Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63193

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se nomea profesorado do corpo docente universitario de profesor titular de universidade.

De conformidade coa proposta elevada polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante a Resolución desta universidade do 5 de xullo de 2022 (BOE do 18 de xullo), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base novena da convocatoria, esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolve efectuar os nomeamentos das persoas que se relacionan no anexo.

Os citados nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación de esta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO


concurso

Nome

Apelidos

DNI

Corpo docente

Área de coñecemento

Departamento

Localidade

Código
praza

102T/22

María Inmaculada

Valeije Álvarez

***4526**

Profesor/a titular de universidade

Dereito Penal

Dereito Público Especial e da Empresa

Santiago de Compostela

C01932

106T/22

Manuel

González López

***9319**

Profesor/a titular de universidade

Economía Aplicada

Economía Aplicada

Santiago de Compostela

C01936

107T/22

Gonzalo

Rodríguez Rodríguez

***6042**

Profesor/a titular de universidade

Economía Aplicada

Economía Aplicada

Santiago de Compostela

C01937

116T/22

Abraham Antonio

Gallas Torreira

***9013**

Profesor/a titular de universidade

Física Atómica, Molecular e Nuclear

Física de Partículas

Santiago de Compostela

C01895

121T/22

Julia María

Crespo Comesaña

***8078**

Profesor/a titular de universidade

Didáctica e Organización Escolar

Pedagoxía e Didáctica

Santiago de Compostela

C01947

122T/22

María Dolores

Fernández Tilve

***1744**

Profesor/a titular de universidade

Didáctica e Organización Escolar

Pedagoxía e Didáctica

Santiago de Compostela

C01948

123T/22

Josefa del Carmen

Fernández de la Iglesia

***9773**

Profesor/a titular de universidade

Didáctica e Organización Escolar

Pedagoxía e Didáctica

Santiago de Compostela

C01949

124T/22

Laura María

Varela Crespo

***6448**

Profesor/a titular de universidade

Teoría e Historia da Educación

Pedagoxía e Didáctica

Santiago de Compostela

C01950

125T/22

Mónica

Alzate García

***9455**

Profesor/a titular de universidade

Psicoloxía Social

Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía

Santiago de Compostela

C01951