Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, da Xefatura territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santiso (expediente IN407A 2021/205-1).

Expediente: IN407A 2021/205-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Aldea Sardecoiro.

Concello: Santiso.

Feitos:

Primeiro. O 27 de outubro de 2021, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Aldea Sardecoiro, coa finalidade de atender a petición de ampliación de potencia a 25 kW para unha granxa na Aldea Sardecoiro, concello de Santiso, proxectouse para tal fin a instalación dun centro de transformación (CT) de intemperie de 100 kVA de potencia, dunha liña aérea de media tensión aérea que o enlazará coa liña de distribución de media tensión LMT POR-803 MELIDE 3 (expediente 51.048) e de novas saídas de baixa tensión desde o centro de transformación proxectado que conectarán coa rede de baixa tensión da zona.

Segundo. O promotor achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Aldea Sardecoiro, subscrito o 9.4.2021 por Pablo López Alonso, enxeñeiro técnico industrial (colexiado núm. 3.802, do COETI da Coruña), acompañado da declaración responsable asinada o 15.9.2021 polo técnico proxectista, conforme a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se van aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía (DOG núm. 229, do 30 de novembro).

Terceiro. Na epígrafe 4 Regulamentación da memoria do proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento de toda a normativa que é de aplicación, de conformidade co punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Cuarto. A solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. inclúe unha relación concreta e individualizada dos bens e/ou dereitos que o solicitante considera de necesaria expropiación segundo o establecido no artigo 55 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Quinto. A solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A. someteuse ao trámite de información pública por Acordo do 1.7.2022 desta xefatura territorial, que foi publicado nos seguintes medios:

– DOG: núm. 146, do 2.8.2022.

– BOP: núm. 133, do 14.7.2022.

– Xornal La Voz de Galicia: do 21.7.2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Santiso, segundo certificación emitida o 1.9.2022 polo secretario interventor do Concello de Santiso.

Sexto. De acordo co establecido nos artigos 127, 131 e 146 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas que emitisen informe ou, de ser o caso, establecesen o condicionado técnico que considerasen pertinente sobre a proposta técnica recollida no proxecto de referencia obxecto da solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A., para o que lles foi remitida unha separata do dito proxecto contendo as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación puidese afectar a bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Santiso e Servizo de Patrimonio Cultural.

Sétimo. O 16.11.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

Segunda. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución de 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas Instrucións Técnicas Complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Lei de 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto de 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Terceira. As características mais significativas das instalacións recollidas no proxecto LMT, CT e RBT Aldea Sardecoiro, obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

– Substitución do apoio nº 41-14 (matrícula: ATTSM7K3) da LMT POR-703 MELIDE 3, de formigón tipo S-AL-HV-400/13-B1, polo novo apoio metálico tipo AM-C-2000/14-H35-CA/CS.

– LMT aérea, a 15 kV, de 1.066 metros de lonxitude, en condutor tipo LA-56, que se tenderá sobre sete (7) novos apoios metálicos tipo C-1000/18 (4), C-1000/22 (1), C-2000/18 (1) e C-2000/14 (1), con orixe no novo apoio metálico tipo C-2000/14 (apoio nº 0) e remate no apoio proxectado nº 7, metálico tipo FL-C-2000/14-H35-CA no que se instalará o CTI proxectado.

– CT de intemperie Aldea Sardecoiro, de 100 kVA de potencia e relación de transformación 15.000/400-230 V.

– Localización: lugar de Sardecoiro, Visantoña. Concello de Santiso.

Cuarta. Non consta no expediente que durante o trámite de información pública fosen presentadas alegacións en oposición á solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A., de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto LMT, CT e RBT Aldea Sardecoiro .

Quinta. A promotora da instalación, UFD Distribución Electricidad, S.A., manifestou a súa conformidade cos informes emitidos polo Concello de Santiso e polo Servizo de Patrimonio Cultural (Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña) referentes ás separatas que lles foron remitidas.

Sexta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

Conceder a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción das instalacións recollidas no proxecto LMT, CT e RBT Aldea Sardecoiro no termo municipal de Santiso, de características anteriormente descritas.

Declarar a utilidade pública, en concreto, das anteditas instalacións eléctricas, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto, axustarase ás seguintes condicións:

– As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado LMT, CT e RBT Aldea Sardecoiro, asinado por Pablo López Alonso, enxeñeiro técnico industrial (colexiado número 3.802, do COETI da Coruña), acompañado da declaración responsable asinada o 15.9.2021 polo técnico proxectista, conforme a Instrución 5/2012, do 15 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios que se van aplicar para exixir visado colexial en materia de industria e enerxía, e no que figura un orzamento de execución material de 83.477,92 €.

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, e en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– A presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV, de conformidade co artigo 111 do Real decreto 1955/2000, de 1 de decembro.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

– No que se refire aos bens e dereitos afectados por esta instalación eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, UFD Distribución Electricidad, S.A. respectará en todo momento os condicionados, informes e/ou autorizacións emitidos por estes.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará expresamente a esta xefatura territorial a autorización de explotación destas acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación esixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro.

A Coruña, 23 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña