Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Melide (expediente-e IN407A 2022/006-1).

Expediente-e: IN407A 2022/006-1.

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Denominación: LMTS Castro-San Cibrao.

Situación: concello de Melide.

Feitos:

1. O día 29 de decembro de 2021, Claudio Fuciños Conde, en nome e representación de Eléctrica Fuciños Rivas, S.L., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado LMTS Castro-San Cibrao, coa finalida de pechar un anel entre dous CCTT de xeito que a alimentación deles e dos que se encontran en cada unha das dúas liñas se poida facer por cada unha das liñas de alimentación, asegurando deste xeito a calidade de subministración da maior parte dos veciños de Melide.

2. Entregan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado LMTS Castro-San Cibrao, asinado por Severino A. Calvar Fonterosa, enxeñeiro técnico industrial con nº de colexiado 950 da Coruña, o 26 de decembro de 2021 con nº de visado 2201/21-ST do 27.12.2021.

– Relación de normas UNE que hai que cumprir, asinado por Severino A. Calvar Fonterosa o 10 de marzo de 2022.

3. Os proxectistas realizan declaración responsable, segundo o establecido no número 1.b) do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e a Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria (DOG do 19 de marzo).

4. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, esta instalación está exenta do trámite de información pública.

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

5. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

Eléctrica Fuciños Rivas, S.L. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Melide, Augas de Galicia, AXI e Servizo de Patrimonio Cultural-A Coruña.

Eléctrica Fuciños Rivas, S.L. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

6. Os servizos técnicos desta Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación aplicable a este expediente é a que se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións están nos lugares de Castro e San Cibrao, no concello de Melide, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS a 15 kV (posteriormente a 20 kV), de 1.354 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×95 mm² Al, con orixe na cela proxectada no CTC Castro (IN407A 2018/142-1) e final en cela existente do CTC San Cibrao (IN407A 2021/032-1).

– Nova cela de liña 20 kV en CTC Castro (IN407A 2018/142-1) existente.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar, ante esta xefatura territorial, unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe, no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña