Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2022 Páx. 53392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Rianxo (expediente-e IN407A 2022/024-1).

Expediente: IN407A 2022/024-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Regulamentación LMT BOI808 (Rianxo)-apoio 9RGVBN7D//69.

Situación: concello de Rianxo.

Feitos:

1. O día 31.1.2022, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Regulamentación LMT BOI808 (Rianxo)-apoio 9RGVBN7D//69.

2. Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Regulamentación LMT BOI808 (Rianxo)-apoio 9RGVBN7D//69, asinado por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 4684 de Vigo, o 15.11.2021.

– Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, número de colexiado 15.670 de Madrid, o 1.6.2022

3. O/os proxectista/s realiza/n declaración responsable, segundo o establecido no punto 1.b), artigo 53, da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria (DOG do 19 de marzo).

4. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a presente instalación está exenta do trámite de información pública.

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

5. De acordo co establecido co artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Rianxo, Deputación Provincial da Coruña e Servizo de Urbanismo-A Coruña.

UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Así mesmo, indicar que de acordo co artigo 120 p.2 do título VII do Real decreto 1955/2000 as autorizacións a que se refire o presente título serán outorgadas, sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

6. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estructura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade de instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións atópanse no lugar de Pazo no concello de Rianxo e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 20 kV, de 268 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no PA/S do apoio proxectado tipo C-16/4500 da LMT MT BOI808 (expediente 50.699) que substituirá o apoio 9RJ4VDLH//67 e remate no empalme que se vai realizar no PAR existente á saída do CS Pazo-Cortizo (15CHNK, IN407A 2011/3). Retirada do tramo LMTS, da LMT MT BOI808 (expediente 50.699), entre o apoio 9REVXSCK//71 e o CS Pazo-Cortizo (15CHNK, IN407A 2011/3).

– Retensado de LMTA a 20 kV, de 121 m, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio nº 9RJ8MKXO//66 existente da LMT MT BOI808 (expediente 50.699) e remate no apoio tipo C-16/4500 proxectado. Retirada do tramo LMTA, da LMT MT BOI808 (expediente 50.699), entre o apoio 9RJ4VDLH//67 e o 9REVXSCK//71.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 18 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña