Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2023 Páx. 13354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 10 de xaneiro de 2023 relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes do monte veciñal en man común O Castro e o de Pereira, nos concellos de Cartelle e A Merca (Ourense).

Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do MVMC O Castro, pertencente á CMMVVMC de Lamas de Outeiro e Sabucedo; e do MVMC de Pereira, pertencente á CMMVVMC de Pereira, nos concellos de Cartelle e A Merca resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 25.9.2022, a CMMVVMC de Lamas de Outeiro e Sabucedo presentou un escrito (rexel 2022/2348628) en que solicitan a aprobación dun deslindamento coa CMMVVMC de Pereira.

Posteriormente, a dita comunidade presentou outro escrito o día 28.9.2022 (rexel 2022/2386355), co cal achegou a seguinte documentación:

– Acta de deslindamento do 5.8.2022.

– Memoria e planos, incluídos arquivos dixitais vectoriais en formato shape, que conteñen a información xeográfica do deslindamento.

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz da Merca.

– Certificacións de aprobación das respectivas asembleas xerais.

– Informe de validación gráfica emitido pola Dirección Xeral do Catastro.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 21 de novembro de 2022 fai constar que a documentación achegada corresponde ao deslindamento do perímetro estremeiro entre o MVMC O Castro, pertencente á CMMVVMC de Lamas de Outeiro e Sabucedo, e o MVMC de Pereira, pertencente á CMMVVMC de Pereira, desde o vértice 1 (o situado máis ao N) ata o vértice 3 (o situado máis ao S).

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se vai seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 21 de novembro de 2022, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 13 de decembro de 2022:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC O Castro, pertencente á CMMVVMC de Lamas de Outeiro e Sabucedo; e do MVMC de Pereira, pertencente á CMMVVMC de Pereira, nos concellos de Cartelle e A Merca

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de xaneiro de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense