Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente-e IN407A2022/28-1).

Expediente: IN407A 2022/028-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: ampliación de potencia CT, RBT lg. Aldea Montecelo, nº 31

Situación: concello de Bergondo.

Feitos:

1. O día 2.2.2022, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado ampliación de potencia CT, RBT lg. Aldea Montecelo, nº 31, coa finalidade de ampliación de potencia de 64,60 KW para unha vivenda unifamiliar no lugar de Aldea de Montecelo, concello de Bergondo.

2. Entregou o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

I. Proxecto de execución denominado ampliación de potencia CT, RBT lg. aldea Montecelo, nº 31, asinado por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 1.905 da Coruña, o 29.12.2021.

II. Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid, o 30.5.2022 .

3. Os/as proxectistas realizan declaración responsable, segundo o establecido no punto 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria (DOG do 19 de marzo).

4. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a presente instalación está exenta do trámite de información pública.

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

5. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Bergondo e Patrimonio Cultural.

UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Así mesmo, cómpre indicar que, de acordo co artigo 120 p.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, as autorizacións a que se refire o presente título serán outorgadas, sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse no concello de Bergondo e as súas características técnicas son as seguintes:

– Retensado LMTA a 12 kV, de 231 m, condutor tipo LA-30 Al, con orixe no apoio nº AOMR8CPI//6 existente da LMT PED-703 e remate no apoio nº OMWGG3S//6-1-CT, tipo HV-1000/11-CR1, existente, onde se sitúa o CTI Montecelo (15A702). Novas cadeas de amarre.

– Novo trafo en CTI Montecelo (15A702, expediente 51.734), cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e novo seccionador XS. Retirada do trafo de 50 kVA existente.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo á lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o esixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 18 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña