Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Incio (expediente IN407A 2020/08 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Domicilio social: Paseo Conde de los Gaitanes, 177, 28109 Alcobendas (Madrid).

Denominación: nova subestación O Incio 220 kV.

Situación: concello do Incio.

Características técnicas principais:

• Subestación 220 kV O Incio proxéctase:

Un sistema de alta tensión de 220 kV de intemperie en configuración de dobre barra, con catro posicións de liña (Belesar, Lomba, ADIF 1 e ADIF 2), unha de peche de barras (ACP) e dúas de reserva.

• A composición de cada unha das posicións de liña esta formada por:

Aparellaxe convencional:

3 transformadores de tensión en liña.

3 pararraios de óxido de cinc.

Equipo compacto con illamento en SF6.

1 seccionador de liña tripolar con coitelas de posta á terra motorizado.

3 transformadores de intensidade.

1 interruptor tripolar.

2 seccionadores de barras tripolares motorizados.

• A posición de peche de barras estará formada por:

3 transformadores de intensidade.

2 seccionadores de barras tripolares motorizados.

1 interruptor tripolar.

• A medida de barras 220 kV con aparellaxe convencional estará formada por:

3 trafos de tensión para medida en barras 1.

3 trafos de tensión para medida en barras 2.

Finalidade da instalación: regulamentación de instalación.

Orzamento: 4.317.289 €.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o concello do Incio.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción a ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá realizarse por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Lugo, 3 de agosto de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo