros de condutor XZ1 0,6/1 kV 4×(1*240) Al en tres actuacións. A primeira e a segunda actuacións son de 33 metros cada unha desde o centro de transformación Piñeiro-Nigrán ao apoio existente HV-400/9, mediante un paso aero-subterráneo. A terceira é de 440 metros desde o centro de transformación Piñeiro-Nigrán á CGP dun solicitante. A instalación esta situada na parroquia de Camos, no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de maio de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/195-4.

Denominación: ampliación de potencia CT Piñeiro-Nigrán 36AGB5 e RBTS.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Sobral-Camos

Rústico

9270009NG1696N

Descoñecido/a

4,77

13,68