Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Bustelo e Baralláns, nos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco (expediente IN408A 2020/61).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: EDP Renovables España, S.L.U. (CIF B91115196).

Domicilio social: r/ Serrano Galvache, 56, 3º andar, Edificio Encina, parque empresarial Parque Norte, 28033 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: r/ Amio, 114, parque empresarial Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Bustelo e Baralláns.

Número de expediente: IN408A 2020/61.

Concellos afectados: Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña).

Potencia do parque: 36 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6 × 6 MW.

Produción neta: 112,70 Gwh/ano.

Orzamento total (execución material): 28.345.829,07 €.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Bustelo e Baralláns

ADE

Silvarredonda

Vértice poligonal

Parque eólico Bustelo e Baralláns

UTM ETRS 89, fuso 29

UTM-X

UTM-Y

V01

515.400

4.784.960

V02

517.370

4.783.390

V03

517.370

4.782.550

V04

513.750

4.783.250

V05

513.750

4.781.200

V06

516.150

4.780.400

V07

516.150

4.780.020

V08

514.670

4.779.290

V09

513.170

4.779.290

V10

512.630

4.783.640

Aeroxerador

Parque eólico Bustelo e Baralláns

UTM ETRS 89, fuso 29

UTM-X

UTM-Y

BB-01

513.492,03

4.780.714,47

BB-02

514.531,33

4.780.648,22

BB-03

514.917,79

4.780.477,07

BB-04

515.890,76

4.780.210,55

BB-05

514.336,86

4.783.520,09

BB-06

515.358,73

4.784.648,61

Torre meteorolóxica

Parque eólico Bustelo e Baralláns

UTM ETRS 89, fuso 29

UTM-X

UTM-Y

TM-BB

513.495

4.780.359

Subestación

Parque eólico Bustelo e Baralláns

UTM ETRS 89, fuso 29

UTM-X

UTM-Y

V01

512.961

4.783.504

V02

512.969

4.783.506

V03

512.979

4.783.470

V04

512.971

4.783.468

Características técnicas das instalacións:

• 6 aeroxeradores modelo SG155 fabricante Siemens-Gamesa ou similar, de 6 MW de potencia unitaria. Aeroxeradores con velocidade variable e paso variable, teñen unha altura ata a buxa de 122,5 m e diámetro de rotor de 155 m.

• 6 centros de transformación, un dentro de cada aeroxerador, tipo seco de potencia unitaria 6.500 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas metálicas de seccionamiento, manobra e protección.

• Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque de 30/220 kV, composta por dous circuítos condutores tipo AL-RH1-0L 18/30 kV de seccións 95, 240, 400, 630 mm² de aluminio.

• Rede de terras xeral de modo que as instalacións electromecánicas e subestación do parque eólico formen un conxunto equipotencial. A rede de terras dos aeroxeradores consistirá en dous aneis formados por cable espido de 70 mm² de sección, o inferior situado en torno á zapata, en contacto directo co terreo, e o superior sobre ela, arredor do pedestal e a 0,5 m de profundidade. A rede de terras da subestación consistirá nun cable de Cu de 120 mm².

• Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.

• Unha torre meteorolóxica de 122,5 m.

• A subestación de 220/30 kV coa seguinte configuración:

◦ Sistema de 220 kV (simple barra-intemperie).

▪ Dúas (2) posicións de liña 220 kV.

▪ Unha (1) posición de transformador de potencia 220/30 kV.

▪ Un (1) transformador de potencia trifásico 75/100 MVA.

◦ Sistema de 30 kV (intemperie).

▪ Un (1) transformador de servizos auxiliares de illamento en aceite, de potencia nominal 100 kVA, relación de transformación 30/0,42 kV.

▪ Unha (1) reactancia trifásica de posta á terra na saída de 30 kV do transformador de potencia.

▪ Dúas (2) baterías de condensadores en intemperie baixo envolvente de aluminio con interruptor automático tripolar con polos decalados transformador de intensidad (unha delas para instalar no futuro).

◦ Sistema de 30 kV (interior).

▪ 4 celas de protección de entrada/saída de liña (2 de elas para instalar no futuro).

▪ 1 cela de protección de secundario de transformador de potencia.

▪ 1 cela de protección de secundario de transformador de potencia (cela de reserva).

▪ 1 cela de protección de transformador de servizos auxiliares.

▪ 1 cela de medida de tensión de barras.

▪ 2 celas de baterías de condensadores (unha de elas para instalar no futuro).

Construirase un edificio para realizar o control e a evacuación dos parques eólicos. Este disporá dunha sala independente para as celas de MT con illamento sólido ou en SF6, sala para control de subestación, sala para os equipamentos de control eólico do parque, despacho, dous almacéns independentes e sala para o grupo electróxeno.

• A evacuación da enerxía xerada no parque eólico Bustelo e Barralláns realizarase de foma conxunta coa enerxía xerada polo parque eólico Alto Torreiro (20,625 MW), obxecto de proxecto independente. A subestación do parque eólico Bustelo e Barralláns permite a transformación da enerxía, desde esta evacúase mediante unha liña aérea ata conectar nunha posición de liña coa subestación Meirama 220 kV, ambos non obxecto do presente proxecto.

Obxecto da información pública.

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xaneiro de 2022, vsdo. o 4.7.2021).

1.1. Plano xeral do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xaneiro de 2022, asdo. o 13.1.2022).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (xullo de 2021. asdo. o 23.7.2021).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. O proxecto faise público para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, e ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 1 de setembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña