Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Escoiras, nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN408A/2020/018).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

• O 25.3.2022, Adelanta Corporación, S.A. presentou solicitude de modificación substancial para a autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Escoiras, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), e pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• O 30.5.2022, notificóuselle á promotora o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro (en adiante a Lei 8/2009).

• O 10.6.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais solicitou o informe recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009 ao órgano competente en materia de territorio.

• O 5.7.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no mencionado artigo 33.7, no cal se indica que os aeroxeradores cumpren coa distancia mínima de 900 m a núcleos de poboación regulada no PSEGA respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

• O 15.11.2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN achegou a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/Promotora: Adelanta Corporación, S.A. NIF A32015547.

Domicilio social: parque de San Lázaro, nº 7, andar 1, 32003 Ourense.

Denominación do proxecto: parque eólico Escoiras.

Situación: concellos de Muras e Ourol (Lugo).

Potencia instalada: 21 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 62.938 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 12.408.576 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

611.800

4.818.400

2

612.600

4.818.400

3

612.600

4.817.400

4

612.349

4.817.400

5

611.658

4.817.950

6

611.075

4.817.204

7

611.010

4.817.204

8

611.010

4.817.304

9

610.600

4.817.550

10

610.600

4.818.000

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

ESC1

612.188

4.818.131

Muras

ESC2

612.461

4.818.146

Muras

ESC3

611.183

4.817.849

Muras

ESC4

611.013

4.817.455

Ourol

Características técnicas principais das instalacións:

• Catro (4) aeroxeradores, dous (2) de 6.0 MW de potencia nominal unitaria, con 105 m de altura de buxa e 150 m de diámetro de rotor e dous (2) de 4.5 MW de potencia nominal unitaria, con 82/105 m de altura de buxa e 136 m de diámetro de rotor.

• Catro (4) centros de transformación integrados no interior de cada un dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 7.000 kVA, no caso dos dous aeroxeradores de 6.0 MW, e de 5.300 kVA no caso dos dous de 4.5 MW, relación de transformación 0,72/30 kV e co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

• Rede eléctrica para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre os aeroxeradores e o centro de seccionamento e medición, composta por tramo soterrado con condutores tipo RHZ1-OL 1×240mm2 Al 18/30 kV + H16. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións, e por tramo aéreo con condutores LA-145 (119-AL1/28-ST1A).

• Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, centro de seccionamento e medición, cimentacións e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (asinado o 25.3.2022).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 15.7.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (asinado o 25.3.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Muras e Ourol (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/escoiras

Lugo, 2 de decembro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo