Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados correspondentes ao expediente denominado Cambio de localización do CT 11920 Sargadelos e soterramento da LAT 20 kV Espiñeirido 1 (van 3009993199) V.2 (expediente IN407A 2021/23-ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, mediante este anuncio notifícase a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación Cambio de localización do CT 11920 Sargadelos e soterramento da LAT 20 kV Espiñeirido 1 (van 3009993199) V.2, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 29 de agosto de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/23-ATE.

Denominación: Cambio de localización do CT 11920 Sargadelos e soterramento da LAT 20 kV Espiñeirido 1 (van 3009993199) V.2 (concello de Cervo).

Convocatoria actas previas á ocupación.

Predio

Propietario

Concello

Polígono

Parcela

1

Descoñecido

Cervo

38

657