Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 24 de agosto de 2022 Páx. 45667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2022/228-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, substitución apoio A9XEMIHS//33-1 e RC na SJG805.

Situación: Cerdedo-Cotobade.

Características técnicas: substitución do apoio A9XEMIHS//33-1 por un apoio de tipo C-1000/16 no tramo SJG8051226 do circuíto aéreo da liña de media tensión aérea (LMTA) SJG805. Instalación dun reconectador no apoio proxectado. LMTA a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 187 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-1000/16 e final no apoio existente A9TBG6TD//33-2. As instalacións están situadas en Cuspedriños, na parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de agosto de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/228-4.

Denominación: LMTA, substitución apoio A9XEMIHS//33-1 e RC na SJG805.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

m2

1

Fonte Vizacas

Agrario

36012A025000290000ZO

Comunidade de Montes de San Jorge de Sacos

1

1,69