Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (solicitando cita previa no teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 29 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).

Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.

Concello: Culleredo.

Predio

Ref. catastral

Titularidade proposta

17

15031A00500171

Jorge Mariscal Gantes