Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2023 Páx. 32380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Alto da Telleira, sito nos concellos de Covelo e da Cañiza (Pontevedra) e promovido por Alto da Telleira, S.L. (expediente IN661A/2011/3-4).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Alto da Telleira, S.L. en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Alto da Telleira, constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante a Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia, (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico promovido por Vector Verde, S.A., cunha potencia de 48 MW.

Segundo. O 21.6.2011 Alto da Telleira, S.L. (en diante, o promotor), como sociedade filial unipersoal de Vector Verde, S.A. e en virtude da redacción vixente naquela data do artigo 36.1.e) da Lei 8/2009, do 22 de decembro, solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. O 20.12.2013 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante a Resolución do 21 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 198, do 16 de outubro).

Cuarto. Mediante a Resolución do 15.2.2016 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizáronse as instalacións, aprobouse o proxecto de execución e declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Telleira (DOG nº 71, do 14.4.2016).

Quinto. O 13.5.2021, Alto da Telleira, S.L. presentou a solicitude de modificación substancial para o parque eólico ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Sexto. O 5.10.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais comunicoulle á promotora o cumprimento dos requisitos de capacidade, establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental (en diante, Lei 8/2009), da súa solicitude de modificación substancial.

Sétimo. O 26.5.2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o informe de referencia do artigo 33.4 da Lei 8/2009, no cal indica o procedemento ambiental que se deberá seguir e os organismos que se deberán consultar durante a fase de información pública.

Oitavo. O 15.10.2021 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe de referencia do artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias ás delimitacións de solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidas no Plan sectorial eólico de Galicia.

Noveno. O 19.10.2021 esta dirección xeral remitiulle a documentación do proxecto do parque eólico Alto da Telleira á Xefatura Territorial de Pontevedra da anterior Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para a continuación da tramitación.

Décimo. O 17.6.2021 o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Alto da Telleira (nº de expediente IN661A 2011/3-4), promovido por Alto da Telleira, S.L., e mediante a Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Alto da Telleira (nº de expediente IN661A 2011/3-4), promovido por Alto da Telleira, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Décimo primeiro. Mediante a Resolución do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sometéronse a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, situado nos concellos da Cañiza e Covelo, da provincia de Pontevedra.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 17.12.2021. Así mesmo, remitiuse para a súa exposición nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (A Cañiza e Covelo) e permaneceu exposta na xefatura territorial de Pontevedra da anterior Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que emitiu o correspondente certificado de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da anterior Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Por mor da sentenza número 18/2022 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, independentemente da súa firmeza, a entidade promotora Parque Eólico Alto da Telleira, S.L. solicitou mediante escrito do 26.1.2022 o sometemento a información pública do estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial para as instalacións do parque eólico Alto da Telleira, por un prazo de 30 días.

En atención á dita solicitude, aínda que a referida sentenza non adquirira firmeza e fora obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, sobre a base do principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, a Xefatura Territorial ditou a Resolución do 8 de marzo de 2022, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, situado nos concellos da Cañiza e Covelo, da provincia de Pontevedra.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5.4.2022. Así mesmo, remitiuse para a súa exposición nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (A Cañiza e Covelo) e permaneceu exposta na Xefatura Territorial de Pontevedra da anterior Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que emitiu o correspondente certificado de exposición pública. Así mesmo, a dita resolución estivo exposta no portal web da anterior Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.

Décimo segundo. Durante a tramitación do procedemento, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Retegal, Retevisión I, S.A.U., Concello da Cañiza, Concello de Covelo, Delegación do Goberno en Galicia e Red Eléctrica de España, S.A.

A continuación cítanse os organismos que emitiron, nas datas que se indican, os correspondentes condicionados técnicos: Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (8.2.2022 e 10.5.2022); Dirección Xeral de Defensa do Monte (1.7.2022); Retegal (19.12.2021); Retevisión I, S.A.U. (29.12.2021); Concello da Cañiza (1.12.2022); Concello de Covelo (10.1.2022); Delegación do Goberno en Galicia (31.1.2022, da Área de Fomento; 9.2.2022, da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas) e Red Eléctrica de España, S.A. (14.3.2022 e 28.4.2022).

O promotor prestou a súa conformidade ou deu resposta aos condicionados emitidos.

Décimo terceiro. O 1.7.2022 a xefatura territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación remitiu o expediente á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo cuarto. Con respecto ao estudo de impacto ambiental, solicitáronse informes aos seguintes organismos: Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Axencia Turismo de Galicia, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Publica, Instituto de Estudos do Territorio, Concello da Cañiza, Concello de Covelo, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural e Sociedade Galega de Ornitoloxía.

Formalizada a tramitación ambiental, o 19.1.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante o Anuncio do 19 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Alto da Telleira, nos concellos da Cañiza e Covelo (Pontevedra) (DOG nº 15, do 23.1.2023).

Décimo quinto. O 27.1.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais requiriulle ao promotor a documentación técnica refundida para a configuración definitiva do proxecto, resultante dos diversos informes, condicionados técnicos e alegacións realizadas polos distintos organismos durante o proceso de información pública.

O 24.2.2023 Alto da Telleira, S.L. presentou a documentación técnica refundida para a configuración definitiva do proxecto, xunto cunha declaración responsable de que as modificacións incorporadas no proxecto non afectan o sentido dos condicionados emitidos polos organismos e empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, polo que non é necesario solicitar novos condicionados.

O 9.3.2023 e o 14.3.2023 Alto da Telleira, S.L. presentou nova documentación técnica refundida, en emenda da presentada o 24.2.2023.

O 13.3.2023 e o 16.3.2023 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiu a documentación achegada por Alto da Telleira, S.L. á xefatura territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, para a emisión do informe sobre as instalacións industriais e eléctricas do proxecto técnico, de acordo co artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Décimo sexto. O 28.3.2023 a Xefatura Territorial de Pontevedra fixo un requirimento ao promotor sobre o contido do proxecto técnico administrativo, que foi contestado o 5.4.2023, xunto cun novo proxecto de execución refundido composto polos documentos Proxecto técnico subestación Alto da Telleira 220/30 kV, de febreiro de 2023, asinado por Sergio Rodríguez, colexiado número 482 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, e visado co número V230083, do 23.2.2023, por ese mesmo colexio, e Proxecto de execución parque eólico Alto da Telleira, de marzo de 2023, asinado por José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado número 1.185 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e visado co número 20231012, do 3.4.2023, por ese mesmo colexio.

O 12.4.2023 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación emitiu informe sobre o proxecto refundido do parque eólico, de acordo co artigo 33.16 da Lei 8/2009.

Décimo sétimo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 48 MW, segundo o informe do xestor da rede do 17.12.2021.

Décimo oitavo. O 29.3.2023 Alto da Telleira, S.L. achegou o documento requirido polo artigo 123.2 do Real decreto 1955/2000, que acredita o acordo vinculante para as partes en relación co uso compartido das infraestruturas de evacuación.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes:

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, con data do 27.3.2023 a xefatura territorial remitiu informe complementario de tramitación en que se recolle a resposta a aquelas, o cal se incorpora textualmente a esta resolución:

«1. Ambientais. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas alegacións se refiren a cuestións que foron tidas en conta polos correspondentes órganos competentes na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 19.1.2023, e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental nas que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido recibíronse informes dos seguintes organismos: direccións xerais do Patrimonio Cultural e do Patrimonio Natural (DXPC e DXPN), de Emerxencias e Interior, de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Turismo de Galicia e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).

No tocante ás alegacións que se refiren a conservación de hábitats, biodiversidade, flora e fauna, solos e ambiente en xeral, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural indicou no seu informe de data 3.5.2022 que o lugar onde se localiza o proxecto non posúe ningunha figura de espazos naturais protexidos das recollidas na Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e biodiversidade. Sinala que non afecta zonas húmidas das recollidas no Inventario galego de zonas húmidas (IGH) (Decreto 127/2008, do 5 de xuño). Solicita que se reformule o estudo de impacto ambiental.

En resposta a este requirimento, o promotor respondeu cun estudo complementario o 10.10.2022. Analizado este, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu un segundo informe de data 28.10.2022 no cal conclúe que, á vista dos antecedentes e da análise da documentación, se considera que non é previsible que o proxecto xere efectos significativos, e é compatible coa preservación do patrimonio natural e a biodiversidade, polo que se emite informe favorable, supeditado a que se autorice cunha serie de condicionantes para os quirópteros, a avifauna e o lobo.

En data 20.12.2022, a DXPN emite un informe complementario cunha análise e avaliación de sinerxías, tendo en conta os efectos sinérxicos reflectidos no EIA sobre o patrimonio natural e a biodiversidade. Conclúe que o efecto sinérxico e acumulado sobre a avifauna e quirópteros sería crítico, polo que emite informe desfavorable. O promotor contestou o 10.1.2023 mediante un escrito onde propón unha serie de medidas adicionais ao proxecto: eliminación de 6 aeroxeradores (números 1, 2, 3, 4, 7 e 9) e as súas infraestruturas, mantendo os números 5, 6 e 8, incrementando a súa potencia unitaria, e plan de custodia do territorio.

Á vista do anterior, a DXPN emitiu un informe o 17.1.2023 en que conclúe que o proxecto, tras a modificación, non provoca efectos sinérxicos incompatibles no ámbito das súas competencias, sempre que o plan mencionado lle sexa presentado para a súa aprobación antes do inicio das obras.

Respecto as afeccións á paisaxe, o 23.12.2021 o Instituto de Estudos do Territorio (IET) emitiu un primeiro informe de impacto e integración paisaxística, en que advirte que a incidencia visual debe compensarse cunha serie de medidas correctoras. O promotor, en data do 12.1.2022 manifestou a súa conformidade coas ditas medidas e presentou posteriormente, o 14.9.2022, unha proposta de cumprimento delas. O IET emitiu un segundo informe en que amosa a súa conformidade coas medidas correctoras propostas, que deberán quedar oportunamente recollidas no proxecto.

Respecto aos recursos hídricos, A Confederación Hidrográfica Miño-Sil pronunciouse de xeito favorable en canto á existencia de recursos hídricos necesarios, en canto ao destino dos novos caudais de augas residuais (condicionado á obtención da autorización de vertedura), respecto aos usos permitidos no dominio público hidráulico, zonas de servidume e policía e zonas inundables, e engade que non existe ningunha reserva hidrolóxica declarada, polo que emite informe favorable condicionado.

En xeral, e sen prexuízo das aclaracións ou informacións achegadas polo promotor nas súas respostas ás alegacións de carácter ambiental, cabe remitirse aos puntos 4 (Condicionados) e 5 (Programa de vixilancia e seguimento ambiental) e á propia consideración final da DIA respecto da viabilidade ambiental do proxecto co cumprimento das medidas que se establecen ao longo de dito documento, ademais das que figuran no EIA e na restante documentación avaliada no marco de trámite ambiental.

2. Urbanísticas. No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial do parque eólico. En todo caso, o proxecto que se aproba mediante este acordo conta co informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, como se recolle no expediente.

No que respecta ás distancias a núcleos de poboación, no informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 15.10.2021 recóllese que, comprobado o planeamento vixente nos concellos afectados pola área de incidencia urbanística proposta, e as coordenadas dos aeroxeradores recollidas na memoria, conclúese que as súas posicións cumpren a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación regulada no punto III.3.1 do Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

[…]

4. Fraccionamento de proxectos. No que respecta ao suposto fraccionamento de proxectos:

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que estean a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental».

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria).

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deben recoller os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou doutro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, esa suposta «fragmentación» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.

O proxecto do parque eólico conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental (anexo L) cunha zona de estudo nun raio de 5 km en función de distintos aspectos ambientais, ampliado ata 10-15 km no caso da paisaxe. Neste estudo identifícanse un total de 29 parques eólicos (12 en explotación ou autorizados, 11 en estado de tramitación, 6 en solicitude) e 38 liñas eléctricas de alta tensión en explotación.

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que: «… unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do RD 1183/2020, modifica o RD 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o uso compartido delas por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita sentenza do 11 de decembro de 2013, «non podería darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supor unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que se deberá perseguir neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, ao reducir as superficies afectada polas instalacións.

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

Neste caso concreto, o parque eólico Alto da Telleira ten previsto compartir infraestruturas de evacuación cos parques eólicos Chan do Eixo (en explotación ou autorizado), Alto de Montouto, Cotos das Gaias, Coto Redondo e Mancelo (en tramitación), o que non impide que todos os parques que comparten evacuación teñan carácter unitario e que poidan funcionar de forma independente, posto que cada un deles dispón dos correspondentes equipamentos de corte e medida da enerxía, e que ao mesmo tempo supón unha redución dos impactos ambientais xerados.

5. Patrimonio cultural e turismo. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (DXPC) emitiu o 3.5.2022 un primeiro informe favorable respecto ao EIA e o proxecto sectorial, coas medidas correctoras establecidas no anexo H do EIA, e requiriuse nova documentación atendendo ás consideracións feitas por este organismo e que describe no informe.

O promotor respondeu a esta solicitude o 27.5.2022, o que deu pé ao segundo informe da DXPC, no cal indica que a documentación achegada aclara e completa o anexo H do EIA, e emítese informe favorable sobre os documentos Estudo de impacto ambiental parque eólico Alto da Telleira Rev-02, setembro 2021 e Proxecto sectorial modificado parque eólico Alto da Telleira, outubro 2021. En todo caso, reitera que se deberán considerar as medidas correctoras e compensatorias establecidas no anexo H do EIA e a súa addenda, ademais dunha serie de condicións descritas no seu informe.

As intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como no seu contorno de protección ou zona de amortecemento, terán que ser autorizadas pola consellería competente en materia de patrimonio cultural e para estes efectos o promotor ou o concello, logo de concesión de licenza, deberá remitir o correspondente proxecto técnico.

Por outra banda, a Axencia de Turismo de Galicia emitiu un informe sobre o estudo de impacto ambiental do proxecto presentado en que sinala que a fase de construción pode considerarse significativa no aspecto turístico pola existencia de maquinaria na contorna das obras nun breve período de tempo e que na fase de explotación sería significativa debido ao impacto visual e ás emisións sonoras. Conclúe que, dado o alcance das actuacións segundo o estudo de impacto turístico, o impacto que terá o parque eólico no turismo rural local e a súa contorna é reducido.

6. Saúde. O 20.4.2022 a Dirección Xeral de Saúde Pública (DXSP) emite un informe no que avalía o proxecto desde os seguintes puntos de vista: caracterización da poboación en situación de risco, determinación dos potenciais perigos, identificación das posibles vías de exposición específica da poboación a algunha fonte ou o deseño dun estudo de avaliación de risco.

Na determinación dos potenciais perigos por parte da DXSP téñense en conta, entre outros moitos, os orixinados por:

• Ruído e vibracións orixinados por escavacións, movemento de camións e maquinaria, voaduras puntuais, construción das infraestruturas e funcionamento das turbinas eólicas.

• Campos electromagnéticos xerados polas instalacións.

(Perigos máis destacados nas alegacións referentes á saúde).

Conclúe o dito informe que tras a análise da documentación esta é insuficiente nos seguintes aspectos:

Emprego de gases illantes, ruído e escintilación de sombras. En contestación ao dito informe o promotor contestou o 9.5.2022. Á vista da documentación elaborada, a DXSP emite un segundo informe en que considera satisfeitos os seus requirimentos e sinala a necesidade de realizar un estudo acústico preoperacional previo á instalación do parque eólico.

En canto á alegación que reclama a falta de información sobre campos electromagnéticos, remitímonos ao indicado nos puntos 8.4.16.2. e 10.1 do estudo de impacto ambiental, onde se analiza esta cuestión.

7. Alegacións de carácter socioeconómico.

En canto ás alegacións que se refiren á falta de retorno social do proxecto e de beneficios económicos para os concellos afectados, lembramos que no artigo 25 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, se concreta o destino do Fondo de Compensación Ambiental: un 50 % da contía deste destinarase ás entidades cuxo termo municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico ou resulten afectadas polas correspondentes instalacións de conexión para a realización de:

• Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e recuperación do medio natural degradado ou contaminado.

• Actuacións de impulso á eficiencia e utilización sostible das enerxías renovables.

• Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

Os custos elixibles, para os efectos de distribución do fondo, son, entre outros:

• Investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipos e instalacións. Cando no investimento participase directamente persoal da entidade local, imputaranse os gastos correspondentes ao persoal utilizado.

• Custos do proxecto e dirección de obra, se se tratase de contratacións externas.

• Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. En caso de que se utilizase persoal da entidade local, imputaranse os gastos correspondentes ao persoal utilizado.

En relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, cómpre indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

8. Afeccións ao medio forestal.

No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes de Pontevedra informou en data 8.2.2022 que as superficies de afección do parque ao medio forestal veñen determinadas polas áreas ocupadas directamente polo xerador de enerxía e as demais infraestruturas do parque eólico, polas distancias de servidume que operen para cada elemento construtivo e pola superficie necesaria para o cumprimento das distancias de plantación da Lei de montes de Galicia e mais da normativa de prevención de incendios relativa a redes de faixas de xestión de biomasa.

De acordo cos datos do Servizo de Montes de Pontevedra, as obras afectan montes veciñais en man común, polo que será necesario o informe dese servizo sobre a compatibilidade e prevalencia de ambas as utilidades públicas.

Como consecuencia da aplicación da normativa relativa aos proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, no proxecto proponse unha modificación dos planeamentos municipais dos concellos da Cañiza e Covelo afectados polo parque. Procede declarar as superficies afectadas polos aeroxeradores e polos camiños do parque eólico como solo rústico de especial protección de infraestruturas. O Servizo de Montes lembra que neste tipo de proxectos, dentro das superficies de vocación forestal, convén sempre superpoñer a nova clasificación á de protección forestal de xeito que, en cada caso, prevalezan as condicións de uso máis restritivas dentro das correspondentes ás dúas clasificacións, e que os montes conserven integramente a clasificación que incide na conservación dos seus valores forestais. Ademais, este servizo considera que para estes proxectos o cambio de clasificación debería limitarse ás superficies de afección directa dos aeroxeradores e vías, co obxecto de non perder potencial para a produción forestal nos arredores.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Defensa do Monte emitiu o 1.7.2022 informe de xeito favorable sobre a realización do proxecto do parque eólico, tendo en conta os condicionantes recollidos nas consideracións técnicas (mantemento permanente do acceso dos medios dos servizos de prevención de incendios forestais aos puntos de carga de auga situados na zona) e legais reflectidas no seu informe. Nas consideracións legais figuran a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

[…]

10. O proxecto non conta con conexión a instalación existente.

O proxecto do parque eólico Alto da Telleira está sendo sometido ao trámite de autorización administrativa definido polo marco legal vixente, regulado pola Lei 8/2009, do 28 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental. En particular, resulta de aplicación o procedemento previsto no artigo 39 da dita lei.

O parque eólico Alto da Telleira conta con permiso de acceso e conexión vixente, outorgado por Red Eléctrica de España (REE) no nó da rede de transporte Fontefría 200 kV. No anexo 7, Conexión á rede eléctrica, do Proxecto técnico parque eólico Alto da Telleira xúntanse os documentos:

• Permiso de acceso para o parque eólico Alto da Telleira, para una potencia de 50,00 MW (código de proceso RCR_2107_20). Informe da Dirección de Desarrollo del Sistema de REE, de data 12 de xuño de 2020, de viabilidade de acceso á rede eléctrica de transporte no nó Fontefría 200 kV (IVA).

• Permiso de conexión para o parque eólico Alto da Telleira, para una potencia de 50,00 MW (código de proceso RCR_2017_20). Informe da Dirección de Tramitaciones y Medio Ambiente de REE, de fecha 28 de setembro de 2020, de cumprimento de condicións técnicas de conexión á rede eléctrica de transporte no nó Fontefría 220 kV (ICCTC).

REE é responsable da tramitación dos procedementos de acceso e conexión á rede e transporte para as instalacións de xeración, así coma da valoración da aceptabilidade da xeración con conexión á rede de distribución e afección significativa na rede de transporte. A dita tramitación réxese pola Lei do sector eléctrico (LSE) (Lei 24/2013, do 26 de decembro); o Real decreto lei 15/2018, do 5 de outubro; o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; o Real decreto 1047/2013, do 27 de decembro, e o Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, para as instalacións de xeración do seu ámbito de aplicación, así coma a súa normativa de desenvolvemento, en particular os procedementos de operación.

Por outra parte, o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, establece no punto 6 do seu artigo 6: «As solicitudes de permisos de acceso e de conexión só se poderán realizar: a) No caso da rede de transporte, sobre subestacións existentes ou incluídas no plan de desenvolvemento da rede de transporte en vigor e, dentro destas, sobre posicións existentes ou planificadas.»

No caso que nos ocupa, o plan de desenvolvemento vixente, trátase do Plan de desenvolvemento da Rede de transporte de enerxía eléctrica 2015-2020, aprobado mediante a Orde IET 2209/2015, do 21 de outubro, que inclúe a infraestrutura denominada subestación Fontefría 220 kV, integrante da actuación TI-1 interconexión Norte de España-Portugal, con data de alta de 2017, así coma a súa ampliación mediante unha nova posición de xeración para integración eólica, con data de alta planificada para o ano 2020. Este documento segue vixente con base na prórroga establecida na Resolución do 22 de novembro de 2020, da Secretaría de Estado de Enerxía, ata a data de entrada en vigor do Plan de desenvolvemento da Rede de transporte de enerxía eléctrica 2021-2026.

Con base no anterior, entendemos que queda xustificado que non resulta requisito imprescindible a existencia da subestación Fontefría 220 kV para que REE concedese os permisos de acceso e conexión ao promotor do parque eólico.

11. Falta de información na documentación sometida a información pública.

Respecto a estas alegacións, cabe remitirse ao antecedente primeiro deste informe, no que se refire á publicación das resolucións polas que se someteron a información pública (en dúas ocasións) o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial e o proxecto de execución do parque eólico, así como a súa solicitude de declaración de utilidade pública:

– Resolución do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, situado nos concellos da Cañiza e Covelo, da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/3-4) (DOG nº 241, do 17 de decembro de 2021).

– Resolución do 8 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, situado nos concellos da Cañiza e Covelo, da provincia de Pontevedra (IN661A 2011/3-4) (DOG nº 66, do 5 de abril de 2022).

– Resolución do 14 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, situado nos concellos da Cañiza e Covelo, da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/3-4) (DOG nº 123, do 29 de xuño de 2022).

O antedito estudo de impacto ambiental incorpora o anexo H, Estudo arqueolóxico. O proxecto de execución do parque eólico inclúe como anexo 2 o Estudo de recurso eólico.

As resolucións e a documentación obxecto da información pública estiveron á disposición de todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, interesadas ou que se puidesen considerar prexudicadas nos seus dereitos nos concellos da Cañiza e Covelo e na anterior Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial de Pontevedra, así coma na páxina web da mesma Vicepresidencia, co obxecto de que puidesen presentar as súas alegacións.

No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.

12. O parque eólico Alto da Telleira xa conta con autorización administrativa e proxecto sectorial aprobado.

O proxecto do parque eólico Alto da Telleira está sendo sometido ao trámite de autorización administrativa definido polo marco legal vixente, regulado pola Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. En particular, resulta de aplicación o procedemento previsto no artigo 39 da dita lei, Modificacións substanciais, como é o caso do proxecto que nos ocupa.

13. Ausencia de planificación eólica actualizada e coherente co escenario actual de tramitación masiva de instalacións eólicas. Inconsistencia do interese autonómico e alternativa 0 do EIA:

Omítese no estudo de alternativas e na xustificación de DUP e PIA que para 2030 o Plan nacional integrado de enerxía e clima 2021-2030 prevé aumentar a potencia eólica instalada ata os 50 GW e a solar ata os 39 GW. O recente auxe das renovables fixo que neste momento as solicitudes de novos proxectos superen xa esa potencia.

Respecto da saturación na capacidade de acollida de enerxía eléctrica en Galicia, así como da solicitude de moratoria na autorización de parques, cómpre expoñer que recentemente a Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, incorporou unha nova disposición adicional sexta á Lei 8/2009, do 22 de decembro, dedicada á planificación de novas solicitudes de parques eólicos nos seguintes termos: atendendo ao número dos proxectos de parques eólicos admitidos e actualmente en tramitación e á cifra de MW prevista nestes proxectos, e co obxecto de procurar unha ordenación racional do sector, durante o prazo de 18 meses desde a entrada en vigor da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, non se admitirán a trámite novas solicitudes de parques eólicos.

14. Continúa sen someterse o Plan sectorial eólico á avaliación ambiental estratéxica que exixe a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, para todos os plans e programas, e mantense a planificación sectorial eólica galega fóra desta lei.

No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente en canto non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «en canto non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, e incorpora aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, e publicouse o acordo no DOG do 15.12.1997.

Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5.12.2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse a avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Xa que logo, este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos.

[…]»

No caso de alegacións ambientais presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, inadmítense, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 19.1.2023, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso, sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan na vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

Cuarto. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 19.1.2023:

a) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Alto da Telleira, considerando que o proxecto, segundo a documentación achegada polo órgano substantivo, é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Alto da Telleira.

Nas epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

Condicións ambientais:

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

Consonte o disposto no artigo 52 da dita Lei 21/2013, correspóndelle ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento da declaración de impacto ambiental.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Alto da Telleira, sito no concellos da Cañiza e Covelo (Pontevedra) e promovido por Alto da Telleira, S.L., para unha potencia de 16,9 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, composto polos documentos Proxecto técnico subestación Alto da Telleira 220/30 kV, de febreiro de 2023, asinado por Sergio Rodríguez, colexiado número 482 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, e visado con número V230083, do 23.2.2023, por ese mesmo colexio, e Proxecto de execución parque eólico Alto da Telleira, de marzo de 2023, asinado por José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado número 1.185 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e visado con número 20231012, do 3.4.2023, por ese mesmo colexio.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Alto da Telleira, S.L.

Domicilio social: Parque San Lázaro 7, 1º, 32003 Ourense.

Denominación: parque eólico Alto da Telleira.

Potencia instalada: 16,9 MW.

Potencia autorizada/evacuable: 16,9 MW.

Produción neta: 47.472 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 2.809 h.

Concellos afectados: A Cañiza e Covelo (Pontevedra).

Orzamento de execución material: 18.660.338 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértice

poligonal

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

555.875,00

4.679.651,00

2

557.875,00

4.679.651,00

3

557.875,00

4.677.785,00

4

557.375,00

4.674.785,00

5

553.875,00

4.674.785,00

6

553.875,00

4.678.285,00

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

ID

Aeroxerador (proxecto)

Coordenadas UTM

Modelo

Potencia nominal unitaria (MW)

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

1

5

556.172,00

4.678.922,00

V162

6,2

2

6

556.370,00

4.678.569,00

V150

4,5

3

8

557.087,00

4.678.354,00

V162

6,2

Coordenadas da subestación do parque eólico:

ID

Subestación

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

4

ENV A

556.207,00

4.678.039,00

5

ENV B

556.157,00

4.678.026,00

6

ENV C

556.164,00

4.678.001,00

7

ENV D

556.152,00

4.677.997,00

8

ENV E

556.166,00

4.677.947,00

9

ENV F

556.227,00

4.677.963,00

Coordenadas da arqueta receptora:

ID

Arqueta receptora

Coordenadas UTM

(fuso 29 ETRS89)

X

Y

10

T1

556.163,00

4.677.975,00

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 2 aeroxeradores Vestas V162 de 6,2 MW de potencia nominal unitaria, de 119 m de altura da buxa, de 162 m de diámetro de rotor e con 200 m de punta de pa, e 1 aeroxerador Vestas V150 de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, de 105 m de altura da buxa, de 150 m de diámetro de rotor e con 180 m de punta de pa.

– 3 centros de transformación, 2 de 7.000 kVA e 1 de 5.300 kVA de potencia nominal unitaria, de relación de transformación 0,72/30 kV, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador, co seu correspondente equipamento de seccionamento, manobra e protección.

– Rede de media tensión soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores 0,72/30 kV e a subestación transformadora 220/30 kV, composta por 2 circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 1×240,400 Al 18/36 kV + H16 de distintas seccións (240-400 mm2).

– Subestación transformadora 220/30 kV, con edificio de control, proxectada en 2 fases:

• Fase I: instalacións previstas para evacuación da enerxía producida no parque eólico Alto da Telleira, entre outros, que inclúen un transformador principal 220/30 kV, de 38/50 MVA ONAN/ONAF e un transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,242 kV de 100 kVA ONAN cos equipos correspondentes de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Fase II: instalacións en previsión da futura conexión doutros parques eólicos na subestación Alto da Telleira, que inclúen un transformador principal 220/30 kV, de 90/120 MVA ONAN/ONAF e un transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,242 kV de 100 kVA ONAN cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Liña soterrada de alta tensión en circuíto Simplex de condutor RHZ1-RA+2OL 127/220 kV 1×630 KAl + H250 de 256,4 m de lonxitude con orixe nos soportes de transición no interior da subestación Alto da Telleira 220/30 kV e final nos soportes de transición da posición EVRE da subestación Fontefría.

– Obra civil consistente en camiños de acceso aos aeroxeradores, subestación, edificio de control, cimentacións, plataformas de aeroxeradores e gabias de cablaxe.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Alto da Telleira, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 265.243 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia, regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

4. Con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberalle achegar á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o Plan de vixilancia e seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da declaración de impacto ambiental.

5. En canto aos bens e dereitos afectados por este parque eólico e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade. En concreto, deberá cumprir o condicionado recollido no informe de Red Eléctrica de España, S.A., do 14.3.2023, sen prexuízo das condicións impostas polos demais organismos e empresas que informaron.

6. No caso de que se manifestasen perturbacións ou interferencias nos servizos de telecomunicacións legalmente autorizados, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, o promotor deberá adoptar as medidas necesarias para restablecer as condicións previas de calidade dos servizos afectados e para eliminar calquera posible afectación a estes.

7. Así mesmo, con carácter previo ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante esta dirección xeral a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para a configuración final do parque eólico, recollida no proxecto de execución obxecto desta resolución.

8. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 19.1.2023, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

En concreto, o promotor deberá obter, con carácter previo ao inicio das obras do parque eólico, os informes requiridos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural: punto 4 da declaración de impacto ambiental.

9. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

10. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial de Pontevedra da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas neste acordo e as demais que sexan de aplicación.

11. De conformidade coa disposición transitoria cuarta da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contados desde a notificación da autorización administrativa de construción, para obter a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

12. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.

13. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do/da interesado/a.

14. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou doutros condicionados técnicos de organismos ou empresas de servizo público ou interese xeral afectados, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

15. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os/as interesados/as poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais