Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de agosto de 2022 polo que se outorga a autorización administrativa de construción e se declaran a utilidade pública, en concreto, a compatibilidade co dereito mineiro correspondente a un perímetro de protección dos mananciais das augas mineromedicinais e termais en Caldas de Reis, e a prevalencia sobre varios montes veciñais en man común, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, que discorre polos termos municipais de Lousame, Rois, Brión, Teo e Padrón (A Coruña) e Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis (Pontevedra), e promove Red Eléctrica de España, S.A.U. (expediente IN407A 2010/268-1).

En cumprimento do disposto no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de agosto de 2022 polo que se outorga a autorización administrativa de construción e se declaran a utilizade pública, en concreto, a compatibilidade co dereito mineiro correspondente a un perímetro de protección dos mananciais das augas mineromedicinais e termais en Caldas de Reis, e a prevalencia sobre varios montes veciñais en man común, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, que discorre polos termos municipais de Lousame, Rois, Brión, Teo e Padrón (A Coruña) e Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis (Pontevedra), e promove Red Eléctrica de España, S.A.U. (expediente IN407A 2010/268-1), que se recolle como anexo desta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2022

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de agosto de 2022 polo que se outorga a autorización administrativa de construción e se declaran a utilizade pública, en concreto, a compatibilidade co dereito mineiro correspondente a un perímetro de protección dos mananciais das augas mineromedicinais e termais en Caldas de Reis, e a prevalencia sobre varios montes veciñais en man común, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV
DC Lousame-Tivo, que discorre polos termos municipais de Lousame, Rois,
Brión, Teo e Padrón (A Coruña) e Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis (Pontevedra), e promove Red Eléctrica de España, S.A.U. (expediente IN407A 2010/268-1)

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 3.4.2018 Red Eléctrica de España, S.A.U. (en diante, REE) presentou as solicitudes de outorgamento da autorización administrativa de construción e de declaración, en concreto, de utilidade pública para a infraestrutura eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, acompañada da seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución da referida infraestrutura eléctrica, asinado polo enxeñeiro industrial Ángel Gallego del Monte (colexiado nº 5.302 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid) e visado por este colexio con nº 201703690 e data 21.11.2017.

• Declaración responsable do técnico proxectista (incorporada no proxecto), segundo o exixido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

• Separatas técnicas para as entidades afectadas pola infraestrutura eléctrica proxectada: concellos afectados da provincia da Coruña (Lousame, Rois, Brión, Teo e Padrón), concellos afectados da provincia de Pontevedra (Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis), Augas de Galicia, deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra, servizos de Montes da Coruña e Pontevedra, Dirección Xeral de Mobilidade, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, UFD Distribución Electricidad, S.A., Enagás, S.A., Telefónica, S.A., Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

• Documento de declaración de utilidade pública, coa relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

A respecto desta infraestrutura eléctrica, que xa dispón do nº de expediente IN407A 2010/268-1, cabe salientar o seguinte:

• A liña eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo resulta vinculante para REE por estar programada nos seguintes documentos:

– Planificación dos Sectores de Electricidad e Gas 2008-2016, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 30.5.2008.

– Planificación Enerxética. Plan de Desenvolvemento da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica 2015-2020, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 16.10.2015 (BOE núm. 254, do 23.10.2015).

– Planificación da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica Horizonte 2026, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 22.5.2022 (BOE núm. 93, do 19.4.2022).

• O 22.2.2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA), relativa ás instalacións eléctricas denominadas nova subestación 220 kV de Lousame (expediente IN407A 2009/471-1), LAT 220 kV DC Lousame-Tivo (expediente IN407A 2010/268-1), LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos (expediente IN407A 2010/269-1) e LAT 220 kV DC de entrada e saída (E/S) na subestación Lousame da LAT Santiago-Tambre (expediente IN407A 2010/270-1), promovidas por REE nas provincias da Coruña e Pontevedra, da cal se deu publicidade pola Resolución do 27.3.2017 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 100, do 29.5.2017).

• O 21.8.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a REE a autorización administrativa previa da liña eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo (expediente IN407A 2010/268-1), que se publicou no DOG e no BOP (DOG núm. 182, do 25.9.2017; BOP da Coruña núm. 165, do 31.8.2017; BOP de Pontevedra núm. 222, do 20.11.2017).

Segundo consta no proxecto de execución presentado, as características máis salientables da LAT 220 kV DC Lousame-Tivo son as seguintes:

• Liña eléctrica: LAT trifásica con dous condutores por fase, en configuración de dobre circuíto (DC), a 220 kV de tensión nominal, de 40.366 m de lonxitude, en condutor tipo AL/AW Condor, tendida en trinta e unha (31) aliñacións sobre torres metálicas de celosía enclavadas en zapatas de formigón individuais e postas a terra en aneis pechados de aceiro descarburado, para unha capacidade térmica de transporte de 757,2 MVA/circuíto (verán) e de 890,1 MVA/circuíto (inverno), coa orixe en posición de liña instalada na subestación Lousame (expediente IN407A 2009/471-1) sita no termo municipal de Lousame (A Coruña), e remate en posición de liña instalada na subestación Tivo, sita no termo municipal de Caldas de Reis (Pontevedra). Condutor composto terra-óptico tipo OPGW-tipo1-17kA-15.3 e condutor de terra convencional tipo Alumoweld 7n7. Illadores de vidro.

• Orzamento de execución material: 12.697.872 €.

• Observacións: inicialmente REE acometerá a instalación, cunha configuración de dobre circuíto (DC), das oitenta e nove (89) torres metálicas de celosía, xunto cos seus elementos asociados, pero soamente procederá ao tendido dun dos dous condutores por fase proxectados. Estes traballos terán a condición construtiva de fase I, e o tendido do segundo circuíto proxectado e as súas manobras asociadas quedarán baixo a condición construtiva de fase II.

Segundo. O 22.8.2019 a Xefatura Territorial da Coruña (en diante, XTCoruña) ditou acordo polo que se someteron a información pública as solicitudes feitas por REE, de outorgamento da autorización administrativa de construción e de declaración, en concreto, de utilidade pública, da liña eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, que se publicou en varios diarios (DOG núm. 188, do 3.10.2019; BOP da Coruña núm. 175, do 16.9.2019; BOP de Pontevedra núm. 188, do 1.10.2019, La Voz de Galicia do 15.10.2019 e Faro de Vigo do 15.10.2019) e foi exposto nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados. Simultaneamente, practicou as notificacións individuais da solicitude de declaración de utilidade pública en concreto, aos titulares dos predios afectados que figuran na RBDA publicada, con enderezo coñecido. Así mesmo:

• Para aquelas parcelas que figura na RBDA con propietarios descoñecidos e suxeitas ao procedemento de investigación disposto no artigo 47 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, remitiu unha relación delas acompañada dun exemplar do proxecto de execución á Axencia Tributaria para o seu coñecemento e efectos oportunos no ámbito das súas competencias.

• Para aqueles afectados para os cales non se puido practicar a notificación, ditou un anuncio, con data do 5.3.2021, para os efectos da súa notificación, que se publicou no DOG núm. 53, do 3.11.2020 e no taboleiro de edictos único do BOE núm. 81, do 5.4.2021.

Durante o período de información pública presentáronse varios escritos de alegacións, dos cales se deu traslado a REE para que presentase a súa contestación a eles. A continuación relaciónanse as persoas alegantes, recollendo un resumo do contido dos seus escritos de alegacións, segundo a súa pertenza ao ámbito territorial da XTCoruña ou da Xefatura Territorial de Pontevedra desta consellería (en diante, XTPontevedra).

Alegacións correspondentes ao ámbito da XTCoruña:

1.a.i.1) Jesús Campos Rey alega que é o propietario do predio con referencia catastral 15075A15800244, de Rois (nº 352-5), afectado pola servidume de paso para acceso ao apoio T-13, e que a natureza do terreo que figura na RBDA publicada non é a real.

1.a.i.2) María del Carmen Freire Cruces alega que é a propietaria do predio con referencia catastral 15075A16000582, de Rois (nº 349), afectado pola servidume de voo, pola superficie de corta e pola ocupación temporal, e que a natureza do terreo que figura na RBDA publicada non é a real.

1.a.i.3) Ramón Freire López alega que é o propietario dos predios con referencia catastral 15075A15801106 e 15075A15800248, de Rois (nº 351-6 e 352-3), afectados pola servidume de paso para acceso aos apoios T-12 e T-13, e que a natureza dos terreos que figura na RBDA publicada non é a real.

1.a.i.4) A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Lapido e, no seu nome, a súa presidenta Ana Belén Castro García, alega que tamén é a titular dos predios con referencia catastral 15066A05009024 e 15066A05000760, de Padrón, a pesar de que estes non figuran como da súa titularidade na RBDA. A maiores, manifesta que, ao seu paso pola parcela con referencia catastral 15066A04800562, de Padrón (nº 123), a LAT estaría a afectar unha superficie sobre a que se fixeron obras de mellora e acondicionamento para a construción dun miradoiro a un espazo da Rede Natura 2000 (LIC Ulla-Deza), que foi obxecto de subvención (achegan resolución da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio), e que ao seu paso pola parcela con referencia catastral 15066A05000786 (nº 118) a LAT estaría a afectar unha superficie ocupada por frondosas caducifolias que foi obxecto de tratamentos silvícolas para a súa posta en valor, e que esta actuación foi obxecto dunha axuda cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

1.a.i.5) Estrella Sampayo Figueira alega que é a propietaria do predio con referencia catastral 15075A16000583, de Rois (nº 350), afectado pola liña eléctrica proxectada, e que a natureza do terreo que figura na RBDA publicada non é a real.

1.a.i.6) Luis Tubío Piñeiro alega que é el o propietario dos predios con referencia catastral 15075A16000539, 15075A04000705, 15075A04000701 e 15075A04000712, de Rois (nº 325, 291, 290 e 281) e non a persoa que figura na RBDA (Eduardo Tubío Salgueiros), e que a natureza do terreo que figura na RBDA publicada non é a real.

1.a.i.7) María de los Ángeles, Celia e Montserrat Busto Pedrosa alegan que, na súa condición de herdeiras universais de Divina Pedrosa Sampedro, son as titulares do predio con referencia catastral 15075A03100080, de Rois (nº 63), afectado pola liña eléctrica proxectada, resultando que a relación de titulares que figura na RBDA se debe a un erro catastral.

1.a.i.8) José Ces Tubío alega que é o único herdeiro de Francisco Ces Fernández e, por tal condición, é o titular dos predios con referencia catastral 15075A04000706, 15075F50602022, 15075A16000528, 15075A16000533, 15075A16000607 e 15075A16000601, de Rois (nº 289, 304, 314, 319, 332 e 339), afectados pola liña eléctrica proxectada, e que a natureza dos terreos que figura na RBDA publicada non é a real.

1.a.i.9) Manuel, Pablo, Jorge e Erminda Gómez Sampayo alegan que son os herdeiros lexítimos de Olimpo Gómez Cabo e por tal condición, son os titulares dos predios con referencia catastral 15075A16000530, 15075A16000540 e 15075A16000605, de Rois (predios do proxecto 323, 328 e 337, respectivamente), afectados pola LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, e que a natureza dos terreos que figura na RBDA publicada non é a real.

