Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 13 de decembro de 2022 Páx. 63202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ames (expediente-e IN407A 2022/190-1).

Expediente-e: IN407A 2022/190-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: ampliación de potencia CT Augapesada (15AI81).

Concello: Ames.

Feitos:

Primeiro. O 8 de xuño de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Ampliación de potencia CT Augapesada (15AI81), coa finalidade de atender unha petición de subministración de 5,75 kW para unha vivenda unifamiliar no lugar de Augapesada, termo municipal de Ames; para tal fin proxéctase a substitución do transformador de 100 kVA de potencia existente no centro de transformación (CT) Augapesada (expediente 27222/matrícula 15AI81), alimentado pola liña de media tensión de distribución LMT SNT-821 procedente da subestación Santiago, e instálase un novo transformador de 160 kVA de potencia no mesmo apoio existente e unha nova saída en baixa tensión que enlazará coa acometida do solicitante.

Segundo. A promotora achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Ampliación de potencia CT Augapesada (15AI81), subscrito por Alejandro Fernández Reza, graduado en enxeñaría eléctrica (colexiado nº 4.683 do COETI de Vigo), con visado nº 22201010, do 25.5.2022, do dito órgano colexial.

Terceiro. O técnico proxectista presenta declaración responsable asinada o 2.6.2022, en que manifesta que o proxecto Ampliación de potencia CT Augapesada (15AI81) cumpre con toda a normativa que lle é de aplicación, nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo).

Cuarto. O proxecto presentado por UFD Distribución Electricidad, S.A. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que na execución das instalacións recollidas no proxecto de referencia non se afectan bens e/ou dereitos de propiedade particular.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ou, de ser o caso, o establecemento do condicionado técnico que considerasen pertinente, ás distintas administracións, organismos, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, para o que lles foi remitida unha separata do proxecto que contén as características da instalación e a documentación cartográfica na parte que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Ames, Augas de Galicia e AXI.

Sexto. O 7 de novembro de 2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por UFD Distribución Electricidad, S.A.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE nº 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE nº 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE nº 139, do 9 de xuño).

3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto Ampliación de potencia CT Augapesada (15AI81), obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

• Repotenciación do centro de transformación (CT) de intemperie Augapesada (expediente 27222/matrícula 15AI81), de 100 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, instalado no apoio nº A23I72MR//D51-5-3CT existente da LMT SNT-821 procedente da subestación Santiago; proxéctase a instalación dun novo transformador de 160 kVA de potencia e de nova aparellaxe MT. Retirada do transformador e da aparellaxe MT existentes.

• Retensado do treito aéreo da LMT SNT-821, a 20 kV, de 83 metros de lonxitude, en condutor tipo LA-30, comprendido entre os apoios existentes nº A25A2GSG//D51-5-1 e nº A23I72MR//D51-5-3CT.

• Situación: lugar de Augapesada, termo municipal de Ames.

4. UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade co condicionado emitido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

5. Non consta no expediente que o Concello de Ames nin Augas de Galicia contestasen as solicitudes feitas por esta xefatura territorial, de emisión de informe e/ou establecemento de condicionado técnico na parte que as instalacións do proxecto Ampliación de potencia CT Augapesada (15AI81) afectan, respectivamente, bens e/ou dereitos ao seu cargo, de tal xeito que, de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 do artigo 3 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, enténdese a conformidade do Concello de Ames e de Augas de Galicia coas especificacións técnicas propostas no proxecto de execución.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto Ampliación de potencia CT Augapesada (15AI81), de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Segundo o establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– As instalacións executaranse no prazo dun (1) ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitará a esta xefatura territorial a autorización de explotación destas, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a UFD Distribución Electricidad, S.A. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 11 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña