Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de xaneiro de 2023 relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes do monte veciñal en man común Touza e do de Xeixadelo e Carballeiras, no concello de Laza.

Examinada a solicitude de deslinde formulada polos representantes do MVMC Touza, pertencente á CMMVVMC de Soutelo Verde e Carraxó, e do MVMC Xeixadelo e Carballeiras, pertencente á CMMVVMC de Vilameá, no concello de Laza, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 8.7.2022 a CMVMC de Soutelo Verde e Carraxó (V32181133) presentou unha solicitude (REXEL núm. 2022/1792484) de deslindamento por avinza do MVMC Touza co MVMC Xeixadelo e Carballeiras, no concello de Laza.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Acta de deslindamento do 4.3.2022.

– Memoria e planos.

– Acta de conciliación redactada no Xulgado de Paz de Laza.

– Certificacións de aprobación das respectivas asembleas xerais.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense, do 9 de novembro de 2022, fai constar que o linde obxecto de revisión e acordo inclúe a extensión completa dos límites entre ambos os MVMC.

A configuración espacial do monte, despois da revisión, non varía practicamente do esbozo da clasificación, mantense o aspecto orixinal do esbozo da clasificación e atense ao disposto nas carpetas fichas:

• Touza de Carraxó e Soutelo Verde: polo río abaixo (Támega) divide primeiro cos termos de Castro e despois cos de Vilameá ata o muíño da Poula, de onde sobe cara ao SO, dividindo co monte de Vilameá polo alto da Pipa e segundo unha lomba que chega á Penediña Alta ou Fontiñas, onde xa entra no Monte de Souteliño (...).

• Xeixadelo e Carballeiras de Vilameá: (...) o monte de Souteliño, co que sobe pola valgada de Val de Cobras, de EO ata Penediña Alta ou Fontiñas. Neste punto concorre tamén o monte Touza de Carraxó e Soutelo Verde, co que baixa cara ao NE segundo unha lomba polo alto da Pipa ata baixar ao río Támega polo muíño da Poula.

A superficie do MVMC Touza, co presente deslinde, sería de 782,4526 ha fronte ás 800 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 2,2 %. E a superficie do MVMC Xeixadelo e Carballeiras, co presente deslinde, sería de 428,8342 ha fronte ás 456 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 6 %.

O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que propón ao Xurado Provincial súa aprobación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Esta resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que hai que seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes, do 9 de novembro de 2022, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 13 de decembro de 2022:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras do MVMC Touza, pertencente á CMMVVMC de Soutelo Verde e Carraxó, e do MVMC Xeixadelo e Carballeiras, pertencente á CMMVVMC de Vilameá, no concello de Laza.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de xaneiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense