Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2022/127-1).

Expediente: IN407A 2022/127-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMT, CT e RBT As Viñas.

Concello: Narón.

Feitos:

Primero. O día 13.4.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da devandita instalación de distribución eléctrica.

Achegan o proxecto que inclúe a memoria, os planos e o orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución da LMT, CT e RBT As Viñas, asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, esp. electricidade, con número de colexiado 2980 de Vigo, o 13.1.2022 con número de visado 22200072 do 13.1.2022. Segundo consta nesta xefatura territorial, a especialidade do proxectista quedou acreditada mediante o certificado emitido polo COITI de Vigo o 28.10.2022 no que se indica que Victoriano González Lemos é enxeñeiro técnico industrial e ten a especialidade de electricidade.

– Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, con número de colexiado 15.670 de Madrid, o 7.6.2022.

Segundo. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a resolución publicada nos seguintes medios:

Acordo de información pública: 19.9.2022.

– DOG: 11.10.2022.

– BOP: 23.9.2022.

– Xornal La Voz de Galicia: 29.9.2022.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 9.11.2022.

Terceiro. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto da publicación.

Cuarto. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Narón e a Deputación Provincial da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polo Concello de Narón. A Deputación Provincial da Coruña non contestou á solicitude no prazo outorgado, polo que en aplicación do disposto no artigo 127 do Real decreto 1955/2000 entenderase a súa conformidade coa autorización da instalación.

Quinto. O 23.12.2022 foi emitido o preceptivo informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Terceira. Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 801 m (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) mm2 Al, con orixe no PA/S proxectado, en substitución do existente, no apoio núm. AQGAR7P4//10 existente da liña LMT CRN-705 (expediente 27.263) e remate no empalme proxectado en PAR na LMT CRN-705 (expediente 51.244).

–CT en rúa Cortiña Grande compacto prefabricado telecontrolado de manobra exterior, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte a todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

c) A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 23 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña