Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección dunha parcela pola instalación eléctrica dun apoio e reconectador na LMT GON8032508 prevista no término municipal de Baiona (expediente IN407 2022/472-4).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), por resultar descoñecida a persoa interesada, notifícaselle a información pública da solicitude de declaración de utilidade pública da instalación eléctrica dun apoio e reconectador na LMT GON8032508 (expediente IN407 2022/472-4) e as afeccións da parcela indicada no anexo.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Provincial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 21 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/472-4.

Denominación: instalación dun apoio e reconectador na LMT GON8032508.

Concello: Baiona.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Guillade

Rústico

54003A026000660000HL

Descoñecido/a

1

1,44