Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/170-1).

Expediente: IN407A 2022/170-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LAMT CDR803 Valdoviño 3 entre apoios ASF6VVXO//86 e ASN5S73H//82.

Concello: Valdoviño.

1. Características técnicas:

Retensado tramo LMTA a 20 kV, de 518 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº ASF6VVXO//86 existente da LMT CDR803 Valdoviño 3 (expediente 7989/24561), procedente da subestación Cedeira, e remate no apoio nº ASN5S73H//82 existente. Substitución dos apoios de formigón nº ASGTRK05//85 e ASJBL5V6//84 por uns de tipo C-1000-16 e C-2000-14 respectivamente.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 17 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Número de predio: 1.

Lugar: Bacorelle.

Referencia catastral: polígono 21-parcela 1090.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietaria: Mª Consuelo Varela González.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: ASGTRK05//85.

• m2: 2,0.

Número de predio: 2.

Lugar: Portomaior.

Referencia catastral: polígono 21-parcela 363.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietario: Manuel Díaz Pazos.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: ASJBL5V6//84.

• m2: 2,0.