1.a.i.10) A CMVMC de San Miguel da Costa e, no seu nome, o seu presidente Xiao Somoza Rodríguez, baseándose na Lei de expropiación forzosa e o seu regulamento, na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (MVMC), e en numerosas referencias a distintas sentenzas xudiciais encadradas no ámbito dos MVMC, alega que ten interposta demanda de conciliación fronte á CMVMC de Quintáns en relación cos predios con referencia catastral 15075A16000643 e 15075A00800002, de Rois (predios do proxecto 351 e 353-1, respectivamente) e fronte á CMVMC de Riobó en relación co predio de referencia catastral 15075A15700073, de Rois (predio do proxecto 353).

1.a.i.11) Marcelino Tronceda Rivas alega que é fillo e herdeiro de Nieves Rivas Rodríguez e neto e herdeiro por parte de pai (falecido) de Ramón Tronceda Martínez e Rosa Barreiro Rivas (xa falecidos) e, por tal condición, é propietario e/ou herdeiro dos predios con referencia catastral 15075A14700171, 15075A14700180, 15075A14700182, 15075A14700183, 15075A14700186, 15075A14700189, 15075A14700199, 15075A14700257, 15075A14700258 e 15075A14700315, de Rois (nº 410, 416, 418, 420, 424, 427, 432, 440, 447 e 468), e dos predios con referencia catastral 15013A05801469, 15013A05801459, 15013A05801452, 15013A05801384, 15013A05801365, 15013A05801324, 15013A05801336, 15013A05801334, 15013A05801631 e 15013B50300833, de Brión (nº 6, 16, 23, 35, 48, 55-6, 66, 68, 87 e 111), afectados pola liña eléctrica proxectada, e que non está de acordo co trazado seleccionado polos técnicos da consellería, porque ao estar afectado nos concellos de Rois e Brión, o número de parcelas expropiadas é excesivo, nin coa descrición da parcela 833 do polígono 503 de Brión, xa que se trata dunha parcela destinada a vivenda que dispón de zona de cultivo, que ten como referencia catastral 7502205NH2470S0001ME e nela hai dúas fontes de auga potable destinadas, unha, ao consumo e, a outra, a regadío.

1.a.i.12) Mariano Pineda Rodríguez e un grupo de veciños de Rois (102) alegan, a respecto do trazado proxectado da liña eléctrica, que o proxecto presentado para a nova instalación dunha LAT entre as subestacións de Lousame e Tivo non contén unha explicación razoable que acredite a necesidade de crear esta nova liña nin a súa traxectoria, cun traxecto máis longo e, polo tanto, máis custoso que o recollido no proxecto de febreiro de 2006 en que se recollía unha liña que unía as subestacións de Lousame, Mazaricos e Tivo a través de Noia e Vilagarcía de Arousa. En canto a outras cuestións, manifestan:

– Que o control da Administración sobre os proxectos de instalacións eléctricas implica a necesidade de comprobar se os criterios empregados neles son razoables e cumpren a súa función co menor prexuízo posible aos administrados. Para iso, o proxecto debe conter unha explicación adecuada dos ditos criterios, xustificando tanto a necesidade da declaración de utilidade pública como da consecuente expropiación de bens e dereitos particulares. Conclúen este punto dicindo que non existe xustificación concreta sobre a elección do traxecto da LAT e os beneficios que esta podería comportar respecto a outros trazados alternativos, motivo polo que debería denegarse a autorización para a súa realización.

– Consideran que se está a incumprir a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, por diversos motivos, no referente á afección da LAT sobre o que os alegantes denominan ben cultural catalogado pola Xunta de Galicia como é o Castro Lupario e o conxunto histórico-artístico existente na súa contorna: aldea de Angueira de Castro, Camiño de Santiago e bens culturais na aldea do Faramello e Francos, entre outros.

– Que se está a vulnerar o principio de menor gravosidade para o predio servente, ao entender que se están a crear unha serie de servidumes de paso que vulneran claramente este principio. Indican que aínda que a servidume de paso de enerxía eléctrica teña a consideración de servidume legal (artigo 27.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico), esta deberá axustarse ao principio básico establecido no artigo 565 do Código civil, «... a servidume de paso debe darse polo punto menos prexudicial ao predio servente e, en canto fora conciliable con esta regra, por onde sexa menor a distancia do predio dominante ao camiño público», motivo polo que debe corrixirse o trazado das servidumes de paso e configurarse de conformidade coa legalidade vixente.

– En canto á titularidade de parcelas afectadas, o grupo de veciños alegante indica que na RBDA hai moitos erros en canto á titularidade dos bens e tamén respecto á súa configuración e características, e que reservan para si o dereito a manifestar os ditos erros no momento en que se levanten as actas previas á ocupación.

A esta alegación incorporouse un escrito asinado polo alcalde de Rois con data do 17.12.2019, de apoio ao manifestado polos alegantes.

1.a.i.13) A Asociación Profesional de Conservadores-Restauradores de Bienes Culturales de España (ACRE) e, no seu nome, a súa presidenta Ana Galán Pérez alega que o trazado da LAT Lousame-Tivo afecta o patrimonio cultural e natural dos concellos de Rois e Teo, entre outros, e de lugares tan destacados como:

– O Castro Lupario, ben cultural catalogado pola Xunta e con protección integral segundo a Lei 5/2016, de patrimonio de Galicia.

– O Camiño de Santiago e, máis en concreto, o Camiño Portugués e unha zona do antigo Camiño Real (tamén protexido pola Lei 5/2016).

– As aldeas de Angueira de Castro, O Faramello e Francos, entre outras, afectando a patrimonio histórico-artístico de gran relevancia como o Pazo do Faramello ou patrimonio natural como a Carballeira de Francos.

– Que no ano 2006 expúxose outro proxecto da liña cun percorrido máis curto, polo tanto menos custoso, e que non afectaba o patrimonio indicado, polo que cremos que hai alternativas factibles para non danar visualmente estes lugares.

1.a.i.14) O Consello da Cultura Galega, comunicando que a Comisión Executiva do Consello acordou o 10.3.2020, transmítelle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a preocupación da dita institución polos efectos que no patrimonio puidese ter a construción das liñas eléctricas LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos e LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, promovidas por REE. A respecto do trazado desta última, que afecta os lugares de Castro Lupario, Angueira e O Faramello, informa que tomou en consideración pedir un informe dos efectos do seu trazado sobre o patrimonio material e inmaterial. O informe a que fai referencia, foi presentado o 2.3.2021.

1.a.i.15) O 21.1.2021 Norvento, S.L.U., como promotor do parque eólico de Olerón (expediente IN661A 2010/12-1), presentou escrito en que fai constar que o trazado da LAT se proxecta a unha distancia dos aeroxeradores do seu parque eólico inferior á exixida regulamentariamente, e solicita a súa verificación por parte da Administración. Posteriormente, con data do 26.2.2021, presentou novo escrito en que fai constar que comprobaron con REE a inexistencia da suposta interferencia da LAT proxectada sobre o parque eólico de Olerón.

Alegacións correspondentes ao ámbito da XTPontevedra:

1.a.i.1) A CMVMC de Setecoros alega que a parcela de referencia catastral 36056A02501487 (pol. 25 e par. 1487), que figura na RBDA publicada coa titularidade «en investigación», é da súa titularidade segundo documentación que acompaña. Na devandita parcela, no punto de coordenadas UTM (X=531848,1755; Y= 4724466,2730) prodúcese un cruzamento cunha acometida de fibra óptica que discorre polo cortalumes divisorio entre a CMVMC de Setecoros do concello de Valga e a CMVMC de Magán no concello de Cuntis. A CMVMC de Setecoros ten establecido un contrato polo paso da acometida da fibra óptica con Vodafone España, S.A.U., e procede, pola súa parte, o 14.10.2019 a dar parte da incidencia de paso do trazado da LAT segundo establece o referido contrato.

1.a.i.2) Marisol García Iglesias manifesta que na parcela en Troáns I, pol. 1, masa 3 e par. 856, está proxectada a instalación dunha torreta no centro da parcela que a deixa inservible para futuros usos agrarios, considerando un grave prexuízo polo que solicitan unha compensación xusta.

1.a.i.3) A CMVMC de Chamadoiro-Cabaleiro-Cuntis alega o seguinte:

– A superficie afectada polo trazado da liña nas parcelas que figuran na RBDA coas referencias catastrais 36015A05300200 (pol. 53 e par. 200 de Cuntis) e 36015A06300208 (pol. 63 e par. 208 de Cuntis) son da titularidade da CMVMC de Chamadoiro-Cabaleiro-Cuntis (CIF V36125425), segundo Resolución de Clasificación do Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra, do 26.6.1978, que acompaña.

– A CMVMC de Chamadoiro-Cabaleiro-Cuntis xa foi obxecto da ocupación dunha liña (ref. IN407A 2009/941-4, LAT 66 kV Padrón-Tivo), que ademais pasa próxima á LAT Lousame-Tivo, o que significaría que a superficie do monte quedaría completamente fragmentada polo paso de ambas liñas, así como que diminuiría a superficie apta para a explotación forestal, uso principal ao que se vén dedicando a súa superficie.

– Expresan a súa oposición ao paso da liña, e instan a que busquen outras alternativas para o seu paso, dado que o dito monte xa foi obxecto de paso doutra liña con anterioridade, a cal cruza os terreos comunais cun ancho de 30 m.

– Solicitan que se proceda a modificar o trazado da LAT Lousame-Tivo, establecendo un trazado que non afecte a superficie da Comunidade de Montes ou, en calquera caso, que se sitúe en terreos estremeiros e non fragmente máis o monte, dado que isto dificulta e incrementa os custos de explotación da superficie forestal restante.

– No caso de que sexa necesario o paso, sempre por zonas estremeiras do monte veciñal, exixe que como pagamentoo polo paso se estableza un alugueiro anual equiparable aos rendementos que se puidesen obter polo cultivo forestal do solo ou superior, tendo en conta que para a zona e a calidade de estación, en masas de piñeiro de menos de 15 anos xa se están obtendo beneficios económicos mediante o rareo de masas e a extracción de madeira comercial con diámetros incluso superiores aos 16 cm (diámetro por enriba do cal xa se pode considerar madeira de rolla).

1.a.i.4) Áurea Souto Martínez di que na RBDA figura a parcela de referencia catastral 36026A02401224 ao seu nome, a dita referencia catastral correspóndese co predio documentado Lombo da Trave-Chan das Loureiras descrita no pacto sucesorio de mellora outorgado por María Esther Martínez Rey ao seu favor ante o notario do Milladoiro, Manuel María Romero Neira o 29.4.2014, protocolo 332. O dito predio consta descrito no referido documento como dunha superficie de 7 áreas con 82 centiáreas (782 m2), polo que dado que a parcela catastral se ve afectada na totalidade da superficie, solicita se teña en conta a superficie documental da parcela de 782 m2 para a ocupación temporal, corta e servidume de voo.

1.a.i.5) A CMVMC de Magán comunica o seguinte:

– As parcelas de referencia catastral 36015A01700239 (pol. 17 e par. 239 de Cuntis), 36015A01900885 (pol. 19 e par. 885 de Cuntis) e 36005A02800039 (pol. 28 e par. 39 de Caldas de Reis) son da titularidade da CMVMC de Magán (CIF V36197176), segundo Resolución de clasificación do Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra, do 26.6.1978, que achega, así como a delimitación gráfica do monte con base na planimetría de deslindamento do monte de utilidade pública nº 81 «Xesteiras» cuxa planimetría tamén achega.

– Existe un erro catastral respecto á delimitación do concello, polo que parte da superficie comunal da CMVMC de Magán aparece catastrada dentro da parcela de referencia catastral 36005A02800039, pertencente catastralmente ao concello de Caldas de Reis; porén, sobre o terreo, a delimitación entre concellos e entre comunidades de montes veciñais (neste punto o linde é coa CMVMC de San Clemente) está totalmente claro ao establecerse polo cortalumes existente, realizando cada comunidade o aproveitamento dos seus terreos ata a dita infraestrutura. Facilitan URL da cartografía dos límites municipais do centro de descargas CNIX e delimitación gráfica superposta sobre imaxe de ortofoto.

– A superficie afectada polo trazado, actualmente, fragmentaría na súa totalidade a parcela de cultivo forestal propiedade da CMVMC de Magán, o que dificultaría a realización de traballos silvícolas posteriores e encarecería os custos; o desprazamento da liña non suporía un cambio relevante no trazado pero si unha redución considerable dos danos sobre a masa forestal arborada e, polo tanto, dos prexuízos que provoca sobre as propiedades comunais.

– Expresan a súa oposición ao paso da liña eléctrica proxectada, e instan a que se busquen outras alternativas para o seu paso ou, en calquera caso, que o seu trazado se estableza diminuíndo na medida do posible os danos xerados sobre a superficie da CMVMC de Magán, isto é, establecendo o trazado da liña polo límite da Comunidade, empregando cortalumes existentes e pistas.

1.a.i.6) A CMVMC de Santa María alega que a parcela de referencia catastral 36005A01000350 (nº 361), que figura na súa totalidade a nome da CMVMC de Santo André de Cesar, pertence en parte á CMVMC de Santa María. Achega como proba mapa coa delimitación das parcelas, así como mapa co trazado da liña xunto coa implementación da propiedade. Solicita a súa inclusión na lista de propietarios afectados, determinando os metros cadrados afectados e as condicións de afectación.

1.a.i.7) A CMVMC de San Miguel de Valga alega o seguinte:

– Non se lles recoñece a titularidade da totalidade do seu terreo. Identifican 15 parcelas con diferentes cores segundo os titulares que veñen reflectidos na RBDA. Ademais das parcelas catastrais que xa constan como de titularidade da CMVMC de San Miguel de Valga, solicitan que se proceda a incorporar tamén todas aquelas referencias catastrais afectadas que se sitúen dentro da delimitación gráfica do límite do monte veciñal, incluíndo as referencias catastrais 36056A02209054, 36056A02409017 e 36056A02409009 que constan como vías a nome do Concello de Valga e que, no entanto, son terreos da titularidade da CMVMC San Miguel de Valga. As parcelas catastrais sombreadas coa cor branca son titularidade da Comunidade nas dimensións que o trazado do límite comunal invade as ditas parcelas catastrais.

– Indica que para realizar as ocupacións relativas á liña, deberíase ter en conta a delimitación cartográfica do Monte Veciñal Chan da Lagoa, Campo Armada, Requián e Martores da CMVMC de San Miguel de Valga, así como a Resolución de clasificación do Xurado Provincial de MVMC de Pontevedra, do 5.2.1980.

– Solicitan que se modifique o trazado da liña e se estableza un trazado que non fragmente as parcelas do monte, o que derivaría na diminución dos rendementos e no aumento dos custos de explotación. Débese ter en conta que a maioría da superficie afectada pola liña foi obxecto de fondos europeos para a realización dos tratamentos que se viñeron realizando ata a data. Detalla os distintos tratamentos silvícolas que foron realizados nas distintas parcelas. Sinala que nunha das parcelas ten asinado un contrato de dereito de superficie coa empresa Norte Forestal, S.A.U. (Norfor), en virtude do cal, no caso de que parte da superficie do monte veciñal obxecto de contrato se vexa afectada, a Comunidade de Montes ten que aboar a Norfor a indemnización correspondente que terá que ser recollida na indemnización que lle corresponda a esa comunidade. Así mesmo, indica que na parcela 36056A024002880000AE existe unha mámoa GA36056014.

– Solicitan que en caso de que sexa necesario o paso da liña por terreos comunais, sempre por zonas que prexudiquen en menor medida a explotación forestal do monte, a comunidade reciba un aluguer anual polo paso da liña, que lle reporte un beneficio equiparable ao que se puidese obter en caso de ser obxecto de explotación forestal, ou superior.

1.a.i.8) Joaquina Eiras Domínguez alega que ten afectadas dúas parcelas da zona de concentración parcelaria de Estacas en Cuntis. Na primeira (nº 42; referencia catastral 360151501000420000UO) que figura a o seu nome na RBDA, a liña de alta tensión atravésaa polo oeste, pero non polo límite, o que provoca que unha maior superficie sexa afectada, moita máis que o voo que se contabiliza, polo que solicita que se traslade a liña cara ao oeste do predio co obxecto de minimizar a afectación e así non estragar o cultivo da parcela. Na segunda (nº 51, 36005s039000010000TX) non figura como titular, senón que figura a CMVMC de San Clemente por un erro no catastro (achega nota simple) e ten unha afectación de 2.272 m2 afectados polo voo e o apoio nº 70.

1.a.i.9) Juan José Rodríguez Cubeiro alega que ten unha parcela afectada na zona de concentración parcelaria de Estacas en Cuntis, proveniente da agrupación de dúas parcelas (nº 47 e 50) que aparece por erro na RBDA a nome da CMVMC de San Clemente. Na referida parcela está construído o Centro Hípico A Luaira, polo que a afectación da liña eléctrica proxectada é moi prexudicial. Segundo levantamento topográfico do predio superposto cos planos da liña calculouse unha superficie de voo de 1.329 m2.

1.a.i.10) María del Carmen Fuentes Torres alega que ten unha parcela da súa propiedade afectada da concentración parcelaria de Estacas en Cuntis, que está en dúas referencias catastrais, unha delas en Caldas de Reis por erro. Ten unha servidume de voo de 1.255 m2. Solicita que se contabilice a totalidade da parcela afectada segundo os planos topográficos que se achegan e a documentación da propiedade.

1.a.i.11) José Touceda Gil alega que a CMVMC de Vilameán (Estacas en Cuntis) está afectada polo proxecto en que aparece a CMVMC de Clemente, tratándose dun erro. Que logo do levantamento topográfico e superposto sobre os planos da liña calculouse una servidume de voo de 7.323 m2. Que a liña sobrevoa o manancial do cal se serven para uso doméstico os veciños de Vilameán e teñen traída de auga para uso doméstico debidamente constituída, que tamén se vería afectada.

1.a.i.12) Alberto Arca Fresco e Eduardo Arca Fresco alegan que son copropietarios de dous predios que aparecen na RBDA ao seu nome no concello de Caldas de Reis, polo que se persoan no expediente e solicitan que se entendan con eles as sucesivas actuacións.

1.a.i.13) Rita Suárez Souto alega que é propietaria de dous predios afectados polo proxecto no concello de Caldas de Reis (nº 62 e 67) que aparecen a nome de herdeiros de Manuela Rodríguez Iglesias, que é a súa avoa materna. Así mesmo, os predios están mal catastradas. Achega medición topográfica e pacto sucesorio de mellora notarial e solicita que figuren ao seu nome e que as comunicacións se dirixan ao enderezo que encabeza o escrito.

1.a.i.14) A CMVMC de Grobas e Fenteira alega que na RBDA figuran dúas parcelas de referencia catastral 36044A00102092 (pol 1 e par. 2092 en Pontecesures) e 15066A07700153 (pol. 77 e par. 153 en Padrón), a primeira a nome do Concello de Pontecesures, cando é en parte da súa titularidade, e a segunda a nome da CMVMC de Confurco, cando parte da dita referencia é propiedade desa comunidade. Achegan resolución de clasificación a prol dos veciños de Grobas e Fenteira e copia da planimetría incluída no plan técnico de montes arborados do Monte Grobas e Fenteira. Solicita que se teña en conta o exposto no escrito de alegacións e se considere como titularidade da CMVMC de Grobas e Fenteira a parte que corresponda das parcelas de referencia catastral 36044A00102092 do municipio de Pontecesures e 15066A07700153 do municipio de Padrón.

1.a.i.15) Silvia Pereira Adriá e a súa irmá solicitan a expropiación do predio que teñen afectado (pol. 40 e par. 1406) que é de destino forestal e non vale para outra cousa. Solicitan a expropiación total do predio e que se lles pague un prezo xusto.

1.a.i.16) Beatriz Touceda Pereira alega que é propietaria de dous predios Prado Bello (pol. 40 e par. 1372) e Barbarosa (pol. 40 e par. 1384) que recibiu por herdanza dos seus pais. Solicita a expropiación total dos predios que ten afectados que son de destino forestal e non valen para outra cousa (a parte leste do Prado Bello é un herbal). Que se lle pague un prezo xusto dado que os predios foron recibidos hai pouco por herdanza e lle supoñen un gran valor sentimental.

1.a.i.17) José Caldas Búa solicita o cambio de titularidade do inmoble que resulta afectado pasando a figurar el como propietario e que se continúen os trámites ata o abono definitivo das indemnizacións con motivo da expropiación. Achega cota-partilla de Herminia Torrado Cachafeiro, pacto sucesorio de mellora (2515/2017) e escritura de doazón (28.11.1995).

1.a.i.18) Rafael Portas Torrado alega que é dono en pleno dominio por herdanza da súa nai, Amelia Torrado Cachafeiro, falecida o 4.7.2017. Presenta cota ou partilla de Amelia Torrado e copia do testamento. Solicita a titularidade do inmoble ata o abono das indemnizacións con motivo de tal expropiación.

1.a.i.19) Manuel González Rodríguez alega que é propietario dunha parcela Coto (pol. 53 e parc. 1) que é afectada en parte, segundo plano que achega. Solicita o desvío do trazado da liña eléctrica proxectada cara ao monte comunal por tratarse dunha parcela pechada. No caso de non poder desviarse, solicita a expropiación da parte afectada e o aboamento dun prezo xusto, tanto da masa forestal como do muro de peche. Solicita o peche da parcela resultante ou o aboamento do muro para repoñer.

1.a.i.20) Mercedes Magariño Figueira alega que na RBDA figura a parcela 36056A02401215 a nome de José Magariños Bandín que lle foi adxudicada, segundo escritura de pacto sucesorio de mellora que achega, polos seus pais, José Magariños Bandín e Rosa Figueira Río.

1.a.i.21) A CMVMC de Chamadoiro-Cabaleiros e Monte Chieira alegan o seguinte:

– Que é propietario/titular das parcelas con referencias catastrais 36015A20200152 (pol. 202 e par. 152) e 36015A20110077 (pol. 201 e par. 10077).

– Que na RBDA vén mal identificada, xa que nas parcelas sinaladas aparece como titular simplemente Comunidade de veciños montes.

– Na columna de natureza do terreo aparecen como piñeiral madeirable, arboredo e piñeiral madeirable, respectivamente, sendo isto incorrecto. A comunidade conta cun plan técnico de xestión do MVMC Cabaleiros e Chieira, aprobado pola Dirección Xeral de Montes en xaneiro de 2011, e no cal se recolle a xestión do monte a través de limpezas e plantacións de especies de alto valor forestal, o cal actualmente estase a desenvolver contando con varias destas plantacións.

– Que os terreos afectados na parroquia de Troáns, concretamente os lugares de Sobrada, Pena de Arriba e Folgar, atópanse actualmente en proceso de concentración parcelaria, existindo xa o acordo previo das parcelas de substitución. Estanse tendo en conta como afectados pola liña eléctrica os actuais propietarios das parcelas e non os das futuras parcelas de substitución, causando o correspondente prexuízo aos interesados.

– Mostran a súa desconformidade co trazado proposto da liña eléctrica, consideran máis axeitado que o dito trazado, entre os apoios 70 e 77, discorra polo límite entre os concellos de Cuntis e Caldas de Reis para unha afección máis equitativa entre ambos concellos, véndose esa comunidade igualmente afectada.

1.a.i.22) María del Carmen Núñez Torres alega, que aínda que non figura como titular catastral na RBDA, é titular da parcela 519-1 da zona de reestruturación parcelaria de Troáns-1 do concello de Cuntis. Achega plano onde indica que a dita parcela, de nova adxudicación segundo concentración parcelaria, correspóndese coas anteriores 129, 116, 128, 126 e 125 do polígono 202, segundo catastro, actualmente a nome doutras persoas que detalla. Como nova titular, solicita que sexa recoñecida como afectada en vez dos anteriores propietarios ou, de ser o caso, xunto cos propietarios que figuran na RBDA. Achega boletín de atribución de novas parcelas, antigo plano catastral e plano da parcela nova adxudicada ao seu nome.

1.a.i.23) Isidoro Picallo Anido alega que ten tres predios da súa propiedade afectadas polo proxecto, Veigas do Muíño, con superficies 458, 112 e 252 m2 (Rodal pol. 63 e par. 181 en Cuntis), presenta documento de propiedade e solicita que sexa atendida a súa reclamación e que se poñan en contacto con el.

Terceiro. O 25.10.2019 a XTCoruña trasladou as separatas técnicas, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura eléctrica: concellos afectados da provincia da Coruña (Lousame, Rois, Brión, Teo e Padrón), concellos afectados da provincia de Pontevedra (Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis), Augas de Galicia, deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra, servizos de montes da Coruña e Pontevedra, Dirección Xeral de Mobilidade, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, UFD Distribución Electricidad, S.A., Enagás, S.A., Telefónica, S.A., Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

1. REE manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polas seguintes entidades: concellos de Lousame e Teo (informe urbanístico), deputacións provinciais da Coruña e Pontevedra, Dirección Xeral de Mobilidade, AXI, Enagás, S.A. (Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno na Coruña), Telefónica, S.A. e ADIF.

2. Os informes emitidos polos servizos de Montes da Coruña e Pontevedra veranse máis adiante, ao tratar a concorrencia das utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica e dos terreos de montes veciñais en man común e montes de utilidade pública.

3. Non consta no expediente que teñan emitido informe, tras serlles requirido e efectuada a reiteración regulamentaria, as seguintes entidades: concellos de Padrón, Pontecesures, A Estrada, Valga e Cuntis, Augas de Galicia, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, UFD Distribución Electricidad, S.A. e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

4. A respecto da posición do Concello de Rois, cabe indicar o seguinte:

• O 4.12.2019 o Concello de Rois presentou o seu informe do 29.11.2019 en que fai constar, en síntese, o seguinte:

– A. O tramo da LAT que discorre polo concello de Rois afecta directamente a área de respecto do xacemento arqueolóxico Castro Lupario e o trazado do Camiño de Santiago, Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola aldea do Faramello, onde entre outras construcións civís de gran riqueza arquitectónica, atopamos o Pazo do Faramello, lugares indicados no Plan xeral do Concello e no Plan básico autonómico, incumprindo o recollido na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

– B. A proximidade da LAT á aldea de Angueira de Castro, desvirtúa o seu conxunto arquitectónico.

– C. Os veciños acondicionaron a carón do río Tinto un espazo para dinamizar as súas relacións sociais entre eles, que resulta afectado no seu espazo aéreo pola liña proxectada.

• O 17.12.2019 o alcalde do concello de Rois presentou un escrito no que, ademais de manifestar a súa solidariedade coa alegación impulsada por Mariano Pineda Rodríguez e un grupo de veciños de Rois (102), presentada o 28.11.2019, insta a esta Administración a ponderar os motivos da súa oposición ao proxecto, reitera o impacto negativo da construción da liña eléctrica sobre os lugares indicados no informe do Concello do 29.11.2019, fai unha valoración sobre os informes sectoriais emitidos durante o procedemento da DIA e require das administracións competentes que extremen o control sobre o proxecto final da obra e sobre as fases da súa execución informando o Concello de calquera incidencia relevante.

• Desta contestación do Concello de Rois (informe do Concello e escrito do alcalde) deuse traslado a REE para a súa conformidade ou para que presentase os reparos que considerase procedentes, quen presentou a súa resposta o 12.2.2020, en que mostra a súa desconformidade co informe do Concello e co escrito do alcalde.

• O 18.3.2020 o Concello de Rois presentou, como documentación complementaria da documentación presentada con anterioridade (29.11.2019 e 17.12.2019), o documento titulado «Informe sobre o valor arqueolóxico e cultural do patrimonio do lugar de Angueira de Castro, na parroquia de Santa Mariña de Ribasar, Rois (A Coruña) para o estudo de impacto da liña eléctrica de alta tensión Lousame-Tivo. O 8.4.2020 o Concello de Rois presentou, como documentación ampliada da documentación presentada con anterioridade (29.11.2019, 17.12.2019 e 18.3.2020) o documento titulado «Informe mellorado e ampliado sobre o valor arqueolóxico e cultural do patrimonio do lugar de Angueira de Castro, na parroquia de Santa Mariña de Ribasar, Rois (A Coruña) para o estudo de impacto da liña eléctrica de alta tensión Lousame-Tivo».

• Desta nova documentación presentada polo Concello de Rois (complementaria e ampliada) deuse traslado a REE para a súa conformidade ou para que presentase os reparos que considerase procedentes, quen presentou a súa resposta o 12.2.2020, en que mostra a súa desconformidade cos informes achegados polo Concello de Rois.

• O 14.5.2020 deuse traslado de toda a documentación referida nos parágrafos anteriores, recompilada no trámite de separatas co Concello de Rois, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, quen emitiu informe o 22.2.2022, do que se desprende a desestimación das pretensións formuladas polo Concello de Rois.

5. A respecto da posición do Concello de Teo, cabe indicar o seguinte:

• O 8.1.2020 o Concello de Teo presentou o informe favorable do 27.12.2019 do técnico municipal, acompañado dun escrito asinado pola concelleira de Urbanismo en que expón que a LAT vai quedar a menos de 500 m dos elementos catalogados Ponte de Francos (GA15082REF4), o Camiño Real Iria-Santiago (GA15082REF2) ou os restos da fábrica de curtidos da Granxa (GA15082REF3), o que supón unha afección visual e paisaxística, e solicita a modificación do proxecto facendo mención ao Camiño de Santiago e ao Castro Lupario.

• Desta contestación do Concello de Teo deuse traslado a REE para a súa conformidade ou para que presentase os reparos que considerase procedentes, quen presentou a súa resposta o 5.5.2020, na cal mostra a súa conformidade co informe do técnico municipal e a súa desconformidade co escrito da concelleira de Urbanismo.

• Desta contestación de REE deuse traslado ao Concello de Teo o 12.5.2020, acto reiterado o 29.10.2020, para que mostrase a súa conformidade ou oposición ao alegado por REE, sen que conste a presentación da súa resposta.

6. A respecto da posición do Concello de Brión, cabe indicar o seguinte:

• O 5.2.2020 o Concello de Brión presentou o informe desfavorable da arquitecta municipal no que expón, textualmente:

«[...]

3. A Lei 2/2016, do solo de Galicia, prohibe nos núcleos rurais tradicionais, artigo 26.2.b), «os novos tendidos aéreos». Neste sentido a actuación pretendida transcorre polo núcleo tradicional de Busto de Frades, e concretamente os puntos T12, T13 e T14, sitúanse dentro da delimitación do núcleo.

4. O Concello de Brión ten entre os seus bens catalogados o Castro Lupario, xacemento arqueolóxico identificado coa clave XA-6. Neste xacemento estanse a realizar labores de recuperación do castro e dos accesos coa finalidade de garantir a súa conservación, coñecemento e desfrute dos veciños. A existencia dunha rede de alta tensión nunha contorna privilexiada co que o concello conta para o seu desenvolvemento cultural causaría un grave prexuízo».

• Desta contestación do Concello de Brión deuse traslado a REE para a súa conformidade ou para que presentase os reparos que considerase procedentes, quen presentou a súa resposta o 12.2.2020, na cal mostra a súa desconformidade co informe da arquitecta municipal.

• Desta contestación de REE deuse traslado ao Concello de Brión o 29.10.2020, acto reiterado o 20.11.2020, para que mostrase a súa conformidade ou oposición ao alegado por REE, sen que conste a presentación da súa resposta.

7. A respecto da posición do Concello de Caldas de Reis, cabe indicar o seguinte:

• O 10.12.2019 o Concello de Caldas de Reis presentou o informe do 4.12.2019 do aparellador municipal sinalando que a liña eléctrica proxectada discorrerá por dúas clasificacións de solo: solo rústico, en que as obras serían conformes co PXOM, ben que deberán respectar os recuamentos aos viarios públicos, dun mínimo de 4 m onde non exista aliñación fixada, e solo urbanizable SP-15-I, no cal con base no punto 7.2.24.2º queda prohibida a implantación de novas liñas aéreas de alta tensión en solos urbanos, de núcleo rural e urbanizables, agás que estean previstas nun plan especial de infraestruturas eléctricas aprobado polo Concello e as demais administracións con competencias na materia.

• Desta contestación do Concello de Caldas de Reis deuse traslado a REE para a súa conformidade ou para que presentase os reparos que considerase procedentes, quen presentou a súa resposta o 12.2.2020, na cal mostra a súa desconformidade co informe do aparellador municipal, coas seguintes argumentacións:

– O trazado proxectado da LAT é resultado de procedementos previos (autorización administrativa previa do 21.8.2017 e declaración de impacto ambiental do 22.2.2017) nos que o Concello de Caldas de Reis non se manifestou durante e a súa tramitación (información pública e consulta a administracións afectadas).

– Pola contra, en relación á aprobación inicial do actual PXOM de Caldas de Reis, REE si se manifestou durante o período de información pública (DOG núm. 36, do 20.2.2013), informando da autorización administrativa previa e da avaliación de impacto ambiental do anteproxecto da LAT e trasladando o informe da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 8.1.2013 en que non constaba ningún reparo á instalación de tendidos eléctricos no solo de Caldas de Reis afectado pola LAT; sen obter resposta por parte do Concello.

– O acordo de aprobación definitiva parcial do PXOM de Caldas de Reis establece que deben clasificarse como solo rústico de protección de infraestruturas os terreos afectados polas liñas eléctricas de alta tensión e as súas zonas de afección non susceptibles de transformación, nos sectores SP-17, SP-19, SP-15 e SUND-R-D, a non ser que se prevexa o seu soterramento.

– O artigo 5 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que a planificación das instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica, que se sitúen ou discorran en calquera clase e categoría de solo, deberá terse en conta no correspondente instrumento de ordenación do territorio e urbanismo, o cal deberá precisar as posibles instalacións e cualificar adecuadamente os terreos, establecendo, en ambos casos, as reservas de solo necesarias para a localización das novas instalacións e a protección das existentes.

– En consecuencia, o Concello de Caldas de Reis non podía ter obviado o trazado da LAT no PXOM.

• Desta contestación de REE deuse traslado ao Concello de Caldas de Reis o 7.4.2020, acto reiterado o 27.7.2020, para que mostrase a súa conformidade ou oposición ao alegado por REE. O 29.9.2020 o Concello de Caldas de Reis presentou escrito, asinado o 28.9.2020 polo seu alcalde, no cal se desestiman as alegacións formuladas por REE contra o informe do aparellador municipal.

Cuarto. O 17.12.2020 a XTCoruña deu traslado á XTPontevedra da documentación resultante da tramitación das alegacións presentadas polos titulares dos bens e dereitos afectados e das separatas técnicas remitidas a todas as entidades titulares de bens ou dereitos afectados localizados no seu ámbito territorial, para os efectos de obter o seu informe técnico relativo á parte da instalación correspondente ao seu ámbito competencial. Os servizos técnicos da XTPontevedra emitiron este informe o 24.2.2021.

Quinto. Para os efectos de cumprir o exixido na DIA, en materia de Patrimonio Cultural e Natural, e como contestación ás pretensións formuladas polo Concello de Rois, en materia de Patrimonio Cultural, obtivéronse os seguintes informes:

• Patrimonio Cultural:

– O 11.2.2017 REE presentou o documento titulado «Informe final de avaliación cultural (prospección arqueolóxica superficial intensiva) dos accesos previstos aos apoios e das zonas de ocupación temporal das liñas eléctricas a 220 kV Lousame-Tivo e Lousame-Mazaricos (A Coruña e Pontevedra), para o seu traslado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, conforme o exixido no punto 3.6 da DIA. A respecto deste documento, o 11.11.2019 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiu informe de carácter favorable.

– Informe emitido o 22.2.2022, pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, a respecto das pretensións formuladas polo Concello de Rois no trámite de separatas, no cal se conclúe, textualmente: «[...] non está fundamentada a existencia de valores culturais senlleiros e sobranceiros que xustifiquen a existencia dunha paisaxe cultural singular merecente de protección na devandita categoría. En canto aos elementos individuais integrantes do patrimonio cultural, moitos deles xa protexidos de forma específica, non se aprecian valores ou feitos que poidan modificar a avaliación ambiental realizada nin xustificar de forma suficiente a modificación da declaración de impacto ambiental aprobada, xa que ningún deles se vai ver afectado directamente e as medidas de salvagarda adoptadas para os inicialmente coñecidos estendidas aos novos propostos poden considerarse suficientes».

• Patrimonio Natural: o 23.3.2019 REE presentou o documento titulado «Liñas eléctricas 220 kV Lousame-Tivo e 220 kV Lousame-Mazaricos. Informe para a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia», para o seu traslado á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, conforme o exixido no punto 3.9.2 da DIA. A respecto deste documento, o 30.9.2019 a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu informe de carácter favorable.

Sexto. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica con dereitos mineiros, emitíronse os seguintes informes por parte dos servizos de Enerxía e Minas das xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra:

• XTCoruña: informe do 28.12.2020, en que se di, textualmente: «[...] Consultados os datos obrantes na aplicación informática «Censo Catastral Mineiro de Galicia», comprobouse que a traza pertencente á provincia da Coruña non afecta ningún dereito mineiro vixente [...]».

• XTPontevedra: certificado do 6.5.2020, en que se di, textualmente: «[...] Que consultados os datos que reflicte o Censo Catastral Mineiro de Galicia, e salvo erro ou omisión de boa fe, constan os seguintes dereitos mineiros vixentes (exclúense os caducados) que poden resultar afectados pola citada instalación denominada LAT DC 220 kV Lousame-Tivo: sección B. Perímetro de protección aprobado mediante Resolución do 28 de marzo de 2016 para a conservación do acuífero que abastece os mananciais e pozos de augas mineromedicinais e termais declaradas de utilidade pública aproveitados no concello de Caldas de Reis, cuxas autorizacións de aproveitamento constan inscritas no Rexistro de Augas Minerais, Termais e de Manancial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para uso en tratamentos terapéuticos polos balnearios Acuña e Davila, así como, para as augas termais que saen dos dous canos da Fonte das Burgas para o uso exclusivo do pobo de Caldas de Reis cuxa autorización de aproveitamento consta inscrita no citado Rexistro coa denominación de Fonte da Burga II [...]».

Ante a referida concorrencia de utilidades públicas con dereitos mineiros de Pontevedra:

• O 3.2.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en adiante, DXPERN) adoptou o acordo de iniciar o trámite de compatibilidade de utilidades públicas concorrentes no espazo territorial proxectado para a referida liña eléctrica, do que se deu traslado aos titulares dos dereitos mineiros afectados na provincia de Pontevedra (Balneario Hotel Davila, S.L. e Tres Mares, S.A.) e ao promotor da liña eléctrica (REE), e deulles un prazo de 10 días para que alegasen canto considerasen oportuno.

• Durante este trámite de audiencia, ningún dos interesados presentou alegacións.

• O 18.3.2021 a DXPERN deu traslado á XTPontevedra da documentación integrante do citado trámite de compatibilidade, para os efectos de obter o seu informe sobre a compatibilidade ou imcompatibilidade da referida liña eléctrica cos dereitos mineiros afectados.

• O 25.3.2021 os servizos técnicos da XTPontevedra emitiron informe en que se considera compatible a liña eléctrica proxectada cos dereitos mineiros afectados.

Sétimo. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos de montes veciñais en man común e de montes de utilidade pública, os servizos de Montes das xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra da Consellería do Medio Rural emitiron informes ao respecto durante o trámite de separatas técnicas, dos cales se deu traslado a REE:

• O Servizo de Montes da Coruña emitiu informe, con data 31.7.2020, no cal se fai constar a afección a un monte incluído no Catálogo de montes de utilidade pública e no concello de Rois (Martelo) e a trece montes veciñais en man común: no concello de Lousame (Fontefría), no concello de Rois (Quintáns, San Miguel, Riobó e Vilar de Abade), no concello de Padrón (Angueira de Suso, Pazos, Retén de Iria, Lomba e Miranda, Lapido, Castro Valente, Aldea de Morono e Castrovalente e Barreiras), así como a un punto de auga utilizado por helicópteros para a extinción de incendios forestais. No informe conclúese, en resumo, o seguinte: para a instalación da LAT polo monte de utilidade pública Martelo será preciso resolver o correspondente expediente de prevalencia de declaracións demaniais ou ben obter unha concesión para o uso privativo da superficie afectada. Para os montes veciñais en man común, en caso de ter que expropiar sería preciso declarar previamente a prevalencia da utilidade pública da LAT; as superficies de afección virán determinadas polas áreas ocupadas polos elementos de apoio mais as superficies fixadas polas servidumes establecidas pola normativa de enerxía eléctrica, ademais das superficies necesarias para o cumprimento das distancias de plantación da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e para a prevención de incendios relativa a redes de faixas de xestión de biomasa; e detectouse unha posible afección a un punto de auga (no monte Pazos) utilizado por helicópteros para a extinción de incendios forestais; deberase cumprir, ademais, coa normativa de prevención de incendios forestais, razóns polas que o proxecto debería ser informado pola Dirección Xeral de Defensa do Monte.

• O Servizo de Montes de Pontevedra emitiu informe, con data do 18.12.2020, no que fai constar a afección a un monte de utilidade pública no concello de Caldas de Reis (Monte de UP nº 1 Agüeros) e once montes veciñais en man común pertencentes ás seguintes CMVMC: no concello de Pontecesures (Grovas e Fenteira), no concello de Cuntis (Magán, Vilameán, Pena de Vilabar, Sobrada e Campo de Pena de Arriba), no concello de Valga (Valga e Xanza), no concello de Caldas de Reis (Santa María de Caldas, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar). No informe conclúese, en resumo, o seguinte: debe presentarse un estudo de alternativas que analice trazados alternativos que eviten ou reduzan o impacto sobre o Monte de UP Agüeros, a CMVMC de San Clemente de Cesar na contorna do río Bermaña, a CMVMC de Santo André de Cesar na contorna do río Umia, encoro da Baxe e lugar de especial interese paisaxístico Fervenza de Segade. Ademais, debe facerse coincidir o trazado da LAT coas infraestruturas existentes, sería necesario estudar a posibilidade de facer coincidir o máximo posible o trazado da nova LAT co da LAT existente que discorre ao norte do Monte de UP. Do mesmo xeito, sería necesario estudar a posibilidade de conservar as masas de frondosas na contorna dos ríos, polo menos deseñando a LAT coa altura necesaria para que isto sexa viable.

Oitavo. O 7.5.2021 a XTCoruña cursou requirimento a REE para que presentase a solicitude expresa e a documentación correspondente para dar inicio ao trámite previsto no artigo 53.1 (concorrencia de utilidade ou interese públicos con montes veciñais en man común) da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. Da contestación do promotor, presentada o 25.5.2021, a XTCoruña deu traslado á Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, con data do 1.6.2021, para obter o seu informe ao respecto. En resposta a esta petición obtivéronse os seguintes informes dos servizos de Montes da Coruña e Pontevedra:

• O Servizo de Montes da Coruña emitiu informes, con data do 15.10.2021, para cada un dos montes afectados, en que considera a compatibilidade de ambas as utilidades públicas, cos seguintes reparos para os dous montes indicados:

– Monte San Miguel: infórmase favorablemente sobre a compatibilidade de ambos os aproveitamentos, tendo en conta a adopción das medidas preventivas solicitadas pola Comunidade de San Miguel da Costa na súa resposta ao trámite de audiencia.

– Monte Lapido: a LAT é compatible co fin e a utilidade do monte veciñal sempre que se asegure a permanencia da masa de frondosas, dada a importancia dos seus valores protectores, ambientais e paisaxísticos; aconsellando o estudo de alternativas do trazado da liña que non afecten a devandita masa de frondosas.

Durante o mes de xullo de 2021, déuselles audiencia aos titulares dos montes afectados que presentaron varios escritos de contestación. Destes titulares, algúns non contestaron, outros mostraron a súa conformidade co paso da LAT e dous mostraron os seguintes reparos:

– Monte San Miguel: amosan desconformidade coa prevalencia en todo caso e unicamente conformes coa compatibilidade en caso de que adopten todas e cantas medidas garantan a minimización do inexorable risco que comporta unha instalación desta natureza coas irremediables consecuencias ambientais.

– Monte Lapido: solicitan a declaración prevalente do monte sobre a LAT con base nas seguintes argumentacións: 1. Polo seu carácter indivisible, inalienable, imprescritible e inembargable cabe primar a utilidade pública do monte fronte ao paso da LAT; 2. Os terreos por onde pasa a LAT constitúen unha masa de diversas especies frondosas autóctonas, que evitan a erosión en superficies con elevada pendente, aumentan as capturas de CO2, son filtradoras de auga e aumentan a biodiversidade.

• O Servizo de Montes de Pontevedra emitiu informe, con data do 10.6.2021, en que se conclúe literalmente o seguinte:

«Finalizado o trámite de audiencia e sen ningún cambio no trazado da liña do proxecto inicialmente presentado, respecto ao presentado no anterior expediente coa súa declaración de impacto ambiental, e vistos tamén os informes do distrito XVI e do distrito XIX, este servizo informa no sentido que non existen masas forestais de interese que resulten afectadas polo trazado da liña de alta tensión: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo no seu percorrido de 16,16 km na provincia de Pontevedra, excepto no tramo que discorre no concello de Caldas de Reis polo monte de U.P. nº 1 Agüeiros, propiedade da entidade local menor de Arcos da Condesa e inscrito no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas (nº rexistro: 36001), onde a superficie afectada está poboada maioritariamente por frondosas e bosque mixto de frondosas e piñeiro do país.

Polo cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio a reactivación económica de Galicia, informase favorablemente sobre a compatibilidade da liña de alta tensión LAT 220 kV DC Lousame-Tivo (IN407A 2010/268-1), co aproveitamento forestal, sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa polo paso da liña nos concellos da Estrada, Pontecesures, Valga, Cuntis e Caldas de Reis».

A XTCoruña deu traslado a REE, con data do 3.3.2022, dos referidos informes dos servizos de Montes da Coruña e Pontevedra, para que presentase a súa contestación a estes. REE, con data do 9.3.2022, presentou a súa contestación a estes dous informes, así como ás respostas dos titulares dos montes afectados da provincia da Coruña no trámite de audiencia.

Noveno. O 10.3.2022 a XTCoruña, logo de rematada a súa tramitación, deu traslado do expediente á DXPERN para os efectos de ditar a correspondente resolución de autorización e declaración de utilidade pública. No expediente constan os informes dos servizos técnicos da XTCoruña (do 10.3.2022) e da XTPontevedra (do 24.2.2021), de conformidade co disposto na Instrución 18/2011 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (do 22.12.2011), sobre a tramitación de instalacións de enerxía eléctrica interprovinciais de calquera tensión.

Décimo. O 15.3.2022 a DXPERN trasladou á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal os diferentes informes obtidos dos servizos de Montes da Coruña e Pontevedra e as respostas de REE a estes informes, así como as respostas presentadas polos titulares dos montes da provincia da Coruña durante o trámite de audiencia e as contestacións de REE a estas, para os efectos de obter o seu informe exixido no artigo 53.2 da Ley 9/2021, do 25 de febreiro. En resposta a esta petición obtivéronse os seguintes informes dos servizos de Montes da Coruña e Pontevedra:

• O Servizo de Montes da Coruña emitiu informe, con data do 21.4.2022, no que se conclúe o seguinte: «[...] non existe obxección por parte deste servizo sobre a prevalencia da infraestrutura, senón un recordatorio das actuacións e medidas aplicables segundo o proxecto e o EIA, encamiñadas a minimizar as afeccións sobre a masa de frondosas autóctonas situadas no MVMC Lapido».

• O Servizo de Montes de Pontevedra emitiu informe, con data do 11.6.2022, en que se conclúe o seguinte:

«[...] infórmase favorablemente sobre a compatibilidade da liña de alta tensión LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, excepto no tramo que afecta o monte de utilidade pública de Agüeiros, no concello de Caldas de Reis.

Así, existen masas forestais de interese que resultan afectadas polo trazado da liña no tramo que discorre polo monte de utilidade pública nº 1 de Agüeiros, propiedade da entidade local menor de Arcos da Condesa e inscrito no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas (nº rexistro: 36001), onde a superficie afectada está poboada maioritariamente por frondosas e bosque mixto de frondosas e piñeiros.

Así mesmo, nun proxecto similar e que afecta este monte, a empresa promotora propuxo unha alternativa cun tratamento selectivo consistente na eliminación de todas as especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, pero conservando as especies de frondosas que legalmente poden permanecer baixo a liña. Estas masas deben manter unhas distancias mínimas de seguridade aos condutores establecidas polo Regulamento electrotécnico de alta tensión, que se obterían incrementando a altura dalgúns apoios no caso de ser necesario, e tamén con podas en altura das masas afectadas durante a vida útil da liña.

Polo anteriormente exposto, este servizo considera que no trazado sobre a entidade local menor de Agüeiros existen alternativas sen explorar pola promotora, e que poden minimizar o impacto da infraestrutura o seu paso polo MUP».

Décimo primeiro. O 21.7.2021 o Servizo de Infraestruturas Enerxéticas da DXPERN emitiu informe sobre a tramitación realizada en relación co referido expediente (IN407A 2010/268-1), considerando que se seguiron os trámites de procedemento legalmente establecidos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A lexislación de aplicación aos procedementos tramitados no presente expediente é a seguinte:

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

• Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

• Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

• Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

• Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

• Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

Segundo. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para facer esta proposta, conforme o establecido no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a súa estrutura orgánica (DOG núm. 126, do 4.7.2022), e o Consello da Xunta de Galicia é competente para adoptar o acordo proposto, de conformidade co disposto no artigo único.1.c) do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, e no artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Terceiro. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información pública, da contestación de REE a estes e do resto da documentación que consta no expediente, recóllese a continuación o que conclúen, textualmente, a XTCoruña no seu informe do 10.3.2022 e a XTPontevedra no seu informe do 24.2.2021, a respecto das alegacións pertencentes aos seus respectivos ámbitos territoriais:

Alegacións correspondentes ao ámbito da XTCoruña:

• «Respecto das alegacións relativas a erros existentes na RBDA, con carácter xeral, o promotor (REE) manifesta que procedeu a tomar razón de todas as manifestacións e documentos comunicados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento, natureza deste...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

• Respecto das alegacións que poderían dar pé a interpretar que se estaría ante un posible litixio de propiedade ou naquelas en que se manifesta expresamente o dito litixio, enténdese que esta xefatura territorial non é competente para resolver nin dirimir os litixios de propiedade, pois son competencia exclusiva da xurisdición civil ordinaria. Non obstante, no acto de levantamento das actas previas á ocupación, no caso de iniciarse o procedemento expropiatorio, poderanse formular alegacións e manifestacións ao respecto, así como achegar a documentación que se considere pertinente, sen prexuízo de que as actuacións no procedemento expropiatorio se poderán seguir ante o Ministerio Fiscal no suposto de que subsista o litixio.

• Respecto das alegacións relativas á valoración económica das afeccións, ao impacto económico sobre os usos futuros nas parcelas que se verán alterados pola construción da LAT e aos pagamentos, cómpre sinalar que unha vez resolta a declaración de utilidade pública, en concreto (DUP), REE poñerase en contacto cos titulares dos bens e dereitos afectados e tratará de acadar un acordo con eles para o establecemento da servidume de paso de enerxía eléctrica; se non for posible, a DUP habilita a REE a instar o procedemento de expropiación forzosa, dentro do cal, e unha vez realizado o levantamento de actas previas, a Administración expropiante requirirá as súas respectivas valoracións á entidade beneficiaria da expropiación (REE) e aos titulares dos bens e dereitos afectados para que presenten cada un deles a súa folla de valoración en que concretará o valor que considera que lle corresponde polos prexuízos que se lle ocasionen, que se tramitarán nas súas correspondentes pezas separadas, as cales serán remitidas ao Xurado de Expropiación de Galicia co fin de que este poida valorar e determinar o xustiprezo que corresponda aboar polo establecemento da servidume de paso de enerxía eléctrica en cada caso.

• Respecto das alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que a instalación conta con declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 22 de febreiro de 2017 e con autorización administrativa do 21 de agosto de 2017, emitida pola DXEM.

• Respecto das alegacións en que se fai referencia ás dimensións do ancho da rúa da liña, as dimensións da zona de corta, especies afectadas, etc., infórmase que na construción das liñas eléctricas aéreas hai que ter en conta dúas actuacións claramente diferenciadas:

– Primeira. A corta e poda que está vencellada á construción, explotación e mantemento da propia liña eléctrica e que comprenderá a zona definida como servidume de voo nos termos establecidos no número 5.12 da ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, incrementada pola distancia de seguridade que se obtén do cálculo especificado no número 5.12.1 da citada instrución para o paso da liña por bosques, árbores e masa de arboredo. A zona así resultante é a que se encontra amparada pola imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica que se obteña por medio da declaración de utilidade pública obxecto do presente procedemento.

– Segunda. A corta e poda que, a maiores, debe practicarse obrigatoriamente por parte do titular da liña eléctrica sobre a superficie de arboredo non comprendida dentro dos límites da servidume legal de paso de enerxía eléctrica definidos no punto anterior. Neste caso, observarase o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e na Lei 7/2012, do 28 de xullo, de montes de Galicia, e lémbrase que non ten carácter de afección permanente e consolidarase a través de relacións civís entre o promotor e o propietario da superficie a que se vai cortar, alleas ao presente procedemento.

• Respecto da alegación presentada por Marcelino Tronceda Rivas, na cal indica como está a afectar o tendido proxectado a dúas fontes e a unha vivenda existentes na parcela 833 do polígono 503, de Brión, cómpre indicar que ben que esta si que é a parcela afectada pola LAT (predio 111 do proxecto), a localización das fontes e da vivenda a que se refire na alegación está na parcela con referencia catastral 7502205NH2470S0001ME, que non resulta afectada.

• Respecto das alegacións relativas á modificación da localización de apoios, infórmase que nuns casos suporía afectar bens e dereitos de terceiros non previstos no proxecto sen que se achegue o consentimento dos titulares das propiedades afectadas pola modificación solicitada, e noutros casos suporía modificar o trazado proposto polo autor do proxecto sen que se acredite a concorrencia conxunta dos requisitos establecidos no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, necesarios para que resulte posible unha modificación do proxectado. Non obstante o anterior, cando a localización dos apoios afecte o acceso aos predios, REE deberá acordar cos seus propietarios o trazado dun novo camiño sen crear afeccións a terceiros non previstas no proxecto e, en calquera caso, deberao repoñer a unhas condicións tales que permitan o seu emprego sen trabas.

• En canto ás alegacións en que se solicita e/ou se exixe revisar ou modificar o trazado proxectado da LAT, é necesario puntualizar o seguinte:

a) En primeiro termo, o trazado da liña non foi deseñado pola Xunta de Galicia nin por ningún dos seus organismos, senón por REE.

b) Para atender unha posible modificación do trazado da LAT e, particularmente, naquelas en que se propón o seu desprazamento cara a terreos de titularidade pública evitando propiedades particulares, é necesario presentar para o seu estudo unha proposta alternativa en que concorran conxuntamente os requisitos establecidos no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

c) Para o establecemento da servidume de paso de enerxía eléctrica, o maior ou menor número de parcelas afectadas non supón ningún impedimento legal que estea previsto na normativa vixente.

d) No referido á alegación impulsada por Mariano Pineda Rodríguez e un grupo de veciños de Rois (102), cómpre indicar o seguinte:

1. A variación do trazado actual recollido no anteproxecto e no proxecto de execución respecto do trazado que figuraba no documento inicial presentado no ano 2006 ante o Ministerio de Medio Ambiente, encóntrase xustificada no documento Planificación dos sectores de electricidade e gas 2008-2016. Desenvolvemento das redes de transporte, aprobado polo Consello de Ministros do 30 de maio de 2008 (nesta versión a subestación Lousame figuraba coa denominación Tambre Nova) e na Orde ITC 2906/2010, do 8 de novembro, pola que se aproba o Programa anual de instalacións e actuacións de carácter excepcional das redes de transporte de enerxía eléctrica e gas natural (BOE núm. 274, do 12.11.2010), na cal se actualiza a planificación indicada por cuestións de carácter técnico e se recolle o cambio de denominación da subestación Tambre Nova, que pasa a ser identificada como subestación Lousame, pola imposibilidade física de ampliar a subestación Tambre II, circunstancia xa valorada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no seu informe do 18 de xaneiro de 2011.

2. O trazado actual é o resultado de procedementos previos, como o da solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa, suxeita a información pública xunto co estudo de impacto ambiental, que foi publicitada nos termos regulamentarios, incluída a súa exposición no taboleiro de anuncios do Concello de Rois, e que foi resolta pola DXEM o 21 de agosto de 2017 e coa formulación da declaración de impacto ambiental feita o 22 de febreiro de 2017 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

3. Para o estudo do trazado da LAT proxectado, esta xefatura atense ao disposto no artigo 1.5.1 da ITC-LAT 07 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, que di: «(...) as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, no seu intento de acadar a solución óptima para o conxunto da instalación (...) e outras disposicións regulamentarias de aplicación».

4. A posibilidade de establecer un trazado alternativo será viable no momento en que se achegue unha proposta do dito trazado ou cando se atope algunha das limitacións ou prohibicións para o establecemento da servidume de paso de enerxía eléctrica previstas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, pero non se trata dun dereito, tal e como se recolle na resolución do recurso de alzada RAI-DXEM-167/17 interposto por Luis Rajoy Iglesias contra a Resolución da DXEM, do 21 de agosto de 2017, de outorgamento da autorización administrativa á LAT Lousame-Tivo.

5. O control da Administración sobre os proxectos verifícase no cumprimento dos procedementos e os seus prazos, axustándose o presente ao previsto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, vixente no momento do inicio da tramitación; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, actualmente vixente, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa incorporación en cada unha das fases do dito procedemento da análise das alegacións presentadas e de todos os informes emitidos polas administracións e organismos competentes nos seus respectivos ámbitos (urbanismo, ambiente, patrimonio cultural, patrimonio natural, etc.).

6. Respecto dos erros existentes na identificación dos titulares das parcelas afectadas que figuran na RBDA, infórmase que a publicación desta ten como función, entre outras, o previsto no artigo 19.1 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, isto é, a corrección de erros de identificacións dos bens; así, REE procedeu a tomar razón de todas as manifestacións e documentos comunicados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento, a súa natureza...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

e) Aínda que a presentación das alegacións da Asociación Profesional de Conservadores-Restauradores de Bienes Culturales de España (ACRE) e do Consello da Cultura Galega se fixo amplamente superado o prazo legal, a valoración do seu contido é idéntica á exposta para a alegación anterior do grupo de veciños de Rois, e engádese nesta apreciación que os valores arqueolóxicos, patrimoniais, culturais, naturais..., dos lugares afectados polo trazado da LAT xa se atopan axeitadamente amparados pola declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 22 de febreiro de 2017, en que se recollen, entre outros, as valoracións feitas por medio dos seus informes pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que non é competencia desta xefatura territorial avaliar o carácter máis ou menos substancial dos valores arqueolóxicos, patrimoniais, culturais, naturais... recollidos nos escritos e informes achegados polos alegantes.

Ademais, cómpre subliñar que o 23 de febreiro de 2022 a Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais remitiu á DXPERN o informe emitido o 22 de febreiro de 2022 pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en resposta á consulta realizada o 14 de maio de 2020 pola entón nomeada DXEM referida aos proxectos das LAT a 220 kV: LAT Lousame-Tivo, LAT Lousame-Mazaricos e LAT E/S na subestación Lousame da LAT Tambre-Santiago, promovido por Red Eléctrica de España, S.A.U. (REE), no cal se conclúe (...) que non está fundamentada a existencia de valores culturais senlleiros e sobranceiros que xustifiquen a existencia dunha paisaxe cultural singular merecente de protección na devandita categoría. En canto aos elementos individuais integrantes do patrimonio cultural, moitos deles xa protexidos de forma específica, non se aprecian valores ou feitos que poidan modificar a avaliación ambiental realizada nin xustificar de forma suficiente a modificación da declaración de impacto ambiental aprobada, xa que ningún deles se vai ver afectado directamente e as medidas de salvagarda adoptadas para os inicialmente coñecidos estendidas aos novos propostos poden considerarse suficientes.

Deste xeito enténdese que, segundo a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, as inquedanzas da Asociación Profesional de Conservadores-Restauradores de Bienes Culturales de España (ACRE) e do Consello da Cultura Galega quedan suficientemente atendidas pola declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 22 de febreiro de 2017 e polo seu informe do 11 de novembro de 2019 referente ao documento denominado Informe final de avaliación cultural (prospección arqueolóxica superficial intensiva) dos accesos previstos aos apoios e das zonas de ocupación temporal das liñas eléctricas a 220 kV Lousame-Tivo e Lousame-Mazaricos (A Coruña e Pontevedra).

Esta mesma conclusión é extensible ao manifestado polos concellos de Rois, Brión e Teo respecto do carácter máis ou menos substancial dos valores arqueolóxicos, patrimoniais, culturais, naturais... recollidos nos seus escritos e á alegación presentada por Mariano Pineda Rodríguez e un grupo de veciños de Rois (102).

• Respecto das alegacións presentadas polas comunidades de montes veciñais en man común, que contan con plans técnicos de xestión aprobados ou nos cales se realizaron distintas obras, podas, repoboacións e tratamentos silvícolas para a obtención de maiores rendementos, algunhas delas cofinanciadas ben con axudas autonómicas ben con axudas de fondos europeos, ante a posible concorrencia de dereitos e intereses públicos impulsouse desde esta xefatura territorial un procedemento de concorrencia de utilidades ou intereses públicos para a declaración de compatibilidade ou prevalencia».

Alegacións correspondentes ao ámbito da XTPontevedra:

«1. Ao respecto das alegacións relativas a erros na relación de bens e dereitos afectados, o promotor indica que procedeu a tomar en razón todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. En canto ás alegacións en que se propoñen cambios de trazado da liña eléctrica, cómpre indicar que non se acreditou a concorrencia conxunta dos requisitos establecidos no artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, necesarios para que resulte posible unha modificación do trazado proxectado que impida o establecemento da servidume de paso sobre estas parcelas de propiedade particular, nin achega o consentimento de todas as propiedades afectadas pola modificación solicitada.

3. En relación coas alegacións de expropiación total de parcelas, así como o resto relacionadas co trámite expropiador, non se toman en consideración neste momento por non ser obxecto deste procedemento.

4. Respecto das alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que a instalación conta con declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático do 22 de febreiro de 2017 e con autorización administrativa do 21 de agosto de 2017, emitida pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

5. No tocante á discrepancia entre o peticionario da instalación e o Concello de Caldas de Reis, haberá que observar o disposto no artigo 131.6 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, que establece que, para o suposto de que se manteña a discrepancia, lle corresponderá á Dirección Xeral resolver, recollendo as condicións técnicas establecidas no condicionado, ou ben, se discrepa deste, remitir a proposta de resolución ao conselleiro, para a súa elevación ao Consello da Xunta.

6. Con relación ás afeccións a dereitos mineiros e a montes veciñais en man común, será preciso un procedemento de concorrencia de utilidades ou intereses públicos e trámite e declaración de compatibilidade ou prevalencia».

Cuarto. A respecto das entidades afectadas pola liña eléctrica proxectada que, durante o trámite de separatas, non se manifestaron ou ben fixeron constar a súa discrepancia ou oposición con ela, e tendo en conta estas manifestacións, así como a contestación de REE e o resto da documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

1. De conformidade co disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a conformidade coa liña eléctrica proxectada das seguintes entidades afectadas por ela, por non contestar a petición de informe nin a súa reiteración: concellos de Padrón, Pontecesures, A Estrada, Valga e Cuntis, Augas de Galicia, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, UFD Distribución Electricidad, S.A. e Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

2. Á vista do manifestado polo Concello de Rois e da contestación de REE, e considerando o establecido na DIA e nos distintos informes emitidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nas distintas fases do procedemento e, en particular, o emitido o 22 de febreiro de 2022, a XTCoruña, no seu informe do 10 de marzo de 2022 conclúe, textualmente:

– «Non consta no expediente que o Concello de Rois informase e/ou mostrase ningún tipo de alegación e/ou desconformidade co estudo de impacto ambiental nin coa solicitude de outorgamento da autorización administrativa.

– Enténdese que os informes achegados polo Concello de Rois non conforman un condicionado técnico nos termos previstos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, pois o que se está a poñer en coñecemento desta administración son os valores arqueolóxicos, patrimoniais, culturais, naturais... dos lugares supostamente afectados polo trazado da LAT, que xa se encontran axeitadamente amparados pola DIA, en que se recollen, entre outros, as valoracións feitas, por medio dos seus informes, pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, en particular os emitidos o 11 de novembro de 2019 e o 22 de febreiro de 2022.

– Deste xeito, enténdese que se deben desestimar as pretensións do Concello de Rois en relación co seu informe do 29 de novembro de 2019 e os presentados polo dito concello o 18 de marzo de 2020 e o 8 de abril de 2020».

3. Á vista do manifestado polo Concello de Teo e pola súa concelleira de Urbanismo, e da contestación de REE, e considerando o establecido na DIA e nos distintos informes emitidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nas distintas fases do procedemento e, en particular, o emitido o 22 de febreiro de 2022, a XTCoruña no seu informe do 10 de marzo de 2022 conclúe, textualmente:

– «O Concello de Teo emitiu informe favorable sobre o estudo de impacto ambiental coa proposta de diferentes medidas.

– Non consta no expediente que o Concello de Teo informase e/ou mostrase ningún tipo de alegación e/ou desconformidade coa solicitude de outorgamento da autorización administrativa.

– O técnico municipal emite informe favorable sobre a construción da liña eléctrica proxectada, baseándose en criterios urbanísticos.

– Enténdese que o escrito de “consideracións sobre o trazado en xeral desta liña”, asinado pola concelleira de Urbanismo do Concello de Teo, non é un condicionado técnico nos termos previstos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Con carácter xeral, para o Concello de Teo resultan de aplicación as mesmas valoracións que as feitas para o Concello de Rois, no referente ás afeccións a bens ou intereses patrimoniais ou culturais catalogados.

– Deste xeito, enténdese que se deben desestimar as pretensións da concelleira de Urbanismo do Concello de Teo en relación co seu escrito de «consideracións sobre o trazado en xeral desta liña», de data 27 de decembro de 2019».

4. Á vista do manifestado polo Concello de Brión e da contestación de REE, e considerando o establecido na DIA e nos distintos informes emitidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural nas distintas fases do procedemento e, en particular, o emitido o 22 de febreiro de 2022, a XTCoruña, no seu informe do 10 de marzo de 2022 conclúe, textualmente:

– «[...] por unha banda, que parece que o Concello de Brión confundiu o proxecto para informar en canto que as características do proxecto que fai constar no informe presentado ante esta administración son as do proxecto de execución da LAT 220 kV DC Lousame-Mazaricos, que xa dispón de autorización de explotación outorgada por esta xefatura territorial o 24 de agosto de 2021 e, pola outra, enténdese que para o Concello de Brión son de aplicación as mesmas valoracións que as feitas para os concellos de Rois e Teo, facendo especial énfase en que non consta no expediente que o Concello de Brión informase e/ou mostrase ningún tipo de alegación e/ou desconformidade co estudo de impacto ambiental nin coa solicitude de outorgamento de autorización administrativa».

5. Ao respecto da discrepancia existente entre o Concello de Caldas de Reis e REE, a XTPontevedra, no seu informe do 24 de febreiro de 2021, conclúe, textualmente: «[...] haberá que estar ao disposto no artigo 131.6 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (...) que establece que, para o suposto de que se manteña a discrepancia, lle corresponderá á Dirección Xeral resolver, recollendo as condicións establecidas no condicionado, ou ben, se discrepa deste, remitir a proposta de resolución ao conselleiro, para a súa elevación ao Consello da Xunta».

Ante esta discrepancia, e á vista do manifestado polo Concello de Caldas de Reis e da contestación de REE, e tendo en conta o resto de documentación que consta no expediente, indícase o seguinte:

– A liña eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo resulta vinculante para REE por estar incluída no documento Planificación da Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica Horizonte 2026, aprobado polo Acordo do Consello de Ministros do 22 de maio de 2022 (BOE núm. 93, do 19.4.2022).

– Esta LAT obtivo a autorización administrativa previa con anterioridade á aprobación definitiva do PXOM de Caldas de Reis, polo que debería estar recollida nel, se na súa tramitación se tivese cumprido co disposto no artigo 5 da Lei 24/2013, que obriga a ter en conta nos instrumento de ordenación do territorio e urbanismo as instalacións de transporte e distribución de enerxía eléctrica planificadas.

– De acordo co establecido no artigo único.1.c) do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, debe someterse ao acordo do Consello da Xunta de Galicia a autorización desta LAT.

Quinto. A respecto da concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica co dereito mineiro da provincia de Pontevedra citado nos antecedentes de feito, os servizos técnicos da XTPontevedra emitiron informe, con data do 25 de marzo de 2021, do que se desprende a compatibilidade de ambos os aproveitamentos, ao recoller literalmente:

«[...] As actuacións previstas no proxecto de execución da liña L220 kV/Lousame-Tivo con que poden afectar o subsolo do perímetro de protección son os traballos de desmonte para a execución das zapatas dos apoios e o sistema de posta á terra.

[...]

Os apoios que concretamente afectan ao perímetro de protección son os referidos T-79 a T-89 e todos eles se encontran a unha distancia de uns 1.900 m respecto dos mananciais das augas mineromedicinais e termais dos balnearios Davila e Acuña, polo que os traballos da execución para as zapatas dos apoios e gabias para as postas á terra non deben ter ningunha incidencia negativa sobre o acuífero minero-termal de Caldas de Reis, sempre que se desenvolvan conforme recolle o proxecto.

[...] «Calquera traballo subterráneo que se realice dentro do perímetro de protección deberá contar previamente coa autorización da delegación provincial da consellería competente en materia de industria, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros órganos.

Nesta obra os traballos de escavación das zapatas dos apoios T-79 a T-89 inclusive da liña L220 kV/Lousame-Tivo, que son os que se sitúan dentro do perímetro de protección do acuífero de Caldas de Reis sobre a zona de restricións mínimas, considérase que son compatibles cos dereitos de salvagarda do perímetro de protección do acuífero.

Non obstante o anterior, durante a execución da escavación de zapatas, de producirse algunha incidencia (verteduras ou captación de augas) que poida significar un risco real para o acuífero das augas mineromedicinais e termais de Caldas de Reis, deberanse paralizar os traballos que se estean a realizar e comunicarllo a esta xefatura territorial».

Sexto. A respecto da concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica cos terreos dos montes afectados (montes veciñais en man común e montes de utilidade pública), tendo en conta os informes emitidos polos servizos de Montes da Coruña e Pontevedra citados nos antecedentes de feito, as respostas de REE a eles e ás alegacións presentadas polos titulares dos montes afectados durante o trámite de audiencia, cómpre indicar o seguinte:

• En canto aos montes afectados da provincia da Coruña, segundo o disposto polo Servizo de Montes da Coruña no seu informe do 21 de abril de 2022, non hai obxección para a declaración de prevalencia da utilidade pública da LAT, sempre que se cumpran as actuacións e medidas aplicables segundo o proxecto e o EIA, encamiñadas a minimizar as afeccións sobre a masa de frondosas autóctonas situadas no MVMC Lapido.

• En canto aos montes afectados da provincia de Pontevedra, segundo o disposto polo Servizo de Montes de Pontevedra no seu informe do 11 de xuño de 2022, non hai obxección para a declaración da compatibilidade da utilidade pública da LAT, agás no seu tramo que afecta ó monte de UP de Agüeros (superficie poboada maioritariamente por frondosas e bosque mixto de frondosas e piñeiros), para o que considera que existen alternativas que poden minimizar o seu impacto. En canto a este reparo, hai que dicir que durante os procedementos de avaliación de impacto ambiental e autorización administrativa previa o Servizo de Montes de Pontevedra xa mostrou o seu reparo a que a LAT afectase o monte de UP Agüeros; non obstante, o órgano ambiental, logo de analizar as diferentes afeccións ambientais, entre as cales se encontraba a afección sobre o citado monte, formulou a declaración de impacto ambiental da LAT, cuxo trazado se corresponde co recollido no proxecto de execución.

• Polo que respecta aos MVMC, a Lei 13/1989, do 10 de outubro, establece no seu artigo 6.1 que só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impoñérselles servidumes por causa de utilidade pública ou interese social prevalente aos dos propios montes veciñais. En consecuencia, e para os efectos de poder iniciar, de ser o caso, o correspondente expediente expropiatorio, cómpre declarar a prevalencia da utilidade pública da LAT sobre a utilidade pública dos MVMC afectados.

• Polo que respecta aos montes de utilidade pública afectados, para poder instalar a referida LAT será preciso resolver o correspondente expediente de prevalencia de declaracións demaniais ou ben obter unha concesión para o uso privativo da superficie afectada, con base no recollido nos informes dos servizos de montes da Coruña e Pontevedra e de conformidade co disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño.

Sétimo. A respecto da afección da referida infraestrutura eléctrica a un punto de auga utilizado por helicópteros para a extinción de incendios forestais (no monte Pazos, no concello de Padrón), reflectido polo Servizo de Montes da Coruña no seu informe do 31 de xullo de 2020, REE na súa contestación achega informe emitido polo dito servizo de montes con data 30 de abril de 2013 durante o procedemento de avaliación de impacto ambiental e autorización administrativa previa, en que se recolle literalmente o seguinte: «Hai que subliñar a existencia dun punto de auga de carga de helicópteros de extinción de incendios forestais entre os vértices 10 e 11, a uns 700 m do 11 (reflectido en cor laranxa no plano 8, que se achega), semella que actualmente a distancia deste coa liña é duns 150 m, sería preciso manter na situación definitiva da liña unha distancia superior aos 100 m, para que non resulte inutilizado para a carga e manexabilidade dos medios aéreos».

No citado informe do Servizo de Montes da Coruña do 31 de xullo de 2020 reflíctese unha distancia da LAT ao referido punto de auga duns 196 m. Esta distancia é moi superior á distancia mínima exixida de 100 m, fixada polo dito servizo no seu informe do 30 de abril de 2013.

Oitavo. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto nos seguintes preceptos:

• No artigo único.1.c) do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, fíxase o Consello da Xunta de Galicia como órgano competente para outorgar a autorización administrativa, cando o peticionario da autorización e a entidade que emitiu o condicionado manteñan a discrepancia en canto ás condicións técnicas establecidas nel e o órgano competente para autorizar as instalacións eléctricas non acepte as ditas condicións técnicas.

• No artigo 53.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, establécese que, nos casos previstos neste artigo (concorrencia de utilidade ou intereses públicos con MVMC), o Consello da Xunta de Galicia é o competente para declarar a utilidade pública e a eventual compatibilidade ou prevalencia da LAT sobre os MVMC.

De conformidade con todo o que antecede, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte

ACORDO:

1. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, que discorre polos termos municipais de Lousame, Rois, Brión, Teo e Padrón (A Coruña) e Pontecesures, A Estrada, Valga, Cuntis e Caldas de Reis (Pontevedra), e promove Red Eléctrica de España, S.A.U.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da dita infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Declarar a compatibilidade da dita infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica co dereito mineiro da sección B correspondente ao perímetro de protección aprobado mediante a Resolución do 28 de marzo de 2016 para a conservación do acuífero que abastece os mananciais e pozos de augas mineromedicinais e termais declaradas de utilidade pública aproveitados no concello de Caldas de Reis, cuxas autorizacións de aproveitamento constan inscritas no Rexistro de Augas Minerais, Termais e de Manancial desta consellería, para uso en tratamentos terapéuticos polos balnearios Acuña e Davila, así como para as augas termais que saen dos dous canos da Fonte das Burgas para o uso exclusivo do pobo de Caldas de Reis, cuxa autorización de aproveitamento consta inscrita no citado rexistro coa denominación de Fonte da Burga II.

4. Declarar a prevalencia da dita infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica cos seguintes montes veciñais en man común (MVMC) das provincias da Coruña e Pontevedra:

• Na provincia da Coruña, cos seguintes MVMC (13): no concello de Lousame (Fontefría), no concello de Rois (Quintáns, San Miguel, Riobó e Vilar de Abade) e no concello de Padrón (Angueira de Suso, Pazos, Retén de Iria, Lomba e Miranda, Lapido, Castro Valente, Aldea de Morono e Castrovalente e Barreiras).

• Na provincia de Pontevedra, cos MVMC das seguintes comunidades de MVMC (11): no concello de Pontecesures (Grobas e Fenteira), no concello de Cuntis (Magán, Vilameán, Pena de Vilabar, Sobrada e Campo de Pena de Arriba), no concello de Valga (Valga e Xanza) e no concello de Caldas de Reis (Santa María de Caldas, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar).

Este acordo axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, asinado polo enxeñeiro industrial Ángel Gallego del Monte (colexiado nº 5.302 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid) e visado por este colexio con número 201703690 e data 21 de novembro de 2017, e no cal figura un orzamento de execución material de 12.697.872 €.

2. A empresa promotora (REE) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

4. A empresa promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental (DIA), formulada o 22 de febreiro de 2017 polo órgano ambiental, así como ás establecidas no correspondente Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

Así mesmo, con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, deberá achegar á DXPERN o dito plan (PVSA), de acordo coas consideracións establecidas no punto 3.8 da DIA.

Para dar cumprimento ao establecido no artigo 42.2 da Lei 21/2013, relativo ao contido da autorización do proxecto, resúmese a seguinte información contida na declaración de impacto ambiental:

– Conclusión sobre os efectos significativos do proxecto no ambiente: punto 4 da DIA.

– Condicións ambientais establecidas e medidas previstas para prever, corrixir ou compensar os efectos adversos significativos no ambiente: punto 3 da DIA.

– Descrición das características do proxecto: punto 1.2 da DIA.

– Medidas de seguimento e órgano encargado: punto 3.8 da DIA.

5. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar as solicitudes de posta en servizo ante as xefaturas territoriais da Coruña e Pontevedra, acompañadas da documentación exixible de acordo co punto 3 da ITC-LAT 04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

Con carácter previo á posta en servizo das instalacións, as xefatura territoriais da Coruña e Pontevedra inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificarán o cumprimento das condicións establecidas neste acordo e demais que sexan de aplicación.

6. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, o promotor realizará os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

7. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos neste acordo ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

8. Este acordo adóptase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

9. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